{"id":13773,"date":"2024-12-13T10:32:00","date_gmt":"2024-12-13T09:32:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/13\/mentir-canto-queira-sen-problema\/"},"modified":"2024-12-13T10:32:00","modified_gmt":"2024-12-13T09:32:00","slug":"mentir-canto-queira-sen-problema","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/13\/mentir-canto-queira-sen-problema\/","title":{"rendered":"Mentir canto queira (sen problema)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center\">&nbsp;Mentir canto queira (sen problema)<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span> Hai xente que parece que ten dereito de mentira. Non permiso, non, sen\u00f3n dereito. Par\u00e9ceo pola s\u00faa actitude e polos resultados. A f\u00f3rmula para facelo, segundo a situaci\u00f3n na que se atope, \u00e9 sinxela: fala, di, asevera, o que sexa, non importa o que, sempre e cando misture ben cousas que non ve\u00f1en a conto con outras que ve\u00f1en \u00f3 seu conto (que sexa verdade ou non, non importa moito), e ref\u00edrese \u00f3s consellos dos t\u00e9cnicos como respaldo. Non importa que sexan decisi\u00f3ns e medidas pol\u00edticas, sen relaci\u00f3n co que debera ser un proxecto ou un informe sobre o que se estea a tratar. Logo, sempre se pode dilatar a entrega do informe, mesmo facelo a posteriori e encargalo para facelo coincidir co dito, ou t\u00e9cnicas semellantes. E, en caso necesario, sempre se pode botar a culpa a quen fixo o informe a medida por facelo mal ou a subalternos de diverso tipo por non entender o que se lles dixo, terxiversar as verbas de quen est\u00e1 por riba deles en mando ou ter un despiste. Como se pode contemplar, as opci\u00f3ns a disposici\u00f3n son moitas. Claro que, se se usan unha e outra vez, poden rematar por facer augas, ou ben ter que acelerar o proceso de mentiras para que a verdade non te\u00f1a tempo de sa\u00edr a flote entre unha e outra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Dilatar a entrega dun proxecto para o seu co\u00f1ecemento xeral, mentres se fala del ten a vantaxe de que como o resto da xente non co\u00f1ece o proxecto, quen fala sobre el pode dicir calquera cousa sen que nin se saiba se \u00e9 ou non certa. E, se alg\u00fan d\u00eda se chega a co\u00f1ecer o proxecto, ou pasa a executarse, no tempo pasado pode xa terse esquecido a mentira (pode que ata substitu\u00edda por outras!), ou, no caso menos favorable, ser xa auga pasada, desa que di o refr\u00e1n que non move mu\u00ed\u00f1o.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non lle chames mentira. Ch\u00e1malle media verdade, a &#8216;mi\u00f1a&#8217; verdade, di que quen minte son os outros, nega todo ataque, destaca todo o que podas po\u00f1er como favorable a\u00ednda que non ve\u00f1a a conto. E, se te collen en mentira, n\u00e9gao, que poden non ter probas abondo. Pasa a culpa a outro que podas controlar, as\u00ed non ser\u00e1 culpa t\u00faa: entend\u00e9ronte mal e executaron en consecuencia, inform\u00e1ronte mal e actuaches en consecuencia&#8230; E, no \u00faltimo caso, di que foi un erro, non unha mentira: como vas mentir ti? Ou \u00e9 que dubidan de ti?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O problema da mentira non \u00e9 tanto a propia mentira, sen\u00f3n que propicia o non saber onde est\u00e1 a verdade. Que a mentira autolexit\u00edmase con m\u00e1is mentira e as\u00ed non s\u00f3 queda impune, sen\u00f3n que contamina a verdade, dimin\u00fae as defensas que todos temos para illar e comprender a realidade. Que quen di a verdade pasa como mentireiro. Que pasa a non ser considerada problema cando \u00e9 un tema vertebral na sociedade.<\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Mentir canto queira (sen problema) &nbsp;&nbsp; &nbsp; Hai xente que parece que ten dereito de mentira. Non permiso, non, sen\u00f3n dereito. Par\u00e9ceo pola s\u00faa actitude e polos resultados. A f\u00f3rmula para facelo, segundo a situaci\u00f3n na que se atope, \u00e9 sinxela: fala, di, asevera, o que sexa, non importa o que, sempre e cando misture [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,158],"tags":[],"class_list":["post-13773","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13773","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13773"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13773\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13773"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13773"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13773"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}