{"id":1373,"date":"2023-10-10T20:05:00","date_gmt":"2023-10-10T18:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T14:04:04","modified_gmt":"2024-10-23T12:04:04","slug":"escudo-de-armas-do-pazo-de-valledor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/10\/10\/escudo-de-armas-do-pazo-de-valledor\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DO PAZO DE VALLEDOR. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><em>ESCUDO DE ARMAS DO PAZO DE VALLEDOR<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/10\/portada.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"698\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/10\/portada.jpg\" class=\"wp-image-1374\" width=\"378\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Pazo dos Valledor. Escudo.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/note\/3933933#map=17\/43.52570\/-7.02784&amp;layers=N\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pazo dos VALLEDOR<\/a> est\u00e1 en Castropol. \u00c9 un edificio do s\u00e9culo XVIII ao que se accede por unha gran portada rematada por un arco de medio punto sobre impostas algo sa\u00edntes e con molduras. Os riles do arco est\u00e1n gravados en baixo relevo con motivos florais que ocupan o espazo at\u00e9 as dovelas laterais da clave, e o todo enmarcado entre d\u00faas columnas, sobre cuxos capiteis se sost\u00e9n a obra de canter\u00eda do gran escudo her\u00e1ldico da familia <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=VALLEDOR\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">VALLEDOR<\/a>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEscudo de armas medio partido de dous trazos e cortado de dous, coa campa\u00f1a partida, traendo un campo de oito cuarteis. Escudo composto das Armas familiares da Casa dos VALLEDOR e que se atopa en magn\u00edficas condici\u00f3ns de conservaci\u00f3n. Est\u00e1 protexido da choiva torrencial por unha cornixa de canter\u00eda formando un arco de medio punto, t\u00edpico abeiro dos escudos her\u00e1ldicos. O seu contorno \u00e9 o dun escudo espa\u00f1ol de forma cuadrilonga, redondeado polo baixo e terminado en punta no medio da base \u00f3 estilo franc\u00e9s<sup> (<\/sup><a href=\"#1\" name=\"top1\"><sup>1<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>, cun contorno de gran campo para dar amplitude \u00e1s pezas e mobles dos bras\u00f3ns representados. Est\u00e1 timbrado cun helmo de fidalgo, repuxado con resaltes de figuras en relevo, e adornado cun penacho de cinco plumas, d\u00faas pequenas extremas e tres centrais de maior relevo. Est\u00e1 situado de perfil mirando a destra e viseira alta levantada, e a parte inferior baixada, colocado sobre unha gola ou gorxal amplo de d\u00faas pezas. Cerrando a abertura do helmo perc\u00edbense catro grilletas perforadas, o que nos da a co\u00f1ecer a s\u00faa distinci\u00f3n de fidalgo antigo e cabaleiro revestido de alg\u00fan cargo importante no ex\u00e9rcito ou na corte do soberano, as\u00ed como que o escudo representa tres li\u00f1as maternas e paternas, armas familiares con parentesco de consanguinidade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO campo est\u00e1 rodeado, a destra e sinistra, de lambrequ\u00edns sinxelos a modo de ornamentos florais formando molduras enlazadas, e na punta (parte baixa) remata nun sost\u00e9n a modo de vieira de peregrino rodeada dunha labor de \u201cencaixe\u201d de bodoques que conforman un conxunto de moi elegante e se\u00f1orial presenza.