{"id":13789,"date":"2024-12-01T10:37:00","date_gmt":"2024-12-01T09:37:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/01\/arboricidio-documentos\/"},"modified":"2024-12-01T10:37:00","modified_gmt":"2024-12-01T09:37:00","slug":"arboricidio-documentos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/01\/arboricidio-documentos\/","title":{"rendered":"Arboricidio: documentos"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A ra\u00edz da protesta pola corta de \u00e1rbores en Ribadeo, decid\u00edn ordear de xeito cronol\u00f3xico ata o presente alg\u00fans documentos que foron chegando a min, obviando as notas de prensa dos grupos pol\u00edticos e evitando repetici\u00f3ns (as noticias soen sa\u00edr en varios medios o mesmo d\u00eda ou d\u00edas sucesivos).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">1.- 20241007 Informe de Servitec sobre a conveniencia da corta (a mesma empresa encargada da corta) ten esa data na sinatura. A pesar diso, hai fotos onde se observa unha cinta de delimitaci\u00f3n e xente xa traballando, o que aparentemente non corresponder\u00eda con dita data:<\/p>\n<p>2.- 20241030 D\u00eda no que en teor\u00eda, segundo escrito posterior do alcalde, se produce a petici\u00f3n de corta, desprazamento da t\u00e9cnica municipal para informar e orde de corta,<\/p>\n<p>3.- 20241105 Mobilizaci\u00f3n da ANPA, entrevista coa directora, que di que \u00e9<br \/>\n cousa do concello, petici\u00f3n de informes e da paralizaci\u00f3n da corta.&nbsp;<\/p>\n<p>4.- 20241105 A ra\u00edz do comezo da corta, neste blog, <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/2024\/11\/informe-sucinto-actuacion-no-gregorio.html\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Informe sucinto: actuaci\u00f3n C.P. Gregorio Sanz<\/a><\/p>\n<p>5.- 20241106 Continuaci\u00f3n da poda, non da corta<\/p>\n<p>6.-20241106 El Progreso <a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/amarina\/ribadeo\/2024\/11\/06\/polemica-protestas-tala-arboles-colegio-publico-ribadeo\/00031730907860349834245.htm\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">A ANPA pide explicaci\u00f3ns e estala a pol\u00e9mica<\/a> <\/p>\n<p>7.- 20241107 Na Voz de Galicia <a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/amarina\/ribadeo\/2024\/11\/07\/denuncian-concello-ribadeo-ante-seprona-tala-indiscriminada-arboles-colegio-gregorio-sanz\/00031730991519838343632.htm\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">ADEGA denuncia \u00f3 Concello ante Seprona<\/a><\/p>\n<p>8.- 20241108 Informe t\u00e9cnica ambiental concello:<\/p>\n<p>\n<\/p>\n<p>9.-20241107 Dilixencia da alcald\u00eda, na que ordea a corta e o informe anterior, as\u00ed como afirma que a corta foi pedida pola direcci\u00f3n. A destacar que aparecen ordes orais anteriores que se sit\u00faan no d\u00eda 30 de outubro.<\/p>\n<p>10.- Recepci\u00f3n dos informes pola ANPA. Entrega posterior de copia \u00e1 direcci\u00f3n por parte da ANPA e solicitude da direcci\u00f3n \u00f3 concello para a s\u00faa obtenci\u00f3n oficial, que dar\u00eda lugar \u00f3 env\u00edo tam\u00e9n posterior da carta da direcci\u00f3n \u00f3s pais.<\/p>\n<p>11.- 20241116 Aparece na Comarca del Eo:&nbsp; <\/p>\n<p style=\"text-align: center\">\n<i>Arboricidio<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nPOR ISABEL BRAVO BOGO<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\n  EXMESTRA DO CEIP GREGORIO SANZ DE RIBADEO<br \/>\n  <\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nO que est\u00e1 ocorrendo estes d\u00edas no Colexio P\u00fablico Gregorio Sanz non \u00e9 nada novo. As rapazas e os rapaces que agora andan polos corenta anos (xeraci\u00f3n do actual alcalde de Ribadeo) comezaron a s\u00faa etapa escolar nun centro no que o espazo natural era o que m\u00e1is salientaba: os edificios eran vellos pero o campo e as \u00e1rbores eran os que o fac\u00edan fermos\u00edsimo e marabilloso. Xogaban \u00e1s agachadas, \u00e1s casi\u00f1as, corr\u00edan polo prado&#8230;<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nAs mestras e mestres que chegaban para ensinar al\u00ed quedaban gratamente impresionados pola extensa zona verde e aquelas \u00e1rbores preciosas.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nFoi despois dunha Semana Santa. Chegamos ao colexio e vimos que cortaran ao redor de oito ou dez \u00e1rbores, non recordo ben, e algunhas de n\u00f3s pedimos explicaci\u00f3ns. Algunha resposta foi que esas \u00e1rbores lles produc\u00edan &#8220;aler- xia&#8221; aos veci\u00f1os e outras non as lembro.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nM\u00e1is adiante, o Concello decidiu constru\u00edr unha pista de f\u00fatbol 7 asfaltada, \u00e1 cal eu me nego a chamarlle campo, que iso ser\u00eda aca\u00eddo para o deserto do S\u00e1hara, pero non en Galiza, onde temos herba e campo dabondo.&nbsp;<\/i><\/p>\n<p><i>Expresei o meu desacordo no Claustro de mestres, falei co presidente da ANPA e mesmo falei co Concelleiro de Medio Ambiente. Contest\u00e1ronme que o colexio non era meu. Nesa ocasi\u00f3n derrub\u00e1ronse unha ducia de \u00e1rbores, todas especies aut\u00f3ctonas e con moitos anos de vida.