{"id":1418,"date":"2023-09-20T19:40:00","date_gmt":"2023-09-20T17:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T14:09:43","modified_gmt":"2024-10-23T12:09:43","slug":"as-listas-de-espera-do-sergas-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/09\/20\/as-listas-de-espera-do-sergas-pancho\/","title":{"rendered":"As Listas de Espera do SERGAS. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>As Listas de Espera do SERGAS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPancho Campos Dorado<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Vou a contar un caso persoal que me pasou cos servizos do SERGAS, pois \u00e9 posible que a algu\u00e9n lle poida interesar o relato se se atopa en circunstancias parecidas.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn febreiro do ano 2006, sufr\u00edn un amago de anxina de peito estando navegando nun petroleiro de produtos naquel momento. Chegados a descargar \u00f3 porto da Coru\u00f1a mand\u00e1ronme facer un reco\u00f1ecemento urxente ao Hospital Modelo por conta do Seguro do barco.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDespois dunha proba de esforzo e un eco-cardiograma non atoparon ningunha anomal\u00eda, pero en vista da mi\u00f1a falta de vitalidade evidente, procederon a facerme ese mesmo d\u00eda un cateterismo e atoparon que a coronaria dereita estaba atoada nun 99,9 % da s\u00faa secci\u00f3n, segundo expresaron no informe, e inmediatamente me puxeron un stent. Estaba a punto dunha morte s\u00fabita. Daquela librei polos pelos, e estiven ben de sa\u00fade at\u00e9 que un maldito cancro de am\u00edgdalas tam\u00e9n me apareceu un ano m\u00e1is tarde.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOper\u00e1ronme no Hospital da Costa de Burela o d\u00eda 27 de novembro de 2007 e despois dunha operaci\u00f3n de doce horas, outra de seis horas, outra de 5 horas e d\u00faas de d\u00faas horas, en semanas sucesivas. Delas recordo o magn\u00edfico trato e traballo cir\u00farxico que fixeron comigo os otorrinolaring\u00f3logos daquela \u00e9poca, especialmente ao Dr. Jos\u00e9 Antonio Mart\u00ednez, sen esquecer a atenci\u00f3n case fraternal que me prodigou o equipo de enfermer\u00eda de Burela en todo momento. Logo de dous largos meses, tiven que facer o postoperatorio de quimio e radioterapia. Foi no Oncol\u00f3xico da Coru\u00f1a, onde estiven internado e onde me atenderon con profesionalidade exquisita durante outros case catro meses de tratamento.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPois ben. A revisi\u00f3n card\u00edaca a causa do stent seguina facendo cada seis meses no Hospital Modelo da Coru\u00f1a, xa que tanto a doutora como o equipo que fixo o implante ti\u00f1an os seus arquivos nos seus ordenadores, e o seguimento cardiovascular sempre foi moi exhaustivo e puntual. A visita e reco\u00f1ecementos na Coru\u00f1a pagueinos sempre do meu peto, dado que non te\u00f1o ning\u00fan seguro privado de sa\u00fade como era o que ti\u00f1a o barco cando enfermei e me deixaron al\u00ed. S\u00f3 te\u00f1o o Seguro da Seguridade Social.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nParalelamente \u00f3s reco\u00f1ecementos da Coru\u00f1a, ti\u00f1a que facer cada ano unha proba de esforzo no Hospital da Costa de Burela, pero aqu\u00ed os prazos pasaban de ser anuais a prorrogarse a m\u00e1is de dous anos, o que me levou a denunciar as Listas de Espera de Cardiolox\u00eda no Xulgado de Garda de Mondo\u00f1edo, e tam\u00e9n xa no ano 2011 denunciaba publicamente a DES-Administraci\u00f3n do SERGAS (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/a-des-administracion-do-sergas-pancho.html\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/a-des-administracion-do-sergas-pancho.html<\/a> e La Comarca del Eo, 6-novembro-2011)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs\u00ed as cousas, este pasado ano o d\u00eda 27 de decembro de 2022, na revisi\u00f3n card\u00edaca semestral que fac\u00eda no Hospital Modelo da