{"id":1779,"date":"2023-06-08T21:34:00","date_gmt":"2023-06-08T19:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:17:37","modified_gmt":"2024-10-23T14:17:37","slug":"tito-lourenzo-fernandez-prieto-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/06\/08\/tito-lourenzo-fernandez-prieto-en\/","title":{"rendered":"Tito, Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto, en Ferrol, na Academia, na RAG"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Lourenzo+Fern%C3%A1ndez+Prieto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Tito, Colaborador do Blog<\/a> e da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/O%20Tes%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">AVV O Tes\u00f3n<\/a>, humildes entre outras cousas m\u00e1is relevantes, foi investido o d\u00eda 3 como Acad\u00e9mico de N\u00famero da RAG nun acto no Teatro Jofre de Ferrol. Deixo a continuaci\u00f3n o v\u00eddeo do acto, un pequeno comentario meu e a <a href=\"https:\/\/academia.gal\/-\/lourenzo-fern-c3-a1ndez-prieto-ingresa-na-rag-reivindicando-a-memoria-silenciada-como-fonte-para-escribir-a-historia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa da Academia<\/a>, ambos con fotos.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" allowfullscreen=\"\" class=\"BLOG_video_class\" height=\"535\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/WqKZZI_VKZI\" width=\"644\" youtube-src-id=\"WqKZZI_VKZI\"><\/iframe><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>\u00d3 acto de Ferrol foi unha cantidade de xente que encheu o teatro. Entre ela, atop\u00e1bamonos case media centea de ribadenses que quer\u00edamos acompa\u00f1ar a Tito. Foi un acto \u00f3 tempo entra\u00f1able e acad\u00e9mico. De que resultara as\u00ed encargouse principalmente el no seu discurso de aceptaci\u00f3n da cadeira acad\u00e9mica, que como se pode ver no v\u00eddeo ou no resume da nota de prensa da RAG, constou de varias partes ben diferenciadas, resaltando as\u00ed o aspecto humano antes que o aspecto de estudo. Neste \u00faltimo tam\u00e9n salientou aspectos humanos na confrontaci\u00f3n entre <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Valent%C3%ADn_Paz-Andrade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Paz Andrade<\/a> e Cela, mirando a s\u00faa proxecci\u00f3n at a Galicia actual.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>No acto atop\u00e1banse os xa acad\u00e9micos, entre os que se conta <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Francisco+D%C3%ADaz+Fierros\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Francisco D\u00edaz Fierros<\/a>, <a href=\"https:\/\/academia.gal\/membro\/-\/membro\/francisco-diaz-fierros-viqueira\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">acad\u00e9mico dende 2002<\/a>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/discurso20Tito.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/discurso20Tito.jpg\" class=\"wp-image-1780\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/contestaVillares.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/contestaVillares.jpg\" class=\"wp-image-1781\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/acadC3A9micos.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/acadC3A9micos.jpg\" class=\"wp-image-1782\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/Tito20co20diploma.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/Tito20co20diploma.jpg\" class=\"wp-image-1783\" width=\"480\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/TitonoteatroJofre.