{"id":14059,"date":"2025-04-01T22:20:44","date_gmt":"2025-04-01T20:20:44","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=14059"},"modified":"2025-04-01T22:20:44","modified_gmt":"2025-04-01T20:20:44","slug":"escudo-novo-de-ribadeo-por-que","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/04\/01\/escudo-novo-de-ribadeo-por-que\/","title":{"rendered":"ESCUDO NOVO DE RIBADEO, POR QUE?"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">ESCUDO NOVO DE RIBADEO, POR QUE?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/pancho-campos\/\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Este pasado d\u00eda 28 de marzo de 2025, recibo por correo certificado do Excmo. Concello de Ribadeo, una Notificaci\u00f3n do Acordo Plenario, na que o Pleno do Concello en sesi\u00f3n celebrada o d\u00eda 18 de marzo de 2025 adopta un acordo para aprobar o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=escudo+e+bandeira\">ESCUDO E BANDEIRA<\/a> OFICIAIS DE RIBADEO, desestimando as alegaci\u00f3ns presentadas por n\u00f3s, Antonio Gregorio e m\u00e1is eu, \u201cpor motivos expresados no informe da Comisi\u00f3n de Her\u00e1ldica e ditame da \u201cComisi\u00f3n de Estudo da bandeira e escudo de Ribadeo, de data 18\/02\/2025 mantendo o escudo en bandeira de Ribadeo de conformidade co acordo inicialmente adoptado\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Pois ben. A expresi\u00f3n \u201cpor motivos expresados no informe da Comisi\u00f3n de Her\u00e1ldica\u201d, non hai ning\u00fan informe expresado, s\u00f3 hai unha imposici\u00f3n sen ningunha explicaci\u00f3n o respecto. Sobre aqueles \u201cdebuxos\u201d do tal informe, fixemos alegaci\u00f3ns ao cambio que se propu\u00f1an das figuras ou mobles do Escudo de Ribadeo, tanto da estrela que pasar\u00eda de ser a estrela de cinco puntas, con historia de m\u00e1is de trescentos anos, a ser unha estrela de oito puntas, polo arte de birlibirloque, pois non se comunicou en ning\u00fan momento o por qu\u00e9 deste cambio tan significativo, sen ning\u00fan informe ao respecto.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n alegamos en contra do cambio da coroa do timbre do escudo: a Coroa do Condado de Ribadeo, pasar\u00e1 a ser unha Coroa Imperial que nada ten que ver con Ribadeo e que representa simplemente o querer timbrar todos os Escudos Municipais de Galiza da mesma maneira, o que est\u00e1 levando a perder as \u201csinais de identidade particular\u201d que cada municipio ten, e que tan teimudamente est\u00e1n facendo desaparecer estas \u201cComisi\u00f3ns de Her\u00e1ldica\u201d con subvenci\u00f3ns mantidas pola Xunta de Galiza.<\/p>\n\n\n\n<p>As <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/02\/26\/alegacion-o-escudo-e-bandeira-de-ribadeo-pancho-campos-dorado\/\">nosas alegaci\u00f3ns foron publicadas en Ribadeando<\/a> e en La Comarca del Eo (11-xaneiro-2025) artigo no que non aparece o verdadeiro Escudo Condal de Ribadeo, que n\u00f3s enviamos \u00e1 redacci\u00f3n e que non se publicou por falta de espazo, e outras alegaci\u00f3ns con data do (8-Marzo-2025), que se recortaron tam\u00e9n por falta de espazo, pensamos.<\/p>\n\n\n\n<p>Os art\u00edfices de tales cambios no Escudo, correron a cargo, por un lado de: D. Eduardo Jos\u00e9 Pardo de Guevara y Vald\u00e9s, que segundo a descrici\u00f3n de Google \u00e9 historiador especializado no estudo da nobreza baixomedieval galega e profesor de investigaci\u00f3ns do Consello Superior de Investigaci\u00f3ns Cient\u00edficas (nada menos), e por D. Pablo Otero Pi\u00f1eyro Maseda, licenciado en Historia pola universidade de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ambos enviados pola Xunta de Galiza, e este \u00faltimo se\u00f1or, xa non se nomea no informe final que se nos env\u00edan. Non sei si \u00e9 porque xa non era importante o seu criterio, ou s\u00f3 veu nun principio a facer vulto e dar \u201cprestancia e excelencia\u201d \u00e1 \u201cComisi\u00f3n de Her\u00e1ldica\u201d?<\/p>\n\n\n\n<p>Pola parte local houbo unha Comisi\u00f3n Municipal de Ribadeo formada por D. Eduardo Gutierrez Fern\u00e1ndez, Cronista de Ribadeo e alg\u00fan concelleiro m\u00e1is dos que non co\u00f1ezo o nome.