{"id":13804,"date":"2024-11-23T21:30:00","date_gmt":"2024-11-23T20:30:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/11\/23\/tres-actos\/"},"modified":"2024-11-23T21:30:00","modified_gmt":"2024-11-23T20:30:00","slug":"tres-actos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/11\/23\/tres-actos\/","title":{"rendered":"Tres actos"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\">\n<p style=\"text-align: center\"><span>Tres actos <br \/><\/span><\/p>\n<p><span><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hoxe houbo perto a Ribadeo tres actos \u00f3s que quixera ter asistido por diferentes motivos. Non fun a ning\u00fan deles. Hai d\u00edas as\u00ed, nos que parece que a vida non chega nin de lonxe. \u00d3 fin, coido que non \u00e9 que o pareza, sen\u00f3n sinxelamente que a vida qu\u00e9dase curta, moi curta, por moito que nalg\u00fan momento poidamos querer dimitir dela e m\u00e1is de un ou unha a curte de propio intento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Precisamente de vida trataba un dos actos. Da perda dunha vida, Do acompa\u00f1amento dun cad\u00e1ver nos seus \u00faltimos movementos sobre terra. Sei que estivo ben acompa\u00f1ado; eu s\u00f3 ser\u00eda unha figura \u00e1 beira no enterro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O segundo tam\u00e9n trataba de vida, pero doutro xeito totalmente diferente: a concentraci\u00f3n polo futuro de <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Alcoa\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Alcoa<\/a> (convocante: o comit\u00e9 de Alcoa. En baixo deixo algunha das fotos que me proporcionou <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=+mati\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Mati<\/a>). Neste caso non era a mi\u00f1a intenci\u00f3n tanto integrarme, como m\u00e1is ben facerme part\u00edcipe do sentimento dun problema pr\u00f3ximo socioecon\u00f3mico. Non vou insistir m\u00e1is no tema: quen vaia seguindo o blog sabe o que penso de Alcoa e o seu desenvlvemento, a\u00ednda coas d\u00fabidas que poda ter e pese a que a estas alturas, unha falta de soluci\u00f3ns non sexa soluci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O terceiro tam\u00e9n trataba de vida, pero doutro tipo: da vida das ideas e da compartici\u00f3n delas con outra xente. Cadaqu\u00e9n coa s\u00faa visi\u00f3n, si, que estou seguro que dentro desa &#8216;outra xente&#8217; (polo que parece, unhas 150 persoas) hab\u00edaa con pensamentos ben diversos \u00f3s meus en relaci\u00f3n \u00f3 acto. Ref\u00edrome \u00f3 <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=izado+da+bandeira\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">izado da bandeira galega<\/a> (aqu\u00ed, <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/2024\/11\/izando-bandeira-tras-o-proeiro-das.html\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">a convocatoria deste ano<\/a> e en baixo, a nota de prensa posterior e unha foto que me chegou por outra v\u00eda), desta volta na praza de San Miguel de Reinante. Eu, que fuxo de simbolismos&#8230;&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>En fin, repito, a vida non chega. Comprob\u00e1molo a cada paso. Pero non estou fixo de que se tiv\u00e9semos varias soub\u00e9semos xestionalas moito mellor.<\/p>\n<div style=\"clear: both;text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhoMxYK6OR3dfYARoaX2Tsd1-tYJqzp6DThx2c-rTDmv91SDZRfaduidpyXmP2XT2tvC75GgFMs2BvNXHpg4A6jPgZYrgXyMrjla2griiEujqm0bLU_XD7dAhAHgA0epp4WXnqvaTRBBizeOLIgUtf6vIUfM9sPoDomLtpFFr-Z33zaGrQO4zurHQ\/s2016\/3.jpeg\" style=\"margin-left: 1em;margin-right: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"1512\" data-original-width=\"2016\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhoMxYK6OR3dfYARoaX2Tsd1-tYJqzp6DThx2c-rTDmv91SDZRfaduidpyXmP2XT2tvC75GgFMs2BvNXHpg4A6jPgZYrgXyMrjla2griiEujqm0bLU_XD7dAhAHgA0epp4WXnqvaTRBBizeOLIgUtf6vIUfM9sPoDomLtpFFr-Z33zaGrQO4zurHQ\/w640-h480\/3.jpeg\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<p><\/p>\n<div