{"id":13723,"date":"2025-01-25T15:56:00","date_gmt":"2025-01-25T14:56:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/01\/25\/recuncho-da-lectura-a-mancha-na-parede-e-outros-relatos\/"},"modified":"2025-01-25T15:56:00","modified_gmt":"2025-01-25T14:56:00","slug":"recuncho-da-lectura-a-mancha-na-parede-e-outros-relatos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/01\/25\/recuncho-da-lectura-a-mancha-na-parede-e-outros-relatos\/","title":{"rendered":"Recuncho da lectura: A mancha na parede e outros relatos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<div style=\"clear: both;text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiixeV1xWYNLyjd0u5aSGxoTwb7KWCz8WHO_OHg2_9EG3slPyksi21kBCBsnfJiqbuMtJo3eDJ81bh9aUFntTDz4ZbrNwwV2XRe9PFTyHr6sZ7pgEDQegb9_T1xc_d9DDjjYHkuYDT2gbZ7xcIgALq1jc7aQTVhcdG_y1vQHQdAOkUBLu_hiZ1wcw\/s2478\/A%20mancha%20na%20parede.jpg\" style=\"margin-left: 1em;margin-right: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"2478\" data-original-width=\"1678\" height=\"937\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiixeV1xWYNLyjd0u5aSGxoTwb7KWCz8WHO_OHg2_9EG3slPyksi21kBCBsnfJiqbuMtJo3eDJ81bh9aUFntTDz4ZbrNwwV2XRe9PFTyHr6sZ7pgEDQegb9_T1xc_d9DDjjYHkuYDT2gbZ7xcIgALq1jc7aQTVhcdG_y1vQHQdAOkUBLu_hiZ1wcw\/w635-h937\/A%20mancha%20na%20parede.jpg\" width=\"635\" \/><\/a><\/div>\n<p><\/p>\n<\/p>\n<p style=\"text-align: center\">&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search\/label\/Recuncho%20da%20lectura\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Recuncho da lectura<\/a>: A mancha na parede e outros relatos<\/p>\n<p style=\"text-align: center\">\n<p style=\"text-align: justify\">&nbsp;<span>&nbsp; &nbsp; <\/span>A mancha na parede e outros relatos. <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Chemi+Lombardero\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Chemi Lombardero<\/a> Rico.<br \/>\n ISBN &#8211; . <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=eoditorial\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Eoditorial<\/a>. Ribadeo 2024. 56<br \/>\n px.<\/p>\n<div style=\"text-align: justify\">&nbsp;<br \/>\n &nbsp;  Libro que me foi agasallado, non est\u00e1 (ao menos, a\u00ednda) distribu\u00eddo comercialmente.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non, non \u00e9 unha continuaci\u00f3n de &#8216;<a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/2021\/05\/rematando-coas-letras-no-campo-morte-de.html\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">A morte de Colas\u00f3n<\/a>&#8216; nin por suposto dun ensaio de Chemi, sen\u00f3n un conxunto heterox\u00e9neo nas historias, homox\u00e9neo no estilo, e aut\u00f3nomo en cada unha das breves historias que o constit\u00faen. Lectura agradable, que podendo tomarse de corrido dunha sentada, aconsello ir desgranando unha a unha para adentr\u00e1rmonos nunha realidade que poida que sexa imaxinada e imaxinativa, si, pero tam\u00e9n se sinte pr\u00f3xima e real.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8212; Nota posterior:<\/div>\n<div style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O 15 de febreiro, <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Carlos+%C3%81lvarez+Lebredo\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/a> saca na Comarca del Eo (n\u00ba 5472, p.4) o completo artigo que reproduzo a continuaci\u00f3n sobre o libro:<\/div>\n<p style=\"text-align: center\"><i><u>Segundo libro de relatos de Chemi Lombardero<\/u><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: center\">\n<i><b><span style=\"font-size: large\">Un  exercicio  de  estilo<\/span><\/b><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: center\"><i><\/p>\n<p>Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><\/p>\n<p>\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Acaba de aparecer o libro \u2018A mancha na parede e outros relatos\u2019, segunda entrega de Chemi Lombardero neste subx\u00e9nero narrativo que \u00e9 o relato breve. Moi breve, neste caso concreto. Estes son doce contos a\u00ednda m\u00e1is breves que os dez que conformaron en 2020 o libro \u2018A morte de Colas\u00f3n e outros relatos\u2019. Flut\u00faan entre as d\u00faas e as tres p\u00e1xinas e media de extensi\u00f3n.