{"id":1721,"date":"2023-06-28T15:54:00","date_gmt":"2023-06-28T13:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:05:05","modified_gmt":"2024-10-23T14:05:05","slug":"implosion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/06\/28\/implosion\/","title":{"rendered":"Implosi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><span>Implosi\u00f3n<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Vexo pasar a xente a mercar. Sentado, sen consumir no sentido de mercar cousas das que podo prescindir, por moito que queran vendermas como necesarias ou intelixentes (as mi\u00f1as acci\u00f3ns de compra \u00f3 adquirilas). Coches que chegan e se van, consumindo eles tam\u00e9n \u00f3 levar \u00e1s persoas a consumir. Ocio que se iguala a consumo. Un ideal para lubricar a econom\u00eda, unha econom\u00eda que necesita medrar para manterse. Un sistema insostible. Implosionable.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Se non fose pola inmigraci\u00f3n, haber\u00eda moita m\u00e1is necesidade de traballadores. Se non fose polos inmigrantes, a econom\u00eda non poder\u00eda manter a s\u00faa marcha, estar\u00eda a contraerse, as cousas deixar\u00edan de funcionar, unha agora, outra despois&#8230; e non poderiamos nin aspirar a ama\u00f1alas. As cotizaci\u00f3ns sociais caer\u00edan. Os servizos asociados tam\u00e9n caer\u00edan, xa non s\u00f3 impulsados cara abaixo pola corrupci\u00f3n ou a a s\u00faa liquidaci\u00f3n ideol\u00f3xica. Temendo unha implosi\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Cada vez hai m\u00e1is &#8216;novos materiais&#8217; e m\u00e1is optimizaci\u00f3n para fabricar m\u00e1is cousas con menos subministraci\u00f3ns. O aumento da ganancia impulsa. Tam\u00e9n cada vez se recicla m\u00e1is \u00f3 tempo que a obsolescencia programada ascende de xeito rampante pasando pouco a pouco a ser unha obriga o que antigamente era unha necesidade, a substituci\u00f3n do aparello. Mais, a\u00ednda as\u00ed, cada vez a escaseza de materias primas, a loita por elas, e o seu acaparamento, aumenta. E con iso, os problemas da industria, cada vez menos t\u00e9cnicos e m\u00e1is de subministraci\u00f3ns mentres hai un comezo de implosi\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Cada vez a econom\u00eda \u00e9 menos primaria. Os alimentos s\u00f3 aumentan os prezos pagados \u00f3 produtor nas crises principais, a industria mantense variando unha moi innecesaria produci\u00f3n e hai m\u00e1is sector terciario, servizos de todo tipo, dende ama\u00f1ar aparellos ata servir un refresco, pasando por coidar dos nosos maiores ou pequenos, ou cubrir todo tipo de necesidades reais ou sobrevidas \u00f3s anuncios de que as temos. Un terciario que pode seguir a medrar mentres nos convenzan de m\u00e1is e m\u00e1is necesidades. \u00c9 dicir, mentres sexamos menos aut\u00f3nomos: En certo xeito, menos persoas. Nese sentido, o medre \u00e9 unha sinal de implosi\u00f3n interior. Tam\u00e9n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A temperatura sube, a poboaci\u00f3n mundial segue a medrar cunha inercia minguante, que cada vez se prev\u00e9 que se esgote antes. Na China impuxeron como norma de estado o l\u00edmite de natalidade. Agora xa te\u00f1en o problema de que \u00e9 a poboaci\u00f3n, as persoas individuais, a que non quere pasar dese l\u00edmite, mesmo nin chegar a el. En Galicia ese tema xa deberamos co\u00f1ecelo ben, algo dubidoso polas medidas que se artellan. E non se trata de procurar unha soluci\u00f3n obrigando \u00e1s mulleres, po\u00f1\u00e9ndoas -literalmente- a parir. Implosi\u00f3n da poboaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Houbo alg\u00fan tempo atr\u00e1s un desenvolvemento da cultura, da educaci\u00f3n. Agora f\u00e1lase de cultura para relacionala con todo, perdendo o seu valor: \u00e9 equivalente a non relacionala con nada. Mentres, conf\u00fandese educaci\u00f3n con formaci\u00f3n para o traballo, en funci\u00f3n duns postos de traballo que non se sabe como evolucionar\u00e1n, mesmo se existir\u00e1n dentro de poucos anos. Implosi\u00f3n educativa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O mundo ten ido aumentando a s\u00faa diversidade a medida que poboaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e posibilidades anteriores o permit\u00edan. Todo para, agora, diversificarse m\u00e1is a medida que nos unificamos m\u00e1is. Sen contradici\u00f3n. A diversidade \u00e9 m\u00e1is aparencia de &#8216;non quero parecerme&#8217;, ou polo contrario, &#8216;quero parecerme&#8217;, que de &#8216;son diferente&#8217;: as costumes implosionan dun xeito case coordinado en todo o planeta, mentres en cada lugar quedan destru\u00eddas as costumes hist\u00f3ricas. As malas, pero tam\u00e9n as boas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Para avanzar, necesitamos contrastes. T\u00e9molo feito intensificando as relaci\u00f3ns, primeiro xuntando a xente en poboaci\u00f3ns cada vez m\u00e1is grandes, logo mellorando os medios de desprazamento, despois os de telecomunicaci\u00f3ns, ata chegar a hoxe, cando a variedade nas redes estase a reducir pola propia mec\u00e1nica de rendibilidade dos algoritmos, expulsando \u00e1 diversidade, \u00e1s minor\u00edas sen poder. Unha implosi\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Suavemente, con diferentes velocidades, con diferente comezo, cada vez m\u00e1is r\u00e1pido, estamos a implosionar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Colapso. <\/span>Mentres afunde o barco, a orquestra segue a tocar no sal\u00f3n de primeira clase. [Nota: est\u00e1n arriba e conf\u00edan en que como m\u00ednimo, ser\u00e1n os \u00faltimos en afundir.]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Implosi\u00f3n &nbsp;&nbsp; &nbsp;Vexo pasar a xente a mercar. Sentado, sen consumir no sentido de mercar cousas das que podo prescindir, por moito que queran vendermas como necesarias ou intelixentes (as mi\u00f1as acci\u00f3ns de compra \u00f3 adquirilas). Coches que chegan e se van, consumindo eles tam\u00e9n \u00f3 levar \u00e1s persoas a consumir. Ocio que se iguala [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,26,13,9],"class_list":["post-1721","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1721","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1721"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1721\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1721"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1721"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1721"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}