{"id":1850,"date":"2023-05-25T13:59:00","date_gmt":"2023-05-25T11:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:20:47","modified_gmt":"2024-10-23T14:20:47","slug":"herbicidas-perigosos-en-cantidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/05\/25\/herbicidas-perigosos-en-cantidade\/","title":{"rendered":"Herbicidas perigosos en cantidade"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Deixo aqu\u00ed a nota de prensa do Sindicato Labrego Galego sobre o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/05\/de-traballos-velenosos-atravesando.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">uso de veleno<\/a> para o mantemento do gasoduto de Nedgia, axustando que tam\u00e9n presentaron alegacions a Comunidade de Montes de Pi\u00f1eira, a de Obe e antigos membros da Plataforma de Afectados polo Gasoduto de Barreiros e Cervo. Da actuaci\u00f3n dos concellos non se sabe nada.<\/p>\n<p><em><u>A pretensi\u00f3n de verter inxentes cantidades de herbicidas perigosos est\u00e1 a ser contestada pola veci\u00f1anza da Mari\u00f1a.<\/u><\/p>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo d\u00eda de hoxe, procedeuse a presentar no Concello de Ribadeo un bon n\u00famero de manifestaci\u00f3ns de disconformidade con esta pretensi\u00f3n.<\/p>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA empresa NEDGIA GALICIA SA, do grupo Naturgy, ten solicitado do Concello de Ribadeo a exposici\u00f3n p\u00fablica de anuncio dos traballos de control da vexetaci\u00f3n na traza polo que descorre o gasoduto da Mari\u00f1a entre o lugar de Porto de Arriba, no Concello de Ribadeo at\u00e9 Celeiro en Viveiro. Estes traballos incl\u00faen a aplicaci\u00f3n do herbicida sist\u00e9mico TORDON\u2122 Star da empresa Corteva Agriscience<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO produto TORDON\u2122 Star que a empresa pretende aplicar en grande parte do trazado \u00e9 un herbicida mui t\u00f3xico, nomeadamente para organismos acu\u00e1ticos; e causante de reacci\u00f3ns al\u00e9rxicas na pel e danos nos ril. Sobre un dos seus componentes, o Plicoran ou derivados do mesmo, existen estudos que o catalogan como altamente cancer\u00edxeno.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>S\u00f3 por este motivo, resulta absurdo a aplicaci\u00f3n dun produto desas caracter\u00edsticas para o obxectivo que se persigue de controlar a vexetaci\u00f3n espont\u00e1nea na traza do gasoduto, cando se pode optar por pr\u00e1cticas m\u00e1is seguras e respetuosas co medio e coa sa\u00fade da veci\u00f1anza como pode ser mesmamente a roza mec\u00e1nica.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Por outra banda, a documentaci\u00f3n exposta non aclara aspectos mui relevantes: m\u00e9todo de aplicaci\u00f3n, dose, superficie a tratar, etc. Asimesmo, os mapas a escala 1:10.000 non permiten determinar con exactitude as zonas nas que se pretende aplicar o herbicida. Isto \u00e9 de singular gravidade xa que a zona a tratar atravesa terreos inclu\u00eddos en espazos protexidos ligados \u00f3 medio acu\u00e1tico (R\u00eda de Ribadeo, esteiro do Masma, r\u00edo Ouro, etc) sobre os que precisamente este produto ten un impacto cr\u00edtico segundo a ficha de seguridade do mesmo, e masas de auga superficial que a mesma ficha di que deben deixarse distancias de 5 metros, que non poden apreciarse na cartograf\u00eda exposta.<\/p>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs alegaci\u00f3ns presentadas fan fincap\u00e9 na necesidade de que non se conceda o permiso \u00e1 actuaci\u00f3n proposta mentres non se clarexen as d\u00fabidas expostas sobre superficie total afectada e o tratamento proposto, as\u00ed como unha cartograf\u00eda co detalle necesario para localizalas.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPiden asimesmo que se reconsideren os traballos propostos e se desbote a aplicaci\u00f3n de herbicida, optando polo tratamento mec\u00e1nico da broza.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFaise tam\u00e9n un chamado aos concellos polos que descorre a infraestrutura para que informen \u00e1 veci\u00f1anza das pretensi\u00f3ns desta empresa e se lle notifique de xeito individualizado a todas as persoas propietarias dos predios afectados e dos colindantes a realizaci\u00f3n dos traballos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Deixo aqu\u00ed a nota de prensa do Sindicato Labrego Galego sobre o uso de veleno para o mantemento do gasoduto de Nedgia, axustando que tam\u00e9n presentaron alegacions a Comunidade de Montes de Pi\u00f1eira, a de Obe e antigos membros da Plataforma de Afectados polo Gasoduto de Barreiros e Cervo. Da actuaci\u00f3n dos concellos non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-1850","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1850","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1850"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1850\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1850"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1850"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1850"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}