{"id":1211,"date":"2023-11-29T10:41:00","date_gmt":"2023-11-29T09:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T13:18:28","modified_gmt":"2024-10-23T11:18:28","slug":"a-pancha-non-e-unha-moeda-local-ivan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/11\/29\/a-pancha-non-e-unha-moeda-local-ivan\/","title":{"rendered":"A Pancha\u2026 non \u00e9 unha moeda local. Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/11\/panchaconcello.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"260\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/11\/panchaconcello.png\" class=\"wp-image-1212\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;A Pancha\u2026 non \u00e9 unha moeda local. Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O novo goberno municipal ribadense do PP mant\u00e9n a iniciativa das<br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=panchas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">panchas<\/a> de fomento do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=consumo+local\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">consumo no comercio local<\/a>. En resumo, dannos desde<br \/>\n 40 a 400 panchas pagando de 30 a 300 euros o Concello paga por n\u00f3s \u00f3s<br \/>\ncomercios os 10 a 100 euros restantes. Antes de comezar, c\u00f3mpre lembrar<br \/>\nque se trata dunha subvenci\u00f3n que ser\u00e1 comunicada \u00e1 Axencia Tributaria e<br \/>\n aparecer\u00e1 nos nosos datos fiscais, e que nos obrigar\u00e1 a presentar a<br \/>\ndeclaraci\u00f3n do IRPF. Ollo que no caso de persoas antes non obrigadas<br \/>\n-por ter s\u00f3 un pagador- pode obrigalas a pagar centos de euros: cada<br \/>\nquen que revise e te\u00f1a en conta a s\u00faa situaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non serei eu quen<br \/>\n se opo\u00f1a a favorecer o comercio local fronte \u00e1 forza que semella<br \/>\nimparable do comercio telem\u00e1tico e as grandes superficies. Manter vivo o<br \/>\n tecido comercial da nosa vila \u00e9 un obxectivo loable e necesario. Por\u00e9n,<br \/>\n par\u00e9ceme axeitado reflexionar sobre o tema, xa que p\u00f3densenos ocurrir<br \/>\ndiferentes xeitos de axudar \u00f3 peque\u00f1o comercio pola parte dos gastos<br \/>\n(reducir a tarifa da auga, a taxa do lixo, traballar pola rebaixa dos<br \/>\nalugueres de baixos comerciais\u2026) e debemos ser conscientes do que<br \/>\nestamos a facer cando optamos a subirlles os ingresos a trav\u00e9s das<br \/>\npanchas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por unha banda, estamos a subvencionar o consumo de<br \/>\ncalquera tipo de cousas, tanto necesarias coma innecesarias, cos cartos<br \/>\nde todas. Nun momento de crise planetaria debida \u00f3 exceso de produci\u00f3n e<br \/>\n consumo, unha administraci\u00f3n p\u00fablica debera ter xa posto o chip da<br \/>\nmoderaci\u00f3n, de garantir o preciso para todas sen incentivar o consumismo<br \/>\n como forma -errada- de satisfacer o que tantas veces son teimas do noso<br \/>\n esp\u00edritu.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pola outra, imos repartir cartos a quen xa temos cartos<br \/>\n -e a darlle m\u00e1is (ate 100\u20ac) a quen m\u00e1is poida gastar- cos cartos de<br \/>\ntodas: os cartos p\u00fablivos son de quen xa ten cartos e tam\u00e9n de quen non<br \/>\nten nada e apenas chega a fin de mes co b\u00e1sico. Nun Ribadeo no que a\u00ednda<br \/>\n vemos de xeito habitual persoas pedindo e mesmo durmindo nas r\u00faas,<br \/>\ndestinar cartos para que quen temos abondo gastemos con m\u00e1is alegr\u00eda non<br \/>\n sensibiliza nin fomenta a xustiza social e a solidariedade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En<br \/>\nterceiro lugar, facelo a trav\u00e9s dun peto dixital sup\u00f3n que as persoas<br \/>\nque non dispo\u00f1an dun tel\u00e9fono con acceso a internet e as que carezan dos<br \/>\n co\u00f1ecementos precisos non ter\u00e1n acceso \u00e1 subvenci\u00f3n. Hai moitas<br \/>\nribadenses sen esas capacidades e pese a que desde o Concello se artelle<br \/>\n un xeito alternativo, parece claro que os beneficios dos cartos de<br \/>\ntodas non chegar\u00e1n efectivamente e coa mesma facilidade a toda a<br \/>\nveci\u00f1anza.