{"id":1879,"date":"2023-05-15T16:52:00","date_gmt":"2023-05-15T14:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:31:17","modified_gmt":"2024-10-23T14:31:17","slug":"prehistoria-na-ria-de-ribadeo-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/05\/15\/prehistoria-na-ria-de-ribadeo-pancho\/","title":{"rendered":"PREHISTORIA NA RIA DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/05\/Sobre20os20castros20de20Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"617\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/05\/Sobre20os20castros20de20Ribadeo.jpg\" class=\"wp-image-1880\" width=\"430\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>PREHISTORIA NA RIA DE RIBADEO<\/em><\/p>\n<p><em>Pancho Campos Dorado<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>O termo Prehistoria expresa aquela parte da Historia que abarca estudos do per\u00edodo da vida humana anteriores a aparici\u00f3n de fontes escritas. Cronoloxicamente a Prehistoria sup\u00f3n o 99% do transcurso da Historia do Home sobre a Terra.<sup> (<\/sup><a href=\"#1\" name=\"top1\"><sup>1<\/sup><\/a><sup>)<\/sup> Dun total preto de catro mill\u00f3ns de anos que levan os hom\u00ednidos sobre a terra, solo hai documentos escritos de fai 5000 anos, en escritura cuneiforme sobre arxila, anteriores aos xerogl\u00edficos exipcios, polo que o home viviu en culturas \u00e1grafas e a escritura aparece cando xa existe un home moderno cunha avanzada civilizaci\u00f3n establecida.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPracticamente todo o que se co\u00f1ece da forma de vida do home prehist\u00f3rico est\u00e1 relacionado coa Arqueolox\u00eda. Polas s\u00faas ferramentas de pedra e de \u00f3so int\u00faese a s\u00faa forma primitiva de vivir, a s\u00faa evoluci\u00f3n, o seu co\u00f1ecemento cognitivo; en que \u00e9poca chegou a dominar o lume e os materiais dos que se valeu para o desenrolo do seu vivir diario.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA poboaci\u00f3n m\u00e1is antiga que se co\u00f1ece de Ribadeo, aparece nitidamente no xacemento arqueol\u00f3xico de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/11\/o-xacemento-de-louselas-de-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Louselas<\/a> do Paleol\u00edtico Inferior, onde se fixeron achados, entre os anos 1980-2000 de raspadeiras, raedeiras, bifaces e fendedores, datados en 480 000 anos de antig\u00fcidade, algo totalmente esquecido para o pobo de Ribadeo, pois a administraci\u00f3n patrimonial da Xunta mandou as pezas atopadas para o Museo Arqueol\u00f3xico de Vilalba e n\u00f3s, ribadenses, quedamos co terreo baleirado de restos e cunha Memoria Louselas (Ribadeo) do que foi aquilo, que publicou o <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/search?query=MUPAV#map=19\/43.30075\/-7.67636\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Museo de Prehistoria e Arqueolox\u00eda de Vilalba<\/a> (MUPAV N\u00ba6). Por non ter non temos nin sequera unha sinalizaci\u00f3n do lugar, nin por parte auton\u00f3mica nin municipal do que \u00e9 a s\u00faa contorna para poder mostralo aos miles de visitantes que temos o ano.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outra banda, tam\u00e9n hai importantes xacementos arqueol\u00f3xicos da Cultura Castrexa dos celtas da Idade do Ferro, e da romanizaci\u00f3n, repartidos en nove castros, catro de litoral: As Grobas (Vilasel\u00e1n); Fornelos (Pi\u00f1eira); Meirengos e os Castros (A Devesa); e cinco castros de interior: A Coroa ou a Aira da Croa (Arante); A Pumarega (Covelas); Porto de Arriba e A Torre (Vilaosende) e As C\u00e1rcobas (Ove), cuxa situaci\u00f3n e toponimia nos explicou nun pequeno libri\u00f1o, \u201cSobre os Castros de Ribadeo\u201d o noso inesquecible veci\u00f1o Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz. Pero \u00e9 posible que haxa m\u00e1is xacementos e todos eles esquecidos pola administraci\u00f3n da Xunta da Galiza, e polos presupostos municipais, en onde nunca aparece unha pequena partida para descubrir ou, ao menos, sinalizar alg\u00fans deles, sequera para facer unha Ruta dos Castros, unha gran ruta tur\u00edstica para os nosos visitantes e veraneantes, incluso para n\u00f3s veci\u00f1os de Ribadeo ou para facilitar o cami\u00f1o a aqueles academicamente preparados que fan investigaci\u00f3ns castrexas.