{"id":1821,"date":"2023-06-01T08:36:00","date_gmt":"2023-06-01T06:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:20:03","modified_gmt":"2024-10-23T14:20:03","slug":"ninguen-morreu-que-e-o-importante","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/06\/01\/ninguen-morreu-que-e-o-importante\/","title":{"rendered":"Ningu\u00e9n morreu. Que \u00e9 o importante?"},"content":{"rendered":"<p><span>Ningu\u00e9n morreu. Que \u00e9 o importante?<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Como se de Saramago e as s\u00faas &#8216;intermitencias da morte&#8217; se tratase, unha famosa pol\u00edtica (pola pol\u00edtica que fai, ocorrencias que ten, e votos obtidos, sen presupo\u00f1er por iso que as s\u00faas pol\u00edticas sexan boas ou as s\u00faas condutas \u00e9ticas) remata de afirmar (antes das elecci\u00f3ns) que &#8216;ningu\u00e9n morreu&#8217; pola contaminaci\u00f3n. 30 000 mortes s\u00f3 en Espa\u00f1a nos \u00faltimos ans non deben ser &#8216;ningu\u00e9n&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O feito \u00e9 s\u00f3 un episodio m\u00e1is do que xa \u00e9 unha pol\u00edtica normal ou normativa nesta Espa\u00f1a na que vivimos, isto \u00e9, axustada \u00e1 norma e asimilada d\u00eda a d\u00eda dese xeito. Xa est\u00e1 asumido considerar mortos nas residencias como cousas que pasan, como un atropelo casual por prte dalgu\u00e9n que vai ata as cellas doutro algu\u00e9n que pasaba por al\u00ed. O mesmo que considerar boa a desigualdade, como se fose unha diversidade m\u00e1is que hai que preservar porque favorece \u00f3 ecosistema, unha necesidade de manter mesmo depredadores carn\u00edvoros para poder dar boa conta dos herb\u00edvoros (que ser\u00edamos n\u00f3s) e que non se descontrolen. Ou protexer o tr\u00e1fico baseado en combustibles porque fardar de coche potente da status e &#8216;se Espa\u00f1a non pode, ti podes&#8217;, e iso d\u00e1 glamour \u00f3 pa\u00eds. E sen contradicir que se favoreza a compra de veh\u00edculos el\u00e9ctricos caros por parte de quen poda mercalos! Ou&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En troques do anterior, non \u00e9 que ningu\u00e9n morrera, morra ou morrer\u00e1, pois todos morremos. Pero hai quen morre antes por culpa de respirar a diario un aire contaminado na gran cidade e non poder ir pasar o descanso nun confortable chalet \u00e1s aforas de aire l\u00edmpido. Ou por non poder procurarse unha asistencia m\u00e9dica decente pola indiferenza ante o ateigamento e falta de medios dos centros m\u00e9dicos p\u00fablicos despois dunha rebaixa de impostos. Ou&#8230; por outras moitas cousas, que exceder\u00edan a lonxitude adecuada deste artigo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pero eses feitos e moitas outros non parecen importar nin en campa\u00f1a electoral (a\u00ednda recente ou pr\u00f3xima futura), nin antes, nin despois, ao menos en importancia relativa e atenci\u00f3n requirida fronte a diversas mentiras espalladas para facer impacto antes dos comicios, mais tam\u00e9n nalgunha circunstancia na que se quere influ\u00edr en certas decisi\u00f3ns. \u00c9 dicir, desas mentiras que est\u00e1n xa \u00e1 orde do d\u00eda e das que case non podemos liberarnos polo esforzo que esixe ir detectando todas elas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E a cousa tende a ir a m\u00e1is: cada vez hai m\u00e1is posibilidade de interacci\u00f3n directa, de impacto xusto no punto debido, pois imos deixando rastro de datos que empresas sen moito escr\u00fapulo, de xeito legal ou ilegal, van recollendo e vendendo, para poder facernos un cadaleito a medida se se conta con cartos abondo. Un cadaleito de mortos en vida, vendidas as nosas posibilidades, elecci\u00f3ns, anceios ou esperanzas. E uns cartos -normalmente, alleos, concentrados en pouca xente-que tenden a aumentar \u00f3 tempo que dimin\u00faen os nosos, pois unha vez no cadaleito, tam\u00e9n estamos indefensos para defender os nosos cartos. A\u00ednda que nos te\u00f1an convencidas de que nun cadaleito a medida estase moi ben! \u00d3 fin e \u00f3 cabo, que \u00e9 o importante? Que o cadaleito sexa c\u00f3modo, claro!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ningu\u00e9n morreu. Que \u00e9 o importante? &nbsp;&nbsp; &nbsp;Como se de Saramago e as s\u00faas &#8216;intermitencias da morte&#8217; se tratase, unha famosa pol\u00edtica (pola pol\u00edtica que fai, ocorrencias que ten, e votos obtidos, sen presupo\u00f1er por iso que as s\u00faas pol\u00edticas sexan boas ou as s\u00faas condutas \u00e9ticas) remata de afirmar (antes das elecci\u00f3ns) que &#8216;ningu\u00e9n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-1821","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1821","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1821"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1821\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1821"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1821"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1821"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}