{"id":1162,"date":"2023-12-05T21:31:00","date_gmt":"2023-12-05T20:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T13:13:40","modified_gmt":"2024-10-23T11:13:40","slug":"duas-visions-do-pleno-do-luns-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/12\/05\/duas-visions-do-pleno-do-luns-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"D\u00faas visi\u00f3ns do pleno do luns en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>D\u00faas visi\u00f3ns do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/plenos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">pleno<\/a> do luns en Ribadeo<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/debuxoconcello.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"265\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/debuxoconcello.jpg\" class=\"wp-image-1163\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Luns houbo un pleno no concello de Ribadeo, do que xa puxen a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/11\/pleno-en-ribadeo-o-4-de-decembro.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">orde do d\u00eda<\/a>. Non asist\u00edn, polo que te\u00f1o que falar por terceiros. Polo momento, polos comunicados da alcald\u00eda e do principal partido da oposici\u00f3n, mais alg\u00fan comentario solto. Quiz\u00e1is, como \u00fanica matizci\u00f3n pola mi\u00f1a parte, \u00e1 nova do concello onde se di que van mellorar os orzamentos entre todos. Entendo que est\u00e1n aprobados e que que ent\u00f3n non caben melloras a non ser que se lles po\u00f1an parches&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Polo demais, os estilos de ambos son abondo diferentes como quen vexa m\u00e1is abaixo poder\u00e1 comprobar. Unha nota m\u00e1is: como ven sendo habitual, corrixo a puntuaci\u00f3n dos n\u00fameros que aparecen para adaptala \u00e1 normativa actual. Cousa de deformaci\u00f3n profesional mi\u00f1a.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Deixo primeiro o comunicado do concello, anotando que na secci\u00f3n de &#8216;novas&#8217; da web municipal xa te\u00f1en imaxes dunha calidade abondo superior \u00e1 que vi\u00f1an colgando (que non eran as que se enviaban \u00f3s medios, de m\u00e1is peso dixital). M\u00e1is abaixo, a nota de prensa do BNG:<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>&#8212; Nota de prensa do Concello:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/ribadeo.gal_.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/ribadeo.gal_.jpg\" class=\"wp-image-1164\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>Ribadeo \u00e9 un dos primeiros Concellos en aprobar os orzamentos para 2024. Ascende a 12,3 mill\u00f3ns de euros<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n05\/12\/2023<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=dani+Vega\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Dani Vega<\/a> subli\u00f1a que son os m\u00e1is altos da historia ribadense.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRibadeo \u00e9 un dos primeiros Concellos en aprobar os orzamentos para 2024. Son 12,3 mill\u00f3ns de euros, \u201co que os converte nos m\u00e1is altos da historia ribadense\u201d, destacou o alcalde, Dani Vega.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO rexedor explicou que \u201cson uns orzamentos que se incrementan significativamente en d\u00faas partidas: benestar social e inversi\u00f3n. A benestar social destinamos 3,5 mill\u00f3ns de euros, dos que 1,6 mill\u00f3ns de euros van para o servizo de axuda no fogar; outra partida de 1,6 mill\u00f3ns de euros dest\u00ednase \u00e1 reforma integral do hospital asilo; 250 000 euros para a compra dos terreos do novo centro de sa\u00fade; nas actividades Preto de Ti, que realizamos nas parroquias e na vila, o Concello con fondos propios investir\u00e1 10 000 euros e con fondos da Xunta de Galicia 40 000 euros; na residencia de maiores investiremos 20 000 euros e tam\u00e9n incrementamos as axudas a todas as entidades asociativas no conxunto do benestar social pasando de 11 000 a m\u00e1is de 15 000 euros. Non so incrementamos as axudas sen\u00f3n que incorporamos \u00e1 Cruz Vermella, xa que non contaba con colaboraci\u00f3n econ\u00f3mica por parte do Concello e no 2024 si que a vai ter\u201d.