{"id":13685,"date":"2025-02-19T19:25:00","date_gmt":"2025-02-19T18:25:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/02\/19\/dous-artigos-sobre-o-antroido-eli-garcia-bouso\/"},"modified":"2025-02-19T19:25:00","modified_gmt":"2025-02-19T18:25:00","slug":"dous-artigos-sobre-o-antroido-eli-garcia-bouso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/02\/19\/dous-artigos-sobre-o-antroido-eli-garcia-bouso\/","title":{"rendered":"Dous artigos sobre o antroido. Eli Garc\u00eda-Bouso"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Deixo a continuaci\u00f3n dous artigos de <a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Eli+garc%C3%ADa+bouso&amp;updated-max=2005-12-18T00:23:00%2B01:00&amp;max-results=20&amp;start=6&amp;by-date=false\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Eli Garc\u00eda-Bouso<\/a> publicados en La Comarca del Eo dos d\u00edas 8 e 15 de febreiro de 2025:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><b>O A(E)NTROIDO<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: right\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>POR ELI GARC\u00cdA-BOUSO<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Puidemos ler neste semanario do 25 de xaneiro pasado e no do 1 de febreiro actual sendas informaci\u00f3ns, entre outras, nas que se falaba da pr\u00f3xima celebraci\u00f3n do Antroido. Perd\u00f3n: do Entroido. O 25 de febreiro de 2023 publiquei, tam\u00e9n na Comarca, un escrito-opini\u00f3n no que defend\u00eda o uso da palabra \u201cAntroido\u201d en vez da de \u201cEntroido\u201d, que \u00e9 a normativa, e que se ven utilizando na nosa vila desde fai varios anos. Os devanditos escritos demostranme que o meu ca\u00e9u en saco roto, pero lembrando aquel dito de \u201cel que la sigue la consigue\u201d, decidinme a insistir neste asunto e volver a dar a luz o mesmo artigo publicado naquela data de fai case 2 anos e que levaba o mesmo t\u00edtulo que o que encabeza estas li\u00f1as. Iso si, prego que si algu\u00e9n ten argumentos que superen \u00f3s meus para defender o uso de \u201cEntroido\u201d, por favor, que mo faga saber a trav\u00e9s deste mesmo semanario ou, se o prefire, de xeito privado. Heillo de agradecer e, se me convence, estou disposto a rectificar. E non digo esto desde unha posici\u00f3n prepotente, porque me crea poseedor da raz\u00f3n (non son ling\u00fcista nin fil\u00f3logo), sen\u00f3n porque, realmente, quero facer uso do m\u00e1is razoable e debidamente argumentado, a\u00ednda que, \u00e1s veces, non coincida co normativo, como pode ocorrer coas excepci\u00f3ns (sexan da materia que sexan).<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Aquel artigo dec\u00eda o seguinte:<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201c<i>Nestas datas, sempre lembro \u00f3s meus av\u00f3s (e pais) falando do Antroido. A mi\u00f1a av\u00f3a era a encargada de facer os fereix\u00f3s, recheos ou non, que fac\u00edan a delicia de cativos e maiores.<br \/>Antroido por aqu\u00ed, Antroido por al\u00e1.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Sen embargo, nos \u00faltimos anos, invadiunos (non sei porque) a palabra Entroido (con \u201cE\u201d), substitu\u00edndo \u00e1 de sempre, Antroido (con \u201cA\u201d). Te\u00f1o entendido, segundo me dixo unha persoa estudada e informada, que a Real Academia Galega s\u00f3 d\u00e1 por certa ou v\u00e1lida a de \u201cEntroido\u201d. Sendo conscientes de que a nosa Academia acepta como v\u00e1lidas as variantes dalgunhas palabras, dependendo da rexi\u00f3n ou lugar donde se usen, non creo que a RAG se enfadara con n\u00f3s se utilizamos a nosa variante local, usada desde non sei cantos anos fai. Polo dito, pido \u00f3s responsables destas festas en Ribadeo (comisi\u00f3n, Concello, ACISA, ou quen sexa) que volvamos \u00e1s orixes, que volvamos \u00f3s nosos av\u00f3s e pais, e que non deixemos perder a maneira na que sempre nos referimos en Ribadeo \u00f3 Carnaval, \u00e9 dicir, \u00f3 Antroido. E baso esta petici\u00f3n nos seguintes argumentos:<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>1.