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor\u00e9n, os materiais arqueol\u00f3xicos m\u00e1is importantes que transcenden incluso a nosa propia Historia particular, est\u00e1n no fondo da R\u00eda de Ribadeo. Son pezas que prove\u00f1en das civilizaci\u00f3ns avanzadas do Mediterr\u00e1neo, as m\u00e1is delas, pezas de cer\u00e1mica, armas brancas e de fogo, adornos con todo tipo de filigrana, e de distintos materiais, ouro, ferro, madeira&#8230; pezas imprescindibles para reconstru\u00edr e datar acontecementos non solo da nosa propia Historia, sen\u00f3n da evoluci\u00f3n do Comercio Mar\u00edtimo de Europa.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero en Ribadeo, vamos ter que empezar a enumerar as riquezas patrimoniais por \u201cAs Desfeitas\u201d. Vemos na prensa, case t\u00f3dalas semanas, que se destr\u00faen m\u00e1moas, antigos elementos estruturais de poboaci\u00f3n en espazos patrimoniais dentro do \u00e1mbito forestal, sen que se tome ningunha medida administrativa, xudicial ou penal, contra dos depredadores, moitas veces ignorantes do que hai, pois Patrimonio nin por parte da Xunta, nin de Costas, nin do Concello, fixeron unha delimitaci\u00f3n visible das zonas de excepci\u00f3n catalogadas como patrimonio da Galiza, e tampouco puxeron a ningu\u00e9n a vixiar estas prezadas zonas cando se vai a traballar preto delas, para parar tal ou cal desfeita. Moitas veces \u00f3 contrario, a administraci\u00f3n pechou os ollos e deixaron facer a desfeita impunemente.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA R\u00eda de Ribadeo estase destru\u00edndo d\u00eda a d\u00eda coa colmataci\u00f3n de area que a est\u00e1 deixando completamente cegada, e noutros vinte anos poderase ir andando por toda ela en marea chea. Efectivamente. Pero NON SE PODE DRAGAR a R\u00eda sen ter antes mirado o que se est\u00e1 dragando, pois ser\u00eda un atentado manifesto o patrimonio subacu\u00e1tico cara aos restos arqueol\u00f3xicos que son testemu\u00f1as \u00fanicas e moi importantes para saber de como evolucionou o comercio mar\u00edtimo na Galiza e en Europa.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nXa no ano 2011 desde a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/O%20Tes%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os \u201cO Tes\u00f3n\u201d<\/a> fac\u00edamos fincap\u00e9 deste desprop\u00f3sito de dragar a r\u00eda sen ter rescatado primeiro os bens que por aquel entonces xa estaban inventariados. A contestaci\u00f3n de \u201cCultura da Xunta de Galiza\u201d foi que \u201cun arque\u00f3logo supervisaba os traballos\u201d (A Mari\u00f1a, El Progreso, m\u00e9rcores 16 novembro 2011). Punto, as\u00ed nos vai doce anos despois sen soluci\u00f3ns efectivas de ning\u00fan tipo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo fondo da R\u00eda de Ribadeo hai tanta riqueza en pecios que unha vez ao descuberto, estudalos ser\u00e1 cuesti\u00f3n de dedicarlles unha vida enteira, pero \u00bfe mellor deixalos onde est\u00e1n, e que vaian desaparecendo pouco a pouco en dragados incontrolados?. A\u00ednda non se convenceu a Xunta, Portos de Galiza ou mesmo o Principado, que a Ponte dos Santos e as escolleras e diques que se foron facendo en \u201cobras inciviles\u201d son unha ru\u00edna ambiental totalmente en contra do noso ecosistema, totalmente en contra do Porto Comercial de Ribadeo? Estar\u00e1n facendoo adrede para revalorizar os portos lim\u00edtrofes e deixar a Ribadeo ao marxe do comercio mar\u00edtimo? Non \u00e9 de extra\u00f1ar, pois xa acabaron con t\u00f3dolos barcos de pesca de altura e de baixura, que nada menos chegou a ter 350 homes apuntados no P\u00f3sito de Pescadores. Estar\u00e1 pasando o que mesmo que pasa co Xulgado de Primeira Instancia, que non ven por estar mellor en Mondo\u00f1edo, Viveiro ou en Lugo?