{"id":10965,"date":"2005-10-18T15:09:00","date_gmt":"2005-10-18T13:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:21:43","modified_gmt":"2024-11-12T15:21:43","slug":"entre-outras-piscina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/10\/18\/entre-outras-piscina\/","title":{"rendered":"Entre outras, a piscina"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/piscina.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/piscina.jpg\" alt=\"\" \/><\/a>Sorprende estes d\u00edas a nova: despois de levar pechada dende comezos do ver\u00e1n, despois de idas e vida sobre a concesi\u00f3n, a\u00ednda ma\u00f1\u00e1 se vai a revisar o pliego de condici\u00f3ns para xestionar a piscina outra tempada. Entre unhas e outras cousas, dif\u00edciel ser\u00e1 que comece a funcionar antes do pr\u00f3ximo ver\u00e1n. \u00e9 dicir, unha instalaci\u00f3n de moitos cartos aprada un ano. Ven facer compa\u00f1\u00eda \u00e1 Casa da r\u00eda, que agora leva uns d\u00edas aberta, pero coa c\u00fapula sen ama\u00f1ar a\u00ednda (est\u00e1 a\u00ed o Congreso de <a href=\"\">EnCiGa<\/a>, con 400 profesores e profesoras de Galiza enteira e os arredores, Portugal, Asturias, Castela, Madrid, &#8230; e non se puido facer a programaci\u00f3n dunha m\u00edsera observaci\u00f3n&#8230;), \u00e1 \u00e1rea recreativa de Vilaframil, pr\u00e1cticamente rematada vai anos e hoxe destrozada en parte, a casa da xuventude, pola que preguntou fai pouco O Tes\u00f3n nun pleno e foi respondido que se lle estaba a mirar de facer uns cambios (a lembrar que est\u00e1 sen estrear, e que apareceu no seu frente cun cartel: &#8216;CASA DA XOVENTUDE&#8217; que xa foi corrixido, e non sen tempo &#8230; e poder\u00eda seguir unha amplia lista. O comezo para o proceso de reapertura esta vez est\u00e1 marcado para ma\u00f1\u00e1, mercores, pero mentras se deixan un b\u00f3 lote de cousas abandoadas (lembrar o que leva sen pintar o mirador de madeira do cargadeiro, por p\u00f3r un exemplo) est\u00e1se a dcir que haber\u00e1 un &#8216;cenbtro de interpretaci\u00f3n da natureza&#8217; nas catedrais (eso s\u00ed, previsiblemente con menos natureza \u00e1 beira por mor da construcci\u00f3n dunha piscifactor\u00eda nos terreos dunha zona natural protexida&#8230;<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/piscina2.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/piscina2.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nEn fin, esperemos que mentras se van ama\u00f1ando estas minucias &#8216;na casa&#8217; tam\u00e9n xe ama\u00f1en outras que ocupan outros niveis, como a folga, xa xeral e indefinida, do sector do transporte ou a gripe aviar, que est\u00e1 encar\u00e1ndose a nivel internacional xa como pandemia, a\u00ednda que polo momento non chegou a eso.<br \/>\nM\u00e1is novas, ma\u00f1\u00e1, que xa quedan de hoxe preparadas.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nUnha entrada vella para m\u00e1is lectura (publicada con anterioridade en ribadeando (o libro), en A Mar\u00f1a\/El Progreso e no <a href=\"http:\/\/agremon.pitas.com\/\">blog vello<\/a>:<br \/>\nMarzo, o pobo elixe<br \/>\nMarzo, o pobo elixe. &#8211; Antes de citar o comezo do mes ou o seu final, antes que referirme \u00f3 t\u00edtulo, est\u00e1 o 11M, unha data para lembrar \u00e1 hora de batir marcas macabras, que dende Madrid trascende o noso pobo e abrangue a todo o estado nunha especie de doloroso caer da burra colectivo antecesor da Semana Santa: p\u00f3 somos e en p\u00f3 nos hemos converter. Noutro nivel, algo como un 98 moderno sen perda de colonias pero co seu Maine civil e aut\u00f3ctono, algo que deu comezo efectivo \u00f3 novo milenio por estas terras. Algo que sucede, non por non ter co\u00f1ecido o terrorismo, sen\u00f3n pola dimensi\u00f3n s\u00fabita que manifestou, n\u00famero de v\u00edctimas e tam\u00e9n ampliaci\u00f3n na variedade de posibles verdugos, e, de xeito subsidiario, polo tratamento dado \u00f3 tema, que propiciou un cambio na pol\u00edtica a nivel espa\u00f1ol e m\u00e1is al\u00f3, cambio que parece a\u00ednda non ter rematado. Pode haber an\u00e1lise, pero non palabras.