{"id":1180,"date":"2023-12-03T19:12:00","date_gmt":"2023-12-03T18:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T13:14:07","modified_gmt":"2024-10-23T11:14:07","slug":"en-ribadeo-pola-paz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/12\/03\/en-ribadeo-pola-paz\/","title":{"rendered":"En Ribadeo, pola paz"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Esta ma\u00f1\u00e1, \u00e1s doce e media diante da casa do concello, tivo lugar en Ribadeo unha nova concentraci\u00f3n pola <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/paz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">paz<\/a>. Limos ou falamos varias personas, comezando por min e continuando por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Suso%20Fern%C3%A1ndez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Suso Fern\u00e1ndez<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Irigoyen\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jes\u00fas Irigoyen<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20A.%20Salvatierra%20Rico\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra<\/a>, ou Nana.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Deixo en baixo unha foto de Suso, o que lin eu e a intervenci\u00f3n na ONU do embaixador palestino que me pasou Suso:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/photo_6010265354875551262_y.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"362\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/photo_6010265354875551262_y.jpg\" class=\"wp-image-1181\" width=\"642\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Das guerras e da paz<\/p>\n<p>Se estamos reunidos para protestar pola guerra, xa perdemos por partida dobre.<\/p>\n<p>Primeiro, porque a guerra, as guerras, est\u00e1n en marcha e estamos \u00e1 defensiva, tentando que pareza unha ofensiva o que estamos a facer, cando pouco pintamos. A\u00ednda as\u00ed, hai que intentalo e facer forza para desgastar \u00f3 noso inimigo, para facer que non lle compense. Diso se trata.<\/p>\n<p>Mais tam\u00e9n perdemos porque estamos metidos na s\u00faa sociedade e na s\u00faa lingua, na lingua de quen fai a guerra. Loitamos coas s\u00faas armas, e por iso levamos desvantaxe: coas s\u00faas armas te\u00f1en m\u00e1is pr\u00e1ctica, loitan mellor. E tam\u00e9n porque estamos a loitar.<\/p>\n<p>Por iso, non estamos aqu\u00ed contra, sen\u00f3n polo empe\u00f1o por constru\u00edr a paz. Por constru\u00edr as condici\u00f3ns de paz, a mentalidade de paz, de non violencia, do uso da lingua para colaborar, para vivir, para constru\u00edr. E a\u00ed si levamos avantaxe. Ou deb\u00e9ramos. Porque sabemos facelo, sabemos convivir e resolver en paz os conflitos, a\u00ednda que \u00e1s veces sexa dif\u00edcil e o proceso leve moito tempo. A\u00ednda que m\u00e1is dunha vez perdamos p\u00e9 e nos vexamos envoltos nun furac\u00e1n incontrolable do que sa\u00edmos en canto podemos. Pero a\u00ednda as\u00ed, mentres o intentamos, estamos facendo pola paz.<\/p>\n<p>Estamos a facela mentres usamos palabras que non usan m\u00e1is que para desprezalas quen crea o conflito. Estamos a facela mentres alzamos os corpos e a voz para dicir que estamos aqu\u00ed e queremos vivir en paz, un mundo no que a xente, nosos irm\u00e1ns e irm\u00e1s de toda a Terra, podan vivir en paz.<\/p>\n<p>Falando as\u00ed sae a expresi\u00f3n como se fora unha relixi\u00f3n. Cham\u00e1dea as\u00ed se queredes, pode que sexa a \u00fanica relixi\u00f3n pola que mereza a pena rezar.