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/TitonoteatroJofre.jpg\" class=\"wp-image-1784\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<h2 class=\"entry-title\">Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto ingresa na RAG reivindicando a memoria silenciada como fonte para escribir a historia<\/h2>\n<p>    <time class=\"entry-date publishdate\" datetime=\"2023-06-03\">03\/06\/2023<\/time><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/academia.gal\/institucion\/academicos\/de-numero\">Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto<\/a><br \/>\n ingresou este mediod\u00eda na Real Academia Galega reivindicando o papel da<br \/>\n historia e a importancia da memoria na historiograf\u00eda. O catedr\u00e1tico de<br \/>\n Historia Contempor\u00e1nea da Universidade de Santiago de Compostela<br \/>\ncentrou o <a href=\"https:\/\/doi.org\/10.32766\/rag.412\">discurso de recepci\u00f3n<\/a><br \/>\n como acad\u00e9mico de n\u00famero na relaci\u00f3n entre historia, memoria e pol\u00edtica<br \/>\n no contexto da Transici\u00f3n democr\u00e1tica en Galicia a partir dunha<br \/>\ndiscusi\u00f3n p\u00fablica que tivo como protagonistas a Valent\u00edn Paz-Andrade,<br \/>\nsenador electo na reinaugurada democracia en 1977, e Camilo Jos\u00e9 Cela,<br \/>\nsenador por designaci\u00f3n real. O episodio rescatado, vinculado \u00e1<br \/>\nreivindicaci\u00f3n galeguista dun Estatuto de Autonom\u00eda que apelase \u00e1s<br \/>\nra\u00edces republicanas, \u00e9 para o historiador un exemplo claro da \u201cfondura<br \/>\ndo noso esquecemento colectivo, al\u00e9n dese repetido mantra do pacto do<br \/>\nesquecemento da Transici\u00f3n\u201d, e de como \u201co relato do pasado, tam\u00e9n o das<br \/>\nv\u00edtimas, sempre est\u00e1 dominado polo vencedor. M\u00e1is a\u00ednda cando o vencedor<br \/>\n foi verdugo\u201d.<\/p>\n<\/p>\n<\/p>\n<\/p>\n<p>O director da Secci\u00f3n de Historia, Ram\u00f3n Villares, d\u00e1lle resposta a Fern\u00e1ndez Prieto en nome da Academia.<\/p>\n<p>\u201cHai<br \/>\n aspectos do pasado que foron agochados por outros, ou que simplemente<br \/>\npasaron desapercibidos, e recuperalos perm\u00edtenos constru\u00edr un relato<br \/>\nm\u00e1is plural e m\u00e1is democr\u00e1tico do noso pasado\u201d, reflexionou. A misi\u00f3n da<br \/>\n historia \u201cnon \u00e9 dar nin quitar raz\u00f3ns morais, sen\u00f3n contextualizar,<br \/>\nentender no pasado e explicar, dende a distancia do presente e cos nosos<br \/>\n valores, que \u00e9 o que non queremos herdar do pasado\u201d, \u201cpero tam\u00e9n o que<br \/>\nqueremos herdar\u201d proseguiu o acad\u00e9mico. Un obxectivo no que a memoria<br \/>\ncobra relevancia \u201ccomo medio para facer historia, nunca para<br \/>\nsubstitu\u00edla\u201d, matizou.<\/p>\n<p>O investigador traballa dende os seus<br \/>\ncomezos no eido da historia agraria e dende 2006 desenvolve tam\u00e9n unha<br \/>\nimportante li\u00f1a de estudos sobre a memoria do golpe de 1936, da guerra<br \/>\ncivil e da represi\u00f3n do franquismo. \u201cNas \u00faltimas d\u00e9cadas, a<br \/>\nhistoriograf\u00eda aprendeu que hai moita memoria na historia e, viceversa,<br \/>\nhai moita historia na memoria. Ambas as d\u00faas alim\u00e9ntanse se sabemos<br \/>\nusalas\u201d, defendeu no seu discurso de entrada na Academia. \u201cO caso \u00e9 dar<br \/>\ncon elas, escarvar ben os xacementos \u2014o castro\u2014 deixando os muros<br \/>\ntestemu\u00f1a, comprobando a estratigraf\u00eda, e non deixarse confundir polas<br \/>\nchapas de gasosa, que os castrexos non beb\u00edan hai dous mil anos, pero si<br \/>\n os que, cincuenta anos antes ca n\u00f3s, remexeron esa mesma terra nunha<br \/>\nescavaci\u00f3n mal feita\u201d, comparou.