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa bordura alta podemos ler: \u201cEL SOLAR DEL VALLEDOR ES ANTIGVO I DE GRAN VALOR\u201d. \u00c9 un lema algo m\u00e1is curto do que describ\u00eda o escudo, tam\u00e9n dos VALLEDOR, que estaba na casa de don Justo Barreiro Mart\u00ednez, na antiga r\u00faa de Figueir\u00faa de Ribadeo, hoxe r\u00faa de Buenos Aires: \u201cEL SOLAR DEL BALLEDOR ES ANTIGVO DE GRAN BALOR CABALLEROS DESTE APELLIDO NO LO ECHEIS EN OLVIDO\u201d<sup> (<\/sup><a href=\"#2\" name=\"top2\"><sup>2<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>. Ao expresarse en ambos lemas o termo \u201cEL SOLAR\u201d, quizais \u00e9 probable que Balledor \/ Valledor queira dicir Valadouro, do lat\u00edn \u201cVallis\u201d ou \u201cValles\u201d (feminino) ou simplemente se refira \u00e1 \u201cCasa nobre e patrimonial\u201d, aquela m\u00e1is antiga da familia onde se mant\u00e9n ou mantivo a li\u00f1a sucesoria da s\u00faa li\u00f1axe. O escudo da r\u00faa da Atalaia de Ribadeo<sup> (<\/sup><a href=\"#3\" name=\"top3\"><sup>3<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>, m\u00e1is antigo dos Valledor, carece de lema.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPrimeiro cuartel: cortado. En xefe, ou parte alta, unha \u00e1rbore arrincada (coas ra\u00edces \u00e1 vista); e na parte inferior do mesmo cuartel, dous cans, o de atr\u00e1s con colar, perseguen a un xabaril pasante a sinistra preto dunha \u00e1rbore sinistrada e arrincada.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSegundo cuartel, en xefe, un cabaleiro con espada envai\u00f1ada \u00e1 sinistra que pasa por detr\u00e1s da figura e a punta sa\u00edndolle por destra, empu\u00f1ando coa man dereita unha lanza alta (vertical coa punta arriba). Na parte inferior, un castelo con tres torres; da central de maior tama\u00f1o ou de homenaxe, sae o corpo dunha aguia coas \u00e1s despregadas. Parece ser o guerreiro dos VILLAAMIL<sup> (<\/sup><a href=\"#4\" name=\"top4\"><sup>4<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>, surmontando \u00f3 castelo e aguia das primitivas armas dos ALVARADO (en campo de azur, un castelo de ouro sumado dunha aguia) ou dos ARTAZA (en campo de azur, unha torre de ouro e nacente das s\u00faas ameas unha aguia de prata). Faltan os esmaltes para precisalo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTerceiro cuartel, unha flor de lis superada dunha estrela de sete puntas sinistradas dunha \u00e1rbore moi erosionada (en campo de gules, unha lis de ouro superada dunha estrela de prata sinistradas dun teixo de sinople). Son armas puras dos VALLEDOR. Na parte inferior, un home groso con faldra remexe coa man destra o contido dunha caldeira guindada do gancho dunha gramalleira, sinistrados dunha grande oriflama, insignia ou estandarte militar de d\u00faas puntas ou farpas, fincado no chan. Figuras propias dos VALLEDOR reflectidas, en parte, tam\u00e9n no escudo dos BALLEDOR de Ribadeo<sup> (<\/sup><a href=\"#5\" name=\"top5\"><sup>5<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCuarto cuartel, dous lobos andantes contornados (cara \u00e1 sinistra) en pau (un sobre do outro), surmontando unha \u00e1rbore desraizada acostada de d\u00faas aspas, unha en cada flanco. O bras\u00f3n total semella as moi antigas armas dos CR\u00da(Z) MONTENEGRO DE BARRAG\u00c1NS, de Pontevedra. En particular puidera interpretarse, como un bras\u00f3n cortado: 1) dous lobos andantes contornados en pau; 2) unha \u00e1rbore desraizada acostada de d\u00faas aspas. Os lobos ser\u00edan dun matrimonio OSORIO. Isto \u00e9 dubidoso, pois os lobos de OSORIO, son andantes cara \u00e1 destra, en pau, lampasados (coa lingua \u00e1 vista, e de distinto esmalte) e desollados ou sangu\u00edneos (de gules), isto non podemos precisalo nesta representaci\u00f3n en pedra, pois carece de esmaltes.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nQuinto cuartel: un escus\u00f3n (escudi\u00f1o do abismo ou centro do campo) coas armas dos YBIAS. Con bordura, na que se pode ler o lema \u201cYBIAS YBIAS (en xefe) DIOS (flanco sinistro) ME A (en punta) YVDE (flanco destro), [\u201cYBIAS, YBIAS DIOS ME AYUDE\u201d] intercalado entre oito aspas. As figuras do bras\u00f3n son: en xefe, unha torre de planta circular de catro ameas (\u00e1 vista, d\u00faas medias laterais e unha central) sinistrada dunha figura, quizais unha brisura (unha mirleta dun fillo primox\u00e9nito ou dun cuarto); e en punta, un cabaleiro armado na man destra cunha espada ou cun l\u00e1tego que serpentea no aire \u00e1 s\u00faa sinistra (puidese ser unha serpe<sup> (<\/sup><a href=\"#6\" name=\"top6\"><sup>6<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>), portando unha adarga e atacando a outro home case derrubado ou sentado no chan, que se escuda do ataque cunha adarga na dereita e a man esquerda apoiada no chan, onde parece ter unha espada desenvai\u00f1ada. Ao lado destro do cabaleiro en p\u00e9 hai unha estrela, posible brisura tam\u00e9n, correspondente ao bras\u00f3n dun fillo terceiro cando o primox\u00e9nito, nas s\u00faas armas, luce unha mirleta.