{"id":1475,"date":"2023-08-29T16:06:00","date_gmt":"2023-08-29T14:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T15:56:59","modified_gmt":"2024-10-23T13:56:59","slug":"o-empresario-ribadense-manuel-lens-ucar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/08\/29\/o-empresario-ribadense-manuel-lens-ucar\/","title":{"rendered":"O empresario ribadense Manuel Lens \u00dacar. Chemi Lombardero Rico"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp; &nbsp; Deixo o apunte biogr\u00e1fico de Manuel Lens realizado por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Chemi+Lombardero\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Chemi Lombardero<\/a> (saiu na Comarca del Eo de 19 de agosto). Non aparece en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ribadenses+destacados\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadenses destacados<\/a>, pero vai nesa li\u00f1a.&nbsp;<\/p>\n<p><em><br \/>\nO empresario ribadense Manuel Lens \u00dacar<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nChemi Lombardero<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Ribadeo nos \u00faltimos s\u00e9culos non se caracterizou pola abundancia de veci\u00f1os emprendedores. Houbo poucas persoas con iniciativa empresarial dun certo nivel, ag\u00e1s as que marcharon a Am\u00e9rica. Al\u00e1 si, en Am\u00e9rica moitos ribadenses despregaron xenio e desenvolveron negocios diversos cos que transformaron as s\u00faas vidas e as das s\u00faas familias. Mais en Ribadeo parece que se fai certo o dito de que ningu\u00e9n \u00e9 profeta na s\u00faa terra e ata agora foron persoas de fora as que levaron adiante a maior parte dos proxectos econ\u00f3micos de certa envergadura.<\/em><\/p>\n<p><em>Ib\u00e1\u00f1ez, Bengoechea, Casas, Laz\u00fartegui e Nistal son os principais apelidos forasteiros que xeraron emprego e riqueza en Ribadeo nos dous s\u00e9culos anteriores.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNun seguinte chanzo, no que atinxe \u00e1 importancia econ\u00f3mica, houbo no s\u00e9culo XX varias empresas ribadenses nos sectores da conserva, da carpinter\u00eda de ribeira, las, comercio do t\u00e9xtil, armadoras pesqueiras, entre outras, que tam\u00e9n foron iniciativas de persoas vidas de fora.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNesta relaci\u00f3n de empresarios aveci\u00f1ados salienta a personalidade de Manuel Lens \u00dacar, fillo de un ferroviario xefe de estaci\u00f3n, que naceu en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1906, pero que se criou en Vilagarc\u00eda de Arousa. Lens chegou a Ribadeo probablemente a finais de 1935, xa con experiencia empresarial previa na industria conserveira e a administraci\u00f3n de salas de cine. Estaba casado con Mar\u00eda Teresa de Dios Francos, e cando a s\u00faa arribada a Ribadeo xa ti\u00f1an as d\u00faas fillas, Maria Teresa e Roc\u00edo.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Ao pouco de chegar colleu o aluguer do Cine Teatro que se inaugurou nesta nova etapa o nove de febreiro de 1936. En Ribadeo houbera cine con outros empresarios desde 1912. Lens reformou a sala do vello Teatro retirando os palcos do patio de butacas. Mantivo a explotaci\u00f3n do cine durante catro d\u00e9cadas. Nos anos sesenta Manuel Lens ti\u00f1a os cines de Vilalba e Guitiriz, ademais do de Ribadeo e de participar no cine das Figueiras. Tam\u00e9n participou un tempo na xesti\u00f3n do cine de Castropol.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAxi\u00f1a emprende novo negocio pedindo permiso en marzo de 1939 \u00e1 Delegaci\u00f3n de Industria de Lugo para instalar unha f\u00e1brica de conservas de peixe en lata na Vilavella. Desde o comezo forma sociedade con Fidel Garcia Gayol. O edificio onde se pon a nova empresa era un pouco anterior a 1880; xa fora f\u00e1brica de salgado desde 1900 e serra de madeira a vapor nos anos finais do XIX. A conserveira de Lens e Garc\u00eda, na que traballaron ducias de mulleres, pecha antes de 1960. Por eses anos van desaparecendo este tipo de conserveiras que que ao igual que outros negocios -serras, f\u00e1bricas de gasosas, estaleiros, f\u00e1bricas de confecci\u00f3n, etc.-, te\u00f1en que adaptarse aos cambios tecnol\u00f3xicos, de emprego e de comercializaci\u00f3n. Por ent\u00f3n pechan en Ribadeo as f\u00e1bricas de conserva a Trocha e Pel\u00e1ez<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO edificio da f\u00e1brica da Vilavella tivo posteriormente outros destinos con outros empresarios. Manuel Lens e a s\u00faa familia ocuparon durante alg\u00fan tempo a vivenda do piso alto da f\u00e1brica. Despois viviron moitos anos na Torre dos Moreno.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>O esp\u00edrito emprendedor de Lens non acouga e polos anos corenta abre o comercio bazar La Florida na r\u00faa Reinante, que logo traspasa. En 1944 co seu socio Fidel Garcia, constr\u00fae dous pesqueiros na explanada da propia f\u00e1brica da Vilavella.&nbsp;<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/2012-09-072011.39.11.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"402\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/2012-09-072011.39.11.jpg\" class=\"wp-image-1476\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Botadura dunha embarcaci\u00f3n en 1944. De esquerda a dereita, Ram\u00f3n F. de Soto (Director de &#8216;La Comarca&#8217;), un cura, Fidel Garc\u00eda, Galu\u00e1 (p\u00e1rroco), Francisco Maseda, outro cura, e Manuel Lens.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Uns anos despois, en 1952, a s\u00faa inquietude l\u00e9vao a outro proxecto e manda facer d\u00faas bateas para probar o cultivo de mexill\u00f3n no norte de Galicia, que fondea en Ribadeo entre as Carrayas e Gibraltar, unha delas, e a outra na R\u00eda de Viveiro.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/batea.