<\/p>\n<p>Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto<br \/>\ningresou na RAG nunha sesi\u00f3n extraordinaria e p\u00fablica celebrada no<br \/>\nteatro Jofre de Ferrol, a cidade onde medrou e estudou o bacharelato,<br \/>\norganizada co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a. O novo acad\u00e9mico entrou no<br \/>\nauditorio acompa\u00f1ado polas d\u00faas acad\u00e9micas de m\u00e1is recente<br \/>\nincorporaci\u00f3n, Mar\u00eda L\u00f3pez S\u00e1ndez e Mar\u00eda Dolores S\u00e1nchez Palomino. Nos<br \/>\nprimeiros compases da s\u00faa intervenci\u00f3n, apelou \u00e1 memoria republicana na<br \/>\ns\u00faa lembranza de Luz Pozo Garza (1922-2020), cuxa cadeira ocupa dende<br \/>\nhoxe e coa que comparte ra\u00edces ribadenses. O seu sucesor retratou a<br \/>\npoeta como \u201cunha muller doutro mundo\u201d en plena ditadura, porque ela era<br \/>\nmuller \u201cdo mundo republicano e democr\u00e1tico\u201d, e subli\u00f1ou a trav\u00e9s dela o<br \/>\npapel feminino na recuperaci\u00f3n da democracia. \u201cAs elecci\u00f3ns [de 1977] e o<br \/>\n seu resultado, o salto adiante cara a este futuro, pasou por mulleres<br \/>\ncoma ela tanto coma pola acci\u00f3n pol\u00edtica organizada da mocidade<br \/>\nantifranquista\u201d, reco\u00f1eceu o historiador.<\/p>\n<p class=\"mt-4\"><strong>A memoria persoal e colectiva: da EXB a facerse neofalante<\/strong><br \/>\nLourenzo<br \/>\n Fern\u00e1ndez Preito (A Devesa-Ribadeo, 1961) converteuse en membro de<br \/>\nn\u00famero da Academia nunha sesi\u00f3n extraordinaria e p\u00fablica celebrada este<br \/>\nmediod\u00eda no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde medrou. O historiador<br \/>\ntam\u00e9n recorreu \u00e1 memoria, neste caso a persoal, para trazar a historia<br \/>\ncolectiva da s\u00faa xeraci\u00f3n: a dos nenos e das nenas que estrearon a EXB, e<br \/>\n que se mobilizar\u00edan m\u00e1is adiante a prol da democracia; e do que<br \/>\nsignificaba ser, coma el, neofalante nunha viaxe na que os fillos dos<br \/>\nque migraron do agro \u00e1s cidades semellaban destinados a perderen a<br \/>\nlingua do pa\u00eds.<\/p>\n<p>\u201cLembro que empezamos a usar o galego nas aulas en<br \/>\n 1\u00ba de BUP (curso 1975-1976). Unha presada de n\u00f3s, coa compracencia de<br \/>\nprofesores que logo ser\u00edan amigos como Guillermo Llorca, Xos\u00e9 Manuel<br \/>\nPose Mesura, Edelmiro Gil ou Lu\u00eds Aneiros. En 2\u00ba (1976-1977) xa<br \/>\ncelebraramos o D\u00eda das Letras Galegas dedicado a Ant\u00f3n Villar Ponte.<br \/>\nAquela mocidade profesoral encarg\u00e1base de todo e permit\u00edanos moito.<br \/>\nTam\u00e9n axudaba a direcci\u00f3n do centro, que deixaba facer. Por exemplo,<br \/>\norganizarmos unha feira do libro galego cadrando coas Letras Galegas de<br \/>\n1977, na que o m\u00e1is vendido foi a <em>Control de natalidade. M\u00e9todos contraceptivos<\/em><br \/>\n de Cipriano L. Jim\u00e9nez Casas, a mellor forma de engaiolar coa lingua os<br \/>\n adolescentes\u201d, rememorou en referencia aos anos como estudante na<br \/>\nescola Jorge Juan, aos que lles sucedeu o curso preuniversitario no<br \/>\nInstituto Concepci\u00f3n Arenal.<\/p>\n<p>O director da Secci\u00f3n de Historia, o<br \/>\nacad\u00e9mico Ram\u00f3n Villares, completou na s\u00faa resposta de benvida en nome<br \/>\nda instituci\u00f3n o retrato do novo acad\u00e9mico, un \u201cintelectual comprometido<br \/>\n coa causa da lingua e da cultura de Galicia\u201d. Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto<br \/>\n -salientou- pertence \u00e1 xeraci\u00f3n que chegou \u00e1 universidade a finais dos<br \/>\nanos setenta e que, no canto de pescudar sobre a s\u00faa identidade<br \/>\nindividual e labrar un r\u00e1pido <em>cursus honorum<\/em>, escolleu \u201cunha<br \/>\nlabor\u00eda colectiva capaz de soerguer a cultura e a ciencia de Galicia\u201d.