{"id":13787,"date":"2024-12-03T19:07:00","date_gmt":"2024-12-03T18:07:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/03\/unha-entrevista-2\/"},"modified":"2024-12-03T19:07:00","modified_gmt":"2024-12-03T18:07:00","slug":"unha-entrevista-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/03\/unha-entrevista-2\/","title":{"rendered":"Unha entrevista"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center\"><span><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhNI6K38qB8_fOlUTD08WdwmJGRp32oIs1CkeYjhS6FDlBxNTyE-efVSb1iLxftPYKrHPdl2w_oAk8pWby5YceiK1L1qE_wxiQRYpxc5_KZgfekCOXTsapIuXZM8FJw5AoS44vsugRyjUrJI7g_32V5sfpFzFWJlM0VIHjnJ-egVsDj7X-KWUwBFA\/s690\/pedra.jpg\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"501\" data-original-width=\"690\" height=\"464\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhNI6K38qB8_fOlUTD08WdwmJGRp32oIs1CkeYjhS6FDlBxNTyE-efVSb1iLxftPYKrHPdl2w_oAk8pWby5YceiK1L1qE_wxiQRYpxc5_KZgfekCOXTsapIuXZM8FJw5AoS44vsugRyjUrJI7g_32V5sfpFzFWJlM0VIHjnJ-egVsDj7X-KWUwBFA\/w640-h464\/pedra.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><span style=\"font-size: x-small\">Pedra nunha obra do concello<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;Unha entrevista<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O martes 3 de decembro pola ma\u00f1\u00e1 tivo lugar unha entrevista entre un grupo de seis persoas, tres mulleres e tres homes, do movemento de defensa das \u00e1rbores de Ribadeo, e o sr. alcalde.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Coido que unha entrevista as\u00ed, de case unha hora, p\u00f3dese contar con moito detalle e mesmo perder a perspectiva, polo que tentarei facer un curto resume obxectivo e as\u00e9ptico, illando do relato correspondente cousas como que o remate foi o levantamento do grupo como protesta da actitude do alcalde ou a acusaci\u00f3n que se me fixo de mentir, \u00e1 que puiden replicar cun <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/2024\/11\/arboricidio-documentos.html\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">documento asinado polo propio alcalde onde dic\u00eda exactamente o que eu estaba dicindo<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp; &nbsp; \u00d3 comezo, establecemos os puntos que \u00edamos a tratar: a necesidade de considerar a opini\u00f3n da xente antes da corta de \u00e1rbores, e nese sentido, o parar as cortas, e a restituci\u00f3n do que se puidera.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span> Falouse de diversos temas relacionados coa xesti\u00f3n das \u00e1rbores, na que se inclu\u00edron outras obras, tanto pasadas como anunciadas ou previstas polo concello xa dende finais de 2022.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Exp\u00faxoselle a precariedade dos informes no caso do colexio, non aceptando o alcalde dita precariedade. Enfront\u00e1ronse feitos, con datas inclu\u00eddas, distingu\u00edndoos ben de opini\u00f3ns para tentar ter unha base para falar. O sr. alcalde dixo que non \u00eda haber intervenci\u00f3n coas \u00e1rbores nin en Clemente Mart\u00ednez Pasar\u00f3n nin no parque (m\u00e1is al\u00f3 da palmeira que se ter\u00eda intentado curar), e que nunca dixera que se \u00edan cortar \u00e1rbores, \u00f3 que se lle respondeu citando unha nova de prensa de 2022 (La Comarca del Eo, 30 de decembro de 2022, p.3). O alcalde puxo en d\u00fabida que se usaran os contedores de Clemente Mtz. Pasar\u00f3n fronte o mantido polas veci\u00f1as asistentes, que discutiron a afirmaci\u00f3n do alcalde de que os contedores soterrados eran un ni\u00f1o de ratas. Afirmou o sr. alcalde que as \u00e1rbores da praza de Pancho Maseda causaban humidades e non eran aut\u00f3ctonos, deixando pasar por parte dos asistentes que alg\u00fans cort\u00e1ranse e alg\u00fan magnolio arrinc\u00e1rase coa ra\u00edz, sendo totalmente aproveitable. Falouse das \u00e1rbores do cemiterio, do aproveitamento particular dos restos do cortado no colexio e de m\u00e1is cousas, pero non se chegou a ning\u00fan acordo, nin se obtivo resposta de cando \u00eda ser a reuni\u00f3n a tres (coa directora do C.P. e alcalde) pedida pola ANPA a modo de careo para clarificar os feitos, ou outras cuesti\u00f3ns propostas. O que si se obtivo foi a acusaci\u00f3n de politizar a xuntanza e torpedeala, sendo como foi pedida polo grupo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>En fin, haber\u00eda moito m\u00e1is que dicir desta xuntanza sen froito e duraci\u00f3n de case unha hora, que se afirmou que non se repetir\u00eda por non ter pensado conceder unha xuntanza semellante.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Dase difusi\u00f3n a este resume unha vez pasada a manifestaci\u00f3n convocada para o mesmo martes pola tarde, da que se falar\u00e1 aparte.<\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pedra nunha obra do concello &nbsp;Unha entrevista &nbsp;&nbsp;&nbsp; O martes 3 de decembro pola ma\u00f1\u00e1 tivo lugar unha entrevista entre un grupo de seis persoas, tres mulleres e tres homes, do movemento de defensa das \u00e1rbores de Ribadeo, e o sr. alcalde. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Coido que unha entrevista as\u00ed, de case unha hora, p\u00f3dese contar con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[162],"tags":[],"class_list":["post-13787","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13787","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13787"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13787\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13787"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13787"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13787"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}