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"460\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/batea.jpeg\" class=\"wp-image-1477\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">F\u00e1brica dunha batea na Vilavella para Lens e Garc\u00eda<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Chegou a comercializar mexill\u00f3ns e incluso editaron un recetario para coci\u00f1ar o mexill\u00f3n co que acada d\u00faas edici\u00f3ns. Pero o noso mar non cont\u00e9n os nutrintes que abundan nas R\u00edas Baixas, e a empresa Mejillonera del Cant\u00e1brico, na que tam\u00e9n participou Fidel Garc\u00eda Gayol, non resultou rendible.<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/Folleto201.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/Folleto201.jpg\" class=\"wp-image-1478\" width=\"454\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Recetario de Mejillonera del Cant\u00e1brico<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Ao redor de 1960 e xa pola s\u00faa conta, sen a colaboraci\u00f3n do seu habitual socio Fidel -quen por ese anos vaise a vivir a Lugo-, emprende un novo negocio: a fabricaci\u00f3n de viguetas e prefabricados de cemento para a construci\u00f3n no Gra\u00f1ol de Ove. Lens traballa inicialmente coa patente da casa Yus. Al\u00ed exerceu varios anos como capataz Julio Blanco, fillo de P\u00edo, que logo pasou a ser axente comercial dos produtos da casa.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>En 1963 Manuel Lens pon en marcha no mesmo lugar do Gra\u00f1ol, ao lado dos prefabricados, unha granxa de gali\u00f1as para a produci\u00f3n de ovos que chegou a ter 27 000 aves e comercializar os ovos en Asturias e Galicia. A direcci\u00f3n desta empresa estivo en mans de Luis Prada de Torres, xenro de Lens. A granxa pecha ao redor de 1985. Lens tivo participaci\u00f3n noutra granxa de pitas na Coru\u00f1a.<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/Prospecto20rosa20lar.jpeg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/Prospecto20rosa20lar.jpeg\" class=\"wp-image-1479\" width=\"424\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Prospecto anunciando Rosa Lar<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nParalelamente, noutro campo empresarial sen o car\u00e1cter industrial dos anteriores, mais de non menos importancia econ\u00f3mica para a vila, Manuel Lens abre en 1946 a sala de festas Rosa Lar, con pista de baile ao ar libre, que pode utilizarse como pista de tenis, sal\u00f3n cuberto, cafeter\u00eda, coci\u00f1a, xard\u00edn, etc, que durante moito tempo foi o centro de atracci\u00f3n para bailes, espect\u00e1culos ou celebraci\u00f3ns dunha ampla \u00e1rea da contorna ribadense.<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/rosa20lar4.jpeg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"470\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/rosa20lar4.jpeg\" class=\"wp-image-1480\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Sala de Festas Rosa Lar, praza o ar libre.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCon todo, a empresa m\u00e1is transcendente para Ribadeo, pola s\u00faa duraci\u00f3n no tempo e o emprego que xera, \u00e9 a f\u00e1brica de prefabricados de formig\u00f3n Tubolens fundada en 1977 no lugar de Dompi\u00f1or. Tubolens \u00e9 unha continuidade da modesta f\u00e1brica de prefabricados inicial do Gra\u00f1ol. E proba do seu car\u00e1cter de emprendedor excepcional incansable o feito de que Manuel Lens puxo en marcha esta nova industria con m\u00e1is de setenta anos de idade. En Tubolens chegaron a traballar varias decenas de persoas e contaba cunha oficina con aparelladores e delineantes que fac\u00eda dese\u00f1os e c\u00e1lculos para os clientes.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa \u00faltima etapa da s\u00faa vida, Lens compartiu a residencia en Ribadeo con Lugo e Coru\u00f1a. Morreu en Ribadeo o 20 de novembro de 1982.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Como adoita ocorrer con moitas empresas persoais, a obra industrial de Manuel Lens non tivo continuidade nas seguintes xeraci\u00f3ns da familia. Con todo, d\u00faas das s\u00faas creaci\u00f3ns, Rosa Lar e Tubolens, mant\u00e9\u00f1ense vivas despois de tanto tempo, como probas da iniciativa dun dos principais empresarios ribadenses do s\u00e9culo pasado.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Lens era unha persoa de bo car\u00e1cter, considerado cos traballadores, pois pensaba que o obxecto dunha empresa non s\u00f3 consist\u00eda no m\u00e1ximo beneficio empresarial. Da s\u00faa xesti\u00f3n gardan boa lembranza moitas das persoas que para el traballaron.<\/em><\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: right;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/Ch20L.jpg\" style=\"clear: right; margin-bottom: 1em; margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"82\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/08\/Ch20L.jpg\" class=\"wp-image-1481\" width=\"70\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: xx-small;\">Chemi Lombardero<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; &nbsp; Deixo o apunte biogr\u00e1fico de Manuel Lens realizado por Chemi Lombardero (saiu na Comarca del Eo de 19 de agosto). Non aparece en Ribadenses destacados, pero vai nesa li\u00f1a.&nbsp; O empresario ribadense Manuel Lens \u00dacar Chemi Lombardero Ribadeo nos \u00faltimos s\u00e9culos non se caracterizou pola abundancia de veci\u00f1os emprendedores. Houbo poucas persoas con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1476,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11],"class_list":["post-1475","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1475","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1475"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1475\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1476"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1475"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1475"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1475"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}