{"id":13707,"date":"2025-02-03T11:04:00","date_gmt":"2025-02-03T10:04:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/02\/03\/temos-en-comun-o-conecemento-da-wikipedia-a-galipedia-e-o-mundo\/"},"modified":"2025-02-03T11:04:00","modified_gmt":"2025-02-03T10:04:00","slug":"temos-en-comun-o-conecemento-da-wikipedia-a-galipedia-e-o-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/02\/03\/temos-en-comun-o-conecemento-da-wikipedia-a-galipedia-e-o-mundo\/","title":{"rendered":"Temos en com\u00fan o co\u00f1ecemento da Wikipedia. A Galipedia e o mundo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\">&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Antes de fin de mes, o d\u00eda 21, est\u00e1 previsto que <a href=\"https:\/\/amarinha.gal\/\">amarinha.gal<\/a> desenvolva unha nova actividade mensual, este vez relacionada coa Wikipedia. Un pouco como introduci\u00f3n, outro pouco como lembranza ou a\u00ednda para &#8216;ir abrindo boca&#8217;, queda aqu\u00ed un pequeno escrito sobre o tema.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjX6iyWYLl7X7JRfI8v3IdJwkWv2vw4-wXCoWyF5jr3Xe1oYD9xjlOyh7J-dCm3HuVa1L_fx0W-FBeIqJG-G2xERDVgTg5sDSKDu1WzUTGGNeQ3ypKFh3EUxhBId2y_PSZtXVWQ1EqjNB0h1GKH9qvti9vr3JbkfYeEZ9eHSLW5BEyYsWTd1wkh9A\/s1222\/Captura%20de%20pantalla%20de%202025-02-03%2010-50-03.png\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"169\" data-original-width=\"1222\" height=\"90\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjX6iyWYLl7X7JRfI8v3IdJwkWv2vw4-wXCoWyF5jr3Xe1oYD9xjlOyh7J-dCm3HuVa1L_fx0W-FBeIqJG-G2xERDVgTg5sDSKDu1WzUTGGNeQ3ypKFh3EUxhBId2y_PSZtXVWQ1EqjNB0h1GKH9qvti9vr3JbkfYeEZ9eHSLW5BEyYsWTd1wkh9A\/w658-h90\/Captura%20de%20pantalla%20de%202025-02-03%2010-50-03.png\" width=\"658\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><span style=\"font-size: x-small\">Collido da Galipedia, <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/4.0\/\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Lic. CC BY SA 4.0<\/a><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<p style=\"text-align: center\">\nTemos en com\u00fan o co\u00f1ecemento da Wikipedia. A <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search\/label\/Galipedia\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Galipedia<\/a> e o mundo<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Se te achegas algo por internet, de seguro te ter\u00e1s metido algunha vez na Wikipedia. Se est\u00e1s a ler isto, por exemplo, na co\u00f1ecida como Galipedia, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/\">gl.wikipedia.org<\/a>, a versi\u00f3n en lingua galega da enciclopedia. Para poder usala e beneficiarte dela, algu\u00e9n tivo que programar unha wiki, e logo algu\u00e9n tivo que compartir co\u00f1ecementos, imaxes&#8230; En realidade, hoxe por hoxe, a\u00ednda que se fala m\u00e1is da Wikipedia, a Fundaci\u00f3n Wikimedia ten desenvolto toda unha serie de espazos asociados que complementan \u00e1s diversas wikipedias, como no caso da Galipedia. Asi, MetaWiki, MediaWiki, e Wikifunctions, enfocadas \u00e1 coordinaci\u00f3n, desenvolvemento e librar\u00eda de funci\u00f3ns, e as m\u00e1is afastadas do usuario com\u00fan. Pero tam\u00e9n Commons e Wikidata: un, o repositorio multimedia do que collen os v\u00eddeos e as imaxes a Galipedia e as demais Wikipedia, e a outra, unha aut\u00e9ntica base de datos dispo\u00f1ible para todo o mundo. Ou Wikispecies, Wikinews, Wikiversity e Wikivoyage, as wikis especializadas nos detalles dos seres vivos, nas noticias, en presentar os co\u00f1ecementos acad\u00e9micos ou en facer de gu\u00eda tur\u00edstico a nivel mundial. E, xa