{"id":13962,"date":"2025-03-19T19:40:06","date_gmt":"2025-03-19T18:40:06","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=13962"},"modified":"2025-03-19T19:40:06","modified_gmt":"2025-03-19T18:40:06","slug":"reflexos-condicionados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/03\/19\/reflexos-condicionados\/","title":{"rendered":"Reflexos condicionados"},"content":{"rendered":"\n<p>Din que m\u00fasculo que non se usa, atr\u00f3fiase. E calquera aparello que non \u00e9 usado, remata por estragarse, de xeito que cando se pretende usar, pode non responder&#8230; A democracia, tam\u00e9n. De feito, est\u00e1molo a vivir.<\/p>\n\n\n\n<p>Te\u00f1o estado presente en numerosos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/plenos\/\">plenos<\/a> municipais de Ribadeo, como p\u00fablico sempre, moitas veces acompa\u00f1ando a xente como Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez ou Pepe Salvatierra. En diversos mandatos. A \u00faltima vez, onte, martes 18 de marzo. E onte volv\u00edn a lembrar un sentimento que tiven moitas veces \u00f3 facer o seguimento do pleno.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai sentimentos que son moi com\u00fans e que a\u00ednda que non sexan sempre e para todo o mundo igual, est\u00e1n normalizados por unha verba: ledicia, desacougo, temor&#8230; Pero mesmo neses, hai situaci\u00f3ns que necesitan cualificarse mellor para achegarse a comprendelos. O que me pasa nos plenos (e c\u00f3nstame que non son o \u00fanico a quen lle pasa algo parello) necesita un pouco de explicaci\u00f3n. En parte, porque sempre puiden ver que a asistencia \u00e9 moi minoritaria, en parte polo mesmo funcionamento dos plenos, xa dende antes da s\u00faa convocatoria.<\/p>\n\n\n\n<p>Coido que os plenos municipais est\u00e1n concibidos como exercicio democr\u00e1tico: al\u00ed se discuten cousas e logo se toman decisi\u00f3ns, tendo participaci\u00f3n diferentes representantes do pobo. Mais, a quen se asome por un pleno, esa concepci\u00f3n pode soarlle a algo estra\u00f1o. Se vas de p\u00fablico, moitas veces non tes oportunidade de acceso \u00f3s documentos que al\u00ed se tratan. Mesmo parece que m\u00e1is dunha vez alg\u00fans dos que est\u00e1n sentados nas butacas que lles corresponde tampouco tiveron acceso adecuado. Onte era in\u00fatil a procura na sede electr\u00f3nica do concello da convocatoria, co que a xente que acudimos, fomos al\u00ed (ao menos a maior\u00eda) pola propaganda pola que o goberno municipal gabou o que presentaba na sesi\u00f3n. Propaganda, non anuncio, pois trataba de difundir unha visi\u00f3n das cousas e non un resume obxectivo. De calquera xeito, propaganda que non logrou (coido que tampouco era o seu fin) que houbera m\u00e1is p\u00fablico que participantes de oficio.<\/p>\n\n\n\n<p>En canto \u00f3 desenvolvemento do pleno, as introduci\u00f3ns \u00f3s puntos lidas polo secretario puxeron, como \u00e9 habitual, a proba a intelixencia e comprensi\u00f3n do p\u00fablico asistente, que non ti\u00f1a participado nas sesi\u00f3ns da Xunta de Goberno. Chama a atenci\u00f3n que pareza que a principal funci\u00f3n dos concelleiros sexa levantar a man; por iso citei a Jos\u00e9 Mar\u00eda \u00f3 comezo: el sempre dic\u00eda que era mellor que fora un por partido, por exemplo cun carteli\u00f1o que puxera o n\u00famero de concelleiros do seu grupo para levantalo cando fose necesario. As discusi\u00f3ns, pola s\u00faa banda, poden corresponder \u00f3 tratado&#8230; ou non. \u00c9 dicir, pode adicarse m\u00e1is tempo a xulgar o que se fai noutros concellos, por ser de diferente signo pol\u00edtico, po\u00f1amos por caso, noutros tempos (outro mandato municipal), ou \u00e1 autoposta de medallas, que en discutir os pros e contras para a poboaci\u00f3n da decisi\u00f3n que est\u00e1 sobre a mesa. E que se fixera algunha vez solta, puidera ser ilustrativo, aportar valor. Que se faga coa frecuencia com\u00fan nestes casos, sinxelamente \u00e9 como m\u00ednimo, distrativo, unha distracci\u00f3n. E poderiamos seguir.<\/p>\n\n\n\n<p>Alongar\u00eda estas palabras o facer unha revisi\u00f3n do chamado regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1, que permite \u00f3 alcalde, despois do pleno, contestar a preguntas que se lle poden facer dende as asociaci\u00f3ns. Asemade o alongar\u00eda explicar o por que ese mecanismo caeu en desuso en Ribadeo.<\/p>\n\n\n\n<p>Por suposto, mellor \u00e9 algo que nada, non? E non, non creo que te\u00f1a que estar todo o pobo nos plenos, para iso est\u00e1 a representaci\u00f3n pol\u00edtica. Pero est\u00e1 claro que a democracia, se non se usa, se non se coida, p\u00e9rdese. E unha cousa \u00e9 non estar nos plenos e outra s\u00f3 seguir, como moito, a propaganda dun ou outro partido colg\u00e1ndose medallas ou atacando de calquera xeito a quen ten unha postura diferente. E as\u00ed, por costume, rematamos cos reflexos condicionados, deixando a pol\u00edtica en mans de&#8230; quen?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Din que m\u00fasculo que non se usa, atr\u00f3fiase. E calquera aparello que non \u00e9 usado, remata por estragarse, de xeito que cando se pretende usar, pode non responder&#8230; A democracia, tam\u00e9n. De feito, est\u00e1molo a vivir. Te\u00f1o estado presente en numerosos plenos municipais de Ribadeo, como p\u00fablico sempre, moitas veces acompa\u00f1ando a xente como Jos\u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13963,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[172],"tags":[42],"class_list":["post-13962","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-plenos","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13962","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13962"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13962\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13964,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13962\/revisions\/13964"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13963"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13962"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13962"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13962"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}