<\/p>\n<p>Pero mentres, empregando xa que logo un dito relacionado co relixioso, \u2018a Deus rogando e co mazo dando\u2019, temos que seguir actuando en pro da paz. Por activa e por pasiva, polos medios que se nos ocorran. E mesmo a\u00ednda que non sexamos moi ocorrentes, facendo as cousas cun fin claro: lograr a paz. Na Ucra\u00edna invadida onde os rusos -os dirixentes, claro- te\u00f1en a culpa mentres os ucra\u00ednos -os dirixentes, claro- non deixan de ter a s\u00faas. Ou na Gaza onde a poboaci\u00f3n est\u00e1 a sufrir por un ataque mort\u00edfero, exterminador, desencadeado por un presidente que quixo acabar co poder xudicial mentres est\u00e1 acusado de corrupci\u00f3n. Iso si, antes actuou unha guerrilla con base en Gaza e tam\u00e9n mataron israel\u00eds, na desproporci\u00f3n a que xa nos ten afeitos \u00f3 longo de tres cuartos de s\u00e9culo no que se perde o f\u00edo dos agravios dunha e outra beira. E tam\u00e9n noutras guerras esquecidas, que xa nin estamos seguros se hai ou non porque os medios non se ocupan xa -se se ocuparon algunha vez- delas. No Tigray. Onde estaba iso? En \u00c1frica, non? Hab\u00eda unha guerra, coido. E a guerra do Afganist\u00e1n contra os rusos primeiro, logo contra os norteamericanos e logo entre eles cos outros por tras, est\u00e1 rematada mentres as mulleres son tratadas como animais de curral? Pacificouse Somalia? E o Iemen? Para, que nesa, como hai implicado algo de petr\u00f3leo sabemos que a\u00ednda non, que segue, a\u00ednda que sen detalles. E Sud\u00e1n do Sur, est\u00e1 pacificado? De calquera xeito, somos conscientes de que falamos das guerrazas, de cando en vez, das guerras, e case nunca das guerri\u00f1as. Pero non somos n\u00f3s quen establece esa cualificaci\u00f3n, quen mete unha nun estante e outra no outro, sen\u00f3n outra xente. Pode que non se cualifique de guerra, pero hai se\u00f1ores da guerra no Congo, tentando controlar produtos como o colt\u00e1n que logo temos nos nosos m\u00f3biles. Unha loita a conto das ganancias que rematamos pagando n\u00f3s. Un c\u00edrculo forzado do que non \u00e9 doado escapar.<\/p>\n<p>Ningu\u00e9n dixo que facer a paz fora doado. Non o \u00e9.<\/p>\n<p>Ningu\u00e9n dixo que a paz se impo\u00f1er\u00eda por si soa. Por certo, impo\u00f1er: outra palabra tra\u00edda con violencia.<\/p>\n<p>Ningu\u00e9n dixo que por procurar a paz non nos acusaran de alimentar a guerra. Ata din que a segunda guerra mundial activouse de vez por un acordo de cesi\u00f3n para calmar a besta.<\/p>\n<p>E ningu\u00e9n dixo que non podamos estar equivocados nas cousas que facemos. Somo humanos. Pero estamos convencidos de que a paz \u00e9 sempre mellor que a guerra. E estamos convencidos delo tendo presente que, da outra beira, hai xente que pensa beneficiarse da guerra e non ten en conta todo o prexu\u00edzo que leva consigo. Mesmo para eles, a\u00ednda que estean a acumular cartos a distancia dos mortos.<\/p>\n<p>Sigamos traballando pola paz. Nese traballo est\u00e1 a semente que xerminar\u00e1 alg\u00fan d\u00eda. Estamos a facer o correcto por moi lonxe que estea o obxectivo e queiramos berrar: <strong>paz xa!<\/strong><\/p>\n<p><strong>&nbsp;<\/strong><\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/photo_6008013555061866434_y.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"972\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/photo_6008013555061866434_y.jpg\" class=\"wp-image-1182\" width=\"656\" \/><\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Esta ma\u00f1\u00e1, \u00e1s doce e media diante da casa do concello, tivo lugar en Ribadeo unha nova concentraci\u00f3n pola paz. Limos ou falamos varias personas, comezando por min e continuando por Suso Fern\u00e1ndez, Jes\u00fas Irigoyen, Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra, ou Nana. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Deixo en baixo unha foto de Suso, o que lin eu e a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1181,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[17,19],"class_list":["post-1180","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-paz","tag-suso-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1180","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1180"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1180\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1181"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1180"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1180"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1180"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}