{"id":1577,"date":"2023-08-07T11:10:00","date_gmt":"2023-08-07T09:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:00:35","modified_gmt":"2024-10-23T14:00:35","slug":"unha-banalidade-sei-mais-de-ti-que-ti","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/08\/07\/unha-banalidade-sei-mais-de-ti-que-ti\/","title":{"rendered":"Unha banalidade: sei m\u00e1is de ti que ti mesmo"},"content":{"rendered":"<p>Unha banalidade: sei m\u00e1is de ti que ti mesmo<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u00cda dicir que por casualidade, pero non. Foi porque Google as\u00ed o quixo. Fixo que me atopara o outro d\u00eda con Google Takeouts. Un programa por medio do que podes descargar os datos que Google ten de ti. Os datos que ti, de xeito consciente ou inconsciente, lle subministraches. Leveime unha sorpresa. Grande. Tan grande como o tama\u00f1o que me atopei cando despois de realizar os pasos que me dic\u00eda, aparece un correo con ligaz\u00f3ns para descargar 63 ficheiros de 1 Gigabyte. Aqu\u00ed fai falta unha parada para facer varias aclaraci\u00f3ns:<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><br \/>\n1.- Hai un par de anos probei cun programa equivalente para descargar os datos de Facebook. A cantidade de contido que tiven era unhas 100 veces menor, e daquela pareceume unha barbaridade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><br \/>\n2.- 1 Gigabyte \u00e9 equivalente \u00f3 que poder\u00edan ocupar uns mil \u2018Quijote\u2019, ou \u00f3 que unha mecan\u00f3grafa experta (ou un mecan\u00f3grafo, claro), a toda pastilla e sen parar, d\u00eda e noite, tardar\u00eda case dous anos en teclear.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><br \/>\n3.- O paquete descargado incl\u00fae v\u00eddeos que sub\u00edn a Youtube. \u00c9 evidente que o seu peso dentro do conxunto \u00e9 moi grande, e que se os sub\u00edn, dan informaci\u00f3n sobre min, pero non ten a mesma \u2018densidade de datos\u2019 meus que, po\u00f1amos por caso, un correo electr\u00f3nico.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><br \/>\nAclaraci\u00f3ns feitas (caber\u00edan unhas cantas m\u00e1is, pero esas son fundamentais), as ligaz\u00f3ns para a descarga vi\u00f1an nun correo electr\u00f3nico que especificaba: \u201c(&#8230;) non se puido crear unha copia de todos os ficheiros. Podes descargar os ficheiros ata o 12 de agosto de 2023, pero ten en conta que faltar\u00e1n datos. O contido exportado incl\u00fae un ficheiro HTML que cont\u00e9n m\u00e1is informaci\u00f3n sobre os erros. A descarga incluir\u00e1 datos de 48 produtos. (&#8230;)\u201d De 48 produtos porque na lista de cousas a descargar (que segundo Google poden abranguer ata 50 produtos seus) ocorreuseme desmarcar dous servizos, un por consideralo irrelevante e outro &#8230; por pensar que \u00eda ocupar moito!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><br \/>\nA\u00ednda non puiden mirar todo o contido. Dubido que chegue a facelo de xeito completo e menos a\u00ednda en profundidade. De feito, s\u00f3 descarguei dous dos 63 ficheiros, \u00f3 chou, e para botarlles unha ollada r\u00e1pida \u00f3s nomes e facerme unha idea do contido. Ollada que xa me fixo contrastar algunha idea falsa que ti\u00f1a sobre o que Google e a rede garda de min, ou volver reflexionar sobre que hoxe mesmo engadirase algunha informaci\u00f3n m\u00e1is a ese almac\u00e9n. Levo pensado como facer para minimizar a mi\u00f1a pegada dixital, e xa te\u00f1o abandonado alg\u00fan servizo en parte por ese motivo. Pero son consciente que esa pegada non deixa nin deixar\u00e1 polo momento de facerse m\u00e1is e m\u00e1is grande, sen control efectivo pola mi\u00f1a parte, a pesar das lexislaci\u00f3ns que teoricamente protexen a privacidade. A non ser que me ille de internet: dende deixar de usar o navegador ou o m\u00f3bil ata as tarxetas bancarias, por po\u00f1er s\u00f3 alg\u00fan exemplo. E mentres a mi\u00f1a memoria vai esquecendo cousas -cada vez m\u00e1is- o que a rede sabe sobre min estar\u00e1 resgardado en varios lugares diferentes, por se acaso nun s\u00f3 se perde -unha das ideas principais da rede- e poder\u00e1 ser \u2018aproveitado\u2019 por multitude de aplicaci\u00f3ns que me queiran vender algo -sabendo ata onde chegan os meus recursos- ou que queiran influenciar o meu voto nas pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns -sabendo os meus puntos fracos-.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><br \/>\nCada vez me gustan m\u00e1is o movemento do software libre. Xenera programas m\u00e1is transparentes, \u00f3 tempo que conserva mellor a privacidade, e en xeral, d\u00e9ixate dominio sobre o programa e o que fas con el. F\u00edxase m\u00e1is na xente e as s\u00faas necesidades, e menos no aproveitamento das necesidades da xente por terceiros. De feito, o \u00faltimo programa que comecei a usar \u00e9 unha rede social, Mastodon, en substituci\u00f3n doutra dunha multinacional. Por suposto que non \u00e9 perfecta (tampouco o programa propietario que usaba antes), e a\u00ednda estou experimentando co nodo que uso, mastodon.gal. Mais, por experiencia, tam\u00e9n sei que o software libre evoluciona (e mellora) r\u00e1pido, e que adaptarse \u00e9 doado, sempre que queras.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha banalidade: sei m\u00e1is de ti que ti mesmo &nbsp;&nbsp; &nbsp;\u00cda dicir que por casualidade, pero non. Foi porque Google as\u00ed o quixo. Fixo que me atopara o outro d\u00eda con Google Takeouts. Un programa por medio do que podes descargar os datos que Google ten de ti. Os datos que ti, de xeito consciente [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9,40],"class_list":["post-1577","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1577","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1577"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1577\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1577"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1577"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1577"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}