- Na veci\u00f1a Asturias, utilizan para o Carnaval a palabra \u201cAntroxu\u201d. Con \u201cA\u201d. Se buscamos en Google esta palabra aparecen, aproximadamente, 227.000 resultados. Se buscamos \u201cEntroxu\u201d, rem\u00edtenos a Antroxu. \u00c9 dicir, non aparece ningunha.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>2.- Na Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo, da que formo parte, temos no repertorio unha cantiga de Juan de la Encina (ou Juan del Encina; s\u00e9culos XV e XVI), dedicada \u00f3 carnaval e que na s\u00faa letra di: \u201c\u2026Por honra de Sant Antruejo par\u00e9monos hoy bien anchos\u2026). Si. Tam\u00e9n con \u201cA\u201d.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>3.- Eu coidaba que Antruejo era unha palabra do castel\u00e1n antigo pero, sen uso hoxend\u00eda. Estaba errado: segue a existir no vocabulario. Non temos m\u00e1is que buscar no diccionario da Real Adademia Espa\u00f1ola para comprobalo. \u00c9 certo que tam\u00e9n aparece a acepci\u00f3n \u201cEntruejo\u201d m\u00e1is, en vez de definila, rem\u00edtenos \u00e1 outra, \u00e9 dicir, a Antruejo.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>4.- Non s\u00f3 segue existindo en castel\u00e1n, sen\u00f3n que tam\u00e9n se utiliza en ocasi\u00f3ns. No pasado mes de xaneiro pasei uns d\u00edas coa mi\u00f1a familia en Ciudad Rodrigo (que non co\u00f1ec\u00edamos) e sorprendeume grandemente ver nos escaparates das tendas carteis que anunciaban a festa do \u201cToro del Antruejo\u201d de Ciudad Rodrigo. Unha vez m\u00e1is recurro a Google para buscar \u201cToro del Antruejo\u201d e aparecen 10.900 resultados. Busco \u201cToro del Entruejo\u201d e aparecen os do \u201cAntruejo\u201d pero nin un s\u00f3 do Entruejo.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cos devanditos argumentos, coido que est\u00e1 claro que prevalece, con diferencia, a vocal \u201cA\u201d sobre a vocal \u201cE\u201d. Ent\u00f3n, preg\u00fantome eu, porque en Ribadeo, que sempre se dixo Antroido, imos deixar perder este uso, que \u00e9 o natural da nosa vila?<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Quiz\u00e1is a mi\u00f1a petici\u00f3n \u00f3s responsables chegue tarde para este ano, porque posiblemente estean xa impresos os carteis e dem\u00e1is propaganda do Antroido. Pero p\u00eddolles que tomen boa nota para o vindeiro ano e, se a\u00ednda quedan cousas por publicar, por favor, utilizade a acepci\u00f3n \u201cAntroido\u201d, que \u00e9 a nosa.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cos meus mellores desexos, VIVA O ANTROIDO!<\/i>\u201d<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ata aqu\u00ed o publicado o 25 de febreiro de 2023 e, para rematar este escrito, preg\u00fantome: seguir\u00e1n os responsabeis desta celebraci\u00f3n deixar caer, unha vez m\u00e1is, en saco roto o uso tradicional da palabra Antroido que, a\u00ednda que non \u00e9 a normativa, si \u00e9 a normal e a natural en Ribadeo? Se vai ser as\u00ed, estou convencido que axina deixar\u00e1 de ser a normal na nosa vila, se non deix\u00f3u de selo xa. Oxal\u00e1 me equivoque.&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center\">&nbsp;&#8212;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><b>AGORA SI: ANTROIDO<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: right\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>POR ELI GARC\u00cdA-BOUSO<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Retomo o asunto da semana anterior, a\u00ednda co risco de caer pesado \u00f3s meus pos\u00edbeis lectores. E f\u00e1goo por imperativo \u00e9tico, pois esta semana houbo dous feitos que me amosan que o \u201csaco roto\u201d do que falaba, non o estaba tanto como eu poder\u00eda pensar, ademais de fortalecer a mi\u00f1a argumentaci\u00f3n sobre o uso na nosa vila da palabra \u201cAntroido\u201d en vez de \u201cEntroido\u201d.