{"id":13983,"date":"2025-03-26T09:59:36","date_gmt":"2025-03-26T08:59:36","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=13983"},"modified":"2025-03-26T11:25:27","modified_gmt":"2025-03-26T10:25:27","slug":"a-e-leccion-de-elon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/03\/26\/a-e-leccion-de-elon\/","title":{"rendered":"A e-lecci\u00f3n de Elon"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"508\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/03\/Captura-de-pantalla-de-2025-03-26-09-43-19-1024x508.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-13984\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/03\/Captura-de-pantalla-de-2025-03-26-09-43-19-1024x508.png 1024w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/03\/Captura-de-pantalla-de-2025-03-26-09-43-19-300x149.png 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/03\/Captura-de-pantalla-de-2025-03-26-09-43-19-768x381.png 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/03\/Captura-de-pantalla-de-2025-03-26-09-43-19.png 1040w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Imaxe obtida de <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Starlink_Logo.svg\">https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Starlink_Logo.svg<\/a> , en D.P.<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">A e-lecci\u00f3n de Elon<\/p>\n\n\n\n<p>Perm\u00edteme que comece co argumento dunha pel\u00edcula de ciencia ficci\u00f3n de escasa relevancia que ten xa uns anos: un home chega \u00e1 presidencia mundial despois de ser votado e elixido en democracia, en teor\u00eda ao menos, polas s\u00faas cualidades, pero despois de empregar moitos cartos na carreira presidencial. A Terra enfr\u00f3ntase a un desaf\u00edo extraterrestre, e o Presidente decide apostar pola paz, a\u00ednda tendo \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n armas que quizais puideran deter o ataque. Cando os extraterrestres sobrepasan as \u00faltimas defensas ante a inacci\u00f3n da humanidade, manif\u00e9stase o aut\u00e9ntico ser do Presidente: \u00e9 un extraterrestre camuflado.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 certo que Elon Musk non foi elixido presidente de nada, sen\u00f3n nomeado brazo dereito de quen si foi elixido doando moitos cartos \u00e1 campa\u00f1a, pero xa antes da elecci\u00f3n manifestouse case como co-electo, un dos piares do actual Presidente. Por outra banda, o t\u00edtulo deste artigo remite tam\u00e9n \u00e1 \u2018lecci\u00f3n\u2019 que poderiamos sacar dunha persoa que, polo poder que lle d\u00e1 a s\u00faa fortuna, mesmo antes de verse incrementado polo nomeamento gobernamental oficial (e o m\u00e1is poderoso \u2018nomeamento\u2019 non oficial de \u2018amigo de confianza\u2019), ten coqueteado coa posibilidade de ir vivir a Marte entre outras moitas extravagancias e extremismos. Ou sexa, de ser un marciano, un extraterrestre, como na pel\u00edcula comentada. Algu\u00e9n a quen non lle afectan as cousas humanas porque dalg\u00fan xeito, est\u00e1 por riba. Ou, como outra cara que ser\u00e1 dif\u00edcil que vexa, inhumano.<\/p>\n\n\n\n<p>De calquera xeito, postos os antecedentes -amplamente co\u00f1ecidos, polo demais- e volvendo \u00f3 t\u00edtulo, coido que poderiamos sacar m\u00e1is dunha lecci\u00f3n da actuaci\u00f3n de Elon Musk. As\u00ed, un par de exemplos tomados das \u00faltimas novas relacionadas con el. Unha: \u201cMusk\u2019s X suspends opposition accounts in Turkey amid civil unrest\u201d (en \u2018Politico\u2019), na que se manifesta a colaboraci\u00f3n dunha rede social propietaria a\u00ednda amplamente usada, mesmo polos nosos gobernantes, cunha persecuci\u00f3n pol\u00edtica nun pa\u00eds alleo -a\u00ednda que o de \u2018alleo\u2019 sexa o de menos- por mor das ideas do seu propietario principal. Outra, o \u2018aviso\u2019 de retirada da cobertura internet que proporciona a rede de sat\u00e9lites de Starlink a Ucra\u00edna (e \u00f3 seu ex\u00e9rcito, que a emprega como unha ferramenta fundamental para a s\u00faa defensa) se Zelenski e Co. non \u2018son bos\u2019, \u00e9 dicir, se non ali\u00f1an a s\u00faa pol\u00edtica cos desexos de Elon, tam\u00e9n propietario desa compa\u00f1\u00eda espacial. \u00c9 dicir, esqu\u00e9cete do que se chamaba \u2018capitalismo de cara amable\u2019 e se miraba con algo -\u00e1s veces, pouco, mesmo ning\u00fan- de receo; estamos en tempos nos que o capitalismo ten o control, tempos do feudocapitalismo (ou capitalismo de estilo feudal), ou mellor, do \u2018capitalismo mafioso\u2019, mafiocapitalismo, que emprega m\u00e9todos mafiosos para impo\u00f1er o que quere quen ten o capital. Non se trata de competencia de sistemas socioecon\u00f3micos, como da que poder\u00eda falarse na guerra fr\u00eda, sen\u00f3n da apropiaci\u00f3n dun sistema para asoballamento da sociedade enteira. Adeus, solidariedade, comunidade, humanidade&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>Que pode ter que ver isto, sabido a nivel mundial, con Galicia ou unha pequena vila das nosas? A primeira resposta ser\u00eda: \u00e9 que Galicia, unha pequena vila ou ti m\u00e1is eu non estamos no mundo? \u00c9 que polo momento non tes liberdade para votar, a\u00ednda que sexa polo que consideras menos malo en troques de polo mellor? \u00c9 que non segues a ter dependencia desas redes que contribu\u00edches a facer medrar, que te sacaron informaci\u00f3n e que agora ves un fastidio abandonar porque a\u00ed est\u00e1n todas as persoas coas que te relacionas? \u00c9 que non est\u00e1s a depender en maior ou menor grao duns servizos que son p\u00fablicos? En fin, quizais deberamos pensar se a elecci\u00f3n da liberdade non est\u00e1 relacionado co ter unha autonom\u00eda respaldada, coa tranquilidade que d\u00e1 o poder dispo\u00f1er dunha solidariedade dentro da comunidade. \u00c9 dicir, algo ben diferente de estar illado no mundo e ter que seguir a liberdade de quen se autoproclame l\u00edder apoiado no poder dos cartos (ou outro poder, que como poder, rematar\u00e1 estando relacionado).<\/p>\n\n\n\n<p>Propo\u00f1o un exercicio final de empat\u00eda. Pensaches algunha vez como se foses Musk? Ou no que pensar\u00eda Elon de estar na t\u00faa pel? Ad\u00edcalle un momento a iso&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A e-lecci\u00f3n de Elon Perm\u00edteme que comece co argumento dunha pel\u00edcula de ciencia ficci\u00f3n de escasa relevancia que ten xa uns anos: un home chega \u00e1 presidencia mundial despois de ser votado e elixido en democracia, en teor\u00eda ao menos, polas s\u00faas cualidades, pero despois de empregar moitos cartos na carreira presidencial. A Terra enfr\u00f3ntase [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13984,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,176,158],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-13983","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-filosofia","category-politica","category-sociedade","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13983","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13983"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13983\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13987,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13983\/revisions\/13987"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13984"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13983"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13983"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13983"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}