{"id":13736,"date":"2025-01-13T21:59:00","date_gmt":"2025-01-13T20:59:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/01\/13\/entre-a-memoria-e-o-esquecemento-por-farruco-grana\/"},"modified":"2025-01-13T21:59:00","modified_gmt":"2025-01-13T20:59:00","slug":"entre-a-memoria-e-o-esquecemento-por-farruco-grana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/01\/13\/entre-a-memoria-e-o-esquecemento-por-farruco-grana\/","title":{"rendered":"\u201cEntre a memoria e o esquecemento\u201d, por Farruco Gra\u00f1a"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<div style=\"clear: both;text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjeSFndD-zjTsdhlH9iTfAtcAsdUbQGYQxaUwD8SNVaeUQyNEMj4pT1lWUTGc7QGVGF9M_pa0IoZ_Cy12c9XkmeSMDsg6Mapp74_SR3m3ctPRQYM33PxIYbIANExfwf4y0_PaeY-VR-5qe0Zv4SxtCb2RBTq-tLvWnJukILBPh_umKO9LPvaCOCtw\/s975\/Cartel%20libro%20GUIOMAR%20ACEVEDO.jpeg\" style=\"margin-left: 1em;margin-right: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"975\" data-original-width=\"690\" height=\"684\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjeSFndD-zjTsdhlH9iTfAtcAsdUbQGYQxaUwD8SNVaeUQyNEMj4pT1lWUTGc7QGVGF9M_pa0IoZ_Cy12c9XkmeSMDsg6Mapp74_SR3m3ctPRQYM33PxIYbIANExfwf4y0_PaeY-VR-5qe0Zv4SxtCb2RBTq-tLvWnJukILBPh_umKO9LPvaCOCtw\/w483-h684\/Cartel%20libro%20GUIOMAR%20ACEVEDO.jpeg\" width=\"483\" \/><\/a><\/div>\n<\/p>\n<p style=\"text-align: center\">\n<i>\u201c<a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/2025\/01\/entre-memoria-e-o-esquecemento-o-llibro.html\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Entre a memoria e o esquecemento<\/a>\u201d, por <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search\/label\/Farruco%20Gra%C3%B1a\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Farruco Gra\u00f1a<\/a><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n13 Xaneiro, 2025<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><\/p>\n<p>Este s\u00e1bado 11 de xaneiro puidemos asistir \u00e1 presentaci\u00f3n do libro \u201cEntre a memoria e o esquecemento. Unha visi\u00f3n do pasado espa\u00f1ol dende o exilio republicano en M\u00e9xico\u201d, de Guiomar Acevedo L\u00f3pez (Edici\u00f3ns Laiovento). Da man da autora, e tam\u00e9n de Carlos M\u00e9ixome, investigador entre outros moitos eidos, de todo o relacionado coa memoria hist\u00f3rica; e tam\u00e9n da man do ribadense Mario L\u00f3pez Rico, que traduciu este ensaio ao galego, puidemos gozar dun excelente repaso sobre os acontecementos e vivencias vividos ao longo da segunda metade do s\u00e9culo XX por aquelas persoas que tiveron que se exiliar, e tam\u00e9n por aquelas que aqu\u00ed ficaron exiliadas interiormente.<br \/>\n<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nA historia componse dun feixe de cativos acontecementos que a enchen de contido. Con letras capitais, os libros de Historia reviven o pasado alumando o horizonte do futuro. Pero a luz p\u00f3dese descompo\u00f1er en part\u00edculas mi\u00fadas que, grao a grao, van facendo morea, van ga\u00f1ando consistencia e conv\u00e9rtense nun menhir referente para xeraci\u00f3ns futuras. Esa foi a mensaxe que comezou lanzando Mario L\u00f3pez Rico evocando o pensamento de Walter Benjamin.<br \/>\n<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nO s\u00e1bado 11 fixemos un pequeno exercicio de an\u00e1mnese colectiva: evocamos as vivencias dos galeguistas que se exiliaron tras o golpe de estado contra o r\u00e9xime republicano legalmente constitu\u00eddo; das xentes defensoras dos nosos sinais de identidade e da liberdade, que viron como o fascismo prolongaba unha guerra (cruel de por si) co fin de exterminar toda voz disidente e facer un pa\u00eds \u00e1 s\u00faa medida. Mais no exilio tam\u00e9n se seguiu a facer pa\u00eds e a loitar polas liberdades. Ben o destacou Carlos M\u00e9ixome analizando a presenza do galeguismo no exilio en Am\u00e9rica.