<\/p>\n\n\n\n<p>C\u00f3mo \u00e9 posible que a Comisi\u00f3n local non puxera obxecci\u00f3ns a tales cambios? Pois segundo a mi\u00f1a opini\u00f3n, persoal e intransferible, porque no te\u00f1en nin zorra idea do que significa a Her\u00e1ldica, pois a\u00ednda que lean todas as actas do concello, para controlar datas e acordos diversos, son incapaces de transcribir o que significan os Mobles, nin as Armas dun Escudo. Para iso hai que pasar moitas horas estudando o que din os mellores Heraldos dos s\u00e9culos XVIII e XIX, \u00e9poca na que un nobre, ou un fidalgo ti\u00f1an peso pol\u00edtico de por s\u00ed, e NON POD\u00cdAN ERRAR, NIN TERXIVERSAR OS SEUS BRAS\u00d3NS pois sen\u00f3n eran motivo de mofa e desprestixio por parte dos seus veci\u00f1os, mesmo pod\u00edan botalo do Padr\u00f3n de Nobres da fidalgu\u00eda local, o que levaba ao procesado a ter que pagar de por vida, todos os impostos dos que antes estaba exento.<\/p>\n\n\n\n<p>En Ribadeo, no ano 1962 nace a \u201cSociedade de Amigos da Gaita Galega\u201d da que foi presidente e impulsor o alcalde de Ribadeo, Don Francisco Maseda Garc\u00eda, entre outra decena de melloras que trouxo para o pobo e que beneficiaron sobre maneira as condici\u00f3ns de vida de Ribadeo: Parador Nacional de Turismo, e que tam\u00e9n gracias a s\u00faa dona Do\u00f1a Felisa, veu para Ribadeo, pois nun principio \u00eda ir para Castropol, pois tiraba m\u00e1is o \u201cpelo\u201d de Do\u00f1a Carmen Polo, que \u201cestacha de barco\u201d, pero as vistas panor\u00e1micas a nivel tur\u00edstico, dunha \u00e1 outra ribeira da R\u00eda de Ribadeo, nada ti\u00f1an que ver, e o Parador por esta sinxela raz\u00f3n, veu para Ribadeo. Tam\u00e9n aquel mesmo ano de 1958, inaugurouse o Instituto Laboral Carlos M\u00aa Rodr\u00edguez de Valc\u00e1rcel, onde tantos miles de alumnos estudamos, entre eles eu e o 98% da mi\u00f1a familia, e tam\u00e9n toda a do \u201cCronista de Ribadeo\u201d. Pancho Maseda, como era co\u00f1ecido por todos n\u00f3s, tam\u00e9n foi o art\u00edfice da construci\u00f3n do Estadio Municipal de F\u00fatbol, da Axencia de Extensi\u00f3n Agraria, do Campamento Xuvenil da Devesa, da Coci\u00f1a Comedor para os necesitados, construci\u00f3n das Casa Baratas de San Miguel e de Francisco Iglesias, Biblioteca P\u00fablica na Torre dos Moreno, ademais dos negocios privados da s\u00faa familia, Hotel Restaurante Ribanova, Casa Maseda, Taller de Carpinter\u00eda Maseda, etc.<\/p>\n\n\n\n<p>Pois ben, despois desta entra\u00f1able lembranza, que tanto se merece aquel irrepetible alcalde de Ribadeo, que a\u00ednda sendo moi de dereitas, era por encima de todo un ribadense de coraz\u00f3n, aquel home, como dic\u00eda, no ano da s\u00faa sa\u00edda de alcalde, estaba na inauguraci\u00f3n en Santa Cruz, do \u201cMonumento ao Gaiteiro Galego\u201d (La Comarca, 1 de agosto de 1965).<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"539\" height=\"548\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/Burelart.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-14060\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/Burelart.jpg 539w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/Burelart-295x300.jpg 295w\" sizes=\"auto, (max-width: 539px) 100vw, 539px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Todo isto o traio a conto, porque naquelas datas t\u00ed\u00f1ase, e at\u00e9 fai catro d\u00edas, a perfecta conciencia de que o Escudo de Ribadeo, era cunha Estrela de Cinco Puntas, e timbrado coa Coroa Condal, e fix\u00e9ronse decenas de recordos daquela manifestaci\u00f3n de galeguidade con xogos de cer\u00e1mica con dese\u00f1os do Escudo de Ribadeo e do Monumento ao Gaiteiro, en xarras e cuncas de vi\u00f1o e xarras de cervexa como as que mostran as fotos, as\u00ed como, Burelart sacou pratos de cer\u00e1mica esmaltada en verde esmeralda, co propio Escudo Condal de Ribadeo. Incluso durante anos estivo debuxado nas carrozas dos Reis Magos, at\u00e9 a s\u00faa remodelaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"554\" height=\"583\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/ceramica.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-14061\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/ceramica.jpg 554w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/ceramica-285x300.jpg 285w\" sizes=\"auto, (max-width: 554px) 100vw, 554px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Por qu\u00e9 en vez de encargar tanta Comisi\u00f3n de Estudio e de Her\u00e1ldica e tanta parafernalia rid\u00edcula, non se aprobou e se rexistrou directamente o que o Escudo de Ribadeo de \u201ctoda a vida\u201d? Por qu\u00e9 non se rexistrou, eh?