{"id":1687,"date":"2023-07-10T12:04:00","date_gmt":"2023-07-10T10:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:04:16","modified_gmt":"2024-10-23T14:04:16","slug":"vir-ribadeo-mexar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/07\/10\/vir-ribadeo-mexar\/","title":{"rendered":"Vir mexar a Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/07\/flores20na20canle.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"460\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/07\/flores20na20canle.jpg\" class=\"wp-image-1688\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Vir mexar&nbsp;a Ribadeo<\/p>\n<p>&nbsp;<span>&nbsp; &nbsp; Se estou a escribir isto \u00e9 porque a festa do Ribadeo Indiano, a &#8216;festa dos indianos&#8217;, \u00e9 un \u00e9xito. Un \u00e9xito<\/span> sen paliativos, ollable claramente \u00f3 conseguir o obxectivo para o que foi creada: atraer xente a Ribadeo para beneficio de hostaler\u00eda e comercio. Non sei se a finalidade, con esas ou outras palabras, est\u00e1 escrita nalg\u00fan lugar, pero coido que non fai falta, e que hai un consenso sobre o tema. Tres autobuses cargados de &#8216;indianos&#8217; desembarcando o domingo \u00e1s 11 da ma\u00f1\u00e1 diante do instituto non deixa de ser un feito m\u00e1is que d\u00e1 testemu\u00f1a a ese \u00e9xito, como o \u00e9 o atopar nunha ateigada terraza de preto de vinte mesas que as caras co\u00f1ecidas c\u00ednguense a unha \u00fanica t\u00e1boa, e non precisamente a m\u00e1is ateigada delas. Ou, o que pode que me chamara m\u00e1is a atenci\u00f3n e d\u00e1 p\u00e9 \u00f3 t\u00edtulo, unha fileira de mulleres para entrar \u00f3 ba\u00f1o dun local de hostaler\u00eda, mesmo antes de que se encheran as mesas. Si, fileira que nalg\u00fan momento andaba pola decea. Todas, gastando tempo da s\u00faa visita a Ribadeo na cola, m\u00e1is ou menos ataviadas de \u00e9poca, e con abonda probabilidade, algunha non consumidora. Fago este \u00faltimo apuntamento porque hai que lembrar o que estamos a falar dunha festa pro consumo, e o \u00e9xito citado \u00f3 comezo pode verse matizado de moitos xeitos se comezamos a po\u00f1er en claro o gasto por persoa, o &#8216;rendemento&#8217; que se pretender\u00eda desas visitas por parte dos organizadores, unha vez a xente en Ribadeo, etc. A m\u00e1is da infraestrutura que pode ofrecer Ribadeo, unha vez amosada a capacidade de organizaci\u00f3n de atracci\u00f3ns para o evento.<\/p>\n<p><span><span>&nbsp; &nbsp; A temperie acompa\u00f1ou: a temperatura foi tropical. Mesmo as flores que se poden observar nalg\u00fans tellados pareceron querer contribu\u00edr \u00f3 ambiente festivo. E as\u00ed, dir\u00eda que este Ribadeo indiano 2023 ten -recibimos- m\u00e1is xente que os anteriores, nunha espiral ascendente que si ter\u00e1 que ter fin polo l\u00edmite que sup\u00f3n a capacidade de acollida de Ribadeo. \u00d3 tempo, dir\u00eda que a implicaci\u00f3n dos propios ribadenses foi menor, a\u00ednda orgullosos da montaxe desta festa tan exitosa \u00e1 par de glamourosa. Isto p\u00f3dese traducir -ou ser unha indicaci\u00f3n do por que- nunha baixada do glamour (de novo esta palabra, para entend\u00e9rmonos, e non liala con &#8216;custe&#8217;, &#8216;remate&#8217;, &#8216;beleza&#8217; e semellantes) que se puido observar nos vestidos. M\u00e1is a\u00ednda, no non &#8216;po\u00f1erse en situaci\u00f3n&#8217; da xente ataviada de indianos: o h\u00e1bito (traxe) non fai \u00f3 monxe se do uso dun s\u00f3 d\u00eda se trata e non do h\u00e1bito (costume) como vivencia dunha festa que se pretende diferente, caracter\u00edstica, e non un baile de disfraces. Non se trata s\u00f3 de disfrazarse, como tampouco se trata s\u00f3 de vir mexar.<\/span><br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><span><span>&nbsp; &nbsp; Os emigrantes pobres? Eses non entran na festa.<\/span><br \/>\n<\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vir mexar&nbsp;a Ribadeo &nbsp;&nbsp; &nbsp; Se estou a escribir isto \u00e9 porque a festa do Ribadeo Indiano, a &#8216;festa dos indianos&#8217;, \u00e9 un \u00e9xito. Un \u00e9xito sen paliativos, ollable claramente \u00f3 conseguir o obxectivo para o que foi creada: atraer xente a Ribadeo para beneficio de hostaler\u00eda e comercio. Non sei se a finalidade, con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1688,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,9],"class_list":["post-1687","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1687","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1687"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1687\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1688"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1687"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1687"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1687"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}