<br \/>\n\u201cCon esta incorporaci\u00f3n ref\u00f3rzase a potencia intelectual da Academia<br \/>\ncomo ente colectivo e, de forma especial, o co\u00f1ecemento do tecido<br \/>\nhist\u00f3rico de Galicia nomeadamente nos tempos m\u00e1is contempor\u00e1neos\u201d,<br \/>\nvalorou.<\/p>\n<p><strong>O lance entre Paz-Andrade e Cela<\/strong><br \/>\nLourenzo<br \/>\n Fern\u00e1ndez Prieto artellou o seu discurso de ingreso na RAG arredor dun<br \/>\nlance entre Paz-Andrade e Camilo Jos\u00e9 Cela que permite entender o<br \/>\nesquecemento que exist\u00eda, na Galicia de 1977, respecto da tradici\u00f3n<br \/>\nrepublicana e da pol\u00edtica autonomista, reco\u00f1eceu Ram\u00f3n Villares. O<br \/>\nepisodio chegou ao co\u00f1ecemento do novo acad\u00e9mico a trav\u00e9s dun cartafol<br \/>\nno que Dar\u00edo \u00c1lvarez Bl\u00e1zquez xuntara retallos de prensa da \u00e9poca que<br \/>\ndan conta do episodio. Entrevistado telefonicamente nas v\u00e9speras da<br \/>\nxuntanza da Asemblea de Parlamentarios de Galicia (27 deputados e 18<br \/>\nsenadores), o xornalista solicitoulle a Paz-Andrade, senador pola<br \/>\nCandidatura Democr\u00e1tica Galega, a s\u00faa opini\u00f3n en relaci\u00f3n coa<br \/>\nreclamaci\u00f3n do Estatuto de Autonom\u00eda na reuni\u00f3n que se \u00eda celebrar o 4<br \/>\nde xullo, e sobre a s\u00faa lexitimidade. Dela derivouse un comentario sobre<br \/>\n os senadores reais no que Paz-Andrade vi\u00f1a a dicir que alg\u00fans<br \/>\ncontactados pola Casa Real para seren designados preferiran someterse \u00e1<br \/>\nelecci\u00f3n popular democr\u00e1tica.<\/p>\n<p>Pouco despois Cela dar\u00edalle a<br \/>\nr\u00e9plica na prensa con duras descualificaci\u00f3ns persoais e cr\u00edticas ao<br \/>\ndocumento que presentara ante a Asemblea de Parlamentarios de Galicia.<br \/>\nAfirmou que o xurista e empresario pertenc\u00eda \u00e1 \u201cprehistoria pol\u00edtica de<br \/>\nGalicia\u201d, pu\u00f1a \u201cen cuarentena su actitud de restar y no de sumar<br \/>\nrespecto a Galicia\u201d e, no artigo m\u00e1is divulgado, refer\u00edase ao pol\u00edtico<br \/>\ngaleguista -un dos impulsores nos anos 60 do grupo Pescanova- como \u201cPez<br \/>\nPaz\u201d e \u201cpescadero mayor del R\u00e9gimen\u201d que desprende cheiro a \u201caroma de<br \/>\npescadilla\u201d. Paz-Andrade manter\u00edase en silencio mentres sa\u00edan na s\u00faa<br \/>\ndefensa, tam\u00e9n a trav\u00e9s da prensa, figuras como Eduardo Blanco Amor e<br \/>\nIsaac D\u00edaz Pardo.<\/p>\n<p>Para Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto, o ataque persoal<br \/>\n ti\u00f1a un sentido claramente pol\u00edtico: discutir a lexitimidade dunha<br \/>\nfigura, a de Paz-Andrade, que representaba a memoria da Rep\u00fablica, e das<br \/>\n s\u00faas reivindicaci\u00f3ns no Asemblea de Parlamentarios de Galicia.<\/p>\n<p>O<br \/>\ncerto \u00e9 que Valent\u00edn Paz-Andrade foi o autor do \u00fanico texto presentado<br \/>\nnaquela reuni\u00f3n constitutiva do 4 de xullo celebrada no vello Hospital<br \/>\nReal da praza do Obradoiro, acabado de converter en parador tur\u00edstico.<br \/>\nNa sesi\u00f3n discutir\u00edase sobre a reivindicaci\u00f3n ou non do Estatuto e sobre<br \/>\n a lexitimidade republicana que latexaba detr\u00e1s dela. \u201cA fractura<br \/>\nencarreirouse e foi resolta mediante unha comisi\u00f3n redactora constitu\u00edda<br \/>\n in situ que reduciu e adaptou o texto de Valent\u00edn con alg\u00fans matices, o<br \/>\n m\u00e1is importante eliminar a menci\u00f3n \u00e1 Rep\u00fablica e ao Estatuto de 1936.