{"id":1656,"date":"2023-07-17T00:30:00","date_gmt":"2023-07-16T22:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:02:50","modified_gmt":"2024-10-23T14:02:50","slug":"un-ser-especial","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/07\/17\/un-ser-especial\/","title":{"rendered":"Un ser especial"},"content":{"rendered":"<p><span>Un ser especial<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Dise que a historia da F\u00edsica \u00e9 un exemplo de como a xente deixamos pouco a pouco de mirarnos o embigo. As ideas pasaron \u00f3 longo dos milenios de pensar en leis f\u00edsicas que rex\u00edan para o mundo e outras leis que rex\u00edan para n\u00f3s a pensar en outras que rex\u00edan para o noso entorno terrestre e outras para o resto do universo, os &#8216;ceos&#8217; daquela apenas entrevistos. Foi un primeiro cambio, para logo ir unific\u00e1ndose unhas e outras e constatar que o que nos afecta a n\u00f3s tam\u00e9n afecta a algu\u00e9n poda estar xirando arredor de Sirio ou a unha rocha dun planeta na Galaxia de Andr\u00f3meda. As\u00ed parece unha evoluci\u00f3n que pasou de ser considerada cada cousa (inclu\u00eddos n\u00f3s como cousas) como algo especial a ser todo (inclu\u00eddos n\u00f3s) o mesmo, constitu\u00eddo de materia semellante e \u00f3 que se lle aplican leis iguais. Parece ser algo semellante, mais o resultado \u00e9 completamente diferente. A partir de pequenos detalles, mesmo por circunstancias m\u00ednimas. Un \u00fanico grao Celsius de diferencia e atopamos, ben auga quente, ben vapor desa mesma auga. Uns cent\u00edmetros m\u00e1is al\u00f3 ou ac\u00f3 significan estabilidade sobre unha rocha ou a morte no fondo dun precipicio. Atravesar unha estrada uns poucos segundos antes ou despois pode significa ter un accidente ou seguir tranquilamente o cami\u00f1o ata o destino. E as\u00ed sucesivamente.<\/p>\n<p>&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp; De cativi\u00f1o \u00e9 normal sentirse especial. E como especial, sinxelamente, aplicar os particulares criterios de cada quen, axustados en cada momento por exemplo para considerarse o mellor, ou case. En todo. E crer en consecuencia que se en algo son mellores outros, \u00e9 sinxelamente porque a\u00ednda se \u00e9 pequeno, ou porque unha casualidade moment\u00e1nea lles impediu ser o mellor naquel instante. Ou ben, que a categor\u00eda correspondente non existe ou non paga a pena que exista para un mesmo. De todo iso non fai falta ser moi consciente: &#8216;\u00e9&#8217; as\u00ed e listo: o que non cadra, non se considera. Lembro unha an\u00e9cdota de arredor dos dez ou once anos. Un compa\u00f1eiro \u00f3 que normalmente gan\u00e1balle \u00f3 xadrez prop\u00faxome xogar &#8216;co t\u00edtulo en xogo&#8217;. Deuse a casualidade de que unha desas partidas &#8216;xog\u00e1ndonos o t\u00edtulo&#8217;, perd\u00edn. O compa\u00f1eiro non volveu &#8216;po\u00f1er o t\u00edtulo en xogo&#8217;, e a\u00ednda que segu\u00edn a ganar a grande maior\u00eda das partidas que xogamos, el sempre foi o campi\u00f3n de a\u00ed en diante&#8230; claro que \u00f3 pouco tempo, sen motivo aparente pouco a pouco deixamos de xogar.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Naturalmente, co tempo, imos tomando conciencia e esa sensaci\u00f3n pasa. \u00d3 comezo, de xeito veloz, \u00f3 medrar imos decat\u00e1ndonos&nbsp; de que si, somos seres especiais, pero noutro sentido. <\/span><span>E logo pouco a pouco, tam\u00e9n de que si, e<\/span><span>special, mais iguais de especiais que calquera outra persoa. \u00c9 unha evoluci\u00f3n persoal que se axusta \u00f3 dito no primeiro par\u00e1grafo. E se non se chega a considerar a igualdade de especiais, \u00e9 que o proceso non est\u00e1 completo, que &#8216;falta un ver\u00e1n&#8217;.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O vello Aldous Huxley, en Un Mundo Feliz (&#8216;Brave New World&#8217;) xa deixou caer nas s\u00faas p\u00e1xinas que un experimento con xente &#8216;mellorada&#8217;, unha sociedade constitu\u00edda s\u00f3 a partir de xente dese xeito, ter\u00eda sido un fracaso&#8230; ou sexa, que no mundo &#8216;ten que haber de todo&#8217;. M\u00e1is ben, dir\u00eda, hai de todo. Sinxelamente. E iso incl\u00fae as &#8216;razas&#8217; (que a nivel humano non son tal, sen\u00f3n diferentes cores de pel nunha mesma raza, a humana), os sexos (diferentes si, pero no sentido de &#8216;viva a diferencia!), o mesmo que outras diferencias, de proporci\u00f3ns ou intelixencia a costumes e ideas.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A\u00ednda que s\u00f3 fose polo anterior, o pretender mandar sen permitir participar \u00f3 resto, ser\u00eda unha mala idea a m\u00e1is dunha mala praxe: quen o fixera estar\u00eda gobernando s\u00f3 para si mesmo. Como moito, algo para o seu entorno m\u00e1is pr\u00f3ximo, de familia, amizades ou intereses, deixando \u00f3s demais sen soluci\u00f3ns, e polo tanto, \u00e1 sociedade correspondente<\/span><span> sen soluci\u00f3ns e con sometemento.<\/span><span>&nbsp;Unha sociedade da que se beneficia e sen a que non ser\u00eda humano. Dende o nivel local \u00f3 internacional, cada quen na s\u00faa escala. Hai xente \u00e1 que nin se lle pasa pola cabeza. Mesmo en d\u00eda de reflexi\u00f3n preelectoral.<br \/>\n<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un ser especial &nbsp;&nbsp;&nbsp; Dise que a historia da F\u00edsica \u00e9 un exemplo de como a xente deixamos pouco a pouco de mirarnos o embigo. As ideas pasaron \u00f3 longo dos milenios de pensar en leis f\u00edsicas que rex\u00edan para o mundo e outras leis que rex\u00edan para n\u00f3s a pensar en outras que rex\u00edan [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-1656","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1656","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1656"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1656\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1656"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1656"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1656"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}