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Para lograr tal concisi\u00f3n \u2015nuns relatos en prosa que necesariamente te\u00f1en que ter un desenvolvemento antes de conducir ao lector a un remate\u2015 Chemi Lombardero fai un esforzo de depuraci\u00f3n l\u00e9xica moi na li\u00f1a do que postula, por exemplo, Augusto Monterroso no seu c\u00e9lebre Dec\u00e1logo do escritor: \u201cO que poidas dicir con cen palabras, d\u00edo con cen palabras; o que s\u00f3 con unha, con unha\u201d: cuarto mandamento de Monterroso, case concomitante co destoutro mestre do conto Julio Ram\u00f3n Ribeyro: \u201cO conto debe ser directo, sen ornamentos nin digresi\u00f3ns. Deixemos isto para a poes\u00eda\u201d.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Esta depuraci\u00f3n l\u00e9xica, orfebrer\u00eda que traballa ben Lombardero, obr\u00edgao a \u201cnon contalo todo\u201d nos seus brev\u00edsimos relatos. Falta neles unha informaci\u00f3n narrativa que el escamotea a mantenta e que debe encher cada lector coa s\u00faa actitude, madurez e experiencia lectora: vela\u00ed o interese destes relatos. Dan marxe, danlle un papel ao lector para que participe activamente como instancia imprescindible no \u201cacto de lectura\u201d para encher \u201cos espazos de indeterminaci\u00f3n do texto\u201d (tecnicismos cr\u00edtico-literarios ambos, acu\u00f1ados polo cr\u00edtico Wolfgang Iser), e non se limite a ser un mero lector pasivo. Este seu papel activo, que involucra moito m\u00e1is aos lectores na proposta narrativa do autor, \u00e9 o que tam\u00e9n reclamou hai tempo Umberto Eco defin\u00edndoo como unha \u201ccooperaci\u00f3n interpretativa do texto narrativo\u201d; sintetizouno nunha expresi\u00f3n que cont\u00e9n o t\u00edtulo dunha das s\u00faas obras m\u00e1is famosas: introducir o \u201cLector in fabula\u201d (obra de 1979). Xa na s\u00faa anterior obra \u2018Opera aperta\u2019 (1962) postulaba que \u201cse deixe ao lector a iniciativa interpretativa dos textos\u201d. E este \u00e9 un dos xogos que prop\u00f3n Chemi Lombardero nos seus relatos: suxerir pero non contar, deixar entrever interlocutores ocultos nos di\u00e1logos e tam\u00e9n sobreentendidos varios que o lector se ve obrigado a encher para darlle sentido completo ao conto. Por po\u00f1er uns exemplos, os relatos \u201cO final\u201d ou sobre todo \u201cA mi\u00f1a t\u00eda\u201d, no que non lle queda outra ao lector que activarse porque o texto, en menos de d\u00faas p\u00e1xinas, di o que di. E m\u00e1is nada.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Contrasta o estilo breve e depurado destes relatos coa outra prosa pragm\u00e1tica \u2015case did\u00e1ctica\u2015  \u00e1 que nos ten acostumados este escritor nos seus libros de investigaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n hist\u00f3rica: sobre a sociedade ribadense, os indianos, o porto comercial de Ribadeo, os fornos de cal, etc.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A soluci\u00f3n de brevidade pola que opta Lombardero nestes contos que comentamos non son sen\u00f3n o froito dun calculado traballo de depuraci\u00f3n t\u00e9cnica e estil\u00edstica. Un exercicio de estilo. Creo lembrar que hai bastantes anos este autor (e amigo) deixoume ver un relato del que, ao cabo do tempo, noto que era unha primeira versi\u00f3n do que agora \u00e9 o conto titulado \u201cA arribada\u201d. Daquela primeira escritura, que creo que situaba o conto no porto de Luarca, queda agora un relato reelaborado, moito m\u00e1is estilizado, sen localizaci\u00f3n