<br \/>\n<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nFixemos un exercicio de tr\u00e1nsito interxeracional comprobando como as primeiras xeraci\u00f3ns agocharon por mor do medo as crueis vivencias experimentadas coa ditadura franquista; vendo como as segundas xeraci\u00f3ns comezaron a intu\u00edr a faciana perversa do r\u00e9xime ditatorial; constatando, en fin, como as terceiras xeraci\u00f3ns demandaban co\u00f1ecer que ocorrera cos seus av\u00f3s e avoas que tanto temor infund\u00eda a\u00ednda nos seus pais e nais.<br \/>\n<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\nDa man das palabras de Mario L\u00f3pez Rico (tradutor ao galego do ensaio \u201cEsquecemento e memoria\u201d, de Guiomar Acevedo L\u00f3pez); escoitando a Carlos M\u00e9ixome (investigador a fondo da represi\u00f3n franquista); e, sobre todo, da man de Guiomar Acevedo L\u00f3pez, neta de exiliados republicanos, acertamos a comprender a necesidade de mantermos viva a memoria dese tempo de ilusi\u00f3n, dese momento de recuperaci\u00f3n e dignificaci\u00f3n da identidade colectiva galega e dos ideais democr\u00e1ticos de liberdade e xustiza social. Foi un reencontro entre ribadenses, mari\u00f1aos e xentes de ben que aman a democracia. Un reencontro que poderemos volver experimentar a trav\u00e9s da lectura deste ensaio editado por Laiovento e que podemos demandar nas nosas librar\u00edas.<br \/>\n<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\u00c9 o que ten a lectura, o mundo dos libros: ese tesouro infindo que nos abre a novas dimensi\u00f3ns, que nos garante a recuperaci\u00f3n do pasado e o dese\u00f1o dun futuro mellor. Velaqu\u00ed o empe\u00f1o da Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza dedicando boa parte dos seus esforzos a promocionar o libro galego no x\u00e9nero que sexa e na lingua que nos une \u00e9 d\u00e1 sentido \u00e1 nosa existencia como pobo. Nesta ocasi\u00f3n, ollando \u201cEntre o esquecemento e a memoria\u201d (Edici\u00f3ns Laiovento), escoitando a Guiomar Acevedo L\u00f3pez, a s\u00faa autora, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo experimentamos todas estas emoci\u00f3ns, a sensaci\u00f3n do rigor hist\u00f3rico combinado coa tenrura das vivencias persoais dos nosos av\u00f3s e avoas para que llas poidamos transmitir \u00e1s nosas netas e netos. Que grande ocasi\u00f3n de comprobarmos que ler fainos m\u00e1is libres!<br \/>\n<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: right\"><i><br \/>\nFarruco Gra\u00f1a, presidente da Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza.<\/i><\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cEntre a memoria e o esquecemento\u201d, por Farruco Gra\u00f1a 13 Xaneiro, 2025 Este s\u00e1bado 11 de xaneiro puidemos asistir \u00e1 presentaci\u00f3n do libro \u201cEntre a memoria e o esquecemento. Unha visi\u00f3n do pasado espa\u00f1ol dende o exilio republicano en M\u00e9xico\u201d, de Guiomar Acevedo L\u00f3pez (Edici\u00f3ns Laiovento). Da man da autora, e tam\u00e9n de Carlos M\u00e9ixome, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[160,167,165],"tags":[],"class_list":["post-13736","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cultura","category-farruco-grana","category-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13736","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13736"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13736\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13736"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13736"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13736"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}