{"id":13675,"date":"2025-02-25T16:07:00","date_gmt":"2025-02-25T15:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2025-02-28T16:23:42","modified_gmt":"2025-02-28T15:23:42","slug":"lingua-vital-o-que-vai-de-pedir-a-reivindicar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/02\/25\/lingua-vital-o-que-vai-de-pedir-a-reivindicar\/","title":{"rendered":"Lingua vital. O que vai de pedir a reivindicar"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center\">\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/02\/queremosgalego26-9269760.jpeg\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"420\" data-original-width=\"700\" height=\"384\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/02\/queremosgalego26-9269760-300x180.jpeg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><span style=\"font-size: x-small\">220225 Queremos Galego remate da manifestaci\u00f3n na praza do obradoiro 23 de febreiro CC-BY-NC-SA <a href=\"https:\/\/praza.gal\/acontece\/a-xornalista-de-praza-ana-g-liste-gana-o-premio-sese-mateo-cunha-reportaxe-sobre-o-seguimento-telematico-na-violencia-machista\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">Ana G. Liste<\/a>. Collido de <a href=\"https:\/\/praza.gal\/politica\/clamor-masivo-por-un-galego-vital\">https:\/\/praza.gal\/politica\/clamor-masivo-por-un-galego-vital<\/a><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/p>\n<p style=\"text-align: center\">Lingua vital. O que vai de pedir a reivindicar <\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Vexo nun xornal, na s\u00faa portada, que milleiros de galegos \u2018ped\u00edan\u2019 onte, d\u00eda de Rosal\u00eda, por unha lingua vital. No interior, a noticia empregaba outro verbo. Al\u00ed, os manifestantes (de novo sen n\u00famero preciso), \u2018reivindicaban\u2019. As verbas c\u00e1rgaas o dia\u00f1o, a\u00ednda que poda ser m\u00e1is evidente o que se decide dicir e o que se decide non dicir. Vexamos se non o dicionario da RAG.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Al\u00ed, &#8216;Pedir&#8217; \u00e9 facer co\u00f1ecer a algu\u00e9n o que se desexa que dea, conceda ou faga, manifestar o desexo de, solicitar aos pais o permiso (para casar coa filla), desexar ou esperar obter algo de&#8230;, solicitar ou suplicar esmola&#8230; Os sin\u00f3nimos van de pregar e rogar a mendigar. Haber\u00eda que ver o significado concreto que ti\u00f1a na mente o redactor do titular, que hai abano abondo, pero a deriva xeral do termo coido que est\u00e1 abondo clara.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Imos polo outro termo. No dicionario da Real Academia Galega aparece &#8216;Reivindicar&#8217; como pedir ou esixir unha cousa \u00e1 que se cre ter dereito. Pode que clarifique m\u00e1is o \u00fanico sin\u00f3nimo que aparece: reclamar. Xa non se trata da posibilidade de desexo, de concesi\u00f3ns, de esperar obter, de solicitar, de suplicar, de mendigar. Non. Recl\u00e1mase ou es\u00edxese a aplicaci\u00f3n dun dereito.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Na pr\u00e1ctica, a diferenza est\u00e1 en que os manifestantes non mendigaban, algo que enfocaba o primeiro titular a pesar da foto adxunta que indicaba algo do tama\u00f1o da manifestaci\u00f3n. Non, os participantes eran conscientes dun dereito do que reclamaban a s\u00faa aplicaci\u00f3n. Algo que s\u00f3 aparec\u00eda no titular do interior do xornal. Reclam\u00e1bano aplicando a reclamaci\u00f3n: o galego, reclamado como lingua vital, foi reclamado en galego, vitalizando a lingua. Claro que o xornal \u00f3 que me refiro non acostuma a usar o galego se non \u00e9 moi por tras do emprego do castel\u00e1n. Ser\u00e1 ent\u00f3n a explicaci\u00f3n do mal uso das palabras a s\u00faa pouca mestr\u00eda en galego? Tras botar unha ollada \u00f3 dicionario da Real Academia Espa\u00f1ola, dir\u00eda que non, que non hai lugar a confusi\u00f3n porque en castel\u00e1n hai diferenzas semellantes entre as palabras&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Antes de continuar, de novo o dicionario para recalar en &#8216;vital&#8217;: relativo ou pertencente \u00e1 vida. Que \u00e9 necesario para a vida. \u00c9 dicir, esencial. Mais tam\u00e9n pode ser \u2018que demostra vitalidade\u2019, \u00e9 dicir, a caracter\u00edstica do que ten moita actividade, de quen act\u00faa con enerx\u00eda e decisi\u00f3n. Iso, polo de &#8216;lingua vital&#8217;. Os manifestantes t\u00ed\u00f1ano claro: o galego \u00e9 unha lingua vital. A\u00ednda que mirando as estat\u00edsticas poda dicirse que xa o ten sido m\u00e1is e que leva cami\u00f1o cara a deixar de selo.\n<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E aqu\u00ed, a continuaci\u00f3n: &#8216;non s\u00f3 se defende a lingua tras dunha pancarta&#8217;. Esa cita, segundo o xornal, do conselleiro do ramo, quere orientar a unha visi\u00f3n na que &#8216;os que van tras a pancarta&#8217; s\u00f3 defender\u00edan a lingua dese xeito, mentres que quen non est\u00e1 detr\u00e1s dela -como o conselleiro- ter\u00eda toda unha gama de posibilidades que estar\u00eda usando. Sen entrar na cuesti\u00f3n de que defender implica un reco\u00f1ecemento impl\u00edcito de que est\u00e1 a ser atacado, polo momento, desa defensa pola s\u00faa parte, o que hai \u00e9 -s\u00f3 e evidentemente- que non \u00eda detr\u00e1s da pancarta. O resto de feitos indicar\u00edan m\u00e1is ben que est\u00e1 a favor de m\u00ednimos para o galego, non da s\u00faa \u2018defensa\u2019.<\/p>\n<\/p>\n<div>Escrito por Agremon en Ribadeando, https:\/\/ribadeando.com, o blog de Ribadeo<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>220225 Queremos Galego remate da manifestaci\u00f3n na praza do obradoiro 23 de febreiro CC-BY-NC-SA Ana G. Liste. Collido de https:\/\/praza.gal\/politica\/clamor-masivo-por-un-galego-vital Lingua vital. O que vai de pedir a reivindicar &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Vexo nun xornal, na s\u00faa portada, que milleiros de galegos \u2018ped\u00edan\u2019 onte, d\u00eda de Rosal\u00eda, por unha lingua vital. No interior, a noticia empregaba outro [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13825,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[166],"tags":[],"class_list":["post-13675","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-lingua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13675","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13675"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13675\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13827,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13675\/revisions\/13827"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13825"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13675"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13675"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13675"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}