{"id":1265,"date":"2023-11-10T20:44:00","date_gmt":"2023-11-10T19:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T13:33:26","modified_gmt":"2024-10-23T11:33:26","slug":"cansei-de-ser-o-produto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/11\/10\/cansei-de-ser-o-produto\/","title":{"rendered":"Cansei de ser o produto"},"content":{"rendered":"<p>Cansei de ser o produto<\/p>\n<p>&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O outro d\u00eda, \u00f3 querer entrar en Facebook, recib\u00edn un aviso: ou vend\u00eda a mi\u00f1a alma \u00f3 seu dia\u00f1o particular, ou pagaba cota. Non po\u00f1\u00eda unha terceira opci\u00f3n, a que polo momento elix\u00edn, non entrar na &#8216;rede social&#8217;. Dous d\u00edas despois, pasoume o mesmo con Instagram.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tentarei explicar algunha cousa sobre ese momento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Na s\u00faa nota, Facebook esc\u00fadase nas &#8216;condici\u00f3ns cambiantes&#8217; da lexislaci\u00f3n (da UE e Espa\u00f1a). Con pouco que se procure, at\u00f3pase que na realidade a lexislaci\u00f3n algo cambiou xa hai alg\u00fan tempo, pero mesmo a que hab\u00eda vi\u00f1a sendo incumprida pola compa\u00f1\u00eda. \u00c9 dicir, o que estaba a facer era ilegal. Unha compa\u00f1\u00eda agora chamada &#8216;Meta&#8217; [Meta Platforms, Inc.], tras un cambio de nome nun intento de branquear a s\u00faa imaxe, e que aglutina a m\u00e1is de Facebook, a Instagram ou WhatsApp. Unha compa\u00f1\u00eda na que, nunha soa das s\u00faas secci\u00f3ns, Facebook, hai xa anos, ti\u00f1a uns 700 MB de informaci\u00f3n sobre min. Iso si, desas cousas non di nada a nota. Tampouco houbo ning\u00fan tipo de aviso previo ou de tempo de adaptaci\u00f3n para recoller: se quero entrar para avisar \u00e1 xente que ti\u00f1a na (supostamente mi\u00f1a) rede, ou acepto a mi\u00f1a venda ou pago.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois de ver durante anos a evoluci\u00f3n do tema, xa estaba internamente sobre propio aviso de que o cambio de condici\u00f3ns de uso estaba a chegar. Mais non esperaba, a mais da apropiaci\u00f3n de datos usufructuados durante todo este tempo, a expropiaci\u00f3n deles. Ata o momento, usaban os meus datos e informaci\u00f3n, pero eu tam\u00e9n pod\u00eda facelo. Agora &#8216;eles&#8217; te\u00f1en os meus datos e informaci\u00f3n, e eu non.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>\u00c9 evidente que unha empresa, como \u00e9 Meta, est\u00e1 feita para ga\u00f1ar cartos. E non me levaba a engano. Se non dende o comezo da nosa relaci\u00f3n, ao menos dende o moito tempo que leva circulando a afirmaci\u00f3n &#8216;se non pagas por un produto, \u00e9 porque ti es o produto&#8217;. Tampouco me eran indiferentes cousas diversas como que me chegaran uns determinados anuncios, que o tr\u00e1fico que xeraba a mi\u00f1a actividade fora impulsado \u00f3 alza ou \u00e1 baixa por cuesti\u00f3ns internas da compa\u00f1\u00eda (&#8216;estudos sociais&#8217; era como o vi\u00f1an denominando \u00e1s variaci\u00f3ns arbitrarias de recomendaci\u00f3n), a retroalimentaci\u00f3n positiva de extremismos ou mentiras, a influencia en elecci\u00f3ns&#8230; Mais a expropiaci\u00f3n &#8211; privatizaci\u00f3n actual \u00e9 algo que polo momento, considero que colmou o vaso.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Mastodon.gal ou cabozo.com son d\u00faas redes que levo alg\u00fan tempo explorando como alternativa. A primeira, cun funcionamento distribu\u00eddo, \u00e9 un nodo de Mastodon, rede que pode dicirse que est\u00e1 a comezar por estas terras. Cabozo m\u00e1is ben \u00e9 o rev\u00e9s: sustentada noutro tipo de funcionamento, coido que non chegou nunca a render dividendos, pero a\u00ednda con moitas diferencias, acheg\u00e1base (ach\u00e9gase) m\u00e1is a Facebook ou a Twitter. Segue a funcionar, pero entendo que pouco a pouco est\u00e1 a caer. Hai outras redes a considerar, tanto m\u00e1is tradicionais (por exemplo, LinkedIn, encami\u00f1ada \u00f3 mundo profesional) ou das &#8216;novas&#8217; (por exemplo, Diaspora, Friendica ou Hubzilla), unhas m\u00e1is comerciais\/empresariais e outras m\u00e1is distribu\u00eddas\/comunais, que haber\u00e1 que explorar en caso de seguir necesitado alternativa.