{"id":13749,"date":"2025-01-02T14:47:00","date_gmt":"2025-01-02T13:47:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/01\/02\/escudo-e-bandeira-de-ribadeo-pancho-campos-dorado\/"},"modified":"2025-01-02T14:47:00","modified_gmt":"2025-01-02T13:47:00","slug":"escudo-e-bandeira-de-ribadeo-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/01\/02\/escudo-e-bandeira-de-ribadeo-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"ESCUDO E BANDEIRA DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<div style=\"clear: both;text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj0M68l5gaJFckDXanMPZ9C6UfOUPnY2tD1l8TSuIR3Dzw5QAeAbXpYFpk0HRzjNMu-WaLYiGQdM_UuofH5OgcamN02niA-O2n7lWUqzy2g4JlCNQTAIw9q5wlcILzFc1Bb9uV_OSgXjvjAvsvcrxQ0wT0hUVFt_yDZz3aUn2cn_YySLkD2h7byIQ\/s509\/Escudo%20de%20ribadeo_Pancho%20Campos.jpg\" style=\"margin-left: 1em;margin-right: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"509\" data-original-width=\"367\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj0M68l5gaJFckDXanMPZ9C6UfOUPnY2tD1l8TSuIR3Dzw5QAeAbXpYFpk0HRzjNMu-WaLYiGQdM_UuofH5OgcamN02niA-O2n7lWUqzy2g4JlCNQTAIw9q5wlcILzFc1Bb9uV_OSgXjvjAvsvcrxQ0wT0hUVFt_yDZz3aUn2cn_YySLkD2h7byIQ\/w462-h640\/Escudo%20de%20ribadeo_Pancho%20Campos.jpg\" width=\"462\" \/><\/a><\/div>\n<p><\/p>\n<p style=\"text-align: center\">\n<i>ESCUDO E BANDEIRA DE RIBADEO<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: center\">\n<i><a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nVemos en notas publicadas polo Concello, que cambiaron substancialmente o aspecto do escudo de Ribadeo e se inventaron tam\u00e9n unha bandeira.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nAs formas e a colocaci\u00f3n das pezas en Her\u00e1ldica son moi importantes. Xeralmente un Mestre Heraldo antes de renovar unha peza dun bras\u00f3n, trata de buscar o vestixio m\u00e1is antigo de dito bras\u00f3n, e logo, con criterio hist\u00f3rico, cambialo se ha lugar.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nNo caso do escudo de Ribadeo, non hai nada que cambiar. O escudo de Ribadeo \u00e9 o que presenta <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Francisco%20Lanza\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Francisco Lanza<\/a> no <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Ribadeo%20antiguo\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Ribadeo Antiguo<\/a>, que xa era antigo no ano 1699. Escudo espa\u00f1ol redondeado en punta: en campo de azur, ondas de auga de prata e azur en punta, unha chave de ouro en banda, co anel a sinistra e o palet\u00f3n \u00e1 destra cara abaixo, superada por unha estrela de prata de cinco puntas en xefe. No timbre unha coroa condal, guarnecido o c\u00edrculo de pedrer\u00eda e realzado de dezaoito perlas grosas sobre outras tantas puntas, visibles nove delas.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nA forma dunhas ondas do mar est\u00e1n perfectamente establecidas no escudo da capela da <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Virxe%20do%20Cami%C3%B1o\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Virxe do Cami\u00f1o<\/a>, en horizontal, e na capela da <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=capela%20de%20san%20L%C3%A1zaro\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">capela de San L\u00e1zaro<\/a>, un pouco inclinadas cara a destra. Por outro lado, a chave, est\u00e1 en pao, no bras\u00f3n da Virxe do Cami\u00f1o, e en banda, en San L\u00e1zaro.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nA chave pasou de estar en pao, a estar en banda por ser a figura en pao, o que representa a lanza dun xefe e o mando dunha xurisdici\u00f3n. A banda, representa o tahal\u00ed dun xeneral ou dun xefe. (Nota, o tahal\u00ed \u00e9 a correaxe dende o ombreiro dereito o costado esquerdo, de onde pende a espada envai\u00f1ada dun cabaleiro).<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nExplicar estes cambios de posici\u00f3n na chave, obedecen \u00e1 nosa propia historia. No s\u00e9culo XIII, Ribadeo perdeu a xurisdici\u00f3n eclesi\u00e1stica, pois pasou de estar fac\u00e9ndose unha Catedral a facer unha Colexiata, pois privouse da sede bispal. O bispo era quen ti\u00f1a o mando da xurisdici\u00f3n. Recordar que Ribadeo, foi nomeada Vila Real polo rei <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Fernando%20II\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Fernando II<\/a> (1137-1188) en 1183, quen lle outorgou Carta de Foro, con dereito de Carga\/Descarga no seu porto comercial, moi importante sempre at\u00e9 que se fixo a \u201cincivil obra\u201d da <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=ponte%20dos%20santos\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Ponte dos Santos<\/a> sobre a <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=r%C3%ADa\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a>, que nos privou dun g\u00e1libo de navegaci\u00f3n libre e competitivo para os barcos da Mari\u00f1a Mercante actual, pero ben, iso \u00e9 de outro artigo.