<br \/>\n&#8211; O mes comezou nestes lares cunha primeira pedra pol\u00edtica pol\u00e9mica, a do tramo da autov\u00eda que agora ten outra relevancia por pasar a vella carretera \u00e1 beira dunha pedra branca coa testa dun azul que rememora o partido protagonista. Tras preparar unha terra para a celebraci\u00f3n, a prensa asistiu &#8230; e o alcalde tam\u00e9n. Est\u00e1base a punto para unhas elecci\u00f3ns estatais das que non se prev\u00edan os derradeiros d\u00edas e que parec\u00eda que \u00edan permitir \u00f3 daquela partido gobernante seguir s\u00e9ndoo. Seguramente eso pesou na asistencia \u00f3 acto, que se veu contestado tam\u00e9n nos d\u00edas seguintes \u00f3 14 M por quen quere cambiar o trazado.<br \/>\nSobre as elecci\u00f3ns? O d\u00eda 20 en Le Monde apareceu un artigo no que se po\u00f1\u00eda de manifesto unha explicaci\u00f3n do transcurso dos pr\u00f3ximos anos en Espa\u00f1a e tam\u00e9n na nosa zona: Aznar, cronolox\u00eda dunha manipulaci\u00f3n. Mentras, na entrada de Ribadeo, segue un cartel: &#8216;Juntos vamos a m\u00e1s&#8217;: Eso esperamos, ir xuntos, ir a m\u00e1is. Todos. Agora.<br \/>\nEn Ribadeo, o d\u00eda da \u00e1rbore pasou sen celebraci\u00f3n. Foi celebrado d\u00edas despois: as \u00e1rbores son pacientes e o tema est\u00e1 en acostumar a xente. O que foi puntual foi o mesmo 19 de marzo, d\u00eda do pai: o PP trata de dividir o goberno de PSOE e BNG no Concello atacando \u00f3 primeiro e eloxiando \u00f3 segundo, tam\u00e9n a modo de celebraci\u00f3n da renovada oposici\u00f3n a outro nivel que o local. Pregunta na prensa: Resistir\u00e1 a entente no Pazo de Ib\u00e1\u00f1ez? E por que non?<br \/>\nO que segue a ser puntual diante da Casa do Concello \u00e9 que segue a lembrarse a Xos\u00e9 Couso. Non s\u00f3 \u00e9 lembrar: \u00e9 pedir outro mundo con insistencia seguindo sen un prantexamento estricto unha versi\u00f3n at\u00f3ctona do dito de &#8216;pensa globalmente, act\u00faa localmente&#8217;.<br \/>\nMirando a vella compa\u00f1eira de Ribadeo, vese que contin\u00faan as obras en Porcill\u00e1n. Xa est\u00e1 rematado o piso do espol\u00f3n sur, e vense apilados os novos pantal\u00e1ns. Pode que en correspondencia, a draga segue a rascar o fondo (mesmo deixando a area \u00e1s portas da r\u00eda (*) en marea baixa) mentras que os tes\u00f3ns te\u00f1en unha vista magn\u00edfica dende Mirasol. Menos pesca na r\u00eda (eso lle te\u00f1o o\u00eddo dicir a xente que pesca), pero m\u00e1is beirar\u00faas diante dos armac\u00e9ns (curioso, velos en Mirasol e sen sa\u00edda para cami\u00f3ns).<br \/>\nA zona alta tam\u00e9n cambia: beirar\u00faa branca na Atalaia&#8230; limitando a herba como adiantada da invasi\u00f3n urban\u00edstica que xa comezou. E mellores beirar\u00faas, pavimento, &#8230; eso se espera, baixando do Cant\u00f3n. Tam\u00e9n foi progreso o aparcamento aberto, a\u00ednda que sexa (ou pode que mellor por eso) con un querer\/non querer meios de comunicaci\u00f3n na apertura\/inauguraci\u00f3n.<br \/>\nTras un aviso en falso na prensa para a reuni\u00f3n sobre ru\u00eddos, houboa. Resultado? Informe de que remataron as inspecci\u00f3ns de ru\u00eddos. Criterios? Non son p\u00fablicos. Resultados da inspeccion? Tampouco. Mentras, o lema de Ribadeo parece ter cambiado de novo: segundo un cartel \u00e1 entrada, a antiga &#8216;Porta norte&#8217; parece ser agora Ribadeo, &#8216;tu AS de COPAS&#8217;.<br \/>\nAntonio Gregorio Montes<br \/>\n(*) a un setecentos metros da punta da Cruz e algo m\u00e1is da Pancha.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sorprende estes d\u00edas a nova: despois de levar pechada dende comezos do ver\u00e1n, despois de idas e vida sobre a concesi\u00f3n, a\u00ednda ma\u00f1\u00e1 se vai a revisar o pliego de condici\u00f3ns para xestionar a piscina outra tempada. Entre unhas e outras cousas, dif\u00edciel ser\u00e1 que comece a funcionar antes do pr\u00f3ximo ver\u00e1n. \u00e9 dicir, unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10965","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10965","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10965"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10965\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10965"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10965"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10965"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}