m\u00e1is achegados a n\u00f3s, tomando os nomes que se lles deu no caso galego, Galizionario, Galilibros, Galifontes e Galicitas. Estes \u00faltimos, nome da versi\u00f3n galega, far\u00edan de dicionario, editorial de novos libros, editora en internet de vellos libros cando o permiten os dereitos, e citas en galego. De Commons e Wikidata, podemos obter pantallas con indicaci\u00f3ns en galego, pero o que se visualiza \u00e9 para todas as linguas, e a\u00ednda que por verse en diferentes linguas poida parecer o contrario, te\u00f1en a mesma informaci\u00f3n para todas elas. Polo contrario, o grupo Wikinews e compa\u00f1a, pode traducirse e ter diferentes versi\u00f3ns en cada lingua. Mais o meter datos, imaxes, texto, implica traballo de voluntarios, e dado o n\u00famero de xente en Galicia, tense desistido na pr\u00e1ctica dunha \u2018versi\u00f3n galega\u2019 delas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Porque si, dende a s\u00faa creaci\u00f3n vai para un cuarto de s\u00e9culo, a Fundaci\u00f3n Wikimedia, que mant\u00e9n a familia de wikis, ten tam\u00e9n medrado e recadado fondos de pequenas e grandes doaz\u00f3ns non s\u00f3 para manter os servidores, sen\u00f3n para un equipo t\u00e9cnico que desenvolva e faga medrar que xa hai, ou un equipo administrativo para xestionar cartos e a propia estrutura da asociaci\u00f3n. Mais, a\u00ednda as\u00ed, o traballo segue estando baseado en voluntarios e voluntarias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ben, falando da Galipedia, glwiki ten contidos ben diferenciados dos da eswiki ou da enwiki, a\u00ednda que alg\u00fans sexan traduci\u00f3ns doutras versi\u00f3ns. As\u00ed, \u201cVilasel\u00e1n, Ribadeo\u201d, non existe como entrada da enwiki nin de outra wiki a excepci\u00f3n da eswiki, onde \u00e9 un p\u00e1lido reflexo reducido da entrada na Galipedia. Claro, se nos imos a unha entrada como \u201cV\u00eda L\u00e1ctea\u201d, aparece nas tres versi\u00f3ns anteditas, e p\u00f3dese pasar dunha a outra. E a\u00ednda que non po\u00f1a o mesmo, si que m\u00e1is dun redactor en galego pasou ver se pod\u00eda aproveitar algo do que aparece noutras linguas, co que pode presentar unha certa semellanza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Semellanza, dentro da diversidade. Hai 17 anos un estudo amosou que a \u2018calidade\u2019 da enwiki xa era semellante \u00e1 daquela louvada Enciclopaedia Britannica, e dende ent\u00f3n non deixou de mellorar. Pero mesmo daquela a Enciclopedia Espasa, o equivalente da Britannica, non recoll\u00eda a entrada sobre a \u201cBatalla de Trafalgar\u201d no mesmo senso que a s\u00faa competidora inglesa, e hoxe nesa entrada da enwiki p\u00f3dese atopar unha certa diferencia coa correspondente na eswiki, por moito que dunha se poda saltar directamente \u00e1 outra. Algo semellante pasa coa entrada \u201cRevoluci\u00f3n galega de 1846\u201d (glwiki) ou \u201cLevantamiento de Sol\u00eds\u201d (eswiki), o que se pode apreciar xa s\u00f3 con fixarse no t\u00edtulo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O mundo da familia Wikimedia \u00e9 amplo, de xeito que \u00e9 case imposible abranguelo m\u00e1is al\u00f3 da superficie, a menos que te adiques s\u00f3 a iso. A Deus grazas, non \u00e9 necesario facelo, a\u00ednda que estar\u00eda ben ter en conta algunhas cousas que soen pasar desapercibidas, como que se pode baixar un artigo ou un conxunto, en pdf, facendo un libro. Que se pode ver as versi\u00f3ns anteriores dun artigo, e cando e por quen foron variadas. Que en xeral se poden obter en Commons imaxes de m\u00e1is calidade que as que aparecen nun artigo da