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo apartado de inversi\u00f3ns Daniel Vega indicou que \u201csi no 2023 invest\u00edamos 1,1 mill\u00f3ns de euros neste orzamento investiremos 1,7 mill\u00f3ns de euros. Hai un incremento nesta partida de 600 000 euros. Si queremos que melloren as infraestruturas necesitamos orzamento: Plan \u00danico da Deputaci\u00f3n, \u00e1 que lle agradezo a s\u00faa colaboraci\u00f3n, 356 000 euros; novo plan de infraestruturas que nos financia a Xunta de Galicia outros 350 000 euros; aos que ai que sumarlle 95 000 euros do Agader (tam\u00e9n da Xunta); \u00e1 mellora das contornas significativas de moitas parroquias destinamos 120 000 euros\u201d.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO alcalde aposta por un Ribadeo m\u00e1is sostible e m\u00e1is verde: \u201ce imos mellorar dous puntos moi importantes como son o Parque de San Francisco no que investiremos 200 000 euros e tam\u00e9n no Parque de Indianos ao que destinamos 50.000 euros, porque precisa dunha mellora integral. En edificios significativos, como pode ser a Casa do Viejo Pancho, son 50 000 euros os que vai investir a Xunta e na nova xefatura da Polic\u00eda Local. Non podemos permitir que estea nunhas instalaci\u00f3ns que mais ben parecen doutro s\u00e9culo. Precisa dun novo espazo, que vai ser a antiga Casa de Tel\u00e9fonos e imos investir m\u00e1is de 60 000 euros coa colaboraci\u00f3n da Xunta\u201d.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPara Daniel Vega \u201chai un traballo moi importante. En tan so cinco meses Ribadeo \u00e9 un dos primeiros Concellos en aprobar os orzamentos. Creo que \u00e9 algo a destacar e que lles quero agradecer a todos os t\u00e9cnicos municipais a s\u00faa colaboraci\u00f3n e o seu traballo. E tam\u00e9n a todo o goberno, a tod@s @s concelleir@s que est\u00e1n traballando todos os d\u00edas. Tam\u00e9n lle agradezo a colaboraci\u00f3n tanto ao PSOE como ao BNG. Votaran o que votaran creo que imos traballar todos e colaborar todos e mellorar estes orzamentos\u201d.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><em>O rexedor agarda que \u201ca colaboraci\u00f3n dos grupos da oposici\u00f3n sexa total e absoluta. Nos contamos con eles, escoitamos as s\u00faas propostas e seguimos contando coa colaboraci\u00f3n de todas as instituci\u00f3ns: a Deputaci\u00f3n de Lugo, o Goberno do Estado e a Xunta de Galicia. Entre todos aprobamos os maiores orzamentos da historia de Ribadeo, pensando \u00fanica e exclusivamente en Ribadeo\u201d.<\/em><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>&#8212; Comunicado do BNG:<\/p>\n<p>O BNG DE RIBADEO DENUNCIA A ACTITUDE C\u00cdNICA, DEMAG\u00d3XICA E ESCURANTISTA DE DANIEL VEGA NO PLENO DOS ORZAMENTOS DO ANO 2024.<\/p>\n<p>No pleno deste luns 4 de decembro, o alcalde de Ribadeo adoptou unha actitude c\u00ednica, demag\u00f3xica e escurantista ocultando informaci\u00f3n e xogando coas palabras e coas quendas de intervenci\u00f3n. Como podemos entender, sen\u00f3n, que no debate co concelleiro respons\u00e1bel da \u00e1rea de Facenda, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Vicente Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Vicente Castro<\/a>, o alcalde se negara a responder \u00e1 pregunta acerca de convenios que se puideran ter asinado con outras administraci\u00f3ns, e despois, en rogos e preguntas, dixese que si coa boca pequena? Por que non aclara o alcalde de Ribadeo que convenios hai asinados, se \u00e9 iso verdade, e con que administraci\u00f3n? Como podemos cualificar a actitude dunha alcald\u00eda que un d\u00eda sobe documentaci\u00f3n cunhas cifras e, ao d\u00eda seguinte corrixe dita informaci\u00f3n sen avisar \u00e1 oposici\u00f3n? Non contento con tanto desprop\u00f3sito, despois, no debate, acusa ao noso compa\u00f1eiro, ben co\u00f1ecedor da facenda local, de non ter estudado a fondo a informaci\u00f3n. M\u00e1is cinismo \u00e9 impos\u00edbel!<\/p>\n<p>Pero o grupo municipal do BNG estudou ben a fondo as contas. E comprobou que son uns orzamentos faltos de rigor e esaxeradamente inflados ao servizo da vaidade desenfreada de Daniel Vega. Son uns orzamentos que incl\u00faen inversi\u00f3ns subvencionadas por convenios dos que se negou a falar durante o transcurso do pleno. Incl\u00faen tam\u00e9n previsi\u00f3ns de ingresos irrealiz\u00e1beis no exercicio 2024. As\u00ed, por exemplo, hai previsi\u00f3ns de ingresos polo imposto sobre construci\u00f3ns, instalaci\u00f3ns e obras (ICIO), ou polo canon da concesi\u00f3n administrativa da auga, que non se van poder concretar no ano 2024. E iso, porque toda a tramitaci\u00f3n que est\u00e1 a\u00ednda pendente de realizar (estudos previos, licitaci\u00f3n, etc.) l\u00e9vannos mesmo a finais do ano 2025. O alcalde quere gastar xa o di\u00f1eiro do ano 2025 e a\u00ednda non rematou o 2023. Imos apa\u00f1ados!