{"id":10986,"date":"2005-09-27T19:19:00","date_gmt":"2005-09-27T17:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:22:28","modified_gmt":"2024-11-12T15:22:28","slug":"de-urbanismo-e-consecuencias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/09\/27\/de-urbanismo-e-consecuencias\/","title":{"rendered":"De urbanismo e consecuencias"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/obra.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/obra.jpg\" alt=\"\" \/><\/a>Hoxe recib\u00edn a nova de que o Concello de Ribadeo  saca unha ordenanza na que obrigar\u00e1 \u00f3s propietarios de inmuebles no casco antigo a facer una revisi\u00f3n (pagada por eles) e despois a obra correspondente se \u00e9 convinte (pagada ata un 85% cun m\u00e1ximo de importe duns 500\u20ac). Tam\u00e9n le\u00edn que segundo parece as constructoras que fixeron cartos destrozando a costa do sol estanse mudando a esta zona, algo que xa supo\u00f1\u00eda por como se est\u00e1 a mover o mercado de terras e inmobiliario por aqu\u00ed. Por \u00faltimo, Le Monde informa da dificultade que entra\u00f1ou un laborioso proceso para que os vellos propietarios de pequenas vivendas ocupadas tam\u00e9n de vello polos mesmos na illa de Re foran eximidos de pago de contribuci\u00f3n \u00f3 ser confundidos por ricach\u00f3ns con propiedades nunha zona de Francia na que a especulaci\u00f3n tur\u00edstico-inmobiliaria est\u00e1 polas nubes. Xuntemos todo eso e pensemos: Unha obra de restauraci\u00f3n nunha casa vella pode facerse por menos de 100000 das antigas pesetas? Quen est\u00e1 a mercar o constru\u00eddo? Onde vai vivir a xente que de servicio a esa nova oleada? Chegaremos \u00e1 situaci\u00f3n que se da agora naailla de Re, onde hai o que se pode considerar &#8216;ricos pobres&#8217; (ricos pola revalorizaci\u00f3n dos seus terreos, pobres porque non poden pagar nin os impostos debidos a esa revalorizaci\u00f3n)? E, \u00e1s veces na vici\u00f1anza, \u00e1s veces a\u00ednda na lonxan\u00eda, os convenios urban\u00edsticos (ser\u00e1 verdade que hai xa 14?) e o PXOM, que a\u00ednda ten sen definir as li\u00f1as b\u00e1sicas que foron pedidas por un conxunto de asociaci\u00f3ns \u00f3 alcalde en xu\u00f1o, pero que, sen importar o anterior, est\u00e1 esperando \u00e1 existencia dun consenso para a s\u00faa presentaci\u00f3n.<br \/>\n*Comezo con este post a introducir retazos que xa tivera colocado na rede nalg\u00fan momento, ben en http:\/\/agremon.pitas.com como en http:\/\/personal.redestb.es\/agremon. Para non confundir, sempre especificarei c\u00e1ndo foi posto na rede ou publicado en papel.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/agremon.pitas.com\/\">Tres p\u00e9s para a educaci\u00f3n.<\/a><br \/>\n ** O que segue foi publicado pola revista &#8216;Xerfa&#8217; do IES Porta da Auga en xu\u00f1o de 2005, a modo de editorial.**<br \/>\nHist\u00f3ricamente, a escola \u00e9 algo moderno. A educaci\u00f3n comezou sendo unha cousa de pais, que se viron axudados pola sociedade nun xeito de re-distribuci\u00f3n do traballo para mellora do rendemento comunitario e logo a sociedade foi cristalizando un tipo de funci\u00f3n propiamente educativa ata a extensi\u00f3n &#8216;universal&#8217; da educaci\u00f3n al como a co\u00f1ecemos hoxe, con abrumadora maior\u00eda de persoas en centros especializados de diversos tipos.<br \/>\n En todo este proceso, d\u00e9bese entender que son os pais os que delegan a s\u00faa potestade educativa. Ten habido \u00e9pocas (como no estalinismo ruso) nas que a sociedade era a que se atribu\u00eda a educaci\u00f3n e delegaba por cuesti\u00f3ns pr\u00e1cticas parte dela nas familias. Nembargantes ser entendido o anterior como un xeito de aberraci\u00f3n nos tempos que corren, o certo \u00e9 que a componente efectiva de cada un dos actores educativos na educaci\u00f3n ten cambiado abondo en tan s\u00f3 unha ou d\u00faas xeraci\u00f3ns. E tam\u00e9n a concepci\u00f3n educativa. As\u00ed, hoxe en d\u00eda t\u00e9nse nos nosos lares a unha familia desestructurada, tipo americano, que entende como natural o desvincularse da educaci\u00f3n, a\u00ednda que non do seu resultado. \u00c9 dicir, t\u00e9ndese \u00f3 &#8216;consumo&#8217; da educaci\u00f3n, non \u00f3 seu disfrute.<br \/>\n E este cambio de li\u00f1a directriz \u00e9 b\u00e1sico para diversos resultados: podemos ter algu\u00e9n formado para falar ingl\u00e9s, valla por caso, sinxelamente porque o demandan as\u00ed os poderes que tratan de dirixir a sociedade, pero non ter un individuo educado. Podemos ter unha persoa preparada para producir, pero non para levar adiante a s\u00faa propia vida. Podemos ter algu\u00e9n preparado para competir, pero non para decidir por que merece a pena competir. E podemos ter tam\u00e9n unha sociedade que, unha vez entendida a educaci\u00f3n como consumo, se esqueza da compo\u00f1ente de servicio e quede s\u00f3 a de beneficio.<br \/>\n As anteriores son s\u00f3 unhas pinceladas sobre temas candentes non s\u00f3 a nivel educativo, sen\u00f3n tam\u00e9n a nivel social: a educaci\u00f3n de hoxe implica a sociedade de ma\u00f1\u00e1. Tam\u00e9n \u00e9 algo que debe estar na mente de todos os que formamos parte do sistema educativo, tanto alumnos como profesores. S\u00f3 pregunt\u00e1ndonos e distinguindo opci\u00f3ns como as ditas podemos ter un certo control sobre o que estamos a facer e nos est\u00e1n a facer (en ambos casos, tanto para profesores como para alumnos)<br \/>\n Quedan para outra edici\u00f3n outras cousas relacionadas. Nembargantes, mirade os artigos do interior pensando nas posibilidades e opci\u00f3ns que temos: veredes outra revista que non est\u00e1 no papel, pero que a fai posible.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe recib\u00edn a nova de que o Concello de Ribadeo saca unha ordenanza na que obrigar\u00e1 \u00f3s propietarios de inmuebles no casco antigo a facer una revisi\u00f3n (pagada por eles) e despois a obra correspondente se \u00e9 convinte (pagada ata un 85% cun m\u00e1ximo de importe duns 500\u20ac). Tam\u00e9n le\u00edn que segundo parece as constructoras [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,18,93,9],"class_list":["post-10986","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-educacion","tag-fotos-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10986","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10986"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10986\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10986"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10986"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10986"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}