{"id":1587,"date":"2023-08-01T19:30:00","date_gmt":"2023-08-01T17:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:00:47","modified_gmt":"2024-10-23T14:00:47","slug":"a-felicidade-un-asunto-de-estado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/08\/01\/a-felicidade-un-asunto-de-estado\/","title":{"rendered":"A felicidade, un asunto de estado"},"content":{"rendered":"<p><span>A felicidade, un asunto de estado<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span> &#8220;Para ser feliz, quiero un cami\u00f3n&#8221;, cantaba <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Loquillo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Loquillo<\/a>&nbsp;al\u00f3 polos oitenta do s\u00e9culo pasado. Trunfaba a visi\u00f3n de acadar algo material como medio (ou sexa, algo tanxible), algo que se puidera relacionar cos (e dar acceso \u00f3s) cartos. De a\u00ed, dese primeiro paso, vir\u00eda o traballo e a liberdade (&#8216;Arbeit macht Frei&#8217;, o traballo lib\u00e9rate, rezaba na porta de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Auschwitz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Auschwitz<\/a>) e o rendemento do mesmo, a &#8216;riqueza&#8217;, que dar\u00eda a felicidade. Claro que tam\u00e9n na frase est\u00e1 inclu\u00eddo o querer, o que lle den a un feito un paso primordial, o desexo, o ter o cami\u00f3n. \u00c9 dicir, a letra ser\u00e1 unha toleada, pero x\u00fantase o desexo da felicidade co desexo do material, as cousas que se necesitar\u00edan para conseguilo. A\u00ed est\u00e1 o quiz, o identificable m\u00e1is al\u00f3 da propia letra. A d\u00e9cada anterior, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Erich_Fromm\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Erich Fromm<\/a> publicara &#8216;Ter ou ser?&#8221;, un t\u00edtulo que indicaba \u00e1s claras unha elecci\u00f3n exclu\u00ednte e na que optaba, para as persoas, polo segundo. A popularizaci\u00f3n do tema de Loquillo coincidiu cun deixar pasar do libro de Fromm, precisamente ideado pola necesidade que se v\u00eda de po\u00f1er en claro que o ter non pode competir co ser, a pesar das aparencias.En ambos casos, a tendencia que expresan \u00e9 a mesma.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Naquela \u00e9poca, despois de &#8216;dar carpetazo&#8217; \u00e1 ditadura, a verba liberdade \u00eda acheg\u00e1ndose \u00f3 significado de ter cartos para mercar. \u00d3 tempo, a mesma verba \u00edase separando da posibilidade de votar, que tanto custara, e algo que se \u00eda comezando a esquecer coa normalizaci\u00f3n e trivializaci\u00f3n do voto. Era unha \u00e9poca na que, a nivel estado, o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Produto_interior_bruto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">PIB<\/a>, o Produto Interior Bruto, era &#8216;o m\u00e1ximo&#8217;, o expo\u00f1ente do que era un pa\u00eds. Non \u00e9 que dende aquela cambiara moito a cousa neste \u00faltimo aspecto. Agora, loita por seguir sendo a representaci\u00f3n do pulo dun pa\u00eds, mesmo tentando inclu\u00edr no seu interior calquera relaci\u00f3n humana como transacci\u00f3n (e taxala), pero con competidores que lle ga\u00f1an terreo propo\u00f1endo aquelo que hai anos Enrique e Ana cantaban en &#8216;Viva la gente&#8217;: &#8216;as cousas son importantes, pero a xente o \u00e9 m\u00e1is&#8217;. Competidores como o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Coeficiente_de_Gini\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Coeficiente de Gini<\/a>, relacionado coa igualdade (a pesar das s\u00faas eivas), o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/%C3%8Dndice_de_Desenvolvemento_Humano\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">\u00cdndice de Desenvolvemento Humano<\/a> ou os indicadores do estudo do <a href=\"https:\/\/reds-sdsn.es\/publicacion-informe-mundial-de-la-felicidad-2022\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Informe Mundial da Felicidade<\/a>, a pesar dos seus nesgos e lagoas. Ese lento cambio significa unha evoluci\u00f3n da mentalidade: do absoluto deus da produci\u00f3n e consumo como meta que nos d\u00e1 o PIB \u00f3 relativo que nos indican os \u00edndices. Da liberdade absoluta de mercar (para o que hai que ter cantos m\u00e1is cartos mellor, motor da sociedade capitalista) \u00e1 liberdade de ser felices (que conta que os cartos poden axudar, pero que ata poden ser mesmo un estorbo). Unha evoluci\u00f3n que \u00e9 un asunto de estado, por moito que o poder se considere a partir da econom\u00eda e da desigualdade econ\u00f3mica. Ou pode que precisamente por iso, pois para manter un poder as\u00ed e que a xente non se rebele \u00e9 necesario ter \u00e1s persoas un m\u00ednimo de contentas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A felicidade, un asunto de estado &nbsp;&nbsp; &nbsp; &#8220;Para ser feliz, quiero un cami\u00f3n&#8221;, cantaba Loquillo&nbsp;al\u00f3 polos oitenta do s\u00e9culo pasado. Trunfaba a visi\u00f3n de acadar algo material como medio (ou sexa, algo tanxible), algo que se puidera relacionar cos (e dar acceso \u00f3s) cartos. De a\u00ed, dese primeiro paso, vir\u00eda o traballo e a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,9],"class_list":["post-1587","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1587","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1587"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1587\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1587"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1587"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1587"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}