style=\"clear: both;text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj5qT1Pifb9-5fT7_2o3X-eWA5A5caX3VHSsOX0iyCqAtwtyYKAzzRZ8-v0GfC8_P1pFNrfuFiQuLR3YCCCbZvppTeCI__lvnAskw973whmsbL97QrA20mVezO-KYFRXj5gjpUZrIdr5AA7cJayRmbj4pFb3xZqfO-mfHRLV9w1L455-IqYc1HgSw\/s2016\/2.jpeg\" style=\"margin-left: 1em;margin-right: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"1512\" data-original-width=\"2016\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj5qT1Pifb9-5fT7_2o3X-eWA5A5caX3VHSsOX0iyCqAtwtyYKAzzRZ8-v0GfC8_P1pFNrfuFiQuLR3YCCCbZvppTeCI__lvnAskw973whmsbL97QrA20mVezO-KYFRXj5gjpUZrIdr5AA7cJayRmbj4pFb3xZqfO-mfHRLV9w1L455-IqYc1HgSw\/w640-h480\/2.jpeg\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<p><\/p>\n<div style=\"clear: both;text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiBX-i1wsJVwQTzbZu-YynSPlXNiGFphSKLDp1GopkXPHxu-KMj3bHgcDUIQQ6XnRxpQWvhpB7NirM4FWb5ORs41a_HoyDz8KvpXvS9XniQMg0ZnpGyOotB2gMuVgSqOx0valqhjmllxsa1Y8SjezfrWvfQBUzXWqY4tDaVOx5lXVSkRuCsjABSxA\/s2016\/1.jpeg\" style=\"margin-left: 1em;margin-right: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"1512\" data-original-width=\"2016\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiBX-i1wsJVwQTzbZu-YynSPlXNiGFphSKLDp1GopkXPHxu-KMj3bHgcDUIQQ6XnRxpQWvhpB7NirM4FWb5ORs41a_HoyDz8KvpXvS9XniQMg0ZnpGyOotB2gMuVgSqOx0valqhjmllxsa1Y8SjezfrWvfQBUzXWqY4tDaVOx5lXVSkRuCsjABSxA\/w640-h480\/1.jpeg\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<p><span><\/span><\/p>\n<div style=\"clear: both;text-align: center\"><span><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj-lOsPG0ou4geOxzXjTD304syIBB6tQI7o5ax60ypxoa-XXESNlGZaLfkORoSfrdyEwwEFee9jCghEwTt1f3mxTVtgQCso06XsbJzYSHNzvid856rfaRQiOSz1vFsvRpOQPbBsgnWJtIFzM0H8Kk615yu9hH4s2ymvbB4fH9cKLdFGaEFyBHtBAg\/s1600\/izado%20en%20San%20Miguel.jpeg\" style=\"margin-left: 1em;margin-right: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"1200\" data-original-width=\"1600\" height=\"470\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj-lOsPG0ou4geOxzXjTD304syIBB6tQI7o5ax60ypxoa-XXESNlGZaLfkORoSfrdyEwwEFee9jCghEwTt1f3mxTVtgQCso06XsbJzYSHNzvid856rfaRQiOSz1vFsvRpOQPbBsgnWJtIFzM0H8Kk615yu9hH4s2ymvbB4fH9cKLdFGaEFyBHtBAg\/w627-h470\/izado%20en%20San%20Miguel.jpeg\" width=\"627\" \/><\/a><\/span><\/div>\n<p><\/p>\n<p>Nota de prensa de Via Galega sobre o izado de bandeira:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<p><i>Durante esta semana,  a bandeira galega tivo presencia na r\u00faa e pendurouse en  vivendas e fiestras de toda Galiza. Est\u00e1 acci\u00f3n enm\u00e1rcase nas campa\u00f1a que VIA GALEGA  v\u00e9n desenvolvendo  para divulgar e  e popularizar  os nosos s\u00edmbolosnacionais, o himno e a bandeira.<br \/>\n<br \/><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nLevamos tres anos facendo coincidir esta campa\u00f1a, na que a bandeira galega \u00e9 protagonista durante unha semana,  co aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala que se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de  1918. Este ano c\u00famprense 106 anos daquela efem\u00e9ride, na que asinaban un manifesto, entre outros, Castelao,  Ram\u00f3n Cabanillas, L\u00f3pez Abente, Xaime Quintanilla, Losada Di\u00e9guez, Pe\u00f1a Novo, Vicente Risco, Ant\u00f3n Vilar Ponte, Victoriano Taibo, Anxel Casal,  Ram\u00f3n Villar Ponte e Xo\u00e1n Vicente Viqueira que se  proclamaban nacionalistas, afirmando: Tendo Galicia todas as caracter\u00edsticas esenciais de nacionalidade, n\u00f3s, nome\u00e1monos, de hoxe para sempre nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiraci\u00f3ns nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.