{"id":1427,"date":"2023-09-10T18:29:00","date_gmt":"2023-09-10T16:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T14:28:38","modified_gmt":"2024-10-23T12:28:38","slug":"en-relacion-casa-da-ria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/09\/10\/en-relacion-casa-da-ria\/","title":{"rendered":"En relaci\u00f3n \u00e1 Casa da R\u00eda"},"content":{"rendered":"<p><span>En relaci\u00f3n \u00e1 Casa da R\u00eda<\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/09\/C3A1rbores20na20terrazada20casa20da20rC3ADa.jpeg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/09\/C3A1rbores20na20terrazada20casa20da20rC3ADa.jpeg\" class=\"wp-image-1428\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr><\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">\u00c1rbores na terraza da Casa da R\u00eda<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span style=\"text-align: justify;\">&nbsp; &nbsp; D\u00edas atr\u00e1s o concello emit\u00eda unha nota de prensa na que mencionaba a casa da r\u00eda. A conta diso, e dos comentarios que se fixeron nos xornais, decid\u00edn facer unha relaci\u00f3n de puntos salientables na historia da casa da r\u00eda, que non chegou a ser &#8216;Casa da r\u00eda de Ribadeo&#8217;. Polo cami\u00f1o, a nova de non ter localizados dous telescopios.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp; &nbsp; A Casa da r\u00eda tivo un c<\/span>uste de 55 mill\u00f3ns de pesetas, a prezos actualizados cousa de medio mill\u00f3n de euros de hoxe. A<\/span>&nbsp;planta baixa conta cun distribuidor que d\u00e1 \u00e1 sala de charlas e actividades m\u00faltiples, na que hai tam\u00e9n un mostrador para recepci\u00f3n. O outro grande espazo da planta baixa, a sala de exposici\u00f3ns, ten unha montaxe sobre a r\u00eda arredor da columna soporte do telescopio.&nbsp;Disp\u00f3n tam\u00e9n a parte baixa de varias divisi\u00f3ns interiores que incl\u00faen almac\u00e9n e servizos. A planta superior, con acceso diferente, est\u00e1 ocupada pola terraza, a d\u00faas alturas, cun observatorio astron\u00f3mico para acoller o telescopio.<\/p>\n<p><span>&nbsp; &nbsp; Foi inaugurada o&nbsp;<\/span>D\u00eda Mundial do Medio Ambiente, en xu\u00f1o de 2001, con asistencia de Manuel Fraga Iribarne.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No 2002 a protecci\u00f3n da maquinaria de arrastre para apertura da c\u00fapula do observatorio quedou danada nun temporal, e sen reparaci\u00f3n, no 2003 a maquinaria que protex\u00eda estaba tocada impedindo a correcta apertura e cerre da c\u00fapula.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Anos despois quedou de manifesto un problema estrutural que se fac\u00eda visible nas filtraci\u00f3ns de agua. O encharcamento na parte superior por baixo do terrazo e sobre a estrutura deu, e segue a dar, lugar \u00f3 nacemento de \u00e1rbores nas terrazas, tendo eu mesmo arrincado alg\u00fans abondo m\u00e1is altos ca min hai cousa dunha ducia de anos.<\/p>\n<p><span>&nbsp; &nbsp; Ente outros avatares, o concello prop\u00faxoa como sede&nbsp;<\/span>da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Bur\u00f3n, pero non foi aceptada. Encheuse de pintadas, ten habido alg\u00fan ni\u00f1o de avespas nas s\u00faas contras&#8230; e cada vez menos uso e m\u00e1is necesidade de mantemento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En canto \u00f3 funcionamento, a casa da r\u00eda depende do concello. Por iso, a A.C. Xerfa asinou un convenio co concello no 2001, ampliado no 2003 xa con outro alcalde para instalar al\u00ed o telescopio que vi\u00f1a usando de xeito itinerante anos antes da s\u00faa construci\u00f3n. O telescopio \u00e9 un reflector de tipo Newton de focal 1500 mm e di\u00e1metro 255 mm, sobre unha montura ecuatorial.&nbsp;<span style=\"text-align: left; text-indent: 2cm;\">Nun episodio que me segue a desconcertar, a<\/span>&nbsp;instalaci\u00f3n levou consigo o p\u00e9 do telescopio, impedindo o seu uso f\u00f3ra dela.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Conforme \u00e1 degradaci\u00f3n das instalaci\u00f3ns foi progresando, f\u00edxose m\u00e1is dif\u00edcil o uso, e as\u00ed, mentres nalg\u00fan caso chov\u00eda por riba do aparello (o que motivou que comezara a cubrirse cunha lona a pesar de estar baixo cuberto), oxid\u00e1ndose o espello, a\u00ednda que para observaci\u00f3ns xeralistas segu\u00eda a ter un bo aproveitamento, cambiouse a pechadura m\u00e1is dunha vez sen ter chaves Xerfa, e a larma pasou a mellor vida. Francisco Rivas, xa clave no seu momento para a consecuci\u00f3n do telescopio principal, engadiu un telescopio pequeno que ga\u00f1ara un equipo no que participaba a s\u00faa filla.