{"id":1335,"date":"2023-10-25T15:32:00","date_gmt":"2023-10-25T13:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T13:35:09","modified_gmt":"2024-10-23T11:35:09","slug":"refuxio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/10\/25\/refuxio\/","title":{"rendered":"Refuxio"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Refuxio<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Collo unha radio e case se pode dicir que te\u00f1o tres opci\u00f3ns: guerra, m\u00fasica ou a nada. Guerra, que pode ser masacre en Israel ou por delegaci\u00f3n en Ucra\u00edna, ou solapada noutros moitos lugares, mesmo a conta das d\u00faas anteriores. M\u00fasica, maiormente nunha das cadeas a ela adicadas, con aparencia de moi independentes pero en xeral moi dependentes. E a nada en forma de anuncios diversos, tertulias nas que se fala de todo sen unha d\u00fabida de nada, concursos sobre a cor do \u00f3so da aceituna e semellantes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Televisi\u00f3n? \u00d3 ru\u00eddo medi\u00e1tico da radio eng\u00e1delle imaxes impactantes, contextualizadas ou non, mesmo aproveitadas doutros conflitos ou situaci\u00f3ns ou repetidas unha e outra vez sen descanso. Coido que dimit\u00edn da televisi\u00f3n o d\u00eda no que vin chocar unha e outra vez un e outro avi\u00f3n contra as torres xemelgas. Si, tam\u00e9n escoito unha televisi\u00f3n que est\u00e1 por calquera lugar, interrompendo conversas e tranquilidade; \u00e9 imposible non o\u00edla e que as imaxes resultonas non se te metan ollo adiante.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Redes sociais? S\u00famalle \u00f3 anterior a ubicuidade tanto da s\u00faa presenza en calquera m\u00f3bil (inclu\u00eddo o propio) como de calquera feito ou lugar atendido por calquera dos miles de mill\u00f3ns de persoas que soben (perd\u00f3n, subimos) o que se poder\u00eda chamar informaci\u00f3n \u00e1 rede, e aum\u00e9ntalle as limitaci\u00f3ns e nesgos que se procuran nas redes que buscan proveito (propaganda, influencias pol\u00edticas, etc) para maximizalo non asustando \u00f3s fabricantes de autom\u00f3biles, bancos, ou a estados como o de Israel, entre moitas outras posibilidades.<br \/>\nNon, imposible escapar sen desconectar. E imposible desconectar sen renunciar a ese todo que somos social, a boa parte desas circunstancias que Ren\u00e9 Descartes enunciaba como n\u00f3s mesmos: \u2018eu son eu e as mi\u00f1as circunstancias\u2019.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Mais \u00e9 necesario un refuxio. Xa hai m\u00e1is de catro s\u00e9culos que Cervantes fixo tolear a Don Alonso Quijano por unhas novelas de cabaler\u00eda, produto social daquela \u00e9poca que non poder\u00eda competir nin de lonxe co poder de tolear dos medios nos que literalmente estamos inmersos na actualidade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un refuxio. Un lugar onde a sobreabundancia de informaci\u00f3n se poda conter antes de que asolague a persoa. Onde as noticias nesgadas ou directamente falsas desfagan o criterio para escoller as bases do razoamento. Onde a imposibilidade de comprobaci\u00f3n de todo o que nos chega anule a posibilidade sequera de poder actuar dun xeito minimamente independente. \u00c9 necesario o tomar conciencia dun problema que non fai m\u00e1is que agravarse coa introduci\u00f3n da intelixencia artificial nesa rede que xa se nos escapaba no seu manexo e m\u00e1is ben nos manexaba m\u00e1is e m\u00e1is ata o de agora. Como? A xente que controla non ten receitas milagreiras para solucionalo, pero est\u00e1 de acordo en que \u00e9 necesario po\u00f1erlle un coto, cada quen, \u00e1s novas que nos chegan do exterior, procurar un equilibrio. Do contrario, de non po\u00f1er ese coto, converter\u00edamonos nun conto que non saber\u00edamos contar por n\u00f3s mesmos porque o escriben outros, persoas ou non, desco\u00f1ecidos para n\u00f3s, pero para os que non temos segredos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Refuxio &nbsp;&nbsp; &nbsp;Collo unha radio e case se pode dicir que te\u00f1o tres opci\u00f3ns: guerra, m\u00fasica ou a nada. Guerra, que pode ser masacre en Israel ou por delegaci\u00f3n en Ucra\u00edna, ou solapada noutros moitos lugares, mesmo a conta das d\u00faas anteriores. M\u00fasica, maiormente nunha das cadeas a ela adicadas, con aparencia de moi [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,26,9],"class_list":["post-1335","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1335","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1335"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1335\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1335"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1335"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1335"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}