{"id":1149,"date":"2023-12-07T22:21:00","date_gmt":"2023-12-07T21:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:34:04","modified_gmt":"2024-10-23T10:34:04","slug":"inflacion-de-notas-do-concello","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/12\/07\/inflacion-de-notas-do-concello\/","title":{"rendered":"Inflaci\u00f3n&#8230; de notas do concello"},"content":{"rendered":"<p><span>Inflaci\u00f3n&#8230; de notas do concello<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non \u00e9 a primeira vez que te\u00f1o comentado non unha <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=novas+do+concello&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa do concello<\/a>, sen\u00f3n o uso desas notas. Con referencia a Ribadeo, por ser o que te\u00f1o m\u00e1is a man, pero sendo consciente de que \u00e9 unha vila m\u00e1is das que manifestan un fen\u00f3meno que se foi estendendo. Notas moitas veces empregadas, de xeito consciente ou non, m\u00e1is para dirixir a atenci\u00f3n da xente que para informar. Atenci\u00f3n que se toma desvi\u00e1ndoa doutros temas que poden resultar inconvenientes ou captur\u00e1ndoa para resaltar asuntos concretos m\u00e1is convenientes \u00f3s intereses de quen as emite.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Para estudar un pouco o tema, hai anos que levo unha pequena estat\u00edstica. Datos que o d\u00eda 1 de decembro chegaron a outra marca. Ese d\u00eda bateuse o anterior m\u00e1ximo de n\u00famero de notas emitidas polo concello nun ano, desde que foi comezado a usar o sistema, al\u00f3 hai algo m\u00e1is de tres quinquenios. E a\u00ednda quedaba un mes para rematar o per\u00edodo anual de 2023. Unha tendencia \u00e1 alza que se ve reflectida na imaxe que se atopa dende hai pouco tempo \u00f3 entrar na p\u00e1xina web do concello, que asigna un espazo m\u00e1is significativo \u00e1s novas producidas que a anterior versi\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Con s\u00f3 dous gr\u00e1ficos, aparece ben clari\u00f1o que dende 2007\/2008, anos de proba do tema, a tendencia foi a emitir cada ano m\u00e1is notas, con poucos retrocesos. Nun, representando o n\u00famero de notas por ano, vese que o 2009 d\u00e9ronse a raz\u00f3n de 0,76 notas diarias (un total de 278), que pasaron a ser 1,16 notas diarias no 2022. Este ano, a 1 de decembro, totalizaran xa o mesmo n\u00famero que o ano anterior, 425. Isto \u00e9, m\u00e1is de 1,27 notas diarias, contabilizando os d\u00edas naturais, non s\u00f3 laborais. Ou, visto doutro xeito, superando o aumento a porcentaxe de inflaci\u00f3n anual, que este ano non foi das pequenas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>De calquera xeito, mirando o outro, o gr\u00e1fico que compara a evoluci\u00f3n dentro de cada ano, podemos observar que a correspondente a 2023 ten d\u00faas partes diferenciadas. Unha primeira, con m\u00e1is inclinaci\u00f3n da raia, e unha segunda con algo menos (hai unha terceira parte, horizontal, polo tempo que falta de ano). Iso indica que o aumento anual ven dado polo aumento da primeira parte do ano, mentres na segunda, polo momento, mantense a un ritmo semellante \u00f3 do ano pasado. Algo polo estilo sucedeu no 2019, tam\u00e9n ano electoral, a\u00ednda que o cambio no goberno foi menor \u00f3 continuar a mesma formaci\u00f3n na alcald\u00eda. As\u00ed que supo\u00f1o que o cambio no concello, e o afacerse a estas cousas, ter\u00e1 algo que ver.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>De seguir o ritmo actual, Ribadeo rematar\u00eda o ano cunhas 460 notas de prensa emitidas, unhas 35 m\u00e1is ca o pasado ano. 460 intervenci\u00f3ns que constit\u00faen parte substancial das novas relacionadas co concello que aparecen nos medios. Mesmo parte substancial das novas de calquera cousa relativa a Ribadeo. Notas que, v\u00eda difusi\u00f3n nos medios, reclaman e dirixen boa parte da atenci\u00f3n dos ribadenses.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/Notasprensa2.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"258\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/Notasprensa2.png\" class=\"wp-image-1150\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Datos a 1 de decembro<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/Notasprensa1.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"392\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/12\/Notasprensa1.png\" class=\"wp-image-1151\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Datos a 1 de decembro<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Inflaci\u00f3n&#8230; de notas do concello &nbsp;&nbsp;&nbsp; Non \u00e9 a primeira vez que te\u00f1o comentado non unha nota de prensa do concello, sen\u00f3n o uso desas notas. Con referencia a Ribadeo, por ser o que te\u00f1o m\u00e1is a man, pero sendo consciente de que \u00e9 unha vila m\u00e1is das que manifestan un fen\u00f3meno que se foi [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1150,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-1149","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1149","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1149"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1149\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1150"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1149"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1149"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1149"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}