{"id":1497,"date":"2023-08-21T15:35:00","date_gmt":"2023-08-21T13:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T15:57:23","modified_gmt":"2024-10-23T13:57:23","slug":"o-senor-das-moscas-e-sociedade-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/08\/21\/o-senor-das-moscas-e-sociedade-e\/","title":{"rendered":"O Se\u00f1or das Moscas e a sociedade e pol\u00edtica actuais"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/LordOfTheFliesBookCover.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"619\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/LordOfTheFliesBookCover.jpg\" class=\"wp-image-1498\" width=\"401\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Portada do libro. Fair use.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O Se\u00f1or das Moscas e a sociedade e pol\u00edtica actual<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non me considero un bo comentarista pol\u00edtico. Nin malo. Sinxelo: coido que de pol\u00edtica cada un opina dende a s\u00faa experiencia vital, que incl\u00fae dende a situaci\u00f3n familiar ou econ\u00f3mica ata a exposici\u00f3n \u00e1s mentiras difundidas e propaganda de todo tipo, pasando sempre pola costume (ou falta dela) de analizar a realidade. As\u00ed, que eu poida dicir &#8216;equiv\u00f3canse&#8217; cando outras persoas mante\u00f1en unha determinada pol\u00edtica ou voto, supo\u00f1o que poder\u00e1 ser respondido case xusto \u00f3 rev\u00e9s por quen as\u00ed obra en relaci\u00f3n \u00f3 que eu poda votar ou puidera facer de ocupar un cargo pol\u00edtico. Naturalmente, iso non quere dicir que todas as pol\u00edticas sexan iguais (evidentemente, os resultados non son os mesmos), nin moito menos, sen\u00f3n que na contenda para elixir todas parten subxectivamente coa mesma posibilidade e posiblemente con semellante subxectividade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por iso mesmo, porque na pol\u00edtica hai unha parte importante de relatividade de visi\u00f3n, considero fundamental o respecto como base. Da pol\u00edtica, pero tam\u00e9n das relaci\u00f3ns, sociedade, democracia ou, por suposto, convivencia. O respecto, que ten que ver coa liberdade, nese sentido de que a nosa liberdade remata onde comeza comeza a ferir \u00f3s demais (di o dito que &#8216;onde comeza a do outro&#8217;). Aqu\u00ed hai que axustar: non ferir a algu\u00e9n concreto dos outros, sempre haber\u00e1 &#8216;ofendidi\u00f1os&#8217; polas nosas acci\u00f3ns m\u00e1is triviais, sen\u00f3n \u00f3 conxunto dos demais. Pero de novo temos o problema de que cada quen ten unha perspectiva, diferente pola s\u00faa historia e circunstancias, e ter\u00e1 unha visi\u00f3n das bondades ou feridas dos actos -sexan os que sexan- diferente. Unha diferenza que hai que aproveitar na s\u00faa diversidade e resolver aportando cada quen o seu gran de area, non atacar para ferir e tentar eliminar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Reflexionar sobre isto \u00e9 doado, mais levar as reflexi\u00f3ns a actuaci\u00f3ns pr\u00e1cticas non o \u00e9 tanto. Para non po\u00f1er a vista en algo que pode ser actual e polo tanto suxeito a\u00ednda a maior subxectividade, dicir que nun par desas cavilaci\u00f3ns vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 memoria un par de libros. Un, unha novela lida hai tempo, xuvenil, pero non s\u00f3, que pode resumir un dos perigos actuais do balance de poder a partir de reflexi\u00f3ns nesgadas por parte de quen temos o poder, a xente: &#8220;O Se\u00f1or das Moscas&#8221;, de William Golding. O resumo da trama incl\u00fae que a ra\u00edz dun afundimento, un grupo de rapaces chega a unha illa deserta. O maior e m\u00e1is sensato (tam\u00e9n o m\u00e1is forte como individuo) remata f\u00f3ra do grupo xunto cunha minor\u00eda, mentres un axitador el\u00e9vase como director. Tras unha serie de peripecias, inclu\u00eddos os asasinato de constitu\u00edntes do grupo pequeno, o maior remata a punto de ser literalmente cazado polo grupo grande, cando o desembarco dun grupo de mari\u00f1os volve \u00f3s rapaces \u00f3 mundo do seu rol de p\u00edcaros. Visto dende hoxe, unha imaxe da pol\u00edtica e a sociedade actual, gobernada boa parte das veces por xente elixida tras desinformaci\u00f3n, populismo e demostraci\u00f3ns de forza de diverso tipo. O outro, totalmente diferente, &#8220;Hablaba con las bestias, los peces y los p\u00e1jaros&#8221;, do naturalista Konrad Lorenz (<a href=\"http:\/\/platea.pntic.mec.es\/molle\/viajes_a_la_otra_orilla\/anisal.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">accesible aqu\u00ed<\/a>), presenta entre as s\u00faas p\u00e1xinas algunha historia como a dunha ave forte e educada nunha zona na que \u00e9 costume o picarse no pescozo suavemente como mostra de cari\u00f1o, e polo tanto, deixarse facer, que se presenta ante outra m\u00e1is d\u00e9bil que non co\u00f1ece esa costume e que remata picando repetidamente \u00e1 m\u00e1is forte mesmo ate a s\u00faa morte. Trasladado \u00e1 pol\u00edtica e sociedade actuais, vir\u00eda dicirnos que se algu\u00e9n comeza a facer &#8216;trampas&#8217;, non se lle para e se lle deixa facer, quen non faga trampas \u00e9 moi probable que remate perdendo todo e desaparecendo. Coido que por desgraza est\u00e1 claro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Portada do libro. Fair use. O Se\u00f1or das Moscas e a sociedade e pol\u00edtica actual &nbsp;&nbsp; &nbsp;Non me considero un bo comentarista pol\u00edtico. Nin malo. Sinxelo: coido que de pol\u00edtica cada un opina dende a s\u00faa experiencia vital, que incl\u00fae dende a situaci\u00f3n familiar ou econ\u00f3mica ata a exposici\u00f3n \u00e1s mentiras difundidas e propaganda de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1498,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-1497","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1497","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1497"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1497\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1498"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1497"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1497"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1497"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}