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nNoutra ocasi\u00f3n, as que quedaban foron sometidas a unha &#8220;poda baixa&#8221;; \u00e9 dicir, cortadas polo medio do tronco. M\u00e1is adiante houbo algunha protesta porque alg\u00fan neno ou nena se mancara cun ourizo dos fermosos casti\u00f1eiros da zona de Educaci\u00f3n Infantil. A proposta da direcci\u00f3n foi, como non, a corta. Nesta ocasi\u00f3n escoit\u00e1ronme e aplic\u00f3uselles unha poda.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nA resultas de todo isto, eu negueime a participar co meu alumnado na celebraci\u00f3n do D\u00eda da Arbore, pois realmente entend\u00edn que non era coherente que os\/as nenos\/as viran como se remataba con \u00e1rbores de moitos anos e se lles quer\u00eda facer crer que se era moi amigo da natureza plantando unha de 40 cm.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nXa o dic\u00eda Rousseau al\u00e1 polo 1672 criticando os homes que destru\u00edan a natureza, que &#8220;mesturan e confunden os climas, os elementos e as estaci\u00f3ns, mutilan o seu can, o seu cabalo e o seu escravo, non queren nada tal como sa\u00edu da natureza, nin o mesmo home, a quen doma ao seu capricho coma as \u00e1rbores do seu horto&#8221;.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nPor outra banda, Heike Freire defende que os nenos e as nenas que te\u00f1en un maior achegamento \u00e1 natureza desenvolven actitudes m\u00e1is positivas cara a si mesmos e cara aos demais, e mesmo desenvolven importantes valores de compromiso e respecto polo planeta. Tam\u00e9n son quen de reducir os niveis de estr\u00e9s, algo que actualmente \u00e9 esencial. Abun dando no asunto que nos ocupa, en Finlandia a ensinanza sobre o cambio clim\u00e1tico forma parte de cada materia.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nSabemos que as \u00e1rbores, mediante a fotos\u00edntese, consomen o CO2 ambiental, emiten os\u00edxeno e que aproximadamente un terzo das emisi\u00f3ns de orixe humana de CO2 son absorbidas polos ecosistemas terrestres, principalmente polas \u00e1rbores.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nE s\u00f3, para finalizar, eu preguntar\u00eda a aqueles alumnos e alumnas que hoxe te\u00f1en 40 anos se reco\u00f1ecen a escola na que fixeron a Educaci\u00f3n Infantil e a Educaci\u00f3n Primaria e se lles gusta o que ven agora. Se nos dedicamos a educar, intentemos que o noso alumnado sexa cr\u00edtico e valore o noso. Trat\u00e9molos con respecto e non insultando a s\u00faa intelixencia.<\/i><\/p>\n<p>12.- 20241120 Xuntanza da ANPA e petici\u00f3n dunha xuntanza con direcci\u00f3n e alcald\u00eda, sen resposta polo momento.<\/p>\n<p>13.- 20241126 No El Progreso, noticia da <a href=\"https:\/\/www.elprogreso.es\/articulo\/a-marina\/ribadeo-ejecuta-obras-mejorar-accesibilidad-espacios-casco-historico\/202411261806171808567.html\" target=\"_blank\">Execuci\u00f3n de &#8216;obras&#8217; (con talas) polo concello<\/a><\/p>\n<p>14.- 20241127 No blog (e logo, na Comarca del Eo) o artigo<a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/2024\/11\/corta-na-praza.html\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Corta na praza<\/a> <\/p>\n<p>15.- 20241128 Na Voz A directora nega ter pedido a corta<\/p>\n<p>16.- 20241128 No blog <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/2024\/11\/comunicado-da-plataforma-en-defensa-das.html\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Comunicado da plataforma pro defensa das \u00e1rbores de Ribadeo<\/a><\/p>\n<p>17.- 20241129 No El Progreso nova da <a href=\"https:\/\/www.elprogreso.es\/articulo\/a-marina\/vecinos-ribadeo-crean-plataforma-frenar-talas-arboles\/202411292229031809355.html\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Creaci\u00f3n da plataforma en defensa das \u00e1rbores da vila de Ribadeo e nota de prensa<\/a><\/p>\n<p>O Domingo 1 de decembro, \u00e1 hora de rematar isto, \u00e9 a informaci\u00f3n da que dispo\u00f1o.<\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;A ra\u00edz da protesta pola corta de \u00e1rbores en Ribadeo, decid\u00edn ordear de xeito cronol\u00f3xico ata o presente alg\u00fans documentos que foron chegando a min, obviando as notas de prensa dos grupos pol\u00edticos e evitando repetici\u00f3ns (as noticias soen sa\u00edr en varios medios o mesmo d\u00eda ou d\u00edas sucesivos). 1.- 20241007 Informe de Servitec [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[162],"tags":[],"class_list":["post-13789","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13789","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13789"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13789\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13789"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13789"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13789"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}