<br \/>\n<br \/><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nDando resposta a este chamamento de expresi\u00f3n da nosa condici\u00f3n nacional mediante a nosa bandeira, hoxe, 23 de novembro, m\u00e1is de 170 localidades izaron a bandeira e 56 concellos  realizaron distintos actos, nos que a bandeira galega foi protagonista. Nestes actos recit\u00e1ronse   poemas de Marica Campo (creados expresamente para est\u00e1 campa\u00f1a), Manuel Mar\u00eda, Ram\u00f3n Cabanillas, Pousa Antelo, L\u00f3pez Abente, Delgado Gurriar\u00e1n alusivos todos eles a nosa bandeira.<br \/>\n<br \/><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nContouse ademais con diferentes actuaci\u00f3n  musicais e deuse lectura ao un manifesto referido \u00e1 xestaci\u00f3n e significado dos nosos s\u00edmbolos, \u00e1 relevancia  e actualidade do manifesto nacionalista das Irmandades da Fala e ao dereito a exercermos  e existirmos como pobo.<br \/>\n<br \/><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nPara  moitos destes actos contouse tam\u00e9n co apoio dos concellos para a localizaci\u00f3n, a autorizaci\u00f3n e o apoio lox\u00edstico para colocar a bandeira e que siga ondeando no futuro. Temos, tam\u00e9n, o compromiso doutros concellos que, por diferentes motivos, hoxe, non lle foi pos\u00edbel, mais que te\u00f1en a intenci\u00f3n  de colocala no futuro.<br \/>\n<br \/><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nEntre os concellos que se izaron bandeiras e se realizaron actos est\u00e1n:  A Coru\u00f1a, Guarda, Allariz, Ames, A Mezquita, A Pobra de Broll\u00f3n, A Pobra de Carami\u00f1al, A R\u00faa, Arz\u00faa, Barreiros, Bueu, Cangas, Cedeira, Compostela, Fene, Ferrol, Gondomar, Lugo, Maceda, Mazaricos, Moa\u00f1a, Moeche, Muras, Muros, Nar\u00f3n, Ourense. Outes, Pontevedra, Pontecesures, Porto do Son, Redondela, Ribadavia, Samos, San Sadurni\u00f1o, Santiso, Taboada, Teixeira, Teo, Tomi\u00f1o, Tui, Val Mi\u00f1or, Verea,  Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vigo,  etc.<br \/>\n<br \/><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nV\u00cdA GALEGA  m\u00f3strase  moi satisfeita polo resultado da campa\u00f1a de exposici\u00f3n e exhibici\u00f3n da nosa bandeira levada a cabo do 17 ao 23 de novembro. Unha resposta activa  que supuxo que se contaran por miles as bandeiras que engalanaron o Pa\u00eds e luciran nas fiestra e varandas.<br \/>\n<br \/><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nVIA GALEGA continuar\u00e1 no empe\u00f1o de que todos os concellos coloquen bandeiras galegas en lugares vis\u00edbeis e que permanezan no futuro. Pois, se para todos os pa\u00edses os seus s\u00edmbolos son importantes, para unha naci\u00f3n como a galega, sen estado de seu e sometida durante s\u00e9culos a un proceso de total asimilaci\u00f3n, a\u00ednda cobran maior relevancia.  Son o noso carn\u00e9 de identidade que amosan a nosa pertenza a unha naci\u00f3n. Os s\u00edmbolos patrios \u00fanennos  como galegas e galegos; fortalecen a nosa tan necesaria estima colectiva e afirman a nosa vontade de sermos donos do noso destino como pobo.<br \/>\n<\/i><\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tres actos &nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe houbo perto a Ribadeo tres actos \u00f3s que quixera ter asistido por diferentes motivos. Non fun a ning\u00fan deles. Hai d\u00edas as\u00ed, nos que parece que a vida non chega nin de lonxe. \u00d3 fin, coido que non \u00e9 que o pareza, sen\u00f3n sinxelamente que a vida qu\u00e9dase curta, moi curta, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[175],"tags":[],"class_list":["post-13804","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13804","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13804"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13804\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13804"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13804"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13804"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}