{"id":13577,"date":"2024-11-17T09:10:00","date_gmt":"2024-11-17T08:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-20T10:16:07","modified_gmt":"2024-11-20T09:16:07","slug":"non-mires-balsa-de-alcoa-ivan-rodriguez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/11\/17\/non-mires-balsa-de-alcoa-ivan-rodriguez\/","title":{"rendered":"\u201cNon mires \u00e1 balsa de ALCOA\u201d. Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero"},"content":{"rendered":"<p><em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/11\/Captura20de20pantalla20de202024-11-172009-00-30.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"638\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/11\/Captura20de20pantalla20de202024-11-172009-00-30.png\" class=\"wp-image-13578\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Unha curiosidade: a balsa, en Google Maps, aparece da mesma cor que a auga&#8230; (captura de Google Maps)<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em>\u201cNon mires \u00e1 balsa de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=alcoa\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">ALCOA<\/a>\u201d<\/em><\/p>\n<p><em>O pasado 11 de outubro a Xunta de Galicia publicou unha Declaraci\u00f3n<br \/>\nde Impacto Ambiental (DIA) favorable para o recrecemento da balsa de<br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=lodos+vermellos\" rel=\"nofollow\" target=\"_blank\">lodos vermellos<\/a> de Alcoa. Unha DIA \u201csingular\u201d, como denuncian ADEGA,<br \/>\nEcoloxistas ou Pet\u00f3n do Lobo, que no seu primeiro apartado incl\u00fae un<br \/>\ntexto literal que deixo \u00f3 seu xu\u00edzo:<\/em><\/p>\n<p><em>\u201cA avaliaci\u00f3n non incl\u00fae os<br \/>\naspectos de seguridade das instalaci\u00f3ns, estabilidade xeot\u00e9cnica, de<br \/>\nseguridade e sa\u00fade no traballo, de miner\u00eda, estradas e outros que pos\u00faan<br \/>\n normativa reguladora e instrumentos espec\u00edficos e se atopan f\u00f3ra do<br \/>\nalcance da avaliaci\u00f3n ambiental, nin todo aquilo que se atopa f\u00f3ra das<br \/>\ncotas (100msnm-104msnm) nas que se pretende a execuci\u00f3n do proxecto, nin<br \/>\n das canteiras ou zonas de extracci\u00f3n de \u00e1ridos e pedra, nin os que se<br \/>\nderiven da caracterizaci\u00f3n dos barros a depositar nin dos plans de<br \/>\nemerxencias interiores e exteriores\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>\u00c9 dicir, que adiante. Non<br \/>\ntemos claro se caer\u00e1 todo, se vai ser seguro para o persoal, se se vai<br \/>\nrestaurar ou non, se os viais van ser empregados de acordo coa norma,<br \/>\npero polo tema \u201cambiental\u201d, adiante. Semella que as asinantes non queren<br \/>\n a responsabilidade de aprobar por urxencias pol\u00edticas un proxecto con<br \/>\ntantos aspectos pendentes de aclaraci\u00f3n. Un exemplo: durante o tr\u00e1mite<br \/>\nambiental o departamento de Sa\u00fade P\u00fablica caracterizou os lodos como<br \/>\nirritantes e corrosivos, e polo tanto perigosos, o que poder\u00eda modificar<br \/>\n os informes previamente remitidos polos restantes departamentos<br \/>\nconsultados\u2026<\/em><\/p>\n<p><em>Pese a resoluci\u00f3n favorable, abondan no texto as<br \/>\ncondicionais e as d\u00fabidas, entre as cales a unha semana da cat\u00e1strofe da<br \/>\n DINA en Valencia debemos salientar este par\u00e1grafo sobre o informe da<br \/>\nDirecci\u00f3n Xeral de Emerxencias e Interior:<\/em><\/p>\n<p><em>\u201cRevisada a<br \/>\ndocumentaci\u00f3n en relaci\u00f3n coa avaliaci\u00f3n dos efectos derivados da<br \/>\nvulnerabilidade do proxecto ante riscos de accidentes graves ou<br \/>\ncat\u00e1strofes que incidan no proxecto, se estima que son elevados, e polo<br \/>\ntanto o promotor do proxecto ten que modificar o Plan de Emerxencia<br \/>\nInterior para adaptarse \u00e1s novas caracter\u00edsticas do dep\u00f3sito, que ser\u00e1 o<br \/>\n documento de referencia para a actualizaci\u00f3n e revisi\u00f3n do Plan de<br \/>\nEmerxencia Exterior\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>Adiante, pese \u00f3 elevado risco. Cal \u00e9 o risco<br \/>\n dunha balsa de lodos? A licuefacci\u00f3n dos mesmos debido a fortes<br \/>\nprecipitaci\u00f3ns, que poidan converter a terra en lama e provocar a ca\u00edda<br \/>\ndese dep\u00f3sito de 100 metros de altura (33 pisos!!). Agarrar\u00e9monos neste<br \/>\nmomento de crise clim\u00e1tica -onde est\u00e1 a suceder seguido o nunca antes<br \/>\nvisto- ao \u201cmalo ser\u00e1 que chova tanto, verdade\u201d? Pois si, agarr\u00e1monos.