{"id":1359,"date":"2023-10-15T10:24:00","date_gmt":"2023-10-15T08:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T14:03:45","modified_gmt":"2024-10-23T12:03:45","slug":"que-o-urxente-non-nos-aparte-do-camino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/10\/15\/que-o-urxente-non-nos-aparte-do-camino\/","title":{"rendered":"Que o urxente non nos aparte do cami\u00f1o cara \u00f3 importante"},"content":{"rendered":"<p><span>Que o urxente non nos aparte do cami\u00f1o cara \u00f3 importante<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/10\/incendio20en20Vidal.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"361\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/10\/incendio20en20Vidal.jpeg\" class=\"wp-image-1360\" width=\"601\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Momento do incendio en Vidal, Trabada. Foto de Pancho Campos<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Urxencia e importancia son percibidas como subxectivas, mais te\u00f1en unha base constru\u00edda en relaci\u00f3n \u00e1 percepci\u00f3n dos feitos. \u00c9 dicir, persoas diferentes poden ver diferente urxencia no urxente ou diferente importancia no importante. Mais, a\u00ednda que non coincidan en causas ou soluci\u00f3ns, a pouco que se reflexione sobre algo, \u00e9 dif\u00edcil que se intercambien os termos urxente \/ importante.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nestes momentos cando comezo a escribir, a posibilidade de chuvia \u00e9 a m\u00e1xima esperanza para a soluci\u00f3n dun incendio que leva pouco m\u00e1is de 24 horas activo e, polo momento, segue sen estar controlado despois de que a fronte te\u00f1a migrado case dez quil\u00f3metros \u00f3 NNE dende o seu nacemento. Como urxente, a urxencia de evitar que o lume consuma toda unha zona de preto de 10 km<sup>2<\/sup> pode levarnos a cousas como axudar a apagar o lume, rogar \u00f3 ceo por unha chuvia que se fai a remolona ou increpar \u00f3 goberno -a calquera dos gobernos-, sexa pola falta de medios ou pola falta de obrigas legais para manter o monte dun xeito que non sexa a monte. Persoalmente, a\u00ednda que por varias raz\u00f3ns remate non fac\u00e9ndoo, a primeira das opci\u00f3ns que expo\u00f1o coido que \u00e9 a m\u00e1is v\u00e1lida no sentido de rendible.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Pasan 24 horas m\u00e1is e o lume est\u00e1 sufocado. Aplausos para as brigadas de incendios e toda a xente que colaborou (pode que non se note, pero m\u00e1is da que parece e sae nos medios), grazas \u00e1s persoas que puxeron os seus medios como gran de area para constru\u00edr esa vitoria colectiva contra as lapas. A\u00ednda est\u00e1n fumegantes \u00e1rbores e casas sobre a terra xa mollada pola choiva que se agradece no momento e a moitos causa molestia un pouco despois. As novas da masacre de palestinos polos israel\u00eds previamente atacados polos palestinos desaloxados das s\u00faas terras polos xudeus (podemos seguir ate varios miles de anos e non citar nin Ham\u00e1s nin goberno israel\u00ed) xa se sobrepuxeron totalmente nas novas, tam\u00e9n \u00e1s de masacres na Ucra\u00edna a mans dos p\u00e9rfidos rusos (esta vez os m\u00e1is fortes son os malos, din). \u00c9 dicir, unha vez pasada a urxencia, a importancia de tratar arredor do incendio parece ter desaparecido.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Por suposto, os incendiarios son moi, moi malos e merecen castigo moi, moi grande. Que o sistema contraincendios estea funcionando en base \u00f3 voluntarismo de profesionais mentres a estrutura non parece que estea ben mantida parece ser problema de outros. Que o plantar eucaliptos non s\u00f3 estea legalizado sen\u00f3n potenciado por riba da legalidade que hab\u00eda anteriormente, \u00e9 algo que non pode competir en popularidade coas m\u00faltiples e ben informadas actividades que mant\u00e9n o conselleiro ou o tempo de perruquer\u00eda dalgunha ministra (tema este interesante onde os haxa). Naturalmente, que as temperaturas leven superando marcas a decena de d\u00edas anteriores, non ten moito que ver, pois o vento soprou forte a\u00ednda que el non superara marcas, e a seca sabemos que non \u00e9 a primeira vez que a hai, co que o falar do cambio clim\u00e1tica e os medios para tentar evitalo pode deixarse para outros momentos, non? Para que pregunto? Claro que non!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Un par de d\u00edas despois de novo cheira a incendio. Coa terra non tan seca e a temperatura m\u00e1is baixa, seguro que non vai a m\u00e1is: non hai urxencia, hoxe podemos pasar do importante.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que o urxente non nos aparte do cami\u00f1o cara \u00f3 importante Momento do incendio en Vidal, Trabada. Foto de Pancho Campos &nbsp;&nbsp;&nbsp; Urxencia e importancia son percibidas como subxectivas, mais te\u00f1en unha base constru\u00edda en relaci\u00f3n \u00e1 percepci\u00f3n dos feitos. \u00c9 dicir, persoas diferentes poden ver diferente urxencia no urxente ou diferente importancia no importante. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1360,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,46],"class_list":["post-1359","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1359","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1359"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1359\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1360"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1359"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1359"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1359"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}