Galipedia ou outra Wikipedia. Que se pode dispor de xeito estruturado os datos dun persoeiro a trav\u00e9s de Wikidata, que tam\u00e9n ten unha linguaxe propia para facer a s\u00faa procura. Ou procurar alg\u00fan que outro libro vello en Galifontes ou manual novo en Galilibros. Entre outras cousas, porque \u2018a familia\u2019 non s\u00f3 \u00e9 ampla, sen\u00f3n multiusos, unha especie de \u2018navalla su\u00edza\u2019 para o co\u00f1ecemento. As\u00ed, na Galipedia podes atopar co\u00f1ecementos xerais, como o decurso da Segunda Guerra Mundial, especializados nun campo concreto, como o ESO, Observatorio Europeo Austral, pero tam\u00e9n a historia \u00edntima dun recuncho de Galicia que ter\u00e1 dificultade en aparecer noutros lugares, como a evoluci\u00f3n da poboaci\u00f3n, toponimia, monumentos e historia temporal de A Devesa, da ribadense parroquia de Santalla da Devesa, reunidos nun s\u00f3 artigo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Para rematar, tampouco se deber\u00eda esquecer, s\u00e9xase usuario, contribuidor, ambas cousas ou a\u00ednda ningunha delas, que a principal norma, gu\u00eda para a edici\u00f3n, os chamados \u2018cinco piares\u2019, tentan garantir que esta enciclopedia, a Wikipedia, siga a medrar en cantidade e calidade. Poden resumirse como \u201cEnciclopedia, neutra, libre, consensuada e cambiante\u201d. Unha enciclopedia para aglutinar co\u00f1ecemento com\u00fan, que podes usar e \u00e1 que podes contribu\u00edr e editar. Wikipedia \u00e9 t\u00faa, \u00e9 de todos e para todos. Usa e coida do patrimonio com\u00fan. Ela e ti.<\/p>\n<p style=\"text-align: right\">\nAntonio Gregorio Montes, (usuario:Agremon)<\/p>\n<p style=\"text-align: right\">\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhQGSX0dg4RljXFVifjRNa9U7pDE4N3CCCpQhMBw70hNNhUHLmAKoZ7CabquXhTWxCIL943dimOf0rtPtj9xb6ygYvSv5HW0HW9-wS6GqUWrG96xLhNGD2gwGdqdGDEuFFrshJSETWWGpqbH74R0uyI28mIErGZO42RXM4doKtIoL9ot7bCI7XRsw\/s1222\/Captura%20de%20pantalla%20de%202025-02-03%2010-53-18.png\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"169\" data-original-width=\"1222\" height=\"88\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhQGSX0dg4RljXFVifjRNa9U7pDE4N3CCCpQhMBw70hNNhUHLmAKoZ7CabquXhTWxCIL943dimOf0rtPtj9xb6ygYvSv5HW0HW9-wS6GqUWrG96xLhNGD2gwGdqdGDEuFFrshJSETWWGpqbH74R0uyI28mIErGZO42RXM4doKtIoL9ot7bCI7XRsw\/w640-h88\/Captura%20de%20pantalla%20de%202025-02-03%2010-53-18.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><span style=\"font-size: x-small\">Collido da Galipedia, <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/4.0\/\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Lic. CC BY SA 4.0<\/a><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Antes de fin de mes, o d\u00eda 21, est\u00e1 previsto que amarinha.gal desenvolva unha nova actividade mensual, este vez relacionada coa Wikipedia. Un pouco como introduci\u00f3n, outro pouco como lembranza ou a\u00ednda para &#8216;ir abrindo boca&#8217;, queda aqu\u00ed un pequeno escrito sobre o tema. Collido da Galipedia, Lic. CC BY SA 4.0 Temos en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[182],"tags":[],"class_list":["post-13707","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galipedia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13707","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13707"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13707\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13707"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13707"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13707"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}