{"id":13575,"date":"2024-11-17T11:28:00","date_gmt":"2024-11-17T10:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-20T10:16:04","modified_gmt":"2024-11-20T09:16:04","slug":"o-tren-que-non-para","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/11\/17\/o-tren-que-non-para\/","title":{"rendered":"O tren que non para"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/11\/estaciC3B3n20Ribadeo_2016012020de20preto.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/11\/estaciC3B3n20Ribadeo_2016012020de20preto.jpg\" class=\"wp-image-13576\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>&nbsp;O tren que non para<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai pouco tiven ocasi\u00f3n de viaxar en AVE. Para algu\u00e9n de pobo (parece que ata ten diferente sentido \u00f3 castel\u00e1n &#8216;de pueblo&#8217;) que di ir en tren a usar de xeito espor\u00e1dico o FEVE, iso de ter unha pantalla en fronte marcando que vas a 300 km\/h, que corroboras co paso dos campos \u00e1 beira, \u00e9 un choque mental. Iso de comprobar que un tren, a unha hora pouco apetecible, un d\u00eda &#8216;normal&#8217; de semana vai cunha ocupaci\u00f3n alta das s\u00faas 510 prazas, fronte \u00f3 baleiro do vag\u00f3n automotor \u00fanico que recorre \u00e1s veces \u00e1s v\u00edas de FEVE, tam\u00e9n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Esc\u00e1ner, varias persoas atendendo na entrada da estaci\u00f3n, gardas de seguridade&#8230; calculo que a viaxe duns 400 km que fixen, pouco m\u00e1is de 3 h, recadou uns 12 000 \u20ac. Mentres, no FEVE, as d\u00faas persoas no tren, cando hai algu\u00e9n que revise os billetes e os cobre), a cousa queda un par de ordes de magnitude por baixo para un recorrido de m\u00e1is de dobre do tempo. Iso si, a ollo, os custes de construci\u00f3n, operaci\u00f3n e mantemento presentan unha escala se non semellante, ao menos tam\u00e9n de diferente orde.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Ver pasar as vilas d\u00e1 unha sensaci\u00f3n de tr\u00e1nsito, de algo pasaxeiro, redundando no sentirse un mesmo iso, pasaxeiro. Pero, \u00f3 tempo, d\u00e1 lugar \u00e1 reflexi\u00f3n sobre o illamento das vili\u00f1as e lugares \u00f3 p\u00e9 dunha rede que une os grandes n\u00facleos urbanos, mais discrimina, invisibiliza mentalmente e axuda a baleirar as vilas. T\u00e1rdase m\u00e1is entre as estaci\u00f3ns de Ribadeo e Oviedo, 100 km en li\u00f1a recta, que entre a de Oviedo e Madrid (Clara Campoamor, a antiga Chamart\u00edn), case catro veces m\u00e1is en li\u00f1a recta. \u00c9 certo que a orograf\u00eda vai cambiando, pero non xustifica nin con moito a diferencia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E, mentres as vilas esmorecen, hai quen se pregunta por que. A pregunta non soe facerse no sentido de por que se impo\u00f1en as condici\u00f3ns para ese esmorecemento. Non, sen\u00f3n por que o fan, por que esmorecen, de xeito illado desas condici\u00f3ns. Como se esmorecer fora unha opci\u00f3n elixida, unha opci\u00f3n tomada por vagancia, &#8216;porque as vilas merecen o que lles pasa&#8217;, e as\u00ed, claro, como non lles vai pasar? \u00c9 dicir, unha versi\u00f3n a &#8216;nivel vila&#8217; das acusaci\u00f3ns que se fan a nivel individual (por moi xen\u00e9ricas que sexan), a &#8216;nivel xente&#8217; de cada quen ten o que se merece. Como se as condici\u00f3ns impostas externamente non contaran, como se foran realidades sen conexi\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E, mentres, de xeito literal, o tren non para. O progreso non para. Ou os progresos, que a concepci\u00f3n, desenvolvemento e idea de progreso pode ser moi diferente segundo as persoas. E as vilas quedan sen estaci\u00f3n, a modo da chafada comitiva de benvida na pel\u00edcula &#8216;Bienvenido, Mr. Marshall&#8217;, aquela que s\u00f3 recib\u00eda dos moi esperados norteamericanos o p\u00f3 do paso dos seus autom\u00f3biles.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nota final por se fai falta aclaraci\u00f3n: non importa que estea a favor ou en contra do AVE como tecnolox\u00eda; por exemplo, consume m\u00e1is recursos que o FEVE, pero menos que o avi\u00f3n. Sinxelamente, a cousa \u00e9 as\u00ed.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;O tren que non para &nbsp;&nbsp;&nbsp; Hai pouco tiven ocasi\u00f3n de viaxar en AVE. Para algu\u00e9n de pobo (parece que ata ten diferente sentido \u00f3 castel\u00e1n &#8216;de pueblo&#8217;) que di ir en tren a usar de xeito espor\u00e1dico o FEVE, iso de ter unha pantalla en fronte marcando que vas a 300 km\/h, que corroboras [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13576,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9,40],"class_list":["post-13575","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13575","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13575"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13575\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13576"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13575"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13575"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13575"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}