<br \/>\nUnha soluci\u00f3n case inevitable, a falta doutro texto alternativo sobre o<br \/>\nque se puidesen establecer transacci\u00f3ns, que tam\u00e9n revela unha forma de<br \/>\nproceder que caracterizou a Transici\u00f3n neste per\u00edodo: a oposici\u00f3n<br \/>\nantifranquista fai propostas e o poder matiza, modifica, corrixe ou<br \/>\namputa\u201d, analiza o historiador.<\/p>\n<p>\u201cO balance pol\u00edtico de todo este<br \/>\nepisodio \u00e9 que lle cortaron o paso a Valent\u00edn Paz-Andrade\u201d, concl\u00fae. \u201cNa<br \/>\n s\u00faa proposta, pero tam\u00e9n na s\u00faa lexitimidade galeguista, republicana e<br \/>\nantifranquista e na recentemente adquirida como representante de Galicia<br \/>\n na Comisi\u00f3n dos Nove que negociara co goberno de Adolfo Su\u00e1rez a sa\u00edda<br \/>\ndemocr\u00e1tica despois do Referendo de Reforma Pol\u00edtica de decembro de<br \/>\n1976. Quen sabe se lle cortaron tam\u00e9n a aspiraci\u00f3n que moitos abeiraban<br \/>\nde que fose presidente do primeiro organismo provisorio da Autonom\u00eda de<br \/>\nGalicia que se estaba a fraguar neses d\u00edas como Xunta preauton\u00f3mica\u201d,<br \/>\nsuxire.<\/p>\n<p><strong>Perfil acad\u00e9mico<\/strong><br \/>\nLourenzo Fern\u00e1ndez<br \/>\nPrieto estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela,<br \/>\ninstituci\u00f3n na que se licenciou (1984) e doutorou (1990) con premio<br \/>\nextraordinario. Profesor titular dende 1993 e catedr\u00e1tico dende 2005 na<br \/>\nmesma facultade, na actualidade \u00e9 coordinador do Centro de Investigaci\u00f3n<br \/>\n Singular de Paisaxes Atl\u00e1nticas Culturais (CISPAC), que agrupa equipos<br \/>\nde investigaci\u00f3n das tres universidades galegas nos eidos da historia, a<br \/>\n xeograf\u00eda, historia da arte econom\u00eda, enxe\u00f1ar\u00eda, sociolox\u00eda, ciencia<br \/>\npol\u00edtica e medio ambiente.<\/p>\n<p>O novo acad\u00e9mico investiga dende os<br \/>\ncomezos no eido da historia agraria, unha li\u00f1a \u00e1 que sumou tam\u00e9n con<br \/>\n\u00e9xito, na primeira d\u00e9cada deste s\u00e9culo, outra centrada na guerra civil e<br \/>\n do franquismo. Na primeira destaca pola perspectiva innovadora que<br \/>\naplicou no estudo das sociedades rurais e do cambio tecnol\u00f3xico agrario,<br \/>\n que se ocupa das relaci\u00f3ns entre a agricultura e a ciencia agron\u00f3mica<br \/>\ne, de forma complementaria, da an\u00e1lise da historia do mundo agrario e da<br \/>\n sociedade rural cun enfoque ambientalista.<\/p>\n<p>Os primeiros traballos<br \/>\n de Fern\u00e1ndez Prieto centr\u00e1ronse na renovaci\u00f3n t\u00e9cnica das labranzas,<br \/>\nprofundando no rico fondo documental da granxa de Mabegondo, previamente<br \/>\n situada en Monelos (A Coru\u00f1a). Aquela pescuda deu lugar ao seu primeiro<br \/>\n libro, <em>A granxa agr\u00edcola-experimental da Coru\u00f1a, 1888-1928<\/em> (1988), que ter\u00eda continuidade e ampliaci\u00f3n na tese de doutoramento, publicada como <em>Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica na agricultura galega, 1850-1939<\/em><br \/>\n (1992). Posteriormente chegar\u00edan moitos outros traballos cos que<br \/>\ncontribu\u00edu, en palabras de Ram\u00f3n Villares, a repensar, en Galicia e f\u00f3ra<br \/>\n dela, o papel da agricultura nas sociedades contempor\u00e1neas.<\/p>\n<p>En<br \/>\n2006 iniciou unha nova li\u00f1a de traballo centrada no golpe de 1936, a<br \/>\nguerra e a ditadura de Franco que afonda na memoria das persecuci\u00f3ns,<br \/>\ndas v\u00edtimas e dos vitimarios. A trav\u00e9s do proxecto interuniversitario<br \/>\nNomes e Voces, abriu unha serie de estudos que son unha referencia no<br \/>\ncampo da historiograf\u00eda espa\u00f1ola e internacional do s\u00e9culo XX.