{"id":1876,"date":"2023-05-17T10:56:00","date_gmt":"2023-05-17T08:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:21:25","modified_gmt":"2024-10-23T14:21:25","slug":"letras-galegas-2023-o-recuncho-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/05\/17\/letras-galegas-2023-o-recuncho-da\/","title":{"rendered":"Letras galegas 2023. O recuncho da lectura e tres lembranzas"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/05\/HernC3A1n20e20del20Riego.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"214\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/05\/HernC3A1n20e20del20Riego.jpg\" class=\"wp-image-1877\" width=\"320\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Hern\u00e1n, en debuxo propio, e del Riego, de foto en dominio p\u00fablico.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=letras+galegas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Letras galegas<\/a> 2023. O recuncho da lectura e tres lembranzas<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Comecei a matinar nisto do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Recuncho%20da%20lectura\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Recuncho da Lectura<\/a> hai cousa duns meses. Daquela a plataforma que estaba a usar para comentar lecturas en internet, Goodreads, do grupo Alphabet (Google) comezou a non deixarme meter m\u00e1is libros novos. E como pouco se ocupa dos libros en galego&#8230; xa te\u00f1o varios lidos e sen comentar. Non \u00e9 que sexa especialmente dado a comentar os libros que leo, pero vexo unha discriminaci\u00f3n o non poder facelo. Sei que en alg\u00fan momento chegar\u00e1n eses t\u00edtulos \u00e1 plataforma e poderei comentalos, pero tr\u00e1tase tam\u00e9n da autonom\u00eda. Mi\u00f1a, e por suposto, da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/lingua\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">lingua<\/a> e de todos. Por un tempo ama\u00f1ei a cousa solicitando al algu\u00e9n que ti\u00f1a permiso que colgara eses libros en internet, pero hoxe por hoxe, a plataforma nin permite facer comentarios encabezados por un t\u00edtulo sobre libros que non est\u00e9 xa cargados, co que o proceso vai dificult\u00e1ndose. Por iso, como alternativa, a\u00ednda que sexa moi secundaria en importancia en relaci\u00f3n coa difusi\u00f3n que pod\u00eda ter na plataforma, deixarei aqu\u00ed comentarios -sucintos, como vi\u00f1a a facer en Goodreads- sobre alg\u00fan libro que vou lendo en galego. O nome ven dun &#8216;<a href=\"http:\/\/web.archive.org\/web\/19981207004343\/http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/index_m.htm\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Recuncho da lectura&#8217; (aqu\u00ed, en Internet Archive no 1998<\/a>) que mantiven literalmente o s\u00e9culo pasado na mi\u00f1a primeira p\u00e1xina web, adicado tam\u00e9n \u00e1 lectura en galego. Unha nota final a esta introduci\u00f3n: se \u00e9 o funcionamento de Goodreads o que me impulsa a facer esta entrada e outras que \u00e9 previsible que ve\u00f1an despois, nestes momentos, o blog tam\u00e9n est\u00e1 sobre unha plataforma de Alphabet, Blogger.<\/p>\n<p>&#8211;<span>&nbsp;&nbsp; <\/span>A gran novela galega, de C\u00e9sar Cequeli\u00f1os. Morgante edici\u00f3ns, 2023, ISBN9788419040077. Unha pequena e divertida s\u00e1tira do que non se soe ver que fai quen dirixe os directores a industria da cultura galega. Pode que intranscendente literariamente, pero a s\u00faa referencia \u00e1 estrutura da mec\u00e1nica literaria en Galicia e a s\u00faa linguaxe coloquial fan dela unha obra que non apetece deixar ata que chega o final.<\/p>\n<p>&#8211;<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E agora pasa un tren, un libro da vella colecci\u00f3n Mandaio de Biblos, de Lito Caram\u00e9s, 2005, ISBN8493412643.<br \/>\nNon me gustou, pero a\u00ed est\u00e1. \u00c9 un batido de relatos curtos relacionado co tren (\u00e1s veces, moi&nbsp; moi pouco), dos que alg\u00fan dar\u00eda para algo m\u00e1is desenvolto.<\/p>\n<p>&#8211;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Flores de ferro. ISBN: 978-84-9151-491-6. Ed. Galaxia. O \u00faltimo libro tratado no club de lectura do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Electriza pouco a pouco sen chegar a electrocutar. Non fala dos tempos da guerra, fala de xente que viviu nun tempo as\u00ed. Que sobreviviu. E do mundo que quedou con esa supervivencia. Gustoume moito, a\u00ednda que polo medio se coe algunha pequena incongruencia, como o c\u00e1lculo do tempo en chegar a Briana, e a\u00ednda que a resoluci\u00f3n da historia e o seu desenvolvemento acalen a apetencia por un uso da lingua m\u00e1is rico, pero que non se bota de menos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Xunto con ambas rese\u00f1as, as lembranzas. A primeira para <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rosal%C3%ADa_de_Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Rosal\u00eda<\/a>, na orixe da elecci\u00f3n da data do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/17_de_maio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">17 de maio<\/a>, coa difusi\u00f3n de &#8216;Cantares Galegos&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A segunda, para <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Fern%C3%A1ndez_del_Riego\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Francisco Fern\u00e1ndez del Riego<\/a>, a quen est\u00e1 adicado o d\u00eda este 2023.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E a terceira lembranza, para <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hern%C3%A1n_Naval\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Hern\u00e1n Naval<\/a>, quen rexistrou unha noite como a pasada de hai xa 22 anos o seu pasamento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>&#8212;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Despois de rematar e publicar chego a outra cousa que engado. <span class=\"x193iq5w xeuugli x13faqbe x1vvkbs x10flsy6 x1lliihq x1s928wv xhkezso x1gmr53x x1cpjm7i x1fgarty x1943h6x x4zkp8e x41vudc x6prxxf xvq8zen xo1l8bm xzsf02u x1yc453h\" dir=\"auto\">Hoxe<br \/>\n cumprir\u00edanse os sesenta anos do que est\u00e1 definido no texto que collo como primeiro acto galeguista da postguerra en<br \/>\nRibadeo. Realizado nun recreo do sexto curso na Academia en 1963, l\u00e9ronse poemas de<br \/>\nRosal\u00eda e un texto sobre ela, con asistencia de toda a clase, e duraci\u00f3n dunha media<br \/>\nhora. Non se sabe se a direcci\u00f3n da Academia non se enterou ou non se quixo<br \/>\nenterar. Na mesa estaban tres<br \/>\npersoas; d\u00faas xa non est\u00e1n, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=%C3%A1lvaro+Lamas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">\u00c1lvaro Lamas<\/a> e Montserrat Mir\u00f3, e a terceira ser\u00eda quen o escribiu hoxe no Facebook, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Evaristo%20Lombardero\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Evaristo Lombardero<\/a>.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hern\u00e1n, en debuxo propio, e del Riego, de foto en dominio p\u00fablico. Letras galegas 2023. O recuncho da lectura e tres lembranzas &nbsp;&nbsp;&nbsp; Comecei a matinar nisto do Recuncho da Lectura hai cousa duns meses. Daquela a plataforma que estaba a usar para comentar lecturas en internet, Goodreads, do grupo Alphabet (Google) comezou a non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1877,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,34,51,16,15],"class_list":["post-1876","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-evaristo-lombardero","tag-hernan-naval","tag-lingua","tag-recuncho-da-lectura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1876","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1876"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1876\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1877"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1876"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1876"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1876"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}