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn her\u00e1ldica o escus\u00f3n representa o coraz\u00f3n do escudo, e era unha peza que conced\u00eda un soberano por algunha faza\u00f1a merecente dun bras\u00f3n que cargue sobre o todo. Anotemos, como curiosidade, que algunhas veces o escus\u00f3n era un distintivo amoroso, pois a mi\u00fado nos torneos ou lizas medievais, o cabaleiro colocaba no centro do escudo un sinal ou unha cor distinta que s\u00f3 pod\u00eda ser comprendida pola dama por quen suspiraba.<sup> (<\/sup><a href=\"#7\" name=\"top7\"><sup>7<\/sup><\/a><sup>)<\/sup><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSexto cuartel, unha torre redonda de cinco ameas, donxonada dunha torre de homenaxe tam\u00e9n de cinco ameas, a cuxo arredor hai sete aneis; un superando ambas torres, tres e tres en flancos e unha m\u00e1is dentro do portal\u00f3n da torre baixa. Son armas dun bras\u00f3n desco\u00f1ecido tal como est\u00e1, pero puidera tratarse dun bras\u00f3n dos P\u00c1EZ (en campo de azur, un castelo de ouro, aclarado de gules e rodeado de nove roeles de ouro en orla). Probaron a s\u00faa nobreza nas Ordes de Santiago, Calatrava, Carlos III e en San Xo\u00e1n de Xerusal\u00e9n, e son tam\u00e9n familia de membros da Santa Inquisici\u00f3n<sup> (<\/sup><a href=\"#8\" name=\"top8\"><sup>8<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nS\u00e9timo cuartel da campa\u00f1a partida (cant\u00f3n destro da punta), bras\u00f3n cortado, na parte alta unha figura quim\u00e9rica alada. Poden ser armas de REBOREDA ou o grif\u00f3n alado dos ARRIBA que est\u00e1 bot\u00e1ndolle a pata destra a un home encarado que empu\u00f1a un l\u00e1tego que arrastra polo chan. A sinistra do home, centrada en xefe, unha estrela, probable brisura dun fillo primox\u00e9nito. Abaixo, unha aguia voante ou de \u00e1s estendidas, mirando a sinistra, que puidera ser a aguia dos PARDO de D.\u00aa MAR\u00cdA PARDO Y LOSADA ou de D.\u00aa MARIANA RAIM\u00daNDEZ PARDO OSSORIO MIRANDA Y AZCUEDO, ambas emparentaron cos VALLEDOR segundo consta na xenealox\u00eda do Padre Crespo (ver abaixo)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOitavo cuartel da campa\u00f1a partida (cant\u00f3n sinistro da punta), bras\u00f3n cortado, presenta na parte alta unha ponte de pedra de tres ollos superada dunha \u00e1rbore acostada entre d\u00faas aspas, unha a cada costado. Son armas dos BEGA ou VEGA (de gules unha ponte sobre un r\u00edo de azur e prata [neste bras\u00f3n o r\u00edo non se ve]. Unha \u00e1rbore do seu color acostada de d\u00faas aspas de ouro unha a cada costado). Na parte baixa, unha torre mocha con catro lanzas altas (puntas arriba), d\u00faas a cada lado do port\u00f3n; parece un dos variados bras\u00f3ns das armas dos LANZ\u00d3S, particularmente co relacionado cos Condes de Maceda da fortaleza de Betanzos (en campo de ouro, unha torre de pedra co seu homenaxe, acostada de catro lanzas de ferro, con puntas de azur d\u00faas a cada flanco).<\/em><em><sup> (<\/sup><a href=\"#9\" name=\"top9\"><sup>9<\/sup><\/a><sup>)<\/sup><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEste escudo de armas dos VALLEDOR, presenta en cada cuartel labras de bras\u00f3ns matrimoniais, polo que parece ser posterior ao ano 1774, data que presenta o escudo da r\u00faa da Atalaia de Ribadeo, onde se reflicten os bras\u00f3ns individuais.