{"id":1113,"date":"2023-12-17T14:39:00","date_gmt":"2023-12-17T13:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:27:44","modified_gmt":"2024-10-23T10:27:44","slug":"a-eficacia-do-exercito-israeli","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/12\/17\/a-eficacia-do-exercito-israeli\/","title":{"rendered":"A eficacia do ex\u00e9rcito israel\u00ed"},"content":{"rendered":"<p>A eficacia do ex\u00e9rcito israel\u00ed<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O ex\u00e9rcito israel\u00ed, dende a guerra dos seis d\u00edas (polo menos) foi a envexa doutros ex\u00e9rcitos do mundo. Un pa\u00eds pequeno convertido nun xigante b\u00e9lico. Dende o de Gaza, xa non tanto. E non por cousa dos crimes cometidos, que baten marcas d\u00eda tras d\u00eda, sen\u00f3n por outras raz\u00f3ns, relacionadas coa mec\u00e1nica guerreira.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dende antigo, sabemos o que di Sun-Tzu no seu &#8216;Arte da guerra&#8217;, que a mellor guerra \u00e9 a que non chega a comezar. A\u00ed, o primeiro dos fallos do ex\u00e9rcito estrela (como dixen, non s\u00f3 pola estrela de David da insignia israel\u00ed). Non evitou, a pesar da intelixencia, a c\u00e9lebre intelixencia israel\u00ed, o ataque. Vaia eufemismo: non se refire \u00e1 IA, intelixencia artificial, que tam\u00e9n usan nese ex\u00e9rcito, sen\u00f3n \u00e1 espionaxe com\u00fan. E xa no ataque, non puido opo\u00f1elo, co que ter\u00eda evitado 1200 mortes\/asasinatos a m\u00e1is dos feridos. E despois, non evitou tampouco os douscentos secuestros\/ref\u00e9ns. Antes, durante e despois, os feitos dan fe de que na prevenci\u00f3n, sexa dende a espionaxe, nos medios de contraataque inmediato ou do que sexa, o ex\u00e9rcito israel\u00ed non funcionou como se esperaba del. E iso levou a un l\u00edder\/xefe de goberno, acusado de varios delitos, a unha sa\u00edda de un paso adiante, &#8216;eu m\u00e1is: p\u00f3\u00f1ome diante e tras de min todos os decentes&#8217;. Polo demais, unha sa\u00edda t\u00edpica para manterse no poder.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Naturalmente, o anterior, en resume e visto como unha guerra e non como un ataque terrorista. Estou a coller os feitos tal como os presenta o goberno israel\u00ed.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; S<\/span>egunda parte, a &#8216;ofensiva-masacre&#8217; sobre Gaza, segundo a ONU, m\u00e1is mortos nun mes (10 000) que nun ano na guerra ruso-ucra\u00edna, sobre un territorio menor que o concello de Vilalba. Resulta que acurrunchan \u00e1 poboaci\u00f3n, bombardean, matan&#8230; e non dan rematado a &#8216;guerra&#8217; (que as\u00ed a chaman&#8230;) nin evitado pequenos ataques terroristas de Ham\u00e1s dende a franxa de Gaza. Por certo, nesta &#8216;guerra&#8217; non se oe falar de &#8216;danos colaterais&#8217;. Pode que porque a s\u00faa cantiade pareza indicar que os &#8216;danos colaterais&#8217;, neste caso, sexan os obxectivos militares e non a poboaci\u00f3n civil. E resulta que est\u00e1n a usar a IA para escoller obxectivos, porque nas anteriores guerras (todas as chamadas as\u00ed polo ex\u00e9rcito israel\u00ed) se lles acababan os obxectivos r\u00e1pido. O ter potencia de fogo \u00e9 o que resulta: faise o traballo r\u00e1pido e quedan sen ter que facer, te\u00f1en que procurar m\u00e1is. Algo tam\u00e9n com\u00fan, iso de procurar m\u00e1is traballo aos ex\u00e9rcitos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Coido que deberan usar a IA para ter a paz e non un futuro onde a falta de sa\u00eddas, de futuro, para a xente de Palestina os condena a tirar para adiante de calquera xeito, mesmo da forma que est\u00e1 usando Israel, o terrorismo, a guerra.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E, no medio, crimes de guerra, (i)lex\u00edtima defensa contra un estado que como tal non atacou. Estou collendo informaci\u00f3n de fontes da ONU. Por certo, un estado non reco\u00f1ecido -por iso o de &#8216;Autoridade Palestina&#8217;-, un non estado dende o punto de vista de Israel, e a pesar dos acordos de Oslo. Mentres, nada de guerra asim\u00e9trica nin nimiedades: ese conflito \u00e9 terrorismo sempre, guerra cando nos din.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ante a recci\u00f3n internacional, da que caber\u00eda moito que falar, non sei por que se me ven \u00e1 cabeza o Nobel de Obama, recibido antes de que chegara alg\u00fan m\u00e9rito na presidencia novelada pola que se lle concedeu. Antes, porque mesmo o recibiu sen ter comezado o mandato. Pode que se me ve\u00f1a \u00e1 cabeza porque en ning\u00fan dos dous casos a xente e o sentido com\u00fan tivo moito que dicir fronte \u00f3 poder de cartos e intereses diversos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E as\u00ed vai o mundo. Seguimos? Sahara, Iemen ou Ucra\u00edna est\u00e1n na lista, con tantos outros lugares, con persoas esperando dun ex\u00e9rcito (a\u00ednda que non sexa tan poderoso e eficaz), unha bomba, unha bala como alternativa a un futuro a constru\u00edr en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/paz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">paz<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A eficacia do ex\u00e9rcito israel\u00ed &nbsp;&nbsp; &nbsp;O ex\u00e9rcito israel\u00ed, dende a guerra dos seis d\u00edas (polo menos) foi a envexa doutros ex\u00e9rcitos do mundo. Un pa\u00eds pequeno convertido nun xigante b\u00e9lico. Dende o de Gaza, xa non tanto. E non por cousa dos crimes cometidos, que baten marcas d\u00eda tras d\u00eda, sen\u00f3n por outras raz\u00f3ns, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[17],"class_list":["post-1113","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-paz"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1113","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1113"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1113\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1113"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1113"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1113"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}