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nFernando II, tam\u00e9n lle concede Carta Puebla para poder celebrar mercado e todo canto necesitara: \u201c&#8230;para incremento de mi reino y servicio m\u00edo y de mi heredero&#8230;\u201d<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nPor mediaci\u00f3n de Fernando II, a sede mindoniense que estaba en Vilamaior de Vallibria trasl\u00e1dase a Ribadeo en 1182, a cargo do bispo don <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Rabinato\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Rabinato<\/a> (1182-1199) e tam\u00e9n o rei c\u00f3mpralle a xurisdici\u00f3n \u00f3 Conde Don Rodrigo Vela de Montenegro, e c\u00e9della ao bispo mindoniense de Ribadeo.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nNeste momento, a chave do escudo de Ribadeo, que brasona a capela da Virxe do Cami\u00f1o, est\u00e1 en pao, pois \u00e9 peza da xurisdici\u00f3n de Facenda que cobraba o bispo, de a\u00ed que o bras\u00f3n estea colocado no hastial dunha igrexa e non nunha fortaleza ou na casa brasonada dun conde ou dun fidalgo ao mando. A chave, neste caso, non ten que ver con ser Ribadeo unha vila amurallada con \u201cporta\u201d, como se di o alcalde Jos\u00e9 Mar\u00eda Sela en 1876, xa que a muralla de Ribadeo ti\u00f1a, seis portas e tres postigos. Polo que se a chave representase a entrada \u00e1 parte amurallada, estar\u00edan colocadas varias chaves e non unha soa, como ocorre por exemplo, coas d\u00faas chaves das \u201cportas do ceo\u201d representadas no escudo papal, a\u00ednda que din que hai sete ceos. A representaci\u00f3n das chaves en pao \u00e9 bras\u00f3n da Facenda P\u00fablica, como se pode ver no primeiro cuartel do escudo esquerdo da <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=casa+brasonada+miranda\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Casa dos Miranda<\/a>, na r\u00faa Amando P\u00e9rez, case en fronte da Fonte dos Catro Ca\u00f1os. Bras\u00f3n do Marquesado de Campo Sagrado, de D. Bernaldo de Quir\u00f3s de las Alas y Carre\u00f1o.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nA chave do bras\u00f3n da capela da Virxe do Cami\u00f1o, est\u00e1 surmontando varias ondas do mar, pois representa todos os privilexios das alcabalas que o bispo ti\u00f1a, emanados do porto de mar de Ribadeo, o que abarcaba todas as compras e ventas do transporte mar\u00edtimo, ou sexa, era o \u201crecadador\u201d dos impostos e dereitos de Aduana, que era unha grande renda.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nO bispado pasa de don Rabinato a don <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Pelaio%20de%20Cebeira\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Pelaio II de Cebeira<\/a>, desde o ano 1199 a 1218. O bispo segue cobrando as alcabalas do porto, e mantense a chave en pao. Pero a autoridade militar da vila, seguramente en mans da Orde de Cabaler\u00eda dos Hospitalarios, cuxa cruz emblem\u00e1tica se pode ver na igrexa parroquial de Ove, goberna e exerce a vixilancia do Cami\u00f1o de Santiago e inclina a chave, e brasona en banda o escudo de Ribadeo, tal como se ve na capela de San L\u00e1zaro, que como dicimos arriba, a banda representa o tahal\u00ed dos cabaleiros, e estes tam\u00e9n cobraban por manter segura a senda contra asaltantes dos peregrinos.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nO cobro das alcabalas do peirao, pasa a ser outra vez xurisdici\u00f3n da autoridade civil, cando <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Enrique%20II\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Enrique II<\/a> \u201co das Merc\u00e9s\u201d lle concede no ano 1369 o Condado de Ribadeo a <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Pierre%20de%20Villaines\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Pierre de Villaines<\/a>: \u201c&#8230;con sus rentas e pechos derechos dellas&#8230;\u201d (F.Lanza,p.44); logo pasar\u00e1 en 1415 a <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Rui%20L%C3%B3pez%20D%C3%A1valos\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Rui L\u00f3pez D\u00e1valos<\/a> e m\u00e1is tarde, en 1431, a <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Rodrigo%20de%20Villandrando\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Rodrigo de Villandrando<\/a>, e ent\u00f3n a chave queda definitivamente en banda.