<\/p>\n\n\n\n<p>Que alegaci\u00f3ns se fixeron para que: \u201cA Comisi\u00f3n Informativa, por unanimidade dos seus membros presentes, acordase ditaminar favorablemente o expediente\u201d, e proclamase este manifesto: \u201cA Alcald\u00eda felicita \u00e1 Comisi\u00f3n de estudio creada para tal fin as\u00ed como \u00e1 Comisi\u00f3n de Her\u00e1ldica e particularmente ao Sr. Pardo de Guevara polo traballo realizado. Tam\u00e9n ao Consello de Cultura Galega e ao Instituto Padre Sarmiento\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Creo que todo ven porque, a pol\u00edtica actual tanto da Xunta como a do Concello, o \u00fanico para o que serve e para malgastar o di\u00f1eiro presupostado para incrementar o desenrolo do pobo, e como o desenrolo do pobo non da votos, hai que gastalo en \u201cpirotecnia\u201d. V\u00e9xanse as elecci\u00f3ns municipais dos \u00faltimos vinte anos. Eduardo Gutierrez, peatonalizou as r\u00faas m\u00e1is c\u00e9ntricas de Ribadeo, trouxo a piscina municipal, etc. Perdeu as elecci\u00f3ns seguintes. Despois do traballo encomiable de Fernando Su\u00e1rez Barcia, que entre outras moitas melloras viarias, chegou as beirarr\u00faas de Ribadeo desde a R\u00faa San Roque at\u00e9 Dompi\u00f1or, levaron a perder as elecci\u00f3ns ao BNG.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora o que importa son \u201cComisi\u00f3ns\u201d de Estudios de Her\u00e1ldica, ou do que se tercie, para pagar dietas, comida e \u201cfonda\u201d, cenas, freixoadas e chocolatadas as galla, degustaci\u00f3n de pinchos \u00e1 sa\u00edda da misa de 12 dos domingos, etc. etc. Iso da votos, moitos votos, \u201ciso e o desenrolo urban\u00edstico\u201d na cabeza deste \u201cIlustr\u00edsimo Alcalde\u201d a\u00ednda que eu non sab\u00eda que hab\u00eda tanta \u201cxente necesitada\u201d no Concello de Ribadeo para que te\u00f1a que estar regando cartos en tantas comidas e lamberetadas, un mes si e outro tam\u00e9n. E a Xunta facendo promoci\u00f3n de mariscos e pescados e \u201cimpo\u00f1endo\u201d a celulosa Altri, para desgraciar a R\u00eda de Arousa entre outras barbaridades ambientais. E non pasa nada.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha vergo\u00f1a, e no medio deste v\u00f3rtice de falcatruadas sen nome, aparece a nivel municipal a \u201cnecesidade\u201d do cambio do Escudo de Ribadeo. \u00cb pregunto eu, os que forman parte dunha comisi\u00f3n, son tam\u00e9n comisionistas?<\/p>\n\n\n\n<p>Da bandeira inventada non digo nada. \u00c9 unha artistada que nada ten da bandeira hist\u00f3rica mar\u00edtima de Ribadeo, \u00fanico sitio onde apareceu sempre, un grimpol\u00f3n enarbolado nos mastros maiores dos barcos de Ribadeo que surcaron os tres principais oc\u00e9anos do mundo<\/p>\n\n\n\n<p>Os asturianos cambiaron o nome de media R\u00eda de Ribadeo, coa complicidade da Alcald\u00eda do BNG de Ribadeo, e agora c\u00e1mbiase o Escudo de Ribadeo coa unanimidade do PP e do BNG. Qu\u00e9 ser\u00e1 a continuaci\u00f3n? Qu\u00e9 nos deparar\u00e1 o futuro con este tipo de ribadenses ignorantes da nosa historia? Pouco hai que esperar. Unha pena.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ESCUDO NOVO DE RIBADEO, POR QUE? Pancho Campos Dorado Este pasado d\u00eda 28 de marzo de 2025, recibo por correo certificado do Excmo. Concello de Ribadeo, una Notificaci\u00f3n do Acordo Plenario, na que o Pleno do Concello en sesi\u00f3n celebrada o d\u00eda 18 de marzo de 2025 adopta un acordo para aprobar o ESCUDO E [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":14060,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[165,164],"tags":[11,46],"class_list":["post-14059","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia","category-pancho-campos","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14059","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14059"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14059\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14062,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14059\/revisions\/14062"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14060"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14059"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14059"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14059"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}