{"id":13714,"date":"2025-01-31T14:02:00","date_gmt":"2025-01-31T13:02:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/01\/31\/o-ataque-a-sociedade\/"},"modified":"2025-01-31T14:02:00","modified_gmt":"2025-01-31T13:02:00","slug":"o-ataque-a-sociedade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/01\/31\/o-ataque-a-sociedade\/","title":{"rendered":"O ataque \u00e1 sociedade"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: left\">\n<div style=\"clear: both;text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjjY8akDbevcMcxB4ZL3cQ_mTFCfgCqRpquuzPNl8vsaIQJBmheq1EEEIKv4znacNUPTWntcjDhfyf9Mf0TWJ1DBkARKorORppsmtEua7oWc7K4nCtHdpxOeZ3YGAY6wHcxdx_yW3m4UvyH6N1AUtEV4B-aJj21nOmJIK5awDfIvtBqcq7TgELR1w\/s1280\/Casa%20de%20libros...jpg\" style=\"margin-left: 1em;margin-right: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"1280\" data-original-width=\"720\" height=\"1113\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjjY8akDbevcMcxB4ZL3cQ_mTFCfgCqRpquuzPNl8vsaIQJBmheq1EEEIKv4znacNUPTWntcjDhfyf9Mf0TWJ1DBkARKorORppsmtEua7oWc7K4nCtHdpxOeZ3YGAY6wHcxdx_yW3m4UvyH6N1AUtEV4B-aJj21nOmJIK5awDfIvtBqcq7TgELR1w\/w626-h1113\/Casa%20de%20libros...jpg\" width=\"626\" \/><\/a><\/div>\n<div style=\"text-align: center\">&nbsp;<\/p>\n<p align=\"center\">\nO ataque \u00e1 sociedade<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Os seres humanos somos sociais. De feito, temos convertido a sociedade nun piar fundamental dos que son baseamento da nosa vida, e somos conscientes de que a desaparici\u00f3n da sociedade causar\u00eda que o noso estilo de vida fose de novo semellante \u00f3 de calquera outro animal, retrotra\u00e9ndonos milleiros e milleiros de anos na nosa evoluci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A sociedade \u00e9 unha asociaci\u00f3n. De feito, son sin\u00f3nimos. Iso, a\u00ednda que \u00e1s veces o noso comportamento pareza ter esquecido que a sociedade necesita mantemento por parte dos socios, como calquera asociaci\u00f3n por parte dos asociados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No parque infantil no centro de Ribadeo hab\u00eda -poder\u00edase dicir que segue a habela- unha caseti\u00f1a con libros, a modo de biblioteca libre para os pequenos. No seu momento, considereino unha grande idea, e visto o uso que se lle comezou a dar por parte dos usuarios do parque, parece que non fun o \u00fanico en consideralo as\u00ed. Mais pouco a pouco, o descoido primeiro, e logo o maltrato desa humilde instalaci\u00f3n, deixou a caseta sen porta, sen libros e sen vida. Pola s\u00faa construci\u00f3n, poder\u00eda ter durado sen mantemento abondo tempo m\u00e1is, pero vese que o pulo na s\u00faa construci\u00f3n polas autoridades deseguido se converteu en esquecemento, e a\u00ednda que o uso continuou a ser frecuente ata o total deterioro, tam\u00e9n \u00e9 evidente que houbo persoas que non consideraron que unha instalaci\u00f3n as\u00ed hab\u00eda que coidala, e que m\u00e1is ben fixeron o contrario. Non \u00e9 necesario que sexa moita xente, abonda con moi pouca para botar en baixo servizos dos que nos beneficiamos todos e dos que esquecemos que hai que manter entre todos, non s\u00f3 &#8216;as autoridades&#8217; ou &#8216;as instituci\u00f3ns&#8217;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<p> <span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Manter entre todos significa po\u00f1er vontade e actuar en consecuencia. Non s\u00f3 en cartos a trav\u00e9s dos impostos, que tam\u00e9n, sen\u00f3n no coidado e defensa do que \u00e9 de todos. Se se esquece iso, uns polos outros ir\u00e9monos levando por diante a sociedade, anaco a anaco. E, no cami\u00f1o, a n\u00f3s mesmos, \u00f3 que somos. Pode que a\u00ednda pensemos nese proceso cara \u00f3 individualismo como un \u2018ser m\u00e1is n\u00f3s\u2019, esquecendo tanto aquela frase c\u00e9lebre de que somos o que somos en boa parte grazas \u00f3 noso entorno (\u2018yo soy yo y mi circunstancia\u2019) como as m\u00faltiples manifestaci\u00f3ns na vida diaria da nosa interdependencia dende o nacemento ate despois da morte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As veces, f\u00e1lase da \u2018traxedia dos com\u00fans\u2019 como se o com\u00fan estivera destinado a ser peor soluci\u00f3n  que o mercado, di\u00f1eiro e finanzas, como se o com\u00fan estivera destinado \u00f3 maltrato. Esqu\u00e9cese nesa situaci\u00f3n que o com\u00fan ten sido tradicionalmente unha fonte de vida e riqueza para a comunidade \u00f3 seu arredor. E est\u00e1 demostrado que s\u00f3 cando hai inxerencias externas, cando o com\u00fan se deixa en mans alleas e pasa a ser controlado dende f\u00f3ra, por quen ten outros intereses non baseados na comunidade, remata sendo destru\u00eddo, con prexu\u00edzo para todos os implicados. O \u00faltimo exemplo disto? A\u00ed temos as redes sociais privativas. E do outro? O maior pao \u00e1s empresas e dominaci\u00f3n dos EUA en intelixencia artificial remata de ser dado pola apertura de c\u00f3digo dunha IA china, na procura de formar unha comunidade \u00f3 seu arredor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E mentres, a pequena biblioteca no parque de Ribadeo?<\/p>\n<\/div>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; O ataque \u00e1 sociedade &nbsp;&nbsp; &nbsp;Os seres humanos somos sociais. De feito, temos convertido a sociedade nun piar fundamental dos que son baseamento da nosa vida, e somos conscientes de que a desaparici\u00f3n da sociedade causar\u00eda que o noso estilo de vida fose de novo semellante \u00f3 de calquera outro animal, retrotra\u00e9ndonos milleiros e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,162,158],"tags":[],"class_list":["post-13714","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-medio","category-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13714","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13714"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13714\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13714"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13714"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13714"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}