concreta, reducido ao esencial e moito m\u00e1is logrado. Chemi Lombardero, lector e admirador desde mozo \u2015c\u00f3nstame\u2015 de mestres do relato curto como Dieste, Castelao ou Marcial Su\u00e1rez, bebe nestas fontes ambientais e estil\u00edsticas (quen non, xaora) \u00e1 hora de idear as s\u00faas historias \u2015literaria e inequivocamente orixinais\u2015 e transformalas nestes relatos tan breves. E apr\u00e9ciase nalg\u00fans destes contos de Lombardero o mesmo gusto que o primeiro deles por rematar o relato cun final incerto, en certa medida misterioso, aberto (de novo, o papel activo do lector): \u201cO furado\u201d, \u201cO recolledor de pecios\u201d.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A son destas consideraci\u00f3ns t\u00e9cnicas c\u00f3mpre engadir o coidada que est\u00e1 a lingua que emprega Lombardero, algo non moi habitual en moitos outros relatos contempor\u00e1neos que se publican a cot\u00edo e nos que parece m\u00e1is importante chegar \u00e1 meta como sexa (publicar) que coidar o veh\u00edculo que se conduce (a lingua).<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En canto ao substrato argumental, c\u00f3mpre indicar que a maior\u00eda dos relatos bucean nun tempo pasado, escasamente precisado no texto. Hai poucas historias que poidamos cualificar de contempor\u00e1neas: nin en relaci\u00f3n co autor nin, moito menos, co momento da escritura ou da edici\u00f3n. O motor argumental da maior\u00eda dos relatos \u00e9 a memoria. Memoria do vivido hai tempo ou memoria do escoitado, cousa en absoluto cuestionable. Outra cousa ser\u00eda que en vez da memoria fose a nostalxia quen movese a inspiraci\u00f3n: disto estamos sobrados en recentes textos narrativos e xornal\u00edsticos de opini\u00f3n, e os seus autores non acaban de caer na conta de que a nostalxia sempre \u00e9 un erro. En narrativa tam\u00e9n. Escapan a esta tendencia dous relatos que si podemos situar nun tempo da historia m\u00e1is ou menos contempor\u00e1neo: \u201cFoi a nai\u201d e \u201cA mi\u00f1a t\u00eda\u201d, ambos reflexo de dous tipos de tensi\u00f3ns intrafamiliares moi dos nosos tempos.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Neste punto c\u00f3mpre preguntarse: a perspectiva do narrador (dos narradores) \u00e9 a perspectiva do autor real? \u00c9 que o presente non inspira argumentos? Persoalmente, como lector respecto a opci\u00f3n de Lombardero. Pero agardo del unha terceira entrega de relatos menos dependentes do f\u00edo da memoria e nos que mostre un maior \u2018aggiornamento\u2019 creativo. \u00c9 dicir, uns contos que emanen m\u00e1is de realidades e miradas contempor\u00e1neas e que confronten mellor con acontecementos dos tempos presentes. Eis o \u201chorizonte de expectativas\u201d (terminolox\u00eda proposta por Hans-Robert Jauss) que eu mesmo me impo\u00f1o para futuras entregas narrativas de Chemi Lombardero. Certo \u00e9 que, visto desde outra perspectiva, este recurso \u00e1 memoria pasada permite ver nalg\u00fan dos relatos aspectos dun tempo que xa non volver\u00e1 e que mesmo as xeraci\u00f3ns m\u00e1is novas desco\u00f1ecen absolutamente, v. gr. o tel\u00e9fono de cables  e chavellas que manexan as telefonistas, que aparecen no conto \u201cA fuxida\u201d.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dentro deste potente magnetismo da memoria que ordena os argumentos dos relatos de \u2018A mancha na parede\u2026\u2019 operan dous factores narrativos, que moi ben poder\u00edan ser previamente extranarrativos: a familia e a casa. (Cada lector pode tirar as s\u00faas conclusi\u00f3ns e ter unha opini\u00f3n ao respecto da expresiva fotograf\u00eda que se incl\u00fae na p\u00e1xina 9). A familia (nai, t\u00eda e especialmente o pai) vertebran m\u00e1is da metade dos contos; e tam\u00e9n a ausencia f\u00edsica da familia, pero omnipresente no relato, como \u00e9 o caso do