Coru\u00f1a, nun eco-cardiograma eventual que se me fixo apareceu un Aneurisma na Aorta Abdominal de 50 mm aproximadamente. Un tama\u00f1o cr\u00edtico dado que est\u00e1 no l\u00edmite de poder ser operado abrindo o abdome a ceo aberto ou mediante intervenci\u00f3n endosc\u00f3pica e cateterismo (perd\u00f3n polos erros nos termos t\u00e9cnicos pois s\u00f3 co\u00f1ezo os vulgarismos que empregamos a xente com\u00fan). Hab\u00eda que facer un TAC de inmediato para saber do tama\u00f1o exacto, facer unha pr\u00f3teses \u00e1 medida e proceder \u00e1 intervenci\u00f3n quir\u00farxica que se precisara.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nInmediatamente de chegar a Ribadeo, o d\u00eda 29 de decembro p\u00e1solle o informe da cardi\u00f3loga a mi\u00f1a M\u00e9dico de Cabeceira como era habitual e rutinario desde fac\u00eda 16 anos. \u00c1 vista do risco que entra\u00f1aba o dito no informe, a doutora, procedeu a solicitar un TAC de forma urxente, o cal me foi feito o d\u00eda 11 de xaneiro de 2023, no Hospital de Costa de Burela. Logo a propia doutora fixo petici\u00f3n o 16 de xaneiro de 2023 \u201cv\u00eda r\u00e1pida\u201d a Anxiolox\u00eda e Cirurx\u00eda Vascular para o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Desde aqu\u00ed darlle as m\u00e1is expresivas grazas D\u00aa Carmen Monterrey pola s\u00faa humanidade, dilixencia e atenci\u00f3n que me facilitou.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo HULA, \u201cestra\u00f1amente\u201d (visto o caso agora, xa desde a distancia) danme cita para o 20 de Febreiro de 2023 para Cirurx\u00eda Vascular e Patolox\u00eda Arterial. Aqu\u00ed fanme unha auscultaci\u00f3n e se me informa do procedemento da cirurx\u00eda endovascular dos aneurismas da aorta abdominal, en Cirurx\u00eda Maior Ambulatoria, en quir\u00f3fano con ingreso en sala especial. Ou sexa demoraba o procedemento case dous meses desde o diagn\u00f3stico, at\u00e9 esta revisi\u00f3n. Estabamos en Febreiro, e a doutora falaba de operar antes do verano.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSon citado de novo no HULA o d\u00eda 10 de Abril de 2023 para facer pola ma\u00f1\u00e1 an\u00e1lises de sangue, placas en Radiolox\u00eda e \u00e1 tarde un completo e minucioso eco-cardiograma. No propio HULA danme cita para o 17 de Abril de 2023 para Consulta Preanest\u00e9sica.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDebido a unha Folga de M\u00e9dicos, a cita de Preanestesia posponse para o d\u00eda 2 de Maio de 2023. A doutora anestesista comun\u00edcame do risco moderado-alto da intervenci\u00f3n con anestesia xeral e as complicaci\u00f3ns que poden xurdir, dado que se trata da aorta, un dos principais vasos sangu\u00edneos do corpo humano e d\u00e1me instruci\u00f3ns para cambiar varios medicamentos d\u00edas previos a operaci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO tempo da intervenci\u00f3n seguiu dilat\u00e1ndose, pasou todo o mes de maio, tam\u00e9n o de xu\u00f1o, e despois de chamar repetidamente \u00f3 tel\u00e9fono de Lista de Espera Vascular do HULA, para saber que pasaba coa mi\u00f1a operaci\u00f3n, sempre moi amablemente e con voz pausada e moi educada, por suposto, me deron a escusa de que ti\u00f1an que chamar os m\u00e9dicos, que eles \u201cnon ti\u00f1an nada que ver coas demoras\u201d, e moi \u201carteiramente\u201d me dic\u00edan que firmei o 20 de Febreiro de 2023 para dar paso a intervenci\u00f3n, polo que obviaban que dous meses antes de febreiro xa se fixera o diagn\u00f3stico. As\u00ed est\u00e1 a burocracia deste pa\u00eds galego rexido pola Xunta de Galicia do PP, que vai pasando as obrigas ao tellado dos demais, e o paciente cando se cansa de esperar, e vai incrementando a s\u00faa angustia ou o medo a ter unha peritonites mortal, como era o meu caso, acude sen demora \u00e1 Sanidade Privada. As\u00ed funciona o negocio da Sanidade Privada subvencionada en grande medida con di\u00f1eiro de todos os galegos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEu non ti\u00f1a medo ning\u00fan, pero cansado de esperar, o 12-xullo-2023, presentei unha denuncia nos Xulgado de Paz de Ribadeo, quen a s\u00faa vez a enviou ao Xulgado Decano de Lugo (sic). A denuncia ten por obxecto dar constancia de que non se est\u00e1 de acordo co tratamento administrativo e bur\u00f3crata da sanidade galega rexida polo SERGAS, pero ademais, ten a val\u00eda de que a t\u00faa familia poida cobrar algunha indemnizaci\u00f3n do Estado, en caso de que tu morras pola neglixencia reflectida na propia denuncia. Facer valer os dereitos que temos como cidad\u00e1ns e esixir responsabilidades as autoridades \u201ccompetentes\u201d. Por iso, galegos, denunciade sempre estas falcatruadas, para deixar aos teus algo no que poder agarrarse. Se non denuncias, quedas como un \u201cprob\u00edn\u201d que se finou, sen m\u00e1is. Ningu\u00e9n che vai axudar a resolver os teus problemas.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDespois de ver que desde o Xulgado Decano de Lugo tampouco me daban ningunha explicaci\u00f3n (at\u00e9 d\u00eda de hoxe, nin me contestaron) fun directamente \u00e1 Direcci\u00f3n Administrativa do HULA, onde fixen o luns, d\u00eda 7-Agosto-2023, unha reclamaci\u00f3n nunha Folla de Reclamaci\u00f3ns e Suxesti\u00f3n do Servizo Galego de Sa\u00fade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor fin esta vez houbo sorte. Ao venres seguinte, d\u00eda 12-agosto cham\u00e1ronme e danme cita de ingreso para o domingo a tarde do d\u00eda 20-agosto, para e ser intervido o luns 21 de agosto. Esa semana intermedia foi onde tiven que variar a medicaci\u00f3n como xa me advertira tres meses antes a M\u00e9dico Anestesista o d\u00eda 2 de Maio.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA operaci\u00f3n durou de oito da ma\u00f1\u00e1 a 1 da tarde, cinco horas. Parece que foi ben, pois ao d\u00eda seguinte, 22 de agosto, a 1 da tarde mand\u00e1ronme para a casa. Dorido, iso tam\u00e9n. Quedan as revisi\u00f3ns de outubro para ver se a pr\u00f3teses de 53 mm quedou no sitio ou se moveu. Xa veremos, espero que todo estea ben polo que me atinxe.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO caso \u00e9 que tardaron oito meses desde o diagn\u00f3stico at\u00e9 a operaci\u00f3n, unha demora impropia e de falta de dilixencia nas Listas de Espera. A pol\u00edtica sanitaria non pode xogar impunemente coa vida das persoas. Pero xa vedes, incluso os Xulgados son c\u00f3mplices das demoras, pois nin che contestan, nin toman resoluci\u00f3n algunha, din que non te\u00f1en medios dabondo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn fin, o meu consello \u00e9 que denunciedes sempre. Galegos, temos que facer un Reino da Galiza igualitario para todos e posiblemente, a\u00ednda que non o saibamos, a alg\u00fan falcatrueiro lle vamos a atanegar a cadeira na que est\u00e1 apoltroado, ou quizais, non serve para nada denunciar debido a que \u201cest\u00e1 todo atado e ben atado\u201d? Polo menos haber\u00e1 que intentalo unha e outra vez, at\u00e9 dar no cravo.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; As Listas de Espera do SERGAS Pancho Campos Dorado Vou a contar un caso persoal que me pasou cos servizos do SERGAS, pois \u00e9 posible que a algu\u00e9n lle poida interesar o relato se se atopa en circunstancias parecidas. En febreiro do ano 2006, sufr\u00edn un amago de anxina de peito estando navegando nun [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[46,27],"class_list":["post-1418","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-pancho-campos","tag-sanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1418","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1418"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1418\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1418"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1418"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1418"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}