{"id":1932,"date":"2023-04-20T12:23:00","date_gmt":"2023-04-20T10:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:33:44","modified_gmt":"2024-10-23T14:33:44","slug":"do-descontrol-do-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/04\/20\/do-descontrol-do-mundo\/","title":{"rendered":"Do descontrol do mundo"},"content":{"rendered":"<p>Do descontrol do mundo<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Vai bo d\u00eda. \u00c9 dicir, o que se lle chama hoxe en meteorolox\u00eda bo d\u00eda, co ceo despexado e tranquilo, moita luz e temperatura agradable, vento suave&#8230; En Ribadeo, d\u00eda de mercado, cun bule bule normal, e as t\u00edpicas relaci\u00f3ns da xente na r\u00faa, nos comercios, nos bares, incrementadas respecto a outros d\u00edas polas persoas que baixan mercar. Imos cara \u00f3 ver\u00e1n, os d\u00edas medran e ata parece que o esp\u00edrito \u2018\u00e9 m\u00e1is\u2019. Estamos falando na pequena escala dun pobo galego nun momento determinado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Se collemos alg\u00fan tipo de medio de comunicaci\u00f3n, dende o papel a internet, pasando pola radio ou a televisi\u00f3n, a cousa pinta diferente, tanto pola escala temporal das noticias como pola s\u00faa escala espacial. E non fai falta mirar \u00e1 natureza, co cambio clim\u00e1tico e os efectos sobre a seca ou a temperatura, ou \u00e1 contaminaci\u00f3n, de pl\u00e1sticos a produtos qu\u00edmicos pasando por ru\u00eddo ou ata por luz, ou a escaseza de recursos, ou a mala distribuci\u00f3n, de alimentos e tam\u00e9n de poder. Chega con mir\u00e1rmonos uns \u00f3s outros, a propia xente entre n\u00f3s e de forma grosa, de sociedades ou estados en conxunto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Escoitaremos que China vai entregarlle armas a Rusia, agora xa \u00e1 vista, sen ocultaci\u00f3n, par usar na guerra da Ucra\u00edna, esvaecendo as\u00ed a neutralidade que esgrim\u00eda mesmo para propo\u00f1er un tratado de paz. Mentres, en \u2018occidente\u2019 cl\u00e1mase contra esa entrega, deixando \u00e1 beira sen pudor a propia entrega de armas e informaci\u00f3n \u00e1 Ucra\u00edna. O conflito escada, pouco a pouco, e de pouco serven as semellanzas hist\u00f3ricas con per\u00edodos pasados para frear o avance non dunhas ou outras tropas, sen\u00f3n da destruci\u00f3n. E iso dende unha causa que se clama como tal por alg\u00fans ou doutra causa reclamada as\u00ed por outros, ou mesmo por outras causas -mesmo esquecidas ou escondidas- que non se reclaman, pero que o son m\u00e1is cas reclamadas por uns ou outros.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Onte botaban na tele \u2018Tora, tora, tora!\u2019, pel\u00edcula sobre o ataque a Pearl Harbour que deu p\u00e9 a que os EEUU entraran na guerra do Pac\u00edfico despois de entrar xa efectivamente en guerra contra Alema\u00f1a, convert\u00e9ndose as\u00ed as guerras que vi\u00f1an desenvolv\u00e9ndose nunha \u00fanica guerra mundial con s\u00f3 uns poucos pa\u00edses neutrais. Mais a pel\u00edcula c\u00e9ntrase nun relato novelado e \u00e9pico, e elude todos os feitos previos, que son moitos e que representan unha escalada, como calquera pode colixir, sen ir m\u00e1is lonxe, na Galipedia (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Segunda_guerra_mundial\">https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Segunda_guerra_mundial<\/a>). Remexendo nos anos anteriores, hai quen di que a segunda guerra mundial comezou non coa invasi\u00f3n de Polonia en 1939, sen\u00f3n case dez anos antes, en Asia, cun pequeno conflito e foi medrando \u00f3 tempo que xurd\u00edan met\u00e1stases ata chegar \u00f3 conflito xeneralizado. \u00c1s veces, abondaba cunha mera declaraci\u00f3n dun pol\u00edtico secundario dun pa\u00eds tam\u00e9n secundario, ou unha nova de prensa apoiando a posibilidade dun cambio de postura do pa\u00eds para dar un pasi\u00f1o m\u00e1is cara \u00e1 guerra mundial.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Do mesmo xeito que nos anos trinta do s\u00e9culo pasado non hab\u00eda drons dirixidos dende unha poltrona dunha oficina nalgures lonxe de onde depositan a s\u00faa carga mort\u00edfera, mesmo con axuda da intelixencia artificial, tampouco hab\u00eda constancia instant\u00e1nea v\u00eda sat\u00e9lite dos posibles movementos de tropas, nin armas at\u00f3micas, nin m\u00edsiles que as portaran ata as ant\u00edpodas se \u00e9 necesario. A guerra era mundial porque se estend\u00eda polo mundo adiante, pero loitando en frontes, mentres na actualidade a posibilidade \u00e9 que non haxa frontes, que o fronte sexa a t\u00faa propia casa, a mi\u00f1a e a de Igor Vasilenko se existe, onde queira que  viva. Todos, en conxunto, e \u00f3 tempo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O que si hab\u00eda era escalada. Coma hoxe.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Do descontrol do mundo &nbsp;&nbsp; &nbsp;Vai bo d\u00eda. \u00c9 dicir, o que se lle chama hoxe en meteorolox\u00eda bo d\u00eda, co ceo despexado e tranquilo, moita luz e temperatura agradable, vento suave&#8230; En Ribadeo, d\u00eda de mercado, cun bule bule normal, e as t\u00edpicas relaci\u00f3ns da xente na r\u00faa, nos comercios, nos bares, incrementadas respecto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-1932","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1932","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1932"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1932\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1932"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1932"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1932"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}