{"id":1768,"date":"2023-06-12T17:47:00","date_gmt":"2023-06-12T15:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:16:58","modified_gmt":"2024-10-23T14:16:58","slug":"recuncho-da-lectura-terapias-de-parella","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/06\/12\/recuncho-da-lectura-terapias-de-parella\/","title":{"rendered":"Recuncho da lectura: Terapias de parella"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;<\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/Terapias20de20Parella.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"537\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/06\/Terapias20de20Parella.jpg\" class=\"wp-image-1769\" width=\"403\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>Terapias de parella<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O outro d\u00eda, pasando por Santiago, topei coa <a href=\"http:\/\/selic.gal\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">SELIC<\/a>. Si, unha feira do libro, a\u00ednda que cunha orientaci\u00f3n que entendo m\u00e1is c\u00e1lida ca outras, quizais m\u00e1is <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=recuncho+da+lectura\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">cara \u00e1 lectura<\/a>.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha carpa de beiras transparentes na Quintana de Mortos daba acubillo \u00e1 exposici\u00f3n de libros, en andeis agrupados por expositores, a m\u00e1is dun pequeno espazo para presentaci\u00f3ns e actividades en xeral. A s\u00faa disposici\u00f3n chamoume a atenci\u00f3n, e non resist\u00edn a facer unha pequena escapada no seu interior, para ver o que era aquelo m\u00e1is que para curiosear en libros. Xusto \u00e1 entrada, por onde acced\u00edn, estaban os andeis da propia SELIC e cham\u00e1ronme a atenci\u00f3n aqueles pequenos volumes de colecci\u00f3n. Det\u00ednme o m\u00ednimo imprescindible mais a persoa que estaba \u00f3 cargo achegouse e d\u00edxome que pod\u00eda coller un, sempre e cando enchera unha enquisa que vi\u00f1a no programa, que me pasou. Dito e feito, a enquisa consist\u00eda en escribir unha palabra que tivera &#8216;l&#8217; e que asociara coa lectura -que mellor que &#8216;liberdade&#8217;?, pensei; foi logo cando me decatei de que \u00e9 unha das que aparece na portada do programa- o nome e o lugar de onde provi\u00f1a. E coll\u00edn un dos libri\u00f1os, Terapias de parella. Non creo que chegaran a dous minutos m\u00e1is o que pasei na SELIC 2023. Abondo para causarme unha boa sensaci\u00f3n cos eus estantes-librer\u00eda por stands e o seu desenfado de proximidade como gancho.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Foi despois, de volta \u00e1 casa, cando lin o curto Terapias de parella (non ten ISBN, pero si Dep\u00f3sto Legal, C 1024\/2018, pois a\u00ednda que na edici\u00f3n, o &#8216;C&#8217; non aparece, sup\u00f3\u00f1ollo \u00f3 ser editado e producido en Santiago), antolox\u00eda de seis contos feita por Pepe Send\u00f3n que comeza cunha sinxela pero reveladoramente entra\u00f1able trama de Chejov, &#8216;Un calendario vivo&#8217;, de escasas seiscentas palabras -vez e media este escrito- e que \u00e9 unha perla que anima a seguir na lectura. Os seguintes contos, todos curtos, de dimensi\u00f3ns parellas, todos sobre o tema baixo o t\u00edtulo, de Kate Chopin, Colette, Guy de Maupassant, Robert Barr e Marcel Proust non desmerecen o primeiro, cada un no seu estilo, xa sexa iluminando a intelixencia ou extraendo un sorriso, facendo que enfoquemos as relaci\u00f3ns entre sexos de m\u00e1is maneiras que contos presentes. Vela\u00ed a riqueza que a liberdade da lectura nos d\u00e1.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nota: A Selic 2023 (http:\/\/selic.gal) est\u00e1 tendo lugar a\u00ednda cando isto escribo. Desenv\u00f3lvese entre o 9 de o 18 de xu\u00f1o, e a m\u00e1is da mostra de libros, aglutina actividades como varios paseos literarios, na procura de plantas, maxia ou escultura, en ou f\u00f3ra de Compostela, con lecturas dramatizadas, charlas, sinaturas ou contacontos -moitas deles gravadas e dispo\u00f1ibles na s\u00faa web-, sen faltar por suposto algunhas notas musicais ou talleres para os m\u00e1is pequenos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Terapias de parella &nbsp;&nbsp;&nbsp; O outro d\u00eda, pasando por Santiago, topei coa SELIC. Si, unha feira do libro, a\u00ednda que cunha orientaci\u00f3n que entendo m\u00e1is c\u00e1lida ca outras, quizais m\u00e1is cara \u00e1 lectura. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha carpa de beiras transparentes na Quintana de Mortos daba acubillo \u00e1 exposici\u00f3n de libros, en andeis agrupados por expositores, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1769,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[16,15],"class_list":["post-1768","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-lingua","tag-recuncho-da-lectura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1768","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1768"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1768\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1769"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1768"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1768"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1768"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}