{"id":1881,"date":"2023-05-13T20:05:00","date_gmt":"2023-05-13T18:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:31:18","modified_gmt":"2024-10-23T14:31:18","slug":"ter-pobres-non-sae-conto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/05\/13\/ter-pobres-non-sae-conto\/","title":{"rendered":"Ter pobres non sae a conto"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span>Ter pobres non sae a conto<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non, non sae a conto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8216;Yo soy yo y mi circunstancia, [y si no la salvo a ella no me salvo yo]&#8217; \u00e9 unha co\u00f1ecida frase (en particular, a primeira parte dela) de Ortega y Gasset. Soe tomarse iso, a primeira parte, como marco para dicir algo como que sen os demais non somos n\u00f3s, en moi diferentes versi\u00f3ns, intensidades e aplicaci\u00f3ns, mentres a segunda \u00e9 escatimada como accesoria. Mais, sexa cal sexa o uso que se faga da parte co\u00f1ecida, esa segunda que puxen entre corchetes remacha que as circunstancias son esenciais para n\u00f3s, que non \u00e9 s\u00f3 que sexan algo que temos asociado, sen\u00f3n que dependemos delas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non fai falta un pensamento filos\u00f3fico profundo ou enrevesado para comprender que as circunstancias da vida nos afectan. E entre esas circunstancias, est\u00e1n os demais, coas s\u00faas propias circunstancias. Os seres humanos comprendemos isto dende moitos moitos milenios atr\u00e1s, o que fixo posible a sociedade, co desenvolvemento da empat\u00eda e os mecanismos de relaci\u00f3n. Coa chegada de sociedades m\u00e1is e m\u00e1is complexas, e a formaci\u00f3n de subgrupos no seu interior, parte do mantemento mutuo, base das relaci\u00f3ns humanas, foise institucionalizado e esvaec\u00e9ndose a s\u00faa sinal no radar persoal de cada un, esquecendo cousas como que somos iguais a\u00ednda que sexamos diferentes, e viceversa. As\u00ed, hoxe, deberes e culpas distrib\u00faense institucionalmente, rematando nun &#8216;ningu\u00e9n&#8217; no que non estariamos cando nos afecta negativamente (&#8216;ningu\u00e9n&#8217; \u00e9 culpable e se fai cargo da corrupci\u00f3n, &#8216;ningu\u00e9n&#8217; ten por que axudar a manter a vila limpa) ou nun &#8216;todos&#8217; inclusivo tam\u00e9n de n\u00f3s cando podemos aproveitarnos (todos temos tantos dereitos como quen m\u00e1is).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>As\u00ed, as circunstancias poden variar moito dunha a outra persoa. Circunstancias que como na loter\u00eda da vida, poden, por exemplo, levarte \u00e1 pobreza ou facilitarte a riqueza.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Os bancos sempre son rescatados,a\u00ednda que ti sexas desafiuzado, Sempre hai cartos para guerra a\u00ednda que a falta de educaci\u00f3n fomente a inseguridade e condene \u00e1 sociedade a un endurecemento da loita dos seus membros pola vida. A igrexa qu\u00e9ixase de recibir poucos cartos mentres nos hospitais hai curas e faltan m\u00e9dicos. Circunstancias que, como apuntaba Ortega, se non as salvamos, non nos salvamos. Circunstancias que ve\u00f1en debuxadas por prioridades. N\u00f3s, a n\u00f3s mesmos, sempre nos consideramos prioritarios. Mais, cabe pensar, e se a prioridade non es ti?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Ven o t\u00edtulo a conto dun estudo onde se amosa que a pobreza custa mill\u00f3ns \u00e1 sociedade en conxunto, e polo tanto custa riqueza a cada un, mesmos \u00e1 xente rica. En Espa\u00f1a, cada ano, a pobreza infantil custar\u00eda \u00e1 sociedade uns 63 000 mill\u00f3ns de euros. Non \u00e9 nada novo: xa hai un par de decenios que Amartya Sen obtivo o Nobel de econom\u00eda por amosar, tam\u00e9n d\u00e9cadas antes, o mellor funcionamento econ\u00f3mico das sociedades m\u00e1is igualitarias, nas que o valor persoal est\u00e1 potenciado e potencia o conxunto dun xeito m\u00e1is eficiente.<\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Estamos en elecci\u00f3ns. O ben com\u00fan necesita pol\u00edticas eficientes. Eficiencia que non vai da man da desigualdade, nin do &#8216;s\u00e1lvese quen poda&#8217;, sen\u00f3n \u00f3 rev\u00e9s, da igualdade e do botar unha man polos m\u00e1is. Dino os fil\u00f3sofos, e tam\u00e9n os economistas. Traballaremos para que o pensen os pol\u00edticos e obren en consecuencia?<br \/>\n<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ter pobres non sae a conto &nbsp;&nbsp;&nbsp; Non, non sae a conto. &nbsp;&nbsp; &nbsp;&#8216;Yo soy yo y mi circunstancia, [y si no la salvo a ella no me salvo yo]&#8217; \u00e9 unha co\u00f1ecida frase (en particular, a primeira parte dela) de Ortega y Gasset. Soe tomarse iso, a primeira parte, como marco para dicir algo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,18,13,9],"class_list":["post-1881","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-educacion","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1881","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1881"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1881\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1881"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1881"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1881"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}