{"id":1419,"date":"2023-09-19T16:32:00","date_gmt":"2023-09-19T14:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T14:09:45","modified_gmt":"2024-10-23T12:09:45","slug":"de-que-pobo-estamos-falar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/09\/19\/de-que-pobo-estamos-falar\/","title":{"rendered":"De que pobo estamos a falar?"},"content":{"rendered":"<p><span>De que pobo estamos a falar?<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>V\u00e9rmonos como parte dunha sociedade \u00e9 o l\u00f3xico, que temos asumido. Por suposto, hai e seguir\u00e1 a haber diferenzas de todo tipo entre n\u00f3s. Entre elas, o xeito no que miramos \u00e1 sociedade \u00e1 que pertencemos, \u00f3 noso pobo. Palabra esta, pobo, que pode aguantar dende un s\u00f3 lugar dunha aldea ata a humanidade enteira. Quizais por iso mesmo, por esa diferenza de escala \u00e1 que pode ser usada, tendemos a xeneralizar cara a sociedades m\u00e1is grandes, que controlamos menos, o que temos percibido e\/ou asumido para sociedades m\u00e1is pequenas, como a que se desenvolve a nivel pobo ou Galicia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O anterior ven a conto do tema do declinar demogr\u00e1fico de Galicia, que leva xa tempo baixando de poboaci\u00f3n. De xeito cada vez m\u00e1is acusado, e a pesar mesmo da inmigraci\u00f3n que non cesa. Ou da poboaci\u00f3n de Ribadeo, que dende hai quince anos se mant\u00e9n no entorno dos 10000 habitantes, cen arriba, ou m\u00e1is ben cen abaixo. A\u00ednda hai pouco falaba cun amigo do caso de vilas como Meira, que como n\u00facleo urbano non perde poboaci\u00f3n mentres se alimenta dun entorno que vai quedando baleiro. Cando chegue a un punto de baleirado do entorno meirense, que lle ha pasar \u00e1 vila?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Pois a nivel mundial, con todas as diferencias de escala ou entorno, a cousa leva un cami\u00f1o abondo semellante. M\u00e1is adiantado no tempo nalg\u00fans lugares, m\u00e1is atrasado noutros. Europa ti\u00f1a, no ano 1950, m\u00e1is de d\u00faas veces a poboaci\u00f3n de Africa. Cara a 1995, a poboaci\u00f3n era semellante. E hoxe, \u00c1frica ten m\u00e1is do dobre de poboaci\u00f3n que Europa. Naturalmente, iso implica un cambio de importancia dunhas zonas respecto a outras, unha relaci\u00f3n co medre econ\u00f3mico, unha necesidade de recursos diferente, etc. Segundo diferentes estimaci\u00f3ns, est\u00e1 previsto que a poboaci\u00f3n mundial chegue a un m\u00e1ximo entre o 2060 e o 2090, acadando entre 9 e 10,5 mil mill\u00f3ns de persoas. Unhas variaci\u00f3ns moi importantes en tempo e cantidade, que con seguridade ser\u00e1n revisadas m\u00faltiples veces a\u00ednda, pero que vemos como unha crise de poboaci\u00f3n que engadir as outras de todo tipo que temos xa aqu\u00ed ou que ollamos nun horizonte pr\u00f3ximo.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/09\/541px-World_population_UN.svg_.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"542\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/09\/541px-World_population_UN.svg_.png\" class=\"wp-image-1420\" width=\"610\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Poboaci\u00f3n estimada 1950 &#8211; 2050, pola ONU (2011). Eixo vertical en mill\u00f3ns, con escala logar\u00edtmica. Feito por&nbsp;<span class=\"mw-mmv-source-author\"><span class=\"mw-mmv-author\"><a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/User:Conscious\" title=\"User:Conscious\">Conscious<\/a><\/span><\/span> para a <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\">https:\/\/en.wikipedia.org<\/a>, lic. <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/3.0\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CC BY-SA 3.0<\/a><\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Sei que os datos puntuais poden servir para testemu\u00f1ar unha tendencia ou polo contrario, unha excepci\u00f3n, pero non deixa de ser curioso botar unha ollada sobre alg\u00fan deles que podemos atopar en moitos lugares. Por exemplo, despois de s\u00e9culos como o pa\u00eds m\u00e1is poboado do mundo, a China remata de pasar a segunda posici\u00f3n, por tras da India. M\u00e1is de d\u00faas d\u00e9cadas de pol\u00edtica de &#8216;fillo \u00fanico&#8217; fac\u00edano inevitable dende hai tempo. Hoxe por hoxe, o terceiro pa\u00eds m\u00e1is poboado son os Estados Unidos de Am\u00e9rica. En pouco m\u00e1is de d\u00faas xeraci\u00f3ns, Nixeria, Paquist\u00e1n ou o Congo (Rep\u00fablica Democr\u00e1tica do Congo) est\u00e1 previsto que te\u00f1an abonda m\u00e1is xente que os EEUU. O que nos leva a outra curiosidade: nos pr\u00f3ximos 20 anos, un de cada dous nacementos ter\u00e1 lugar en \u00c1frica. Por outra banda, a poboaci\u00f3n ser\u00e1 cada vez m\u00e1is urbana. No 2025, a urbe m\u00e1is poboada, Toquio, ter\u00e1 unha poboaci\u00f3n de 3\/4 da de Espa\u00f1a na actualidade. En 20 anos, est\u00e1 previsto que Bombai te\u00f1a unha poboaci\u00f3n equivalente \u00f3 90 % da espa\u00f1ola actual. Uns 20 anos despois, Kinshasa superar\u00e1 \u00e1 Espa\u00f1a actual en 10 mill\u00f3ns de persoas. S\u00f3 para que,cara a fin de s\u00e9culo, a capital de Nixeria, Lagos, acade unha poboaci\u00f3n dobre que a que acubilla o estado espa\u00f1ol na actualidade. Poboaci\u00f3n que daquela, abondo probable, ser\u00e1 menor. Iso, como deixa a idea de que Madrid \u00e9 unha gran cidade?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Costa traballo afacer a nosa mente a cambios as\u00ed. \u00c9 certo que esc\u00e1panse \u00f3 noso control individual, pero tam\u00e9n o \u00e9 que n\u00f3s, coas nosas actitudes e as nosas acci\u00f3ns, entramos na fabricaci\u00f3n desas proxecci\u00f3ns. Tanto para a s\u00faa confecci\u00f3n como para sufrir ou desfrutar dese mundo que prev\u00e9n. Queiramos ou non.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De que pobo estamos a falar? &nbsp;&nbsp;&nbsp; V\u00e9rmonos como parte dunha sociedade \u00e9 o l\u00f3xico, que temos asumido. Por suposto, hai e seguir\u00e1 a haber diferenzas de todo tipo entre n\u00f3s. Entre elas, o xeito no que miramos \u00e1 sociedade \u00e1 que pertencemos, \u00f3 noso pobo. Palabra esta, pobo, que pode aguantar dende un s\u00f3 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1420,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[67,9],"class_list":["post-1419","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-estatisticas","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1419","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1419"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1419\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1420"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1419"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1419"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1419"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}