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un, foi o correo electr\u00f3nico que me envi\u00f3u Antonio Gregorio, licenciado en f\u00edsica e qu\u00edmica (sobradamente co\u00f1ecido en Ribadeo), no que me dic\u00eda que concordaba conmigo no expresado no mencionado artigo e me facilitaba un enlace \u00f3 seu \u201cRibadeando\u201d, onde ti\u00f1a editado o preg\u00f3n do antroido que el mesmo pronunciou na sala de festas Rosa-Lar, al\u00f3 no ano 1997 (xa choveu). Neste preg\u00f3n, utiliza continuamente a forma \u201cantroido\u201d, ag\u00e1s nun par\u00e1grafo no que reco\u00f1ece a irrupci\u00f3n en Ribadeo da forma \u201centroido\u201d (xa daquela; e eu que pensaba que era de uso relativamente recente&#8230;).<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O outro, que foi o que me deu o pulo definitivo para decidirme a volver a escribir sobre este tema, foi a mensaxe por \u201cWhatsApp\u201d (ou, como digo eu, por \u201cguasapo\u201d, galeguizando ou castelanizando o t\u00e9rmino ingl\u00e9s) que me remit\u00edu Suso Fern\u00e1ndez Acevedo, fil\u00f3logo e profesor de galego no IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo. Dic\u00eda Suso: \u201c<i>A Real Academia Galega recolle no dicionario os dialectalismos l\u00e9xicos maioritarios pero ac\u00e9ptaos todas e non s\u00f3 iso, sen\u00f3n que sempre defende que, en cuesti\u00f3n de l\u00e9xico, deben defenderse os dialectalismos<\/i>\u201d.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As\u00ed mesmo, envioume un enlace co xornal \u201cEl Espa\u00f1ol\u201d. O primeiro que me chamou a atenci\u00f3n foi un mapa de Galiza, elaborado polo Instituto da Lingua Galega, onde todos os municipios est\u00e1n marcados cunha cor concreta e cada cor corresponde a unha forma diferente de nomear o carnaval na nosa Comunidade. Rapidamente busquei Ribadeo e, como esperaba, a cor coa que aparece marcado o noso concello corresponde \u00e1 forma \u201cAntroido\u201d. Unha vez m\u00e1is se reforza a mi\u00f1a postura.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Deste peri\u00f3dico, no artigo asinado por Thalia Garc\u00eda, recollo s\u00f3 uns cantos par\u00e1grafos para non facer demasiado extenso este meu artigo. Vexamos:<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201c<i>\u2026las f\u00f3rmulas t\u00edpicas del Entroido y Antroido son, sin lugar a dudas, las m\u00e1s empleadas por los gallegos\u2026 seg\u00fan apunta un estudio llevado a cabo por el Instituto da Lingua Galega, de la USC\u2026<\/i>\u201d<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Outro: \u201c<i>\u2026el Instituto da Lingua Galega se vali\u00f3 de una base de datos lexicogr\u00e1fica que abarca m\u00e1s de mil obras datadas desde el a\u00f1o 1812 hasta la actualidad\u2026 dicho an\u00e1lisis exhaustivo revel\u00f3 la presencia de hasta 15 variantes diferentes de la palabra que hab\u00edan sido recogidas un total de 1.400 veces\u2026 Entroido es la forma m\u00e1s utilizada, superando las 800 referencias\u2026 En el caso de Antroido, la segunda expresi\u00f3n m\u00e1s empleada en Galicia recibe m\u00e1s de 500 menciones, m\u00e1xime en las zonas m\u00e1s al norte de las provincias de A Coru\u00f1a y Lugo\u201d<\/i>.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por \u00faltimo, Suso Fern\u00e1ndez, remitiume varios comentarios como fil\u00f3logo que \u00e9, dos que destacarei uns cantos:<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201c<i>O galego ten moitas palabras que non se recollen no dicionario, pero non por iso son incorrectas.<\/i>\u201d<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201c<i>No caso das variantes l\u00e9xicas, adoitan (ref\u00edrese \u00e1 RAG) recomendar\u2026 Pero son recomendaci\u00f3ns, non prescrici\u00f3ns<\/i>\u201d.