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Finalmente, \u00e9 claro que os produtos consumidos na s\u00faa<br \/>\nmeirande parte vir\u00e1n de f\u00f3ra, polo que non estamos aproveitando para<br \/>\nfomentar a actividade local nos sectores primario nin da transformaci\u00f3n,<br \/>\n cuxo desenvolvemento precisa tanto ou m\u00e1is o apoio institucional na<br \/>\nnosa comarca. \u00c9 de agradecer que as administraci\u00f3ns traballen para<br \/>\nfavorecer o local nun marco de desglobalizaci\u00f3n como o que asistimos.<br \/>\nTan importante \u00e9 que este traballo a debera ser unha li\u00f1a estrat\u00e9xica<br \/>\ntransversal a todos os sectores, non s\u00f3 o comercio e a hostaler\u00eda.<br \/>\nExisten xa disposici\u00f3ns legais que permiten favorecer \u00e1s iniciativas<br \/>\nlocais nos concursos p\u00fablicos, xa sexa de contratas de limpeza, de<br \/>\nxesti\u00f3n de residuos, de atenci\u00f3n nas residencias de maiores, do<br \/>\nabastecemento de auga, de adquisici\u00f3n de alimentos e mobiliario\u2026  C\u00f3mpre<br \/>\n animar por ilo a Ribadeo e \u00f3s concellos da comarca a implementar<br \/>\ncriterios ambientais e sociais nos concursos e procesos de selecci\u00f3n que<br \/>\n favorezan \u00e1s cooperativas e pemes locais evitando a fuga do seu<br \/>\norzamento (mill\u00f3ns de euros dos nosos impostos) da comarca.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Remato<br \/>\n coa cuesti\u00f3n etimol\u00f3xica, porque chamar moeda local a unha subvenci\u00f3n \u00f3<br \/>\n consumo pode levar a confusi\u00f3n, subestimando a potencia das aut\u00e9nticas<br \/>\nmoedas locais. Pero mellor que facer aqu\u00ed unha tediosa explicaci\u00f3n sobre<br \/>\n que son e que non son, vou recomendar \u00e1 lectora que busque en internet<br \/>\n(si, de novo a brecha dixital) a pel\u00edcula \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/os-milagres-non-existen-coneces-worgl.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">El Milagro de Worgl<\/a>\u201d (2018)<br \/>\n-recentemente dobrada \u00f3 castel\u00e1n por un grupo de usuarias da moeda<br \/>\nalternativa G1- que ilustra ben o aut\u00e9ntico potencial das moedas locais<br \/>\nna loita contra a pobreza e na promoci\u00f3n da actividade econ\u00f3mica dun<br \/>\nxeito integral, especialmente en tempos de crise.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;A Pancha\u2026 non \u00e9 unha moeda local. Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero &nbsp;&nbsp; &nbsp;O novo goberno municipal ribadense do PP mant\u00e9n a iniciativa das panchas de fomento do consumo no comercio local. En resumo, dannos desde 40 a 400 panchas pagando de 30 a 300 euros o Concello paga por n\u00f3s \u00f3s comercios os 10 a 100 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1212,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,62],"class_list":["post-1211","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-ivan-rodriguez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1211","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1211"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1211\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1212"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1211"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1211"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1211"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}