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nPero por aquelo de que aqu\u00ed cada un fai o que lle ven en gana, tam\u00e9n podemos ver en varios escudos repartidos polo pobo, con m\u00e1is de 100 anos de antig\u00fcidade, a chave en barra, o que representa bastard\u00eda ou de un fillo ilex\u00edtimo (M. Costa y Turell, p.56).<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nTanto no bras\u00f3n da capela da Virxe do Cami\u00f1o como no de San L\u00e1zaro, a chave ten o ollo dunha chave, e non ten ollos laterais, que semellan un fest\u00f3n das charreteras dos uniformes da cabaler\u00eda de Felipe V (1683-1746). Un ornamento mal tra\u00eddo, a\u00ednda que poida quedar moi guapo nun traxe dunha comparsa do Entroido. <\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nSeguindo coas figuras que se montaron no novo escudo do ano 2024, seguimos a estar fora dos c\u00e1nones hist\u00f3ricos e her\u00e1ldicos do Concello de Ribadeo, pois pl\u00e1ntase unha estrela de oito puntas, que o escudo nunca tivo e non se atopa en ning\u00fan arquivo menci\u00f3n algunha a tal tipo de estrela, pois desde que entrou no brasonado do escudo, \u00e9 unha estrela de cinco puntas, como as da bandeira dos Estados Unidos, incluso con raios nos entrantes da estrela de cinco puntas, como a dos escudo da Casa do Concello. Esta estrela de cinco puntas, ten un certo \u201ctufo\u201d aos inicios da masoner\u00eda en Ribadeo, de mediados do s\u00e9culo XVIII e primeiros do XIX, pois as cinco puntas representan os poderes da natureza: terra, auga, aire, fogo e tempo, a\u00ednda que se entenda oficialmente como que representa a estrela Polar, por estar Ribadeo o Norte de Galiza, cousa que puidera ser, pero \u00e9 raro que nin Viveiro, nin Foz, nin Burela, nin Vicedo, nin Cedeira, nin Ferrol, te\u00f1an unha estrela Polar no seu bras\u00f3n, estando tan o Norte como n\u00f3s e ser tan galegos como n\u00f3s.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nAs\u00ed, unha estrela de oito puntas, \u00e9 unha invenci\u00f3n errada do que fixo o proxecto her\u00e1ldico, pois nunca tal figura tivo o escudo de Ribadeo, pois se fora as\u00ed, ti\u00f1a que ter sido especificada expresamente (Ciencia del Blas\u00f3n, Costa e Turrell, ano1858,p.102) e isto non ocorreu nunca.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nA coroa imperial do timbre \u00e9 o s\u00edmbolo oficial da Espa\u00f1a do \u201ccaf\u00e9 para todos\u201d, que se impuxo fai uns anos, en todos os concellos que tiveran, ou non, escudo her\u00e1ldico propio. Un timbre que escurece a historia de m\u00e1is de 800 anos de Ribadeo, sendo xurisdici\u00f3n de condes por ser Capitan\u00eda de todo un extenso territorio do Reino de Galiza.<\/i><\/p>\n<p><i><br \/>\nDa bandeira non digo nada, pois \u00e9 de pel\u00edcula para nenos pequenos que as ondas do mar se po\u00f1an en vertical, como se foran os raios c\u00f3smicos lanzados por unha nave extraterrestre. Ten o seu aquel o asunto, pois habendo como hai, pinturas en cadros \u00f3 \u00f3leo de barcos que enarbolan o pavill\u00f3n de Ribadeo nos seus mastros, qu\u00e9 necesidade hab\u00eda de inventarse unha bandeira? Vaia cos heraldos que se contrataron&#8230;! Menudos cronistas nos tocaron. As\u00ed nos vai coa defensa da nosa historia. V\u00e9xase a defensa que se fixo do top\u00f3nimo da R\u00eda de Ribadeo. Nada, absolutamente, nada. Pero po\u00f1er p\u00f3\u00f1ense moi guapos nas fotos. Pa\u00eds.<\/i><\/p>\n<p><i>&#8212;<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><\/i><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Anteriores sobre este tema: <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/2025\/01\/ano-novo-escudo-novo.html\">https:\/\/www.ribadeando.com\/2025\/01\/ano-novo-escudo-novo.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">&nbsp;<i><br \/><\/i><\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ESCUDO E BANDEIRA DE RIBADEO Pancho Campos Dorado Vemos en notas publicadas polo Concello, que cambiaron substancialmente o aspecto do escudo de Ribadeo e se inventaron tam\u00e9n unha bandeira. As formas e a colocaci\u00f3n das pezas en Her\u00e1ldica son moi importantes. Xeralmente un Mestre Heraldo antes de renovar unha peza dun bras\u00f3n, trata de buscar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[165,164],"tags":[],"class_list":["post-13749","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia","category-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13749","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13749"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13749\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13749"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13749"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13749"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}