<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nComo se vai poder manter a profundidade do canal ao Porto de Ribadeo, sen destru\u00edr a riqueza da r\u00eda? Primeiramente, ter\u00eda que irse cambiando a estrutura en viga da Ponte dos Santos, por unha ponte en arco ou unha ponte colgante ou atirantada que evite a construci\u00f3n de pilastras centrais, para ampliar a s\u00faa luz e a s\u00faa altura, creando un g\u00e1libo de navegaci\u00f3n apropiado e adaptado aos tipos de barcos mercantes modernos, de m\u00e1is calado e de m\u00e1is guinda ou altura de topes (air gap); un g\u00e1libo que non debera de ser menor de 45 m ou 50 metros de altura que incluso permita entrar a barcos de vela arbolados que navegan ao largo de todo o ano, e principalmente nas regatas m\u00e1is importantes do Atl\u00e1ntico.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA R\u00eda de Ribadeo e o Porto de Porcill\u00e1n foron desde sempre o gran refuxio seguro, durante toda a roda do ano, para os barcos mercantes e de guerra nas fortes galernas do Cant\u00e1brico, tanto para aqueles grandes veleiros desde a alta Idade Media, como para os pequenos e medianos barcos de cabotaxe de todos os tempos.<br \/>\nTe\u00f1amos en conta que o tr\u00e1fico mar\u00edtimo, foi o gran motor da econom\u00eda de Ribadeo, e a Ponte dos Santos \u00e9 un atranco, un estorbo artificial que parece posto a prop\u00f3sito para destru\u00edr a R\u00eda, para destru\u00edr a hexemon\u00eda mar\u00edtima milenaria de Ribadeo. Aqueles vellos mari\u00f1eiros dos anos 1960 e 70 cando se estaba proxectando a ponte e o primeiro \u201cpaseo mar\u00edtimo\u201d que destru\u00edu a d\u00e1rsena e praia de Cabanela, xa o dic\u00edan: \u201cA R\u00eda de Ribadeo non \u00e9 o Duero, aqu\u00ed hai marea cada seis horas\u201d. Non fixeron caso, e a colmataci\u00f3n de area \u00e9 incontrolable hoxe en d\u00eda, pois a\u00ednda que se chegara a dragar cada catro ou cinco anos, ser\u00eda como querer quitar cunha culleri\u00f1a do caf\u00e9 o arrastre de area que pode meter a forza do mar nunha marea.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA d\u00eda de hoxe, xa non cabe ningunha d\u00fabida de que en Porcill\u00e1n, fondeadoiro e Porto de Ribadeo por excelencia, xa comerciaban os gregos e fenicios desde antes que chegaran os romanos as nosas costas. Simplemente vendo as pezas que se est\u00e1n atopando nas pouqui\u00f1as mostras arqueol\u00f3xicas que se fan na R\u00eda, serven para demostrar que este comercio internacional a gran distancia xa exist\u00eda un milenio antes da nosa era. E faltan de supervisar centos de metros cadrados de superficie do pracer da R\u00eda, para detectar pezas met\u00e1licas que se atopan a pouca e media profundidade e decenas de metros c\u00fabicos de area para cribar as decenas de pezas de cer\u00e1mica, bronce, cristal, vidro e moi posiblemente xoias de ouro fino repuxado ou con engarces variados, que tam\u00e9n haber\u00e1 nos preciosos e prezados fondos da R\u00eda de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDe momento o equipo de buceo do arque\u00f3logo comisario Miguel San Claudio, desvel\u00e1banos que atoparon unha \u00e1nfora grega de 2600 anos de antig\u00fcidade (s\u00e9culo VII a.C.) peza de cer\u00e1mica massaliota (da colonia grega de Massalia, a actual Marsella) e que relaciona o comercio a larga distancia m\u00e1is antigo que se localizou na Costa Cant\u00e1brica, o que converte en \u00fanica a R\u00eda de Ribadeo (Ribadeo, La Atapuerca de Galicia para la Arqueolog\u00eda submarina, La Voz de Galicia, 29-Nov-2011).