{"id":1924,"date":"2023-05-04T08:36:00","date_gmt":"2023-05-04T06:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:32:22","modified_gmt":"2024-10-23T14:32:22","slug":"por-nuestro-faro-e-os-espontaneos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/05\/04\/por-nuestro-faro-e-os-espontaneos\/","title":{"rendered":"Por Nuestro Faro e os espont\u00e1neos. Covadonga Su\u00e1rez, presidenta da AVV Por Nuestro Faro"},"content":{"rendered":"<p><em>Por Nuestro Faro e os espont\u00e1neos<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por Nuestro Faro cumpre esta semana 8 anos de existencia, tantos como o uso e explotaci\u00f3n exclusivas da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Illa%20Pancha\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">illa Pancha<\/a>. Foi este quiz\u00e1s o proceso de privatizaci\u00f3n m\u00e1is opaco da historia recente de Ribadeo, en canto \u00e1 tramitaci\u00f3n do proxecto e \u00e1 difusi\u00f3n da informaci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Desde a nosa asociaci\u00f3n temos a impresi\u00f3n de ter exercido noso traballo sempre a contracorrente desas instituci\u00f3ns que nos deb\u00edan transparencia pero que actuaban seguindo patr\u00f3ns propios, sen dar contas de nada, moi lonxe do talante democr\u00e1tico e participativo que se esperaba ante a xesti\u00f3n dun patrimonio com\u00fan tan emblem\u00e1tico como a illa Pancha.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pero non s\u00f3 tivemos que loitar cada migui\u00f1a de informaci\u00f3n conseguida de Portos ou do Concello de Ribadeo, recorrendo mesmo \u00e1 Valedora do Pobo para que intervise ante o silencio consistorial, sen\u00f3n porque as instituci\u00f3ns te\u00f1en movido monta\u00f1as dende o seu poder para levar a cabo a privatizaci\u00f3n do espazo natural m\u00e1is representativo e preservado de Ribadeo. E a calquera prezo.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Todo comezou en 2015 co levantamento da lei que prohib\u00eda o uso hostaleiro dos faros, por parte do goberno de Rajoy, en Madrid. En aquel ent\u00f3n o \u00fanico proxecto que ter\u00eda en conta para instalar un hotel no faro da illa Pancha de Ribadeo xa estaba preparado de antemano e s\u00f3 faltaba esperar a que Madrid cambiase as leis. E as\u00ed foi, a concesi\u00f3n deuse de inmediato baixo o manto da Autoridad Portuaria e o aplauso p\u00fablico do alcalde de Ribadeo. A nosa asociaci\u00f3n viu que era tan doado lanzar o patrimonio \u00e1s mans privadas como cerralo \u00f3 p\u00fablico dando a m\u00ednima informaci\u00f3n. As monta\u00f1as institucionais seguiron mov\u00e9ndose ata desdobrar o proxecto inicial en hotel e cafeter\u00eda esquivando as\u00ed o estudo preceptivo de impacto medioambiental que se exig\u00eda ao conxunto do proxecto: coa excusa de que o hotel non inclu\u00eda ningunha obra exterior os apartamentos pod\u00edan ir funcionando ata a aprobaci\u00f3n (no concello e a porta cerrada) da licenza de actividade da cafeter\u00eda. De nada serviron as leis espa\u00f1olas e europeas destinadas a protexer unha zona que pertence \u00e1 Red Natura 2000, ou os informes obtidos do Defensor del Pueblo declarando a falta de estudo de impacto medioambiental. Aqu\u00ed a complicidade Puertos-Concello \u00f3 servizo desa privatizaci\u00f3n foi m\u00e1is forte que a nosa alegaci\u00f3n, que, coas leis na man e o apoio do Defensor del Pueblo, foi calificada de incongruente por parte do Concello de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por outro lado, a illa estivo cerrada durante 7 anos. Por iso na asociaci\u00f3n nos quedamos tan estra\u00f1ados cando vimos rotar a relaci\u00f3n Puertos-Concello e o alcalde decidiu levarse por delante a porta que ignorara voluntariamente todo aquel tempo, as\u00ed como tantos dos nosos escritos reclamando a s\u00faa apertura. Pero tampouco hubo resposta a moitos outros: sin ir m\u00e1is lonxe, o \u00faltimo, de xaneiro de 2023, ped\u00edndolle ao se\u00f1or alcalde que comezase as xesti\u00f3ns para que o faro sexa declarado BIC en base aos seus forxados de Sargadelos. Parece que a propiedade privada non se toca.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pero volvendo ao tema do acceso, onde estaban Portos e Concello cando denunciamos ante a fiscal\u00eda en xu\u00f1o de 2019 que a porta da illa estaba pechada, a pesar de que a licenza que o mesmo alcalde outorgara en decembro de 2017 esix\u00eda o acceso. libre? A\u00ednda que a fiscal\u00eda nos deu a raz\u00f3n, a porta seguiu pechada. Tam\u00e9n neste \u00faltimo ano recorremos ao grupo parlamentario do BNG para pedir en Ribadeo o mesmo apoio que daban \u00e1 Illa da Creba, para que fose p\u00fablico e de libre acceso.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Aled\u00e1monos de que Portos dixera o ver\u00e1n pasado que a porta da illa permanecer\u00e1 aberta durante o d\u00eda. A s\u00faa espontaneidade despois de 7 anos resulta refrescante. As\u00ed como o alcalde, que no \u00faltimo ano se puxo a vixiar o acceso cunha vehemencia inusitada.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non sabemos que aire removemos ou cu\u00e1l foi a nota que soou de pronto, pero todo o que queda por saber e por facer (fosa s\u00e9ptica sen legalizar, estudo de impacto medioambiental inexistente, etc.) l\u00e9vanos a seguir adiante, por \u00e9tica e por coherencia, co mesmo empe\u00f1o que todos estes anos.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non nos enga\u00f1emos, ningu\u00e9n \u00e9 un virtuoso por tocar unha tecla nun piano un d\u00eda, despois de 7 anos. Se acaso, un espont\u00e1neo. Por iso, queremos dar as grazas aos que nos acompa\u00f1aron e nos acompa\u00f1an nesta loita de fondo pola protecci\u00f3n real do noso patrimonio e contra o que segue sendo a privatizaci\u00f3n da nosa terra. A\u00ednda que non te\u00f1a porta.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Covadonga%20Su%C3%A1rez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Covadonga Su\u00e1rez<\/a>, presidenta da AVV Por Nuestro Faro<br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por Nuestro Faro e os espont\u00e1neos &nbsp;&nbsp; &nbsp;Por Nuestro Faro cumpre esta semana 8 anos de existencia, tantos como o uso e explotaci\u00f3n exclusivas da illa Pancha. Foi este quiz\u00e1s o proceso de privatizaci\u00f3n m\u00e1is opaco da historia recente de Ribadeo, en canto \u00e1 tramitaci\u00f3n do proxecto e \u00e1 difusi\u00f3n da informaci\u00f3n. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Desde a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[36,37],"class_list":["post-1924","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-covadonga-suarez","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1924","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1924"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1924\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1924"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1924"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1924"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}