<\/p>\n<p>Ao<br \/>\nlongo da s\u00faa carreira foi investigador principal de m\u00e1is de vinte<br \/>\nproxectos de investigaci\u00f3n competitivos e outros tantos convenios<br \/>\nrelacionados cos seus campos de investigaci\u00f3n. A relaci\u00f3n con grupos e<br \/>\ncentros de investigaci\u00f3n de instituci\u00f3ns espa\u00f1olas, europeas e<br \/>\namericanas \u00e9 outra constante do labor de Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto,<br \/>\nmembro de redes internacionais e profesor convidado das universidades de<br \/>\n Princeton (Oates Fellow, Council of Humanities), Cidade de Nova York<br \/>\n(Graduate Center) ou Cork (Department of Geography).<\/p>\n<p>Como xestor<br \/>\nacad\u00e9mico, foi vicerreitor da USC entre 2006 e 2009, director do<br \/>\nDepartamento de Historia Contempor\u00e1nea en d\u00faas ocasi\u00f3ns e coordinador do<br \/>\n grupo de investigaci\u00f3n de referencia competitiva Histagra, dirixiu<br \/>\ntam\u00e9n a C\u00e1tedra universitaria Juana de Vega de Estudos Agrarios, e \u00e9<br \/>\nvicepresidente da Sociedad de Estudios de Historia Agraria (SEHA).<\/p>\n<p>Como divulgador \u00e9 ademais autor, entre outros moitos traballos, do estudo introdutorio do <em>Diario da guerra<\/em><br \/>\n de Francisco Fern\u00e1ndez del Riego, editado este mesmo ano co gallo do<br \/>\nD\u00eda das Letras Galegas dedicado ao intelectual de Lourenz\u00e1.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider02.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider02.jpg\" class=\"wp-image-1785\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider03.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider03.jpg\" class=\"wp-image-1786\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider04.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider04.jpg\" class=\"wp-image-1787\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider06.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider06.jpg\" class=\"wp-image-1788\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider08.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider08.jpg\" class=\"wp-image-1789\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider09.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider09.jpg\" class=\"wp-image-1790\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider10.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/slider10.jpg\" class=\"wp-image-1791\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/Captura20de20pantalla20de202023-06-082020-18-11.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/Captura20de20pantalla20de202023-06-082020-18-11.png\" class=\"wp-image-1792\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Tito, Colaborador do Blog e da AVV O Tes\u00f3n, humildes entre outras cousas m\u00e1is relevantes, foi investido o d\u00eda 3 como Acad\u00e9mico de N\u00famero da RAG nun acto no Teatro Jofre de Ferrol. Deixo a continuaci\u00f3n o v\u00eddeo do acto, un pequeno comentario meu e a nota de prensa da Academia, ambos con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1780,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,9],"class_list":["post-1779","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1779","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1779"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1779\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1780"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1779"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1779"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1779"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}