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA diferenza de criterio entre \u201cCultura\u201d da Xunta de Galiza e Castela, \u00e9 que cando se estaba facendo a trincheira daquela li\u00f1a de ferrocarril no corredor da Bureba tan necesaria entre a conca do Ebro e o r\u00edo Douro, atopouse o xacemento arqueol\u00f3xico de Atapuerca, e inmediatamente se pararon as obras de escavaci\u00f3n e se desviou o trazado do ferrocarril pois aquel tesouro humano representaba un ach\u00e1dego important\u00edsimo, unha historia e vida para o seu entorno e o de toda a humanidade. Levan estudando o xacemento desde fai m\u00e1is dun s\u00e9culo, e ao seu redor se fixeron salas de exposici\u00f3ns, museos, escolas de capacitaci\u00f3n e estudo, e t\u00f3dolos anos reciben miles de visitantes.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAqu\u00ed temos algo parecido, salvando as distancias, para saber do comercio mar\u00edtimo da antig\u00fcidade de Galiza e de Europa, dos tipos de barcos e dos seus secretos de construci\u00f3n, f\u00e1brica e armamento que Ces\u00e1reo Fern\u00e1ndez Duro xa expo\u00f1\u00eda en 1880 en \u201cA la Mar Madera\u201d, pero as mentes acad\u00e9micas que pararon a trincheira ferroviaria de Atapuerca, na R\u00eda de Ribadeo brillan pola s\u00faa ausencia, e queren dragar a toda costa e destru\u00edr toda unha riqueza patrimonial que se sabe de certo que existe. Unha vergo\u00f1a institucionalizada nas disposici\u00f3ns da Xunta e de Portos da Galiza, e que non debe de tolerarse.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nN\u00f3s non podemos facer nada inmediato para evitalo, solo patalexar ou escribir alg\u00fan artigo como este para seguir alertando da pasividade e indiferenza con que se trata desde as administraci\u00f3ns este delicado tema que unha vez destru\u00eddo non ten volta de folla.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero, a\u00ednda que son ateo convencido, grazas a Deus, como reco\u00f1ec\u00eda Oriana Fallaci, voulle pedir a Divindade do Cosmos por medio da Virxe do Carme Patroa de todos n\u00f3s, os mari\u00f1eiros, que faga algo, que non permita tama\u00f1as falcatruadas sen que te\u00f1an consecuencias para quen as permita. Am\u00e9n.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8212;<\/em><\/p>\n<p><a name=\"1\"><strong>1 <\/strong><\/a><span style=\"font-size: x-small;\"><em>La Prehistoria y su Metodolog\u00eda, Ana Fern\u00e1ndez Vega, Sergio Ripoll L\u00f3pez, Amparo Hernando Grande, Francisco Javier Mu\u00f1oz Iba\u00f1ez, Jos\u00e9 Manuel Quesada L\u00f3pez, Jos\u00e9 Manuel Ma\u00edllo Fern\u00e1ndez y Jes\u00fas Jord\u00e1 Pardo. Segunda Edici\u00f3n 2014, Editorial Universitaria Ram\u00f3n Areces, UNED. P\u00e1x. 11.<\/em><\/span><a href=\"#top1\"><span style=\"font-size: x-small;\"><em><sup>\u21a9<\/sup><\/em><\/span><br \/>\n<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; PREHISTORIA NA RIA DE RIBADEO Pancho Campos Dorado O termo Prehistoria expresa aquela parte da Historia que abarca estudos do per\u00edodo da vida humana anteriores a aparici\u00f3n de fontes escritas. Cronoloxicamente a Prehistoria sup\u00f3n o 99% do transcurso da Historia do Home sobre a Terra. (1) Dun total preto de catro mill\u00f3ns de anos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1880,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,11,74,46],"class_list":["post-1879","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-historia","tag-o-teson","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1879","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1879"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1879\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1880"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1879"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1879"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1879"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}