neno protagonista do conto \u201cO recolledor de pecios\u201d, criado sen pai nin nai. Av\u00f3, pai e netos (ou avoa, nai e neta) son tres doas dun mesmo colar que aparecen simultaneamente engarzadas e presentes nos contos: \u201cA arribada\u201d, \u201cUn home feliz\u201d, \u201cA mi\u00f1a t\u00eda\u201d. No primeiro deles mesmo o fillo \u00e9 un receptor inmanente do relato: o texto mostra ao pai narrador, que evoca ao av\u00f3, pero que se dirixe directamente ao fillo; este escoita e, ao mesmo tempo, o lector le. A casa \u00e9 o lugar de transacci\u00f3n de afectos e desafectos, di\u00e1logos e tiranteces, noutro grupo de contos. Medio libro son relatos de interiores. De interiores f\u00edsicos, queremos dicir: de casas, de domicilios. Porque de interiores das persoas\u2026 diso si que vai todo o libro e non defrauda.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Sei por radio macuto \u2015polos arames das vi\u00f1as, que din os usamericanos con esta axeitada frase que me parece visualmente acertada e moito m\u00e1is expresiva c\u00e1 outra\u2015 que case todos os relatos de \u2018A mancha na parede\u2026\u2019 est\u00e1n baseados, sequera lonxanamente, en feitos reais que nalg\u00fan momento lle chegaron ao autor en forma de contos, an\u00e9cdotas e mesmo brincadeiras. Non estar\u00eda mal que, dada a co\u00f1ecida amenidade do autor nas s\u00faas charlas, ofrecese unha que relacionase os personaxes e as historias reais que hai detr\u00e1s destes contos, o momento e contexto da s\u00faa recepci\u00f3n, o proceso de elaboraci\u00f3n literaria e o seu resultado e conversi\u00f3n en artefactos narrativos que, en definitiva, \u00e9 o que son. Poder\u00eda suceder, por exemplo na pr\u00f3xina Feira do Libro de Ribadeo. Por suposto, permitindo a interacci\u00f3n cos lectores, que estariamos entre o p\u00fablico.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><i><br \/>\n\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>C\u00f3mpre valorar, para finalizar, o apoio editoral que hai detr\u00e1s deste libro e que v\u00e9n da man de Eoditorial Publicaciones, empresa que desde Ribadeo anima o noso conveci\u00f1o Antonio Andina. Nos \u00faltimos tempos permitiu tam\u00e9n a aparici\u00f3n de obras como a voluminosa colect\u00e1nea de ensaios sobre El Viejo Pancho, os poemas e novelas saudables de Luc\u00eda Ferro, a novela de Rosa Paz Rico ou os estudos clim\u00e1ticos de Antonio Gregorio: autores, autoras e tem\u00e1ticas estreitamente vencelladas \u00e1 cultura ribadense.<\/i><\/p>\n<div style=\"text-align: center\">&#8212; <\/div>\n<div style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O <a href=\"https:\/\/es.slideshare.net\/slideshow\/a-mancha-na-parede-un-exercicio-de-estilo-pdf\/275732694\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">pdf na Comarca<\/a>.<\/div>\n<p><\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; &nbsp;Recuncho da lectura: A mancha na parede e outros relatos &nbsp;&nbsp; &nbsp; A mancha na parede e outros relatos. Chemi Lombardero Rico. ISBN &#8211; . Eoditorial. Ribadeo 2024. 56 px. &nbsp; &nbsp; Libro que me foi agasallado, non est\u00e1 (ao menos, a\u00ednda) distribu\u00eddo comercialmente. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Non, non \u00e9 unha continuaci\u00f3n de &#8216;A morte de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[163],"tags":[],"class_list":["post-13723","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-recuncho-da-lectura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13723","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13723"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13723\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13723"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13723"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13723"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}