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201c<i>Trat\u00e1ndose de comunicaci\u00f3n de \u00e1mbito local (por exemplo, os carteis do Antroido ribadense) ning\u00fan acad\u00e9mico vai condenar o uso da forma tradicional da zona. Todo o contrario: se unha idea hai clara nos lexic\u00f3grafos \u00e9 que a diversidade \u00e9 riqueza, sempre que non atente contra as caracter\u00edsticas propias do idioma<\/i>\u201d. Como ocorre neste caso que eu defendo.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Coido que o que levo exposto ata aqu\u00ed \u00e9 motivo suficiente para, unha vez m\u00e1is, pedirlles, solicitarlles, pregarlles \u00f3s respons\u00e1beis da organizaci\u00f3n do Antroido ribadense, e de xeito especial \u00f3 Concello de Ribadeo e, de maneira m\u00e1is especial a\u00ednda, se cabe, \u00e1 Concelleira de Cultura que, por favor, non traizoen \u00f3s nosos antepasados co emprego dunha palabra que NON \u00c9 en absoluto propia da nosa vila, que respecten a que sempre se utilizou, e que fagan todo o posible para que nos carteis, escritos, propaganda, programas, etc., se empregue a nosa palabra natural: ANTROIDO.<br \/>\n  <span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E por se todo o antedito fora pouco, o propio profesor Suso Fern\u00e1ndez ind\u00edcame que acaba de comprobar que no Tesouro Informatizado da Lingua Galega, no que se recollen 413 rexistros de \u201cantroido\u201d, aparece nos rexistros do 5 \u00f3 11, que Rosal\u00eda de Castro usaba a<br \/>forma \u201cantroido\u201d.<br \/><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O d\u00eda 22 do presente mes, a Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza realiza un acto, no que participa o Concello, como homenaxe a Rosal\u00eda. Imos traizoar tam\u00e9n a Rosal\u00eda?<\/p>\n<p style=\"text-align: right\">&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.ribadeando.com\/search?q=Eli+Garc%C3%ADa+Bouso\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Eli Garc\u00eda Bouso<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\n<div style=\"clear: both;text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiDXFyMm7eKhJfUPCmZBajp2hxujBYzEB2Z0_UgEXbk-Idd6rQ0FjnCIidf9wRmNyU8m_fAD8gxoshdRtN5TzFZSZ7-CikEbt4mtXXPzZO0F1lYIHHm2jBiv8l-ysq0z6yl8ANmCL5REPqloMd_BdbABDhdQIZm23njxL1s4V51_9rM-nDuxurtzg\/s348\/Eli%20Garc%C3%ADa%20Bouso.jpg\" style=\"clear: right;float: right;margin-bottom: 1em;margin-left: 1em\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"348\" data-original-width=\"333\" height=\"200\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiDXFyMm7eKhJfUPCmZBajp2hxujBYzEB2Z0_UgEXbk-Idd6rQ0FjnCIidf9wRmNyU8m_fAD8gxoshdRtN5TzFZSZ7-CikEbt4mtXXPzZO0F1lYIHHm2jBiv8l-ysq0z6yl8ANmCL5REPqloMd_BdbABDhdQIZm23njxL1s4V51_9rM-nDuxurtzg\/w191-h200\/Eli%20Garc%C3%ADa%20Bouso.jpg\" width=\"191\" \/><\/a><\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Deixo a continuaci\u00f3n dous artigos de Eli Garc\u00eda-Bouso publicados en La Comarca del Eo dos d\u00edas 8 e 15 de febreiro de 2025: &nbsp;&nbsp; &nbsp;O A(E)NTROIDO &nbsp;&nbsp; &nbsp;POR ELI GARC\u00cdA-BOUSO &nbsp;&nbsp; &nbsp;Puidemos ler neste semanario do 25 de xaneiro pasado e no do 1 de febreiro actual sendas informaci\u00f3ns, entre outras, nas que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[171,158],"tags":[],"class_list":["post-13685","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-festas","category-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13685","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13685"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13685\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13685"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13685"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13685"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}