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/11\/redessociais.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"130\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/11\/redessociais.jpg\" class=\"wp-image-1266\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>\u00c9 evidente que o punto forte das redes est\u00e1 na xente que as usa,, a cantidade de xente que constit\u00fae os seus nodos. E Facebook, con uns 3000 mill\u00f3ns de usuarios a comezos do presente ano, ou Twitter, con m\u00e1is de 500, levan vantaxe sobre as m\u00e1is recentes nese piar. Pero \u00e9 un mundo din\u00e1mico: a perspectiva de uso dunha aplicaci\u00f3n de mensaxer\u00eda como Telegram en relaci\u00f3n a WhatsApp era totalmente diferente hai tan s\u00f3 hai uns poucos anos \u00e1 que \u00e9 agora, pasando de ser case invisible a primeira a ter xa a metade de n\u00famero de usuarios da segunda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Por certo, hai quen usando todos os d\u00edas unha rede social, o seu concepto de &#8216;rede social&#8217; non abrangue m\u00e1is ca que usa. Sexa ou non sexa as\u00ed, pode que non ve\u00f1a mal pasar pola Wikipedia para facerse unha idea m\u00e1is axeitada. Por exemplo, bot\u00e1ndolle unha ollada a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rede_social\">https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rede_social<\/a>.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Mentres, un blog como Ribadeando, que usaba Facebook como caixa de resonancia como tantos outros, seguir\u00e1 funcionando e chegando as s\u00faas novidades \u00e1 xente de diferentes xeitos, por redes sociais alternativas, posteado doutras persoas, mensaxer\u00eda, procura no navegador ou por medio de agregadores de noticias como Feedly. E m\u00e1is no futuro, xa veremos.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/11\/Captura20de20pantalla20de202023-11-122014-30-25.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"506\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/11\/Captura20de20pantalla20de202023-11-122014-30-25.png\" class=\"wp-image-1267\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Captura de pantalla do letreiro, hoxe mesmo.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha opini\u00f3n semellante, expresada noutros termos: <a href=\"https:\/\/www.enriquedans.com\/2023\/11\/quiere-usted-hacerse-dano.html\">https:\/\/www.enriquedans.com\/2023\/11\/quiere-usted-hacerse-dano.html<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cansei de ser o produto &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; O outro d\u00eda, \u00f3 querer entrar en Facebook, recib\u00edn un aviso: ou vend\u00eda a mi\u00f1a alma \u00f3 seu dia\u00f1o particular, ou pagaba cota. Non po\u00f1\u00eda unha terceira opci\u00f3n, a que polo momento elix\u00edn, non entrar na &#8216;rede social&#8217;. Dous d\u00edas despois, pasoume o mesmo con Instagram. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Tentarei explicar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1266,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8,9,40],"class_list":["post-1265","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-blog","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1265","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1265"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1265\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1266"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1265"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1265"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1265"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}