<\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp; Nos anos 2000 fix\u00e9ronse diversas observaci\u00f3ns e cursi\u00f1os de astronom\u00eda, a car\u00f3n doutras actividades m\u00e1is dispersas e puntuais. Mais, nun momento, o concello optou por un convenio coa Universidade de Santiago polo que, a cambio dun monto econ\u00f3mico que s\u00f3 no primeiro ano superou de longo o gastado no tema con anterioridade en Ribadeo, se deron un par de cursi\u00f1os de ver\u00e1n e realizaron varias observaci\u00f3ns astron\u00f3micas, sempre no ver\u00e1n, xa no mesmo pobo en condici\u00f3ns de luminosidade m\u00e1is precarias. O que non se fixera con Xerfa, f\u00edxose cunhas actividades que logo decaeron para pasar a ser sinxela propaganda para uso tur\u00edstico. As\u00ed, Xerfa, que nacera no 1991 para axudar a dinamizar as actividades culturais do daquela Instituto de Formaci\u00f3n Profesional de Ribadeo e a inserilo no pobo, quedou pouco a pouco reducida \u00f3 nome dunha revista que a\u00ednda se segue editando no actual CIFP Porta da Auga, sen conexi\u00f3n xa coa A. C. A Casa da R\u00eda, sen mantemento, sen actividade, pasou a ser unha carga na que tan pronto medraban \u00e1rbores na s\u00faa terraza como serv\u00eda para acubillo de transgresores humanos ou animais, a pesar dos sucesivos avisos (p\u00f3dese ver <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/07\/ribadeo-e-o-cultivo-de-platanos.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">aqu\u00ed<\/a>&nbsp;un en particular, e en xeral a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=telescopio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">historia en Ribadeando<\/a> ou <a href=\"https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/search?q=telescopio&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">entre outras actividades en FQRibadeo<\/a>).<\/p>\n<p><span><span>&nbsp; &nbsp; Polo medio, tentouse ama\u00f1ar a situaci\u00f3n, c<\/span><\/span><span style=\"text-indent: 75.5906px;\">omo cando, tendo xa observado que a \u00f3ptica dos telescopios pouco a pouco \u00eda deterior\u00e1ndose, e vendo conveniente darlle un repaso e motorizalo,&nbsp;<\/span><span style=\"text-indent: 75.5906px;\">foi pedida unha subvenci\u00f3n \u00e1 Asoc. Puente de los Santos, comandada no 50% polos concellos de Castropol e Ribadeo.&nbsp;<\/span><span style=\"text-indent: 75.5906px;\">Foi denegada porque pretend\u00edase que tiveramos al\u00ed algu\u00e9n de xeito permanente&nbsp;<\/span><span style=\"text-indent: 75.5906px;\">para atender o local (a Casa da R\u00eda, do concello, non s\u00f3 as observaci\u00f3ns).<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp; &nbsp; Ata chegar a hai uns d\u00edas, cando primeiro se anuncia dende o concello que se vai po\u00f1er orde no caos e recuperar a casa e logo se difunde a &#8216;non localizaci\u00f3n&#8217; de dous telescopios. Un suma e segue que non sei onde rematar\u00e1 e que tampouco sei se se reverter\u00e1. Un suma e segue no que aparecen testemu\u00f1as que aseveran que o dia seguinte \u00e1 xira, o 7 de agosto, a porta de acceso \u00e1 terraza estaba aberta e a do observatorio forzada, pero co telescopio dentro, o que puxo en co\u00f1ecemento da Polic\u00eda Local por tel\u00e9fono e da Garda Civil de xeito presencial, levando al\u00ed a m\u00e1is a outra persoa que pode actuar tam\u00e9n de testemu\u00f1a.<\/span><br \/>\n<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En relaci\u00f3n \u00e1 Casa da R\u00eda \u00c1rbores na terraza da Casa da R\u00eda &nbsp; &nbsp; D\u00edas atr\u00e1s o concello emit\u00eda unha nota de prensa na que mencionaba a casa da r\u00eda. A conta diso, e dos comentarios que se fixeron nos xornais, decid\u00edn facer unha relaci\u00f3n de puntos salientables na historia da casa da r\u00eda, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1428,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[47,11,26,9],"class_list":["post-1427","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-astronomia","tag-historia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1427","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1427"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1427\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1428"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1427"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1427"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1427"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}