{"id":1379,"date":"2023-10-09T19:22:00","date_gmt":"2023-10-09T17:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T14:04:13","modified_gmt":"2024-10-23T12:04:13","slug":"unha-xeracion-de-retardo-ao-menos-unha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/10\/09\/unha-xeracion-de-retardo-ao-menos-unha\/","title":{"rendered":"Unha xeraci\u00f3n de retardo (ao menos!). Unha imaxe de estado"},"content":{"rendered":"<p><span><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/10\/Severo_Ochoa_1958.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/10\/Severo_Ochoa_1958.jpg\" class=\"wp-image-1380\" width=\"293\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Severo Ochoa no 1958. Imaxe no D.P.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/span><\/p>\n<p><span>Unha xeraci\u00f3n de retardo (ao menos!). Unha imaxe de estado<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A pasada semana vin nun medio de prensa que o RCM (Real Casino de Madrid), &#8216;en cumprimento da lei&#8217; substitu\u00edu d\u00faas efixies de Francisco Franco e Jos\u00e9 Sanjurjo, \u00e9 dicir, do Xeneral\u00edsimo e do Xeneral Sanjurjo, por outras d\u00faas, do Rei Juan Carlos I e Dona Sof\u00eda, \u00e9 dicir, do hoxe Rei Em\u00e9rito e a Ra\u00ed\u00f1a Consorte.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nun momento f\u00edxoseme evidente que:<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>a) Dita instituci\u00f3n leva incumprido a lei demasiado tempo, sen consecuencia ata o momento, e pretende burlar o esp\u00edrito da lei de agora en diante.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; <\/span>b) Levan, na s\u00faa mentalidade hist\u00f3rica, ao menos unha xeraci\u00f3n de retardo, esquivando polo momento a xeraci\u00f3n actual.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>c)&nbsp; A instituci\u00f3n segue &#8216;nas trece&#8217;, \u00e9 dicir, sen intenci\u00f3n de cambiar o fundamental. Todo o m\u00e1is, detalles cosm\u00e9ticos, e de xeito forzado. Ou sexa, unha versi\u00f3n daquel dito, &#8216;cambiar todo para que nada cambie&#8217;, que \u00e1 vista de hoxe parece o fondo no que se realizou a instauraci\u00f3n da democracia en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A partir do anterior, p\u00f3dense facer algunhas consideraci\u00f3ns, ou mesmo sinxelamente ollar alg\u00fan punto con m\u00e1is detalle.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As\u00ed, que o t\u00edtulo dun casino sexa &#8216;Real&#8217; pode dar literalmente moito xogo. Se collemos as tres primeiras acepci\u00f3ns da palabra &#8216;casino&#8217; no dicionario da lingua espa\u00f1ola (na que estaba escrito o artigo e a que usan no RCM), atopamos &#8220;<em>1. m. Local destinado a la pr\u00e1ctica de juegos de azar, donde en ocasiones tambi\u00e9n se ofrecen espect\u00e1culos, conciertos, bailes u otras diversiones.<\/p>\n<p>2. m. club (\u2016 sociedad de recreo).<\/p>\n<p>3. m. Asociaci\u00f3n formada por los adeptos a un partido pol\u00edtico o por personas de una misma clase o condici\u00f3n<\/em>&#8220;. \u00c9 dicir, por se non se fixera patente, a entidade ser\u00eda unha sociedade asociada \u00f3 xogo, un clube de diversi\u00f3n para pol\u00edticos ou persoas, &#8216;de clase&#8217;. Xente que, \u00e1 vista do nome, ter\u00eda un certo v\u00ednculo coa realeza. A\u00ednda as\u00ed, antes de verse legalmente forzados \u00f3 cambio, as efixies de consideraci\u00f3n eran Franco e Sanjurjo. Coido que a explicaci\u00f3n \u00e9 l\u00f3xica: non foron reis, pero propiciaron a rebeli\u00f3n contra a Rep\u00fablica, que rematou traendo de novo a monarqu\u00eda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Coas novas efixies, o t\u00edtulo de &#8216;Real&#8217; vaille mellor, pero o feito de que sexa &#8216;para cumprir a legalidade&#8217; parece indicar que se leva ese t\u00edtulo \u00e9 porque o de &#8216;Xeneral&#8217; non \u00e9 unha palabra que se use no nome dunha instituci\u00f3n m\u00e1is que indicando outra cousa distinta, a xeneralidade, e non deron atopado outra palabra que lle fora ben e non desentoara coa clase.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Cabe preguntarse canto tempo pasar\u00e1 agora, que non te\u00f1en unha obriga legal para o cambio, para que substit\u00faan as novas efixies por outras m\u00e1is actuais (xa non digo para cambialas por outras que representen a xente doutro tipo, como Gandhi ou Severo Ochoa, por citar d\u00faas posibilidades que imaxino moi lonxe).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Cambio ese, claro, que hai que asociar coa mentalidade de cambiar o apoio do Rei Em\u00e9rito \u00f3 Rei &#8216;a secas&#8217; ou m\u00e1is al\u00f3.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Severo Ochoa no 1958. Imaxe no D.P. Unha xeraci\u00f3n de retardo (ao menos!). Unha imaxe de estado &nbsp;&nbsp;&nbsp; A pasada semana vin nun medio de prensa que o RCM (Real Casino de Madrid), &#8216;en cumprimento da lei&#8217; substitu\u00edu d\u00faas efixies de Francisco Franco e Jos\u00e9 Sanjurjo, \u00e9 dicir, do Xeneral\u00edsimo e do Xeneral Sanjurjo, por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1380,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-1379","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1379","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1379"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1379\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1380"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1379"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1379"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1379"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}