{"id":1855,"date":"2023-05-23T22:39:00","date_gmt":"2023-05-23T20:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:20:53","modified_gmt":"2024-10-23T14:20:53","slug":"que-e-seguridade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/05\/23\/que-e-seguridade\/","title":{"rendered":"Que \u00e9 a seguridade?"},"content":{"rendered":"<p>Que \u00e9 a seguridade?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai a\u00ednda poucos d\u00edas unha xuntanza a nivel local con representaci\u00f3n de pol\u00edticos e funcionarios locais e forzas de seguridade estatais, certificou unha vez m\u00e1is algo que m\u00e1is ou menos subscribo, igual que moita outra xente: Ribadeo \u00e9 un lugar seguro. Unha poboaci\u00f3n relativamente pequena, con actividade abonda e sen grandes sobresaltos de seguridade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como contraste \u00e1 noticia oficial que daba fe da xuntanza<\/span>, fin de semana antes de elecci\u00f3ns,<span> hoxe mesmo puiden ver nos xornais varios casos relacionados coa &#8216;falta de seguridade&#8217;, a m\u00e1is doutro observable en plena r\u00faa c\u00e9ntrica.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Esta noite pasada, de domingo a luns, a rotura dun vidro da porta principal dun co\u00f1ecido e c\u00e9ntrico establecemento de hostaler\u00eda foi o paso previo para entrar a saco e largarse co bot\u00edn. Pasando por al\u00ed xa preto de media ma\u00f1\u00e1, segu\u00eda o vidro roto e un veci\u00f1o lembroume que este mesmo mes xa sufrira outro roubo. En ning\u00fan dos dous casos sei nin en canto se valorou o bot\u00edn, nin en que consistiu nin en canto se valorarou o esnaquizado. Pero, evidentemente, haber, houbo perdas.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Xunto co anterior, observable por calquera transe\u00fante, hoxe no xornal pod\u00eda lerse que a noite anterior, de s\u00e1bado a domingo de madrugada, outro establecemento de hostaler\u00eda foi atracado, faltando a\u00ednda determinar o conxunto de danos sufrido, a m\u00e1is do roubado. Asemade, a mesma noite, un ferido (varios dentes saltados, labio partido) nunha r\u00faa diante dun local nocturno na que tam\u00e9n varios coches resultaron afectados, acumul\u00e1base \u00f3 altercado que a madrugada do d\u00eda 6, no mesmo lugar, deu como resultas o arrancamento dun labio por unha trabada dun dos contrincantes a outro. En ambos casos, con tumulto arredor.&nbsp; <\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Chegados aqu\u00ed, despois de xuntar os feitos anteriores, cabe preguntarse se sigo subscribindo o dito, que estou de acordo coa seguridade no noso pobo. M\u00e1is a\u00ednda, cando as novas aclaran que no caso dos altercados, os avisos vi\u00f1eron dos veci\u00f1os, fartos do ru\u00eddo e inconveniientes que sofren, e sei de que vai o tema despois de sufrir durante anos a movida na zona, ou por outra banda, teren entrado a roubar hai tempo no noso fogar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai unha pequena confusi\u00f3n entre dous significados diferentes de seguridade. Un, en trmos de probabilidade, vir\u00eda dado en matem\u00e1ticas por p = 1, total probabilidade. \u00d3 outro, no sentido se &#8216;sentirse a salvo&#8217;, non podemos nunca asignarlle p = 1; nese sentido, ningu\u00e9n estamos nunca totalmente a salvo. Somos mortais e morremos, e sempre pode ocorrer un suceso que dea remate \u00e1 nosa vida. O de perder os bens, tam\u00e9n, pero queda, coido, nun segundo plano fronte \u00f3 anterior.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Ribadeo, e Galicia, son lugares m\u00e1is ou menos seguros, sempre tendo en conta esa &#8216;seguridade relativa&#8217;, en relaci\u00f3n a Colombia, Ucra\u00edna u Catania, por po\u00f1er exemplos relacionados con guerras ou mafia e cunha certa distancia de por medio.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E poden insistir nas noticias na necesidade de m\u00e1is seguridade: nunca -suli\u00f1o, <u>nunca<\/u>&#8211; ser\u00e1 abonda para todos, pola imposibilidade dese p =1 do que falaba. Pero sempre, precisamente por esa imposibilidade, se poder\u00e1 pedir &#8216;m\u00e1is&#8217;, maior eficiencia, outros m\u00e9todos, cambio de prioridades para atender as necesidades de m\u00e1is seguridade, o cumprimento da normativa existente&#8230; e a\u00ed comezan a distinguirse as preferencias, convici\u00f3ns, intereses, de cada quen. Por exemplo, \u00e9 frecuente pedir m\u00e1is polic\u00eda pola inseguridade. Mais os lugares con m\u00e1is polic\u00eda non te\u00f1en por que ser -de feito, non soen ser- os m\u00e1is seguros, \u00f3 detraer recursos doutros factores, como a educaci\u00f3n, a planificaci\u00f3n das zonas habitadas do territorio ou a igualdade de oportunidades, que os estudos amosan que te\u00f1en m\u00e1is importancia na conflitividade e na inseguridade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E, fronte a unhas elecci\u00f3ns, por a\u00ed si que poder\u00eda tomarse en conta nas intenci\u00f3ns das futuras actuaci\u00f3ns, dos programas, sexa a nivel local, auton\u00f3mico ou estatal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que \u00e9 a seguridade? &nbsp;&nbsp;&nbsp; Hai a\u00ednda poucos d\u00edas unha xuntanza a nivel local con representaci\u00f3n de pol\u00edticos e funcionarios locais e forzas de seguridade estatais, certificou unha vez m\u00e1is algo que m\u00e1is ou menos subscribo, igual que moita outra xente: Ribadeo \u00e9 un lugar seguro. Unha poboaci\u00f3n relativamente pequena, con actividade abonda e sen [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-1855","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1855","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1855"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1855\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1855"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1855"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1855"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}