<br \/>\nAdiante.<\/em><\/p>\n<p><em>Como xe\u00f3logo te\u00f1o claro que se non se desmonta antes a<br \/>\nbalsa de lodos vermellos vai caer antes ou despois. Se non \u00e9 por un<br \/>\nevento catastr\u00f3fico hoxe ser\u00e1 pola falla de mantemento despois de pechar<br \/>\n Alcoa ou -o m\u00e1is frecuente- por unha mestura de \u00e1mbalas d\u00faas cousas: un<br \/>\n evento excepcional tras un mantemento deficiente. E aqu\u00ed pasamos a<br \/>\noutro interesante debate aberto neste caso pola Direcci\u00f3n Xeral de<br \/>\nPatrimonio Natural, que informa:<\/em><\/p>\n<p><em>\u201cO proxecto non ten en conta no<br \/>\ndese\u00f1o un sistema que sexa independente dun mantemento activo sine die<br \/>\npara garantir a ausencia de impactos unha vez clausurado e abandonada a<br \/>\nactividade e o seguimento\u201d e estima que \u201cdebe incorporar un dese\u00f1o que<br \/>\ngaranta que os impactos, ordinarios ou accidentais, ao longo do tempo,<br \/>\nnon te\u00f1an posibilidade de acontecer, xerando un sistema que non sexa<br \/>\ndependente de actuaci\u00f3ns antr\u00f3picas de maneira indefinida para a s\u00faa<br \/>\nviabilidade\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>O Rei Espido, finalmente! Reco\u00f1ece que se d\u00e1 v\u00eda<br \/>\nlibre a un proxecto que requirir\u00e1 dun mantemento permanente durante<br \/>\ns\u00e9culos sen concretar quen vai asumilo (un custe que se cadra supor\u00eda a<br \/>\ninviabilidade econ\u00f3mica da factor\u00eda). Quen pagar\u00e1 esa factura sine die?<br \/>\nComo garantir o seu cobro? Estamos a telo en conta cando falamos do<br \/>\nbeneficio de ter ALCOA na nosa comarca? Mais\u2026 ning\u00fan problema! A propia<br \/>\nDIA resolve o asunto coa encarga de presentar un proxecto de clausura e<br \/>\nrestauraci\u00f3n definitiva da balsa\u2026 (Pero hoxe non: ma\u00f1\u00e1!)<\/em><\/p>\n<p><em>\u201cFase de<br \/>\nabandono da actividade: Remitirase ao \u00f3rgano substantivo, no prazo de un<br \/>\n (1) ano previa a finalizaci\u00f3n da vida \u00fatil das instalaci\u00f3ns o proxecto<br \/>\nde selado, clausura e rehabilitaci\u00f3n das mesmas xunto co pertinente<br \/>\nEsIA.\u201d<\/em><\/p>\n<p><em>En fin, que xa buscaremos a tixola cando rompamos os ovos.<br \/>\nAdiante cun proxecto sen garant\u00eda de estabilidade nin seguridade nin<br \/>\nplan de restauraci\u00f3n nin plan de emerxencia. Unha decisi\u00f3n pol\u00edtica da<br \/>\nque o propio persoal t\u00e9cnico non semella querer responsabilizarse<br \/>\nmentres todas cruzamos os dedos porque non pase nada. Seguimos sen<br \/>\nquerer mirar arriba, pero deb\u00e9ramos mirar cando menos a Valencia.<\/em><\/p>\n<p><em>An\u00e1lise<br \/>\n elaborada por Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero, coordenador do SLG en Lourenz\u00e1<br \/>\n (A Mari\u00f1a, Lugo). Xe\u00f3logo ambiental, doutor pola Universidad<br \/>\nPolit\u00e9cnica de Madrid (E.T.S. de Enxe\u00f1eiros de Montes), especialista en<br \/>\navaliaci\u00f3n ambiental de actividades e planificaci\u00f3n f\u00edsica.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha curiosidade: a balsa, en Google Maps, aparece da mesma cor que a auga&#8230; (captura de Google Maps) \u201cNon mires \u00e1 balsa de ALCOA\u201d O pasado 11 de outubro a Xunta de Galicia publicou unha Declaraci\u00f3n de Impacto Ambiental (DIA) favorable para o recrecemento da balsa de lodos vermellos de Alcoa. Unha DIA \u201csingular\u201d, como [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13578,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26],"class_list":["post-13577","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13577","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13577"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13577\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13578"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13577"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13577"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13577"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}