<\/em><em><sup> (<\/sup><a href=\"#10\" name=\"top10\"><sup>10<\/sup><\/a><sup>)<\/sup><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNotar aqu\u00ed, que era moi frecuente entre familiares de reis e de nobres a endogamia (matrimonios entre persoas dunha mesma li\u00f1axe: primos carnais e segundos entre si, t\u00edos e t\u00edas con sobri\u00f1os, etc.). Esta era un costume moi antigo que xa practicaban os hebreos, os fara\u00f3ns de Exipto, os incas do Per\u00fa ou os aztecas de M\u00e9xico, con obxecto de conservar a raza de puro sangre azul. Hoxe pract\u00edcase entre algunhas familias das altas finanzas, quizais m\u00e1is por motivos de confianza e afinidade de raciocinio, que \u201cde casta&#8221;.<sup> <\/sup><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA xenealox\u00eda que fomos recompilando comeza en, segundo a obra do Padre Crespo del Pozo, con: D. PEDRO FERN\u00c1NDEZ DE VALLEDOR casado con D.\u00aa MAR\u00cdA ACEBEDO PARDO Y TABOADA (co\u00f1ecida en San Miguel de Reinante por D.\u00aa MARIA PARDO DE ULLOA. Casados antes de 1656. D.\u00aa Mar\u00eda \u00e9 a sexta filla de D.\u00aa MARIA JOSEFA PARDO DE CELA ULLOA Y TABOADA [da \u201cCasa Torre de Pumar\u00edn\u201d de San Miguel de Reinante] e de D. GREGORIO ANTONIO DE ACEVEDO PARDO VILLAMIL Y MONTENEGRO (de Castropol, fillo de D. Juan de Acevedo Pardo e m\u00e1is D.\u00aa Catalina Villamil y Bola\u00f1o)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPara non estendernos m\u00e1is neste artigo, resumiremos a xenealox\u00eda \u00e1 contempor\u00e1nea dos dous \u00faltimos s\u00e9culos ata os nosos d\u00edas:<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nD.\u00aa MELCHORA VALLEDOR Y LAMAS (f.1829) casada con D. JUAN ANTONIO MEN\u00c9NDEZ NAVIA VILLAAMIL Y TRELLES (1752-1815)(fillo de D. BALTASAR MENENDEZ DE NAVIA Y VILLAMIL, Se\u00f1or da Casa de Navia del Limonar de Navia, e da Casa do Outeiro de San Miguel de Reinante. Casado con D.\u00aa MAR\u00cdA LUISA TRELLES PRELO Y CASTRILL\u00d3N). Te\u00f1en por filla a<br \/>\nD.\u00aa MAR\u00cdA LUISA MEN\u00c9NDEZ NAVIA Y VALLEDOR (1771-1852) casada con D. VICENTE FRANCISCO JOSE LAMAS DE LA TORRE (1765-1817)(Se\u00f1or do Pazo de Quintalonga) que te\u00f1en por fillo a: 1. D. RAM\u00d3N DE LAMAS NAVIA OSORIO (n.1795) (representante do Reino de Galicia no Trienio Liberal de 1835) e a 2. D. VICENTE LAMAS MEN\u00c9NDEZ (1796) (se\u00f1or do Pazo de Quintalonga) que casa con D.\u00aa MAR\u00cdA TERESA NAVIA OSORIO Y ALVAREZ VIART (filla do VIII Marqu\u00e9s de Santa Cruz de Marcenado (1814). De este matrimonio nacen cinco fillos e pasa a herdanza \u00f3 cuarto fillo (despois de varios preitos) D. RAM\u00d3N LAMAS Y NAVIA OSORIO (1851-1926)(Oficial do Estado Maior no Corpo Lox\u00edstico e Administrativo do Ex\u00e9rcito de Terra) que casa con D.\u00aa ANUNCIACI\u00d3N AMALIA SANJURJO. Te\u00f1en por filla a 1. D.\u00aa MAR\u00cdA TERESA LAMAS SANJURJO (1886-1970) que casa en 1910 con D. JOS\u00c9 NAVARRO REVERTER Y GOMIS (f.1942) Presidente de Telef\u00f3nica entre outros moitos cargos. En Ribadeo viven na Casa de D.\u00aa MAR\u00cdA LAMAS da r\u00faa Viejo Pancho, que debido a lexislaci\u00f3n franquista que negaba a autonom\u00eda da muller para gobernar o seu propio patrimonio sen permiso do marido, a\u00ednda hoxe se co\u00f1ece esta casa como a Casa de Navarro Reverter, cando \u00e9 a casa de D.\u00aa MAR\u00cdA LAMAS)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nIntentamos reunir as pezas que unen os Escudos de Armas do Concello de Ribadeo c\u00f3s do Concello de Castropol, para co\u00f1ecer a dimensi\u00f3n real que durante s\u00e9culos un\u00eda con lazos de sangre \u00e1s familias nobles da R\u00eda de Ribadeo, algo que hoxe, por desgracia, est\u00e1 totalmente perdido.<\/em><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a name=\"1\"><strong>1 <\/strong><\/a>Her\u00e1ldica espa\u00f1ola. El dise\u00f1o her\u00e1ldico. Luis F. Mess\u00eda de la Cerda y Pita. Ed.1990. p.28<a href=\"#top1\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"2\"><strong>2 <\/strong><\/a>En Ribadeo a graf\u00eda expresaba BALLEDOR na lenda do escudo que estaba na Casa de D. Justo Barreiro. A graf\u00eda \u201cBalledor\u201d no escudo de Ribadeo; e \u201cValledor\u201d, no escudo de Castropol, ambas da mesma familia, parecen ser a mesma palabra -\u201cbale\u201d ou \u201cval\u201d-, pero etimoloxicamente o seu significado poder\u00eda cambiar: mentres un denotar\u00eda \u201ca persoa que ampara ou auxilia a outra\u201d(baledor, valedor), outro ser\u00eda \u201cval do ouro\u201d -Balledor, Valledor, Valadouro-.(Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, cap. 18, p.146 \/ <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/01\/casa-brasonada-da-rua-da-atalaia.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CASA BRASONADA DA R\u00daA DA ATALAIA<\/a>)<a href=\"#top2\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"3\"><strong>3 <\/strong><\/a>Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, cap.19, p.153 (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/01\/escudo-de-armas-da-rua-atalia-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">ESCUDO DE ARMAS DA R\u00daA ATALAIA<\/a>).<a href=\"#top3\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"4\"><strong>4 <\/strong><\/a>Her\u00e1ldica de los apellidos asturianos. F. Sarandeses, Reedici\u00f3n, Oviedo 1994, p.376<a href=\"#top4\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"5\"><strong>5 <\/strong><\/a>Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, cap. 18, p.146. (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/01\/casa-brasonada-da-rua-da-atalaia.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CASA BRASONADA DA R\u00daA DA ATALAIA<\/a>)<a href=\"#top5\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"6\"><strong>6 <\/strong><\/a>Her\u00e1ldica de los apellidos asturianos, Francisco Sarandeses, cita: \u201cen una casa que llaman \u201cde la Torre\u201d, en San Emiliano (Allande) las armas son parecidas: Un castillo rodeado de ondas de azur y plata, bajo el cual est\u00e1 una serpiente de dos cabezas&#8230;\u201d Reedici\u00f3n, Oviedo 1994, p.200<a href=\"#top6\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"7\"><strong>7 <\/strong><\/a>D. Modesto Costa y Turell, Ciencia del Blas\u00f3n, C\u00f3digo Her\u00e1ldico Hist\u00f3rico, 2\u00aa Edici\u00f3n, 1858.<a href=\"#top7\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"8\"><strong>8 <\/strong><\/a>Blasones y Linajes de Galicia, Padre Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo. Mosteiro de Poio, Edici\u00f3n patrocinada pola Real Academia Gallega, volume XXV, p.79.<a href=\"#top8\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"9\"><strong>9 <\/strong><\/a>Ibid\u00e9m, volume XXI, p.147.<a href=\"#top9\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p><a name=\"10\"><strong>10 <\/strong><\/a>Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, cap.19, p.153. (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/01\/escudo-de-armas-da-rua-atalia-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">ESCUDO DE ARMAS DA R\u00daA ATALAIA<\/a>)<a href=\"#top10\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><sup>&nbsp;<\/sup><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ESCUDO DE ARMAS DO PAZO DE VALLEDOR Pancho Campos Dorado Pazo dos Valledor. Escudo. O Pazo dos VALLEDOR est\u00e1 en Castropol. \u00c9 un edificio do s\u00e9culo XVIII ao que se accede por unha gran portada rematada por un arco de medio punto sobre impostas algo sa\u00edntes e con molduras. Os riles do arco est\u00e1n gravados [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1374,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-1373","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1373","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1373"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1373\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1374"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1373"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1373"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1373"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}