{"id":13784,"date":"2024-12-04T20:27:00","date_gmt":"2024-12-04T19:27:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/04\/a-mentira-absoluta\/"},"modified":"2024-12-04T20:27:00","modified_gmt":"2024-12-04T19:27:00","slug":"a-mentira-absoluta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/04\/a-mentira-absoluta\/","title":{"rendered":"A mentira absoluta"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center\">\nA mentira absoluta<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non, non creo que o actual alcalde de Ribadeo sexa un mentireiro<br \/>\ncompulsivo. Creo que colleu o costume de mentir e \u00fasaa. Coa<br \/>\nfacilidade e inconsciencia que d\u00e1 a pr\u00e1ctica. Como se existira unha<br \/>\nverdade alternativa, s\u00faa, como lle escoitei, a s\u00faa verdade.<br \/>\nComo se os feitos e opini\u00f3ns deixaran de ser algo separado, e se<br \/>\npuideran mesturar chegando a unha verdade propiedade de quen fai a<br \/>\nmistura, quen poder\u00eda permitirse difundila. \u00d3 fin, a conversi\u00f3n do<br \/>\nque un quere pensar, ou cre que lle conv\u00e9n, en verdade por obra do<br \/>\n\u2018porque o digo eu\u2019 parece que est\u00e1 a po\u00f1erse de moda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non \u00e9 o alcalde de Ribadeo o \u00fanico expo\u00f1ente, nin moito menos,<br \/>\npero si o que a nivel institucional temos m\u00e1is preto na nosa vila.<br \/>\nCabe dicir no seu favor (del e dos outros non tan preto), que \u00e9 moito m\u00e1is doado mentir que dicir a<br \/>\nverdade: podes mentir sen pensar, dicindo calquera cousa. \u00c9 m\u00e1is, a<br \/>\nmentira aumenta cando polo medio aparecen mesturadas e tratadas de<br \/>\nigual xeito cousas que son verdades. Mentres, para dicir a verdade<br \/>\ntes que reflexionar para axustarte \u00f3s feitos, mesmo comprobar, ter<br \/>\nexactitude&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Claro que canto m\u00e1is minta, m\u00e1is doado \u00e9 coller \u00f3 mentireiro. A\u00ednda que d\u00e1se un paradoxo: o mesmo que na canci\u00f3n \u2018unha perna tapa \u00e1<br \/>\noutra\u2019, unha mentira pode tapar a outra; hai que darse moita pr\u00e9sa para<br \/>\ndesenmascarar unha antes de que ve\u00f1a a outra encima, e as pr\u00e9sas<br \/>\nnon son boas para a verdade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai un tempo cheguei a un libro do autor de \u2018As Viaxes de<br \/>\nGulliver\u2019, que por iso, polo autor, me chamou a atenci\u00f3n. O<br \/>\nt\u00edtulo: \u2018A arte da mentira pol\u00edtica\u2019. Por certo, quede claro<br \/>\nque ambos os vin en castel\u00e1n; o t\u00edtulo en galego \u00e9 traduci\u00f3n<br \/>\nmi\u00f1a, non mentira. O caso \u00e9 que o libri\u00f1o fac\u00eda exposici\u00f3n dunha<br \/>\narte c\u00ednica pero fina, que entendo que hoxe est\u00e1 en desuso porque o<br \/>\nque conta na r\u00e1pida sucesi\u00f3n da vida actual non parece ser o<br \/>\nsubstitu\u00edr algunha verdade concreta, sen\u00f3n en facer irreco\u00f1ecible<br \/>\na verdade machacando a base de mentir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Volvendo a Ribadeo. Hai tempo que de xeito semanal aparece un escrito<br \/>\nque se titula \u2018A quen pretenden enganar?\u2019. Como nunca considerei<br \/>\nque fora comigo e pouco co pobo, non lle prestei atenci\u00f3n. Ate o de<br \/>\nagora, cando me avisaron que ese \u2018pretenden\u2019 xen\u00e9rico, rematara<br \/>\npor inclu\u00edrme na masa de afectados (sen cita concreta e en revoltixo<br \/>\ncon outra xente inclu\u00edda nun saco de \u201coposici\u00f3n\u201d). Foi ent\u00f3n<br \/>\ncando lin, e vin, que empregando acusaci\u00f3ns xen\u00e9ricas feitas contra<br \/>\nunha masa tam\u00e9n xen\u00e9rica, nebulosa e variable pero en aumento<br \/>\nsemana a semana, case deixa de ter sentido ata o tentar po\u00f1er as<br \/>\ncousas en claro e procurar a verdade. \u00c9 dicir, como puxen antes, \u201co<br \/>\nque conta (\u00e9) facer irreco\u00f1ecible a verdade machacando a base de<br \/>\nmentira\u201d. Xa dixen, mentira tam\u00e9n e sobre todo \u00e9 cando tam\u00e9n vai<br \/>\nalgunha verdade polo medio, como para dar lustre. O<br \/>\nescrito aparece asinado por \u2018D. Vega e PP de Ribadeo\u2019. O xefe \u00e9<br \/>\no xefe e exerce a xefatura, como debe de ser. E non importa que se<br \/>\nusen informes entregados despois de que tiveran lugar os feitos, que<br \/>\nen informes con datas anteriores (pero dados a co\u00f1ecer despois)<br \/>\naparezan xa zonas acordoadas con xente en traxe de faena dentro, ou<br \/>\nque unha dilixencia da alcald\u00eda mande \u00f3 tempo cortar xa e facer o<br \/>\ninforme xa, xunto con algunha outra irregularidade no mesmo escrito.<br \/>\nPor certo, na nota semanal que pretende enganar, neste caso sobre as<br \/>\n\u00e1rbores, non se citan cousas como a falta de xuntanza a tres pedida<br \/>\npola ANPA despois de contradici\u00f3n entre alcald\u00eda e direcci\u00f3n do<br \/>\nC.P., non concedida ate o de agora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai que reco\u00f1ecer que a emisi\u00f3n desas notas semanais require un<br \/>\ntalento. Un talento como escritor, non como alcalde. E un traballo (e<br \/>\nr\u00e1pido), para responder canto antes; traballo que quizais ser\u00eda<br \/>\nm\u00e1is proveitoso noutros lugares, de non empregalo en facer<br \/>\nvaler \u2018calquera verdade\u2019. Tam\u00e9n require a vontade de impo\u00f1er<br \/>\n\u2018unha\u2019 verdade en troques da procura de vivir e beber da verdade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Coido que non \u00e9 estra\u00f1o que despois de ler o de \u2018A quen pretenden<br \/>\nenganar?\u2019, o primeiro que me preguntara fora \u2018a quen pretende<br \/>\nenganar?\u2019<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nota final: \u00e9 moi dif\u00edcil defender a procura da verdade habendo un<br \/>\nbombardeo continuo de \u2018verdades alternativas\u2019. Mais, canto m\u00e1is<br \/>\ndif\u00edcil, m\u00e1is necesario.<\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A mentira absoluta &nbsp;&nbsp; &nbsp;Non, non creo que o actual alcalde de Ribadeo sexa un mentireiro compulsivo. Creo que colleu o costume de mentir e \u00fasaa. Coa facilidade e inconsciencia que d\u00e1 a pr\u00e1ctica. Como se existira unha verdade alternativa, s\u00faa, como lle escoitei, a s\u00faa verdade. Como se os feitos e opini\u00f3ns deixaran de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[176,158],"tags":[],"class_list":["post-13784","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-politica","category-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13784","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13784"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13784\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13784"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13784"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13784"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}