{"id":1926,"date":"2023-04-29T10:12:00","date_gmt":"2023-04-29T08:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:32:25","modified_gmt":"2024-10-23T14:32:25","slug":"dia-do-libro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/04\/29\/dia-do-libro\/","title":{"rendered":"D\u00eda do libro"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/04\/Printing3_Walk_of_Ideas_Berlin.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"806\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/04\/Printing3_Walk_of_Ideas_Berlin.jpeg\" class=\"wp-image-1927\" width=\"604\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Traballo de <span class=\"mw-mmv-source-author\"><span class=\"mw-mmv-author\"><a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/User:Lienhard_Schulz\" title=\"User:Lienhard Schulz\">Lienhard Schulz<\/a> en Berl\u00edn. Lic <\/span><\/span><span class=\"mw-mmv-source-author\"><\/span><a class=\"mw-mmv-license\" href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by\/2.5\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">CC BY 2.5<\/a> , collido de <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Printing3_Walk_of_Ideas_Berlin.JPG\">https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Printing3_Walk_of_Ideas_Berlin.JPG<\/a><\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>D\u00eda do libro<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nunha cidade, lonxe, baixo un sol que alg\u00fan dir\u00eda espl\u00e9ndido e outros de xustiza, repaso coa mirada os tomos expostos nas moitas casetas que se presentan ante os viandantes. Quixera -gustar\u00edame- atopar alg\u00fan libro en galego. Tarefa imposible. Pode que se me escapara alg\u00fan, mais non foi as\u00ed cos feitos en ingl\u00e9s, franc\u00e9s, alem\u00e1n ou italiano, ou mesmo chin\u00e9s ou catal\u00e1n, nesta feira baseada sobre todo en libros en castel\u00e1n. E sobre Galicia? Na secci\u00f3n de viaxes sempre cae alg\u00fan solto, non moitos, pero p\u00f3dese apostar por iso.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Lonxe da terra, lembro a Andr\u00e9s -dinlle as grazas pola \u00faltima lectura que me recomendou?- e os escaparates que amosan xa non s\u00f3 libros, sen\u00f3n outros produtos que axudan a manter o letreiro de librer\u00eda \u00e1 porta do establecemento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Bibliotecas? Esta ma\u00f1\u00e1, un apartado dun museo fac\u00eda de biblioteca de animaci\u00f3n \u00e1 interacci\u00f3n co texto e imaxe, que non \u00e1 lectura, complementando unha pequena biblioteca e suplementando cunha grande e imaxinativa. Non, non \u00e9 exactamente unha biblioteca, mais ach\u00e9gase nun intento -desesperado?- de animaci\u00f3n e ilusi\u00f3n pola lectura e a s\u00faa base, a escritura e composici\u00f3n ideal -de ideas-.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E iso, que \u00e9? Unha librer\u00eda na que se sirve caf\u00e9 ou unha cafeter\u00eda na que se venden libros? Sexa o que sexa, estase ben un rato al\u00ed. Acompa\u00f1ado, os temas de conversa vanse ampliando polo entorno. S\u00f3, puidera elixirse de xeito diferente lectura, saboreo ou ambos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cruce de libros. Bookcrossing, libros libres, adopta un libro&#8230; as alternativas multipl\u00edcanse -en n\u00famero- e div\u00eddense -en caracter\u00edsticas e posibilidades- de paso de paso que aumenta o volume publicado e mingua o espazo adicado (ou adicable) e mentres medran as ideas impresas no espazo dixital, unha alternativa saudable, pero s\u00f3 iso, alternativa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non, un d\u00eda coma hoxe non me fixo por un club de lectura, pero haber, hainos, e imaxino como pode ser o que outro d\u00eda anunci\u00e1bame a tortilla compartida como reclamo extra de comunidade para a convocatoria do cartel, xa atractivo de por si -ao menos, para min-. Se non un club ou semellante, hoxe, sempre queda a nube para intercambiar.&nbsp; De novo, Bookcrossing, ou Goodreads, entre os lugares m\u00e1is concorridos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>23 de abril. Os d\u00edas seguen a medrar coa primaver anunciando e cumprindo se sobras co bo tempo e \u00e1nimo. Non escolleron mal o d\u00eda do libro, m\u00e1is al\u00f3 de celebrar anos da morte de Cervantes ou o nacemento de Shakespeare (ou da batalla de Cacheiras!)<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>F\u00f3ra do radar e deste escrito quedan outras cousas, como o nada desprezable uso -para a sa\u00fade da industria do libro- decorativo e de distinci\u00f3n que se deu e coido que a\u00ednda se pode dar nalg\u00fans lugares, a queima de libros ou a s\u00faa prohibici\u00f3n (de actualidade nos EEUU) e outros.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Traballo de Lienhard Schulz en Berl\u00edn. Lic CC BY 2.5 , collido de https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Printing3_Walk_of_Ideas_Berlin.JPG D\u00eda do libro &nbsp;&nbsp; &nbsp;Nunha cidade, lonxe, baixo un sol que alg\u00fan dir\u00eda espl\u00e9ndido e outros de xustiza, repaso coa mirada os tomos expostos nas moitas casetas que se presentan ante os viandantes. Quixera -gustar\u00edame- atopar alg\u00fan libro en galego. Tarefa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1927,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-1926","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1926","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1926"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1926\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1927"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1926"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1926"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1926"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}