<\/p>\n<p>Tam\u00e9n temos detectado, en base \u00e1s previsi\u00f3ns feitas nestes orzamentos, que o lixo vai acabar subindo case un 40 %. Si: aqueles que nunca subir\u00edan os impostos. Iso mesmo dic\u00eda Rajoy antes de ga\u00f1ar as elecci\u00f3ns en 2011. E despois fixo o que fixo. Bo alumno o noso alcalde. Pero non estivo moi fresco ao intentar refutar a cr\u00edtica do BNG pola suba do lixo pois, primeiro achacou tal suba \u00e1 incorporaci\u00f3n do contedor marr\u00f3n (para materia org\u00e1nica), e que iso xa v\u00e9n do anterior goberno do BNG, que comezou o proceso. Pero m\u00e1is tarde destacou que se deb\u00eda dito incremento \u00e1 suba do canon de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=sogama\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">SOGAMA<\/a>. Pouco rigor nos orzamentos e pouco rigor nas intervenci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Temos visto as\u00ed mesmo erros graves de tramitaci\u00f3n con partidas err\u00f3neas que non se corresponden con inversi\u00f3ns reais; mesmo temos detectado alg\u00fan apartado en branco, como o do Fondo de Compensaci\u00f3n. Que pouca elegancia! Corrixiron ese dato, as\u00ed o reco\u00f1eceron no pleno, pero non tiveron a decencia de comunicalo \u00e1 oposici\u00f3n. Ser\u00eda para despois poder reprocharnos que non co\u00f1eciamos ben os orzamentos? N\u00f3s si que os miramos. A concelleira delegada de Facenda, mirar mirar\u00edaos, pero tan s\u00f3 lle dedicou ao tema dous minutos no pleno cando os presentou.<\/p>\n<p>En canto aos gastos de persoal, non son recollidos con fidelidade nestes orzamentos: as\u00ed, aparecen partidas que non se axustan ao anexo ademais doutras que est\u00e1n duplicadas. Mesmo no resumo de gastos por cap\u00edtulos non se recollen os importes reais de gastos de persoal, que en realidade van ascender a 5 064 656,71\u20ac.<\/p>\n<p>Polo que se refire a gastos sociais hai unha clara reduci\u00f3n de partidas. As\u00ed, en subministraci\u00f3n para alimentos red\u00facese drasticamente a partida e no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=cim\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CIM<\/a> (Centro de Informaci\u00f3n \u00e1 Muller) dimin\u00fae at\u00e9 un 50%. O programa de actividades de animaci\u00f3n social e a partida de mocidade para actividades de ver\u00e1n e nadal tam\u00e9n sofren importantes recortes. Iso si: os gastos protocolarios e de publicade mant\u00e9\u00f1ense (que conste que, visto o visto, lograr que se mante\u00f1an at\u00e9 pode chegar a ser unha virtude ante a desgraza de tanto dispendio!).<\/p>\n<p>En fin: tr\u00e1tase duns orzamentos carentes de rigor, inflados artificialmente de cara \u00e1 galer\u00eda e pensados para gastar sen control nin medida. O goberno municipal do PP ten nestes momentos a maior\u00eda e procedeu \u00e1 s\u00faa aprobaci\u00f3n. Pero, xa o iremos vendo ao longo do ano 2024, estes desaxustes han traer consecuencias para a estabilidade financeira do Concello, a casa com\u00fan de todos e todas as ribadenses. Por iso o grupo municipal do BNG de Ribadeo votou en contra. Non gustou nada ao alcalde de Ribadeo a nosa coherencia: na fase de rogos e preguntas volveu a proferir insinuaci\u00f3ns faltas de toda consistencia e que raian na calumnia. Cando o se\u00f1or Daniel Vega se emprega tan a fondo \u00e9 porque non lle queda nada serio e rigoroso que dicir e acode ao insulto e \u00e1 infamia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00faas visi\u00f3ns do pleno do luns en Ribadeo &nbsp;&nbsp;&nbsp; Luns houbo un pleno no concello de Ribadeo, do que xa puxen a orde do d\u00eda. Non asist\u00edn, polo que te\u00f1o que falar por terceiros. Polo momento, polos comunicados da alcald\u00eda e do principal partido da oposici\u00f3n, mais alg\u00fan comentario solto. Quiz\u00e1is, como \u00fanica matizci\u00f3n pola [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1163,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[61,42],"class_list":["post-1162","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